Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coa materia de Dietética, preténdese capacitar os alumnos na elaboración e avaliación de dietas equilibradas de acordou cos criterios actuais e as necesidades individuais e/ou de grupos, tendo en conta diferentes modelos e guías.
Teoría
Tema 1.-Dietética. Concepto. Obxectivos.
Tema 2.-Dieta equilibrada. Normas para elaborar unha dieta san. Recomendacións dietéticas. Inxestas dietéticas de referencia.
Tema 3.-Análises cuantitativo e cualitativo de dietas. Seminario problemas
Tema 4-Concepto de "Guías alimentarias". Modelos.
Tema 5.-Patróns de consumo alimentario saudable.
Tema 6.-Dieta e menús. O menú como unidade dietética diaria.
Tema 7.-Métodos de avaliación de patróns, hábitos alimentarios, e consumo de alimentos.
Tema 8.-Formas alternativas de alimentación. Dietas vexetarianas. Dietas Veganas
Tema 9.-Dietas máxicas. Falsidades e mitos alimentarios.
Tema 10.-Consumos alimentarios en España. Tendencias e evolución. Principais erros da alimentación habitual dos españois.
Tema 11.-Dieta e inmigración. Influencias da multiculturalidade na alimentación. Patróns dietéticos das principais poboacións que emigran ao noso país.
Tema 12.-A alimentación nas familias. Pautas de elaboración de dietas saudables con distintos presupostos.
Prácticas
-Realización de enquisas dietéticas. Aplicación de diferentes metodoloxías
-Manexo de ferramentas básicas en TIC,s utilizadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
-Bello Gutiérrez, J., Delgado, C., Astiasarán Anchía, I. (1998). Tablas de composición para platos cocinados. Ed. Díaz de Santos.
-CERVERA, P.; CLAPES, F.; RIGOLFAS, R. (2010). Dietética y Dietoterapia. 4ª edición. Ed. Emalsa, Interamericana, División de McGraw-Hill. Madrid.
-FARRAN, ANDREU (2004). Tablas de composición de alimentos del CESNID. Centre d'Ensenyament Superior de Nutrició i Dietética (CESNID). Edición 2ª ed.
-MATAIX VERDU, J. y CARAZO MARIN, E. (2005). Nutrición para educadores. Ed. Diaz de Santos. (Ref. ALT-443).
-MATAIX VERDÚ, J. (2009). Nutrición y Alimentación Humana. Vol I.-Nutrientes y Alimentos. Ed ERGON.
-MUÑOZ, M.; ARANCETA, J.; GARCÍA-JALÓN, I. (1999). Nutrición aplicada y dietoterapia. Ed. EUNSA.
-MOREIRAS, O., y col. (2009). Tablas de composición de alimentos. 13ª ed. Pirámide.
-MOREIRAS, O., Varela Moreiras, G., ÁVILA TORRES, J.M., y col. (2007). La alimentación española: características nutricionales de los principales alimentos de nuestra dieta Ed. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Centro de Publicaciones, D. L.
-PALMA, INMA. (2008). Tablas de composición de alimentos por medidas caseras de consumo habitual en España. Centre d'Ensenyament Superior de Nutrición i Dietética (CESNID).
-RUIZ-LÒPEZ, MARTÍNEZ DE VICTORIA Y GIL HERNÁNDEZ. (2019). Guía fotográfica de porciones de alimentos consumidos en España. Armilla (Granada): Fundación Iberoamericana de Nutrición (FINUT)
-RUIZ-LÒPEZ, M. D.; ARTACHO MARTÍN-LAGOS, R. (2010). Guía para estudios dietéticos. Álbum fotográfico de alimentos. 1ª edición. Ed. Universidad de Granada
-RUSSOLILLO FEMENÍAS, G., MARQUES-LOPES, I. (2011). Álbum fotográfico de porciones de alimentos. Ed.
978-84-615-3461-6 / 9788461534616
-SERRA MAJEM, Ll.; ARANCETA BARTRINA, J. (2000). Desayuno y Equilibrio Alimentario.-Estudio enKid. Ed Masson.
-Tablas de composición de alimentos españoles. (1999). Ed. Ministerio de Sanidad y Consumo.
-https://es.openfoodfacts.org/
-http://www.insidemyfood.com/
- http://www.bedca.net/
- http://nutritiondata.self.com/
Competencias básicas
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4:Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG1: Recoñecer os elementos esenciais da profesión do Dietista-Nutricionista, incluíndo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenvolvéndoa con respecto ás persoas, os seus hábitos, crenzas e culturas.
CG2: Desenvolver a profesión con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
CG3: Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG5: Realizar a comunicación de maneira efectiva, tanto de forma oral como escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6: Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG10: Elaborar, interpretar e manexar as táboas e bases de datos de composición de alimentos.
CG21: Ser capaz de participar en actividades de promoción da saúde e prevención de trastornos e enfermidades relacionadas coa nutrición e os estilos de vida, levando a cabo a educación alimentaria- nutricional da poboación.
CG26: Elaborar, controlar e cooperar na planificación de menús e dietas adaptados ás características do colectivo ao que van destinados.
Competencias transversais
CT3.-Capacidade para traballar en equipo (incluída en CG2)
CT5.-Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6.- Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT9.- Capacidade para transmitir coñecementos (incluída en CG5)
CT11.- Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
Competencias específicas
CE25: Aplicar as Ciencias dos Alimentos e da Nutrición á práctica dietética.
CE28: Identificar as bases dunha alimentación saudable (suficiente, equilibrada, variada e adaptada).
CE29: Participar no deseño de estudos de dieta total.
CE30: Coñecer, detectar precozmente e avaliar as desviacións por exceso ou defecto,
cuantitativas e cualitativas, do balance nutricional.
CE44: Manexar as ferramentas básicas en TICs utilizadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
ME1: Clases teóricas maxistrais. Nelas o profesor desenvolverá o contido do programa teórico reflectido nesta guía, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación dos alumnos.
ME2: Seminarios. Exposición de traballos de grupo (ME6).
ME3: Prácticas. Clases prácticas na aula de informática.
ME4: Titorías en grupo. Resolución de problemas relacionados cos contidos teóricos.
ME9: Exames e revisión
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo (ME4) ou individuais (ME8).
Como recurso fundamental de apoio á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle).
A avaliación do alumnado incluirá unha avaliación continua (que supoñerá un 40 % da cualificación final) e unha proba escrita e/ou oral (que terá un valor do 60 % da nota final). Para poder superar a materia requírese alcanzar unha puntuación mínima na proba dun 5.0. A proba permite valorar as competencias: CB2, CB3, CG1, CG10, CG26, CE25, CE28, CE29, CE30, CE42, CE44 y CE47.
A realización dás prácticas e obrigatoria para poder superar a materia.
A avaliación continua (40 %), farase en base aos traballos e exercicios propostos nas clases (xa sexan realizados individualmente ou en grupos), así como á participación activa e achegas do alumnado na aula.
Do 40 % de peso na nota correspondente á avaliación continua, un 25 % obterase da elaboración e exposición de traballos ou casos prácticos individuais ou en grupo e expostos en clase ou nas titorías: CB4, CB5, CG2, CG3, CG5, CG6, CG21, CG10, CT3, CT5, CT6, CT9, CT11, CE44.
O 15 % restante obterase pola participación activa nas clases maxistrais e seminarios, realización do informe de prácticas e valoración de coñecementos específicos de clases prácticas, avaliándose as seguintes competencias: CB3, CB5, CT5, CT6.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” (RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011 pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011). “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
O número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. As horas presenciais e as horas de traballo do alumno distribuiranse da seguinte forma:
—Clases expositivas: 1,5 horas de traballo por cada hora de clase maxistral (32 h presenciais/48 h de traballo autónomo).
—Seminarios: 2 horas por cada sesión presencial de seminarios (5 h presenciais/10 h de traballo autónomo).
—Prácticas: 1,5 horas por cada sesión presencial (12 h presenciais/ 18 h de traballo autónomo).
—Titorías en grupo: 2 horas por cada sesión presencial de seminarios (2 h presenciais/4 h de traballo autónomo).
—Traballos individuais: 3 horas traballo autónomo.
—Traballos en grupo: 6 horas traballo autónomo.
—Realización de exames e revisión: 4 horas por cada sesión presencial (2 h presenciais/ 8 h de traballo autónomo).
—Horas presenciais totais: 53
—Horas totais de estudo e traballo persoal: 97.
—Participar activa, construtiva e respectuosamente nas clases, seminarios e prácticas.
—Preparar e complementar os contidos que se vaian traballando na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
—Desenvolver hábitos de procura autónoma de información científica.
—Aproveitar os recursos dispoñibles para o alumno, da biblioteca universitaria.
—Utilizar adecuadamente as titorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e aclarar calquera dúbida que xurda no proceso de aprendizaxe.
—Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma.
María Lourdes Vázquez Oderiz
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- lourdes.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Regal López
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alexandre Lamas Freire
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alexandre.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Nerea Gonzalez Rodriguez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- nerea.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |