Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 47 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Adquiri-los coñecementos básicos sobre control de calidade nun laboratorio, así como sobre as actividades de control e avaliación da calidade, necesarias para asegura-la dita calidade tanto no funcionamento do laboratorio como dos resultados emitidos.
-Adquiri-los coñecementos básicos sobre o proceso de acreditación dunha actividade nun laboratorio.
-Capacita-lo alumno na busca de información sobre organismos e axencias de certificación e acreditación a nivel nacional e internacional, así como das referencias normativas aplicables a diferentes casos reais.
Parte teórica:
Tema 1. Introdución ó control de calidade
Tema 2. Calidade na mostraxe e xestión das mostras
Tema 3. Xestión dos equipos
Tema 4. Avaliación e control dos métodos de análise
Tema 5. Acreditación de laboratorios
Prácticas
Utilización de distintos programas informáticos (Statgraphics, Excel, etc.) para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos a casos prácticos
Básica:
-GARANTIA DE LA CALIDAD EN LOS LABORATORIOS ANALITICOS. R. Compañó Beltrán, A. Ríos Castro. Ed. Síntesis
-CONTROL DE LA CALIDAD. Dale H. Besterfield, Ed. Prentice Hall
Complementaria:
-GESTIÓN DE LA CALIDAD: CONCEPTOS, ENFOQUES, MODELOS Y SISTEMAS. C. Camisón, S. Cruz, T. González. Ed. Pearson/Prentice Hall
-CALIDAD Y SEGURIDAD EN EL SECTOR AGROALIMENTARIO. J. A. Serra Belenguer, I. Fernández Segovia. Ed. Unir. Politécnica de Valencia.
Competencias Básicas e Xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo|estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo|estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos|estudios posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6: Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT10: Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación.
CT11: Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
Competencias específicas:
COP27 - Capacidade para aplicar os conceptos básicos sobre control de calidade así como sobre as actividades de control e avaliación necesarias nun laboratorio
COP28 - Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nun proceso de acreditación nun laboratorio.
Clases presenciais (teoría e seminarios).
O profesor explicará os contidos teóricos fundamentais de cada tema e a súa importancia no contexto da materia. As clases desenvolveranse de xeito interactivo cos alumnos, discutindo con eles os aspectos que resulten máis dificultosos ou especialmente interesantes de cada tema.
Prácticas de laboratorio.
Serán de asistencia obrigatoria. As sesións prácticas dedicaranse á
realización da práctica correspondente e á interpretación dos resultados obtidos.
Titorías.
Nelas preténdese levar a cabo un seguimento próximo do traballo desenvolvido por cada alumno así como aclarar dúbidas e orientar o traballo persoal do alumno.
Utilizarase o Campus Virtual da USC como apoio á docencia
A avaliación levarase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:
* Avaliación continua: 15%.
Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT5, CT6, CT10, CT11, COP27, COP28
* Exame final: 70%
Competencias avaliadas: CB5, CT1, CT6, CT10, CT11, COP27, COP28
* Memoria das prácticas: 15%
Competencias avaliadas: CB5, CT6, CT10, CT11; COP27, COP28
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisar as cualificacións”.
A materia consta de 3 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do alumno é de 75 h, das cales o 36.7% son presenciais e o 63.3% son horas de traballo do alumno.
A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
- Clases expositivas: 16 h presenciais/ 32 h traballo alumno
- Clases interactivas de laboratorio: 6 h presenciais
- Clases interactivas de seminario: 2 h presenciales/6 h traballo alumno
- Horas de titorías: 1.5 h presenciais
- Realización do exame: 2 h presenciais/ 9.5 h traballo alumno
É importante consultar a bibliografía recomendada para unha mellor comprensión da materia e para ter unha mellor visión global do campo de acción do Control de Calidade na saúde e a nutrición
Estudo de forma razoada e non só memorística
-Asistir as clases presenciais e levar a materia ao día
- Participar activa, constructiva e respetuosamente nas clases
- Preparar os contidos que se traballen na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada: é importante consultar la bibliografía recomendada para unha mellor comprensión da materia e para ter unha mellor visión global do campo de ación do Control de Calidade na saúde e na nutrición.
- Utilizar axeitadamente as tutorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e clarexar calquera dubida que xurda no proceso de aprendizaxe
- Consultar con regularidade na aula virtual da materia e facer uso da mesma
-O estudo é convinte centralo na comprensión razoada dos contidos e non só na memorización dos mesmos
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
A asistencia as clases expositivas e interactivas considerase necesaria para superar a materia. O material que se suministrará ao alumno ten como obxetivo facilitar e guiar na aprendizaxe, pero non sustitúe a consulta e o estudo dos textos de referencia recomendados nin constitúen en sí mesmos un manual de referencia pra preparar o examen.
Pra aprobar a materia necesitase ante todo comprendela e manexar os conceptos correctamente.