Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer a lexislación sanitaria básica.
• Recoñecer os elementos esenciais da profesión de Dietista-Nutricionista, incluindo os aspectos relacionados coa responsabilidade profesional, o segredo profesional e o respeto aos dereitos dos doentes.
• Compromiso ético, valoración do principio de xusticia aplicado á práctica profesional e respeto ás persoas.
• Desenvolver a profesión con respeto a outros profesionais sanitarios, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
• Capacidade de manter e actualizar a formación e competencia profesional, prestando especial fincapé á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos.
PROGRAMA TEÓRICO
1. Ética: introducción, fundamentación e método. Ética, dereito e deontoloxía profesional.
2. Deontoloxía profesional: concepto, obxectivo, fontes e importancia. Códigos deontolóxicos.
3. Responsabilidade profesional.
4. Bioética: desenvolvimiento e principios da bioética. Problemas éticos na asistencia sanitaria.
5. Ética profesional. Segredo profesional. Historia clínica. Consentimento informado.
6. Lei Xeral de Sanidade.
7. Evaluación de tecnologías sanitarias.
8. Lexislación sobre seguridade alimentaria.
9. Lei de investigación biomédica.
10. Economía da saúde.
11. Planificación e xestión sanitaria.
12. Calidade asistencial.
PROGRAMA PRÁCTICO
1. Manexo de información lexislativa relevante e recursos no ámbito alimentario, da dietética e nutrición a través de páxinas web de administracións, organismos e institucións públicas.
2. Emprego de boletíns oficiais e as súas bases de datos lexislativas (DOUE, BOE, DOG) para a procura de lexislación sanitaria comunitaria, estatal e autonómica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Aranaz, J.M, Aibar, C., Vitaller, J., Mira, J.J. La gestión sanitaria orientada hacia la calidad y seguridad de los pacientes. Fundación MAPFRE. 2017.
-Aranaz, J.M., Aibar, C., Vitaller, J.; Mira, J.J. Gestión sanitaria. Calidad y seguridad de los pacientes. Fundación MAPFRE y Ediciones Díaz de Santos. 2008.
-Gracia, D. Fundamentos de bioética. Humanidades médicas. Triacastela. Madrid. 2008.
-Gracia, D. Ética en la práctica clínica. Triacastela, 2004.
-Código Deontolóxico.
-Estatutos da profesión do dietista nutricionista.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Antelo, M., Fraga, J.M., Reboredo, J.C. Fundamentos de economía y gestión de la salud. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. 2011.
-Asenjo, M.A. Gestión diaria del hospital. Masson, S.A. Barcelona. 2006. 3ª edición.
-Cabo Salvador, J. Gestión de la calidad en las organizaciones sanitarias. Ediciones Díaz de Santos. Madrid. 2014.
-Cabo Salvador, J. Gestión sanitaria integral: pública y privada. Ediciones CEF. Madrid. 2010.
-De la Torre Díaz, J. Dignidad humana y bioética. Publicaciones de la Universidad Pontificia de Comillas. Madrid. 2008.
-González Morán, L. De la bioética… al bioderecho. Libertad, vida y muerte. Universidad Pontificia de Comillas y Editorial Dykinson S.L. Madrid. 2006.
-Meneu, R, Ortún Rubio, V. y Rodríguez Artalejo, F. Innovaciones en gestión clínica y sanitaria. Colección Economía de la salud y gestión sanitaria. Masson, S.A. Barcelona. 2005.
-Piédrola Gil, G. Medicina Preventiva y Salud Pública. Elsevier Masson. Barcelona. 2008. 11ª edición.
-Recuerda Girela, M.A. Tratado de derecho alimentario. Editorial Aranzadi, S.A. Pamplona. 2014.
-Rodés Teixidor, J.; Trilla García, A. El futuro de la gestión clínica. Ars Medica. Barcelona. 2009.
-Sánchez González, Miguel Ángel. Bioética en Ciencias de la Salud. Ed. Elsevier. 2021. 2ª edición.
-Smolin, L.A. y Grosvenor, M.B. Nutrition: science and applications. John Wiley & Sons. West Sussex (Reino Unido). 2010. 2ª edición.
-Temes Montes, J.L.; Mengíbar Torres, M. Gestión hospitalaria. McGraw-Hill-Interamericana de España S.A. Madrid. 2011. 5ª edición.
-Carrasco, M.A., Pastor, L.M., Valera, L. 50 años de Bioética. El futuro es hoy. Ed. Tirant Lo Blanch. 2022.
Competencias básicas
CB1: Que os estudantes teñan demostrado poseer e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e maila resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias xerais
CG1: Recoñecer os elementos esenciais da profesión del Dietista‐Nutricionista, incluindo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenvolvela con respeto ás persoas, ós seus hábitos, creenzas e culturas.
CG2: Desenvolver a profesión con respeto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
CG3: Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial fincapé á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, productos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG5: Realizar a comunicación de xeito efectivo, tanto de forma oral coma escrita, coas personas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6: Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
Competencias transversais
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT3: Capacidade para traballar en equipo (incluida en CG2)
CT4: Demostrar compromiso ético (incluida en CG1)
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluida en CG5)
CT6: Capacidade para xestionar a información (incluida en CG6)
CT9: Capacidade para transmitir coñecementos (incluida en CG5)
CT11: Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluida en CG3)
Competencias específicas
CE8 - Coñecer o sistema sanitario español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente os que estean relacionados con aspectos nutricionais.
CE38 - Coñecer a organización hospitalaria e as distintas fases do servizo de alimentación.
CE45: Coñecer os límites legais e éticos da práctica dietética.
CE48: Coñecer as organizacións e os sistemas de saúde nacionais e internacionais, así como as políticas de saúde.
— Clases expositivas: 16 horas. Nelas o profesor desenvolverá o contido do programa teórico reflectido nesta guía, empregando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación dos alumnos.
— Prácticas: 6 horas, distribuidas en 2 sesións de 3 horas cada unha. Nelas desenvolverase o programa práctico contemplado nesta guía. O contido desta parte práctica vencellarase e relacionarase coa parte teórica, co fin de que as aprendizaxes e competencias adquíranse e “constrúan” coma un todo integrado. As prácticas serán na sala de informática e traballarase con distintos recursos e fontes de información e bibliográficas. Propoñeranse tarefas e exercicios que os alumnos farán. O profesor orientará sobre as cuestións básicas de cada un dos aspectos a traballar e impulsará, axudará, potenciará e guiará o traballo do alumno.
— Seminarios: 2 horas. Poderanse prantexar como dinámicas interactivas a partir de supostos prácticos que susciten a reflexión, a análise crítica e mailo debate. Poderanse reservar, en todo ou en parte, á exposición dos traballos preparados polos alumnos en grupos ao conxunto da clase. Neste caso, a exposición de cada un dos traballos irá seguida dun tempo de discusión e debate.
— Titorías en grupo: 2 horas. Nelas o profesor orientará aos alumnos sobre os aspectos a tener en conta para a realización das distintas tarefas (de estudio, de procura de información, de manexo de recursos, de realización de exercicios, de seminarios,…).
— Titorías individuais: 1 hora. Cada alumno prantexará ao profesor as súas dúbidas, dificultades, progresos ou calquera outra cuestión particular vencellada ao seu proceso de aprendizaxe da materia.
— Realización de exames e revisión: 1 hora.
— Horas totais presenciais: 28.
— Ensinanza virtual: Campus virtual USC.
A avaliación do alumno incluirá unha avaliación continua (que supoñerá un 35% da cualificación final) e mais un examen final (que terá un valor do 65% da nota final). Para poder superar a materia requírese ter feitas as prácticas e acadar unha puntuación mínima no examen final dun 50%.
A avaliación continua farase a partires dos traballos e exercicios propostos nas clases prácticas (xa sexan feitos individualmente polos alumnos ou ben en grupos), do nivel de aproveitamento (en termos de aprendizaxe) na realización e participación nos seminarios, así como da participación activa e aportacións do alumno na aula, nas tutorías ou nas actividades desenvolvidas a través da aula virtual.
Do 35% do peso na cualificación final, correspondente á avaliación continua, un 10% obterase dos controis das clases espositivas, un 15% obterase polas prácticas, nas que se avalían as seguintes competencias: CB3, CB5, CG3, CG5, CG6, CT1, CT5, CT6 e CT11.
O 10% restante obterase da elaboración e exposición dos traballos propostos, que permiten avaliar as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG5, CG6, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6, CT9, CT11 e CE45.
A cualificación obtida polo alumno na parte de avaliación continua conservarase durante dous cursos académicos consecutivos.
O examen final sobre os contidos da materia (65% da cualificación) permite avaliar as competencias CB1, CB2, CG1, CT4, CT9, CE8, CE38, CE45 e CE48.
Só aos alumnos que non fixeran nin as prácticas, nin as tarefas correspondentes á avaliación continua, nin o examen final lles figurará nas actas: "non presentado".
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións" (artigo 16).
— Clases expositivas: 2 horas de traballo por cada hora de clase maxistral (32 horas totais).
— Prácticas: 2 horas para a realización das tarefas propostas nas sesións presenciais.
— Seminarios: 2 horas por cada sesión presencial de seminarios (4 horas totais).
— Traballos en grupo: 3 horas.
— Traballos individuais: 3 horas.
— Titorías en grupo: 2 horas.
— Titorías individuais: 1 hora.
— Realización de exames e revisión: 1 hora.
— Horas totais de estudio e traballo persoal: 48.
• Asistencia a tódalas actividades presenciais programadas para a materia.
• Participación activa, constructiva e respetuosa nas clases, seminarios e titorías.
• Preparar e complementar os contidos que se estén a traballar na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
• Desenvolver hábitos de procura autónoma de información científica.
• Aproveitar os recursos dispoñibles para o alumno, da biblioteca universitaria.
• Seguir o ritmo de estudio e traballo que se marque, dun xeito continuo.
• Empregar axeitadamente as titorías para coñecer polo miudo as recomendacións do profesor e clarexar calquera dúbida xurdida no proceso de aprendizaxe.
• Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
Elena Lendoiro Belio
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- elena.lendoiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Cobo Golpe
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- m.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | AULA INFORMÁTICA 1 |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | AULA INFORMÁTICA 1 |
14.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
14.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
18.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |