Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer e manexar correctamente a terminoloxía bioquímica.
• Adquirir unha formación básica sobre a estrutura e a función dos compoñentes fundamentais dos seres vivos.
• Coñecer o funcionamento das enzimas e a súa regulación.
• Coñecer as transformacións de enerxía e materia que levan a cabo os seres vivos, así como a regulación desas transformacións.
• Adquirir coñecementos básicos sobre a transmisión da información xenética.
PARTE TEÓRICA:
Tema 1. Aminoácidos e proteínas: Aminoácidos: definición e clasificación. Propiedades ácido-base. Péptidos: o enlace peptídico. Propiedades dos péptidos. Métodos de estudo da estrutura primaria. Proteínas: funcións, estrutura secundaria. Estrutura terciaria. Estrutura cuaternaria.
Tema 2. Enzimoloxía: Enzimas: concepto de enzima. Mecanismo de acción. Cofactores e coenzimas. Especificidade enzimática: o centro activo, hipótese sobre a unión enzima-sustrato. Cinética enzimática: dedución da ecuación de Michaelis-Menten. Significado dos termos Km e Vmax. Inhibición enzimática. Cinética das reaccións bisustrato. Cuantificación da actividade enzimática: efecto do pH e da temperatura sobre a actividade enzimática. Enzimas reguladoras: alosterismo; cinética das enzimas alostéricas, tipos de enzimas alostéricas. Enzimas moduladas covalentemente. Sistemas multienzimáticos.
Tema 3. Introdución ó metabolismo intermediario: Bioenerxética e termodinámica. Transferencia de grupos fosforilo e ATP. Rutas metabólicas. O ciclo dos ácidos tricarboxílicos: localización intracelular, reaccións do ciclo, balance enerxético. Ciclo do glioxilato. A síntese de ATP: estrutura e función da mitocondria. O transporte electrónico. Organización e función da cadea respiratoria. Enerxética do transporte. Fosforilación oxidativa; hipótese quimiosmótica.
Tema 4. Glúcidos e o seu metabolismo: Glúcidos: clasificación e propiedades. Monosacáridos e os seus derivados. O enlace glucosídico. Oligosacáridos. Polisacáridos: amidón, glucóxeno e celulosa. Heteropolisacáridos. Fermentación e respiración: a glucolise, balance enerxético e regulación. Vías metabólicas do piruvato. Lanzadeiras do malato e glicerol fosfato. Efecto Pasteur. Ruta das pentosas fosfato: fase oxidativa, incorporación da ribulosa-5-fosfato á glucolise. Metabolismo do glucóxeno: síntese e degradación. Efectos hormonais. Biosíntese de glúcidos: gluconeoxénese.
Tema 5. Lípidos e o seu metabolismo: Lípidos: propiedades xerais e clasificación. Ácidos grasos. Prostaglandinas. Triglicéridos. Fosfoglicéridos. Esfingolípidos. Terpenos; esteroides, colesterol, hormonas esteroídicas, sales biliares. Sistemas lipoproteicos: lipoproteínas e membranas. Metabolismo lipídico: dixestión e absorción de lípidos; ß-oxidación dos ácidos grasos. Balance xeral. Formación e utilización de corpos cetónicos. Síntese de ácidos grasos. Acetil CoA carboxilasa e a súa regulación. Ácido graso sintetasa.
Tema 6. Metabolismo de aminoácidos: Transaminación, desaminación oxidativa, ciclo da urea, excreción de amoniaco. Aminoácidos glucoxénicos e cetoxénicos. Descarboxilación de aminoácidos. Ciclo do nitróxeno: nitrificación e desnitrificación.
Tema 7. Ácidos nucleicos: o almacenamento e a tradución da información: Bases púricas e pirimidínicas. Nucleósidos e nucleótidos. Nucleótidos de interese biolóxico: transferidores de enerxía, transportadores de sinais biolóxicas. ADN: estrutura e propiedades. ARN: estruturas e propiedades. Tipos de ARN e a súa función na transmisión da información xénica. Metabolismo do ADN: replicación, reparación e transcrición. Modificacións post-transcricionales. Código xenético e a súa tradución.
PRÁCTICAS
• Determinación da concentración proteica polo método de Lowry.
• Separación de aminoácidos por cromatografía en capa fina. Separación de proteínas por xel-filtración.
• Estudo da actividade fosfatasa ácida en extracto cru de fígado de tenreira. Determinación dos parámetros Km e Vmax.
• Separación de proteínas de soro mediante electroforese en acetato de celulosa.
• Extracción e caracterización do amidón
SEMINARIOS
Nos seminarios, presentaranse os traballos realizados en grupo polos alumnos que terán como temas aspectos relacionados coa bioquímica na nutrición humana.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Nelson, D.L. y Cox, M.M. 2018. Lehninger. Principios de Bioquímica 7ª Edición. Ed. Omega.
-Voet, Voet y Pratt. 2016. Bioquímica 4ª Edición. Editorial Médica Panamericana (tamén dispoñible on-line na BUSC).
-Berg, J.M.; Tymoczko, J.L. y Stryer, L. 2012. Bioquímica 7ª Edición. Ed. Reverté S.A. (tamén dispoñible on-line na BUSC)
-Mathews, C.K.; Van Holde, K.E.; Appling, D.R. y Anthony-Cahill, S.J. 2013. Bioquímica. 4ª Edición. Pearson Educación.
Baynes, J.W. y Dominiczak, M.H. 2014. Bioquímica Médica 4ª Edición. Elsevier.
-Campbell, P.N.; Smith, A.D. y Peters, T.J. 2010. Bioquímica Ilustrada. Bioquímica y biología molecular en la era posgenómica 5ª Edición. Elsevier.
-Gil, A. 2017. Tratado de Nutrición. Tomo I. Bases Fisiológicas y Bioquímicas de la Nutrición 3ª Edición. Editorial Médica Panamericana. (tamén dispoñible on-line na BUSC)
-Garrido Pertierra, A.; Teijón Rivera, J.M. y Blanco Gaitán, D. 2006. Fundamentos de Bioquímica Estructural. Ed. Tébar.
-Feduchi, Romero, Yañez y García-Hoz. 2021 Bioquímica. Conceptos Esenciales. 3ª Edición.Editorial Médica Panamericana.
(tamén dispoñible on-line na BUSC)
-Victor W. Rodwell, David A. Bender, Kathleen M. Botham, Peter J. Kennelly, P. Anthony Weil. 2018. Harper Bioquímica ilustrada, 31ª Edición. McGRAW-HILL/INTERAMERICANA EDITORES, S.A. de C.V. (tamén dispoñible on-line na BUSC)
-Trudy McKee, James R. McKee 2020. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida, 7ª Edición. McGRAW-HILL/INTERAMERICANA EDITORES, S.A. de C.V. (tamén dispoñible on-line na BUSC)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Adriana María Salazar Montes, Ana Soledad Sandoval Rodríguez, Juan Socorro Armendáriz Borunda 2016. Biología Molecular. Fundamentos y aplicaciones en las ciencias de la salud, 2ª Edición. McGRAW-HILL/INTERAMERICANA EDITORES, S.A. de C.V. (tamén dispoñible on-line na BUSC)
-Buchner, J. 2005. Protein folding handbook. Wiley VCH Verlag GmbH.
-Tramontano, A. 2006. Protein structure prediction: concepts and applications. Wiley VCH Verlag GmbH.
-De Roos NM y Katan MB: Effects of probiotic bacteria on diarrhea, lipid metabolism, and carcinogenesis: a review of papers published between 1988 and 1998. Am J Clin Nutr, 2000, 71:405-411.
-Marti del Moral, A., Moreno-Aliaga, M.ª J. y Martínez Hernandez, J. Alfredo. Efecto de los prebióticos sobre el metabolismo lipídico. Nutr. Hosp., jul.-ago. 2003, vol.18, no.4, p.181-188. ISSN 0212-1611.
-Cell and Molecular Biology Online. http://www.cellbio.com
-Frontiers in Bioscience. http://bioscience.igh.cnrs.fr
Competencias básicas
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, se ben se sustenta en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenrolaran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG1 - Recoñecer os elementos esenciais da profesión do Dietista-Nutricionista, incluindo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenvolvéndoa con respecto cara as personas, os seus hábitos, crenzas e culturas.
CG2 - Desenrolar a profesión con respecto cara a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
CG3 - Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación e, asimesmo, á motivación pola calidade.
CG4 - Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando cando se fai necesario un tratamento interdisciplinar ou a derivación a outro profesional.
CG5 - Realizar a comunicación de maneira efectiva, tanto de forma oral como escrita, coas personas, os profesionais da saude ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar las tecnoloxías da información e a comunicación, especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6 - Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG29 - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamiento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias transversais
CT3: Capacidade para traballar en equipo (incluida en CG2).
CT7: Capacidade para a resolución de problemas
CT9: Capacidade para transmitir coñecementos (incluida en CG5)
CT10: Capacidade para o razonamento crítico e a argumentación
Competencias específicas (resultados da aprendizaxe)
CE1 - Coñecer os fundamentos químicos, bioquímicos e biolóxicos de aplicación en nutrición humana e dietética.
CE7 - Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais y demáis personal relacionados coa evaluación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición.
- As clases expositivas ou maxistrais (31 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia, empregando presentacións audiovisuais por computador con proxector de vídeo, coa axuda de anotacións no encerado.
- As clases prácticas de laboratorio (15 horas) incluirán unha introdución teórica e guións que detallen os procedementos a desenvolver. Os alumnos traballarán en grupos de 2-3 alumnos.
- Nos seminarios interactivos (3 horas) os alumnos presentarán oralmente traballos realizados en grupo relacionados cos temas da materia.
- A orientación de todas as actividades e tarefas realizadas polos estudantes será realizada polos profesores nas sesións de tutoría en grupo (2 horas). Tamén realizarán un traballo individual consistente na resolución de problemas.
- Utilizarase de forma continuada como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
As titorías poderán realizarse tanto in situ como a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Para a avaliación da materia teranse en conta 4 apartados: exame teórico, prácticas de laboratorio, presentación de traballos e participación activa en clases e debates.
O exame final (60% da cualificación final, complementaria á avaliación continua) será un exame único, cuxa data de realización é asignada polo Centro e é coñecida antes do inicio do Curso Académico. Trátase dun exame tipo test, que consta de 100 preguntas con 4 respostas das cales só unha será correcta. Ademais, o exame completarase con varias preguntas curtas. O tempo de realización do exame será de 2 horas.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB5, CG6, CT7, CE1.
Prácticas de laboratorio (15% da valoración final) os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante un exame escrito (10% da nota final) que se efectuará á conclusión das prácticas. A valoración do caderno de prácticas e da actitude no traballo de laboratorio suporá o 5% restante da nota final.
Competencias avaliadas: CG2, CG29, CT3, CT7, CE1, CE7.
Presentación de traballos (15% da cualificación final) valoraranse aspectos como a estrutura do traballo, a calidade da información e a presentación oral.
Competencias avaliadas: CB1, CB3, CB4, CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CT3, CT9, CT10, CE1, CE7.
Avaliación continua (10% da cualificación final) valorarase a participación activa en clase e a resolución de problemas (tamén nas tutorías en grupo).
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CG3, CT7, CT9, CT10, CE1.
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das cales o 39% son presenciais e ol 61% son horas de traballo autónomo do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
Clases maxistrais: 31 h presenciais / 62 h traballo autónomo
Seminarios: 3 h presenciais / 3 h traballo autónomo
Prácticas: 15 h presenciais / 15 h traballo autónomo
Titorías en grupo: 2 h presenciais / 4 h traballo autónomo
Realización de exames e revisión: 4 h presenciais
Recoméndase a asistencia ás clases teóricas e a resolución de dúbidas nas titorías.
Prestar atención nas clases teóricas, seminarios e prácticas.
Levar a materia ó día e profundizar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada.
Os idiomas de docencia son castelán e galego.
A cualificación da 2ª oportunidade farase en base aos resultados obtidos nun exame final similar ó feito na 1ª oportunidade da convocatoria correspondente e ás valoracións obtidas nos demáis apartados obxecto de cualificación (prácticas, traballos, avaliación continua; que en ningún caso teñen carácter obligatorio) que se conservarán nas dúas oportunidades de cada convocatoria.
Soamente os alumnos que non realizaran ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.
Concepcion Sofia Sarandeses Da Costa
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- cs.sarandeses [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
13.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
13.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |