-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 30
Clase Interactiva: 24
Total: 56Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Química InorgánicaÁreas:
Química InorgánicaCentro
Facultade de FarmaciaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, os seus procedementos de preparación, estructura, propiedades e reactividade.
PROGRAMA TEORICO
Tema 1. Compostos de coordinación. Xeralidades, nomenclatura. Enlace, cor, e propiedaes dos complexos de metales de transición.
Tema 2. Hidróxeno.
Tema 3. Elementos do Grupo 1. Li, Na, K, Rb, Cs, Fr.
Tema 4. Elementos do Grupo 2. Be, Mg, Ca, Sr, Ba, Ra.
Tema 5. Elementos do Grupo 12. Zn, Cd, Hg.
Tema 6. Elementos do Grupo 13. B, Al, Ga, In, Tl.
Tema 7. Elementos do Grupo 14. C, Si, Ge, Sn, Pb.
Tema 8. Elementos do Grupo 15. N, P, As, Sb, Bi.
Tema 9. Elementos do Grupo 16. O, S, Se, Te, Po.
Tema 10. Elementos do Grupo 17. F, Cl, Br, I, At.
Tema 11. Características xerais dos elementos de transición. Elementos da primeira serie. Compostos representativos e nocións bioinorgánicas.
PROGRAMA EXPERIMENTAL
Práctica 1.- Conceptos teóricos e desenvolvemento experimental do Programa.
Práctica 2.- Preparación dun xel de hidróxido de aluminio e valoración da súa capacidade antiácida.
Práctica 3.- Química redox do ferro. Obtención de alume de ferro.
Práctica 4.- Preparación e identificación de acetilacetonato e glicinato de cobre(II).
Práctica 5.- Termocromatismo en complexos de cobalto(II).Básica (manual de referencia).
G. Rayner-Canham. Química Inorgánica Descriptiva. Segunda edición. Pearson/Prentice Hall, 2000.
Complementaria.
Shriver&Atkins. Química Inorgánica. Cuarta edición. McGraw-Hill, 2008.
C. E. Housecroft, A. G. Sharpe. Química Inorgánica. Segunda edición. Pearson/Prentice Hall, 2006.Coñecementos:
Con 11. Coñecer as características físico-químicas das substancias empregadas na fabricación de medicamentos.
Con 12. Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os distintos estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
Con 13. Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no ámbito farmacéutico.
Con 14. Coñecer e comprender a natureza e o comportamento dos grupos funcionais en moléculas orgánicas.
Con 15. Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise da auga, dos alimentos e do medio ambiente.
Con 16. Coñecer e aplicar as principais técnicas de investigación estrutural incluída a espectroscopia.
Habilidades ou destrezas:
H/D 07. Seleccionar as técnicas e procedementos adecuados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
H/D 08. Realizar procesos normalizados de laboratorio incluíndo o uso de equipamentos de síntese e análise científica, incluíndo a instrumentación adecuada.
H/D 09. Estimar os riscos asociados ao uso de substancias químicas e procesos de laboratorio.
H/D 28. Utilizar correctamente as fontes de información científica, incluídas as en inglés.
H/D 29. Analizar e sintetizar información básica tanto en castelán como en inglés e resumila de forma correcta e intelixible.
Competencias
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organización e planificación.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na lingua propia.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (capacidade para buscar e analizar información de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 17. Compromiso ético.
Comp 18. Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 19. Habilidades investigadoras.
Comp 20. Capacidade para aprender.
Comp 25. Capacidade para traballar de forma autónoma.
Comp 28. Preocupación pola calidade.
Comp 29. Motivación de logro.A docencia da materia organízase en clases teóricas, seminarios, titorías e clases prácticas.
Ao longo dun cuadrimestre impartiranse 30 horas de clases teóricas, nas que se utilizarán medios audiovisuais que axudarán ao alumno a un mellor seguimento das explicacións do profesor. Nestas clases explicaranse os epígrafes de cada tema, os cales deberán ser ampliados polo alumno no manual recomendado. Propoñeranse exercicios que o alumno deberá resolver e, no seu caso, entregar. Estes e outros exercicios serán resoltos e comentados nos seminarios correspondentes.
As clases prácticas de laboratorio impartiranse en grupos; o número de alumnos por grupo non será superior a 20.
Todo o material didáctico necesario estará ao dispor do alumnado no Campus Virtual da USC.A materia divídese en dúas partes, teórica e práctica, que se avaliarán por separado.
A parte teórica da materia avaliarase cunha proba final que constará de preguntas tipo test (4 puntos sobre 10) e reaccións e preguntas curtas (6 puntos sobre 10). Calquera reacción ou pregunta curta que conteña un erro de formulación considerarase incorrecta e valorarase como cero (0). O exame suporá o 80% da nota final.
A avaliación da parte teórica complementarase coa avaliación do alumno na avaliación continua. Para iso terase en conta a asistencia e o traballo realizado en clases interactivas (titorías e seminarios). Para a avaliación realizaranse controis durante os seminarios ou titorías. Só poderán optar á avaliación continua aqueles alumnos que asistan aos seminarios e titorías. Estes aspectos suporán un máximo do 15% da nota final. O alumnado repetidor que así o manifeste por escrito ao comezo do cuadrimestre conservará, para un só curso, a cualificación obtida na avaliación continua realizada no curso anterior.
Para a avaliación da parte práctica teranse en conta: a opinión obtida sobre o alumno nas sesións de traballo, a elaboración do seu diario de laboratorio e a realización dunha proba. Este apartado suporá o 5% da nota final. O alumnado repetidor conservará a cualificación da parte práctica durante un período de cinco anos.
O alumno deberá obter cinco puntos sobre dez e realizar as prácticas de laboratorio para superar a materia. O alumno que non complete as prácticas de laboratorio será clasificado como non presentado.
A avaliación das competencias adquiridas na materia realizarase a través dos seguintes medios:
-Exame final: Coñecementos adquiridos do programa (habilidades 01, 02, 03, 07, 10, 17, 20, 25, 28).
-Prácticas de laboratorio: Inclúense procesos estándar de laboratorio que permiten a preparación de diferentes compostos inorgánicos sinxelos (habilidades 01, 02, 03, 06, 08, 11, 19, 25, 28, 29.)
-Asistencia e traballo realizado en clases interactivas (todas as habilidades).
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificaciónsAs actividades presenciais desta materia comprenden un periodo de 60 horas. Estímase que o alumno debe realizar, ademáis, un traballo persoal que comprenda 90 horas para complementar estas actividades.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
-Clases expositivas en grupo grande: 30 h
-Clases interactivas en grupo reducido: 6 h
-Titorías en grupo moi reducido: 2 h
-Prácticas de laboratorio: 18 h
-Exames e revisión: 4 h
-Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 51,5 h
-Resolución de exercicios, ou outros traballos: 12 h
-Orientación e resolución de dúbidas: 7,5 h
-Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 9 h
-Realización e revisión do exame: 10 h
-Total horas traballo persoal do alumno: 90 hE aconsellable que, despois da asistencia ás clases expositivas, o alumno revise os contidos de cada tema seguindo o manual recomendado. A elaboración dun resumen no que identifique os puntos importantes serálle útil para unha revisión posterior do tema, para relacionar os contidos de cada tema cos dos restantes e, por último, para facilitarlle a súa participación activa na resolución das cuestións que se plantexarán nos seminarios. Esta participación activa e continuada ao longo do curso é altamente recomendable no caso desta materia.
No traballo no laboratorio, antes da realización de cada experimento, o alumno debe ler con calma o guión que se lle proporcione e procurar comprende-los conceptos teóricos nos que se basea. Deberá levar a cabo o traballo experimental con atención e pulcritude e anotar todas as observacións no seu diario de laboratorio.As clases impartiranse en castelán.
-
Mª Ángeles Sánchez González
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815083
- Correo electrónico
- angeles.sanchez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Soledad Garcia Tasende
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814954
- Correo electrónico
- soledad.garcia@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Elena Labisbal Viqueira
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815089
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Luz Duran Carril
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814952
- Correo electrónico
- marialuz.duran@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Sousa Pedrares
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814240
- Correo electrónico
- antonio.sousa.pedrares@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria De Fatima Lucio Martinez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- mariadefatima.lucio.martinez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Esperanza Padin Gonzalez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- esperanza.padin@usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Marie Curie
María Aguilera Llavero
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- maria.aguilera.llavero@usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
-
2º semestre - Do 03 ao 09 de febreiro Luns 11:00-12:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 13:00-14:00 GrupoA /CLE_01 Castelán AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 17:00-18:00 GrupoC /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia Martes 11:00-12:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 13:00-14:00 GrupoA /CLE_01 Castelán AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 17:00-18:00 GrupoC /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia Mércores 11:00-12:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 13:00-14:00 GrupoA /CLE_01 Castelán AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 17:00-18:00 GrupoC /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia Xoves 11:00-12:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 13:00-14:00 GrupoA /CLE_01 Castelán AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 17:00-18:00 GrupoC /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia Venres 11:00-12:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 13:00-14:00 GrupoA /CLE_01 Castelán AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 17:00-18:00 GrupoC /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia