Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 37 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Comprender o papel que xogan nos seres humanos os elementos químicos presentes nos alimentos.
• Coñecer os conceptos necesarios para poder comprender os procedementos para corrixir os excesos/déficits destes elementos.
• Familiarizarse con aspectos experimentais relacionados co ámbito dos aditivos alimentarios e micronutrientes
Teoría:
BLOQUE 1. ADITIVOS INORGÁNICOS
Tema 1. Colorantes.
Tema 2. Conservantes.
Tema 3. Antioxidantes.
Tema 4. Xelificantes.
Tema 5. Estabilizantes.
Tema 6. Espesantes.
BLOQUE 2. PAPEL DOS ELEMENTOS METÁLICOS DOS ALIMENTOS NOS SERES HUMANOS.
Tema 7. Sodio e Potasio.
Tema 8. Magnesio, Calcio.
Tema 9. Elementos traza: Hierro, Xofre e Cinc
Tema 10. Outros elementos traza: Cobalto, Manganeso e algúns elementos traza como contaminantes.
Tema 11. Elementos no metálicos.
Prácticas:
• Práctica 1. Extracción e estudo da estabilidade de pigmentos naturais.
• Práctica 2. Coloides en cociña esferificación directa e inversa.
• Práctica 3. Emulsificantes e reafirmantes de textura
Os alumnos realizarán traballos en grupo que terán como temas aspectos relacionados coa materia, que deberán expoñer oralmente.
TEXTOS BÁSICOS
• Astiasarán, Iciar; Alimentos composición y propiedades; Ed McGraw-Hill-Interamericana (2000)
• Cabal, Estean, Guía de aditivos usados en alimentación, Mandala Ediciones(1999)
• Jérôme Haubourdin, La lista de los aditivos alimentarios aceptables, Biospheric Ediciones, (2012).
• Miguel Calvo Rebollar: Aditivos Alimentarios. Propiedades, aplicaciones y efectos sobre la salud. Mira Editores, Zaragoza (1991)
• Cubero, N., Montferrer, A., y Villalta, J. Aditivos alimentarios Editorial Mundi-Prensa Libros, S.A. Madrid. (2002)
TEXTOS COMPLEMENTARIOS
• Multon, J.L. Aditivos y auxiliares de fabricación en las industrias agroalimentarias (2ª ed.). Editorial Acribia, S.A. (2000).
• Eskin, Neason Akiva Michael Biochemistry of Foods Ed. Academic Press (1990)
PÁGINAS WEB
• Bioquimica de los alimentos http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/programasbio.html
• Aditivos Alimentarios, en MedlinePlus http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002435.htm
• Listado de números E http://histolii.ugr.es/EuroE/NumerosE.pdf
• Clases funcionales de aditivos http://histolii.ugr.es/EuroE/ClasesFuncionales.pdf
As competencias que se traballarán na materia son as seguintes:
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1; Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2; Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3; Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 Os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para que emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT3: Capacidade para traballar en equipo (incluída en CG2)
CT7: Capacidade para a resolución de problemas
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
COP32 Coñecer os principais aditivos inorgánicos en alimentos e as súas propiedades.
COP33 Coñecer os elementos presentes nos seres vivos, os elementos esenciais e os tóxicos.
COP34 Coñecer a influencia dos aditivos inorgánicos nos alimentos como factor importante da súa aceptación ou rexeitamento.
COP35 Coñecer os riscos asociados á utilización de substancias químicas nos alimentos
1. Clases Teóricas. As clases expositivas ou maxistrais (35 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia, empregando presentacións audiovisuais por computador con proxector de vídeo, coa axuda de anotacións no encerado
2. Seminarios. Os seminarios interactivos (4 horas) consistirán de actividades complementarias de materia tratada nas clases maxistrais, que serán impartidos polos profesores e/ou polo alumnado, sendo supervisados polos profesores da materia.
3. Clases Prácticas de Laboratorio. As clases prácticas (12 horas) constarán de prácticas de laboratorio que incluirán unha breve introdución teórica e con guións de prácticas que detallen os procedementos para desenvolver. Os alumnos traballarán en grupos de 2‐3 alumnos. Asistencia obrigatoria.
4. Titorías en grupo. Nestas sesións farase un seguimento da comprensión dos exercicios realizados durante os seminarios e resolveranse cuestións concretas en relación coas tarefas do alumnado dentro da materia.
5. Os alumnos realizarán traballos en grupo relacionados cos temas da materia, que presentarán oralmente na aula. Tamén realizarán un traballo individual consistente na resolución de problemas.
6. Apoio a través de USC-virtual, de carácter voluntario, cun resumo de cada un dos temas da materia incidindo nos aspectos máis importantes
ASPECTO: AVALIACIÓN CLASES TEÓRICAS
CRITERIO: Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia
INSTRUMENTO: Realizaranse 3 probas de avaliación ao longo do curso.
COMPETENCIAS: CB1, CB5, COP32, COP33, COP34, COP35.
PESO NA NOTA FINAL: 60 %
ASPECTO: TRABALLO CONTINUO
CRITERIO: A participación en clase: cuestións formuladas polo profesorado, dúbidas formuladas polo alumnado, realización dos exercicios dos boletíns, etc. (10% dá cualificación final) entrega de traballos propostos (10 % dá cualificación final).
INSTRUMENTO: Observación e notas do profesorado, así como a entrega de exercicios e/ou traballos propostos; polo que será necesaria unha asistencia regular durante todo o curso
COMPETENCIAS: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT3, CT7, COP32, COP33, COP34, COP35.
PESO NA NOTA FINAL: 20 %
ASPECTO: AVALIACIÓN DAS CLASES PRÁCTICAS
CRITERIO: Dominio das técnicas e protocolos experimentais empregados as prácticas.
INSTRUMENTO: Observación do traballo realizado no laboratorio, e presentación dunha memoria práctica
COMPETENCIAS: CB1, CT3, CT7, COP32, COP33, COP34, COP35.
PESO NA NOTA FINAL: 20 %
ACLARACIÓNS:
(1) A nota obtida en cada proba de avaliación non debe ser inferior a 4.
(2) Ademais da asistencia obrigatoria ás sesións de prácticas de laboratorio é imprescindible ter unha avaliación positiva da memoria de prácticas.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Esta materia é anual e consta de 6 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumno/a de 150 horas (6 créditos x 25 h/crédito).
Traballo presencial na aula:
. Clases expositivas: 35 h
. Clases interactivas (seminarios): 4 h
. Prácticas de laboratorio: 12 h
. Probas de avaliación: 2 h
. Exame final: 3 h
. Total: 55 h
. Traballo persoal do alumnado: 95
A asistencia ás clases, un estudo continuado da materia, e a resolución e comprensión dos problemas e cuestións formuladas nos seminarios son a mellor garantía para superar a materia. Recoméndase facer uso das titorías para solucionar as dúbidas xeradas no estudo da materia.
A materia impártese en castelan.
Laura Rodriguez Silva
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- laura.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Nuñez Gonzalez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 982824079
- Correo electrónico
- cristina.nunez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 3 PLANTA BAIXA |
08.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |