-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2.5
Clase Expositiva: 30
Clase Interactiva: 24
Total: 56.5Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Química FísicaÁreas:
Química FísicaCentro
Facultade de FarmaciaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
- Uso, a nivel básico, das interaccións intermoleculares como modo de explicar e predicir a estructura e propiedades de sistemas materiais sinxelos. Extrapolar, de forma cualitativa, estes contidos a sistemas máis complexos (concretamente sistemas biolóxicos).
- Coñecemento da natureza dos fenómenos de transporte e en particular da difusión. Tratamento elemental deste fenómeno de transporte e a súa aplicación en ámbitos afíns ao Grao de Farmacia (Bioquímica, Farmacoloxía e Tecnoloxía Farmaceútica).
- Coñecemento da Cinética Química Formal, orientado á súa posterior utilización en Bioquímica, Farmacoloxía e Teconoloxía Farmaceútica.
- Lograr unha adaptación dos alumnos ao manexo de conceptos abstractos, do tipo dos utilizados na termodinámica clásica, e a súa utilización para o estudio de fenómenos de carácter químico.BLOQUE I.- MATERIA E ENERXÍA
Tema 1.- Introdución á Química Física. Concepto, ámbito e áreas da Fisicoquímica. Relación coa Física. Importancia no Grao en Farmacia e nas Ciencias Farmacéuticas. Coñecementos previos. Organización da materia. A temperatura como expresión da enerxía dun sistema. Distribución da enerxía nun sistema macroscópico: ecuación de Maxwell-Boltzmann.
Tema 2.- Forzas intermoleculares. Acción dun campo eléctrico sobre moléculas polares e apolares: momento dipolar e polarizabilidade. Forzas intermoleculares de atracción: interaccións dipolo-dipolo, dipolo-dipolo inducido e forzas de dispersión. Enlaces de hidróxeno. Forzas intermoleculares repulsivas. Potencial de Lennard-Jones. Relación coas propiedades termodinámicas.
BLOQUE II: TERMODINÁMICA FISICA
Tema 3.- Primer principio de la termodinámica: obxectivos. Variables de estado e funcións de estado. Terminoloxía termodinámica: tipos de sistemas e procesos. Estados de equilibrio e de non equilibrio. Procesos termodinamicamente reversibles e irreversibles. Calor e traballo: criterio de signos e unidades. Primeiro pincipio da Termodinámica: enerxía interna e entalpía. Capacidades caloríficas.
Tema 4.- Segundo principio de la termodinámica: entropía. Enunciados do Segundo Principio da Termodinámica. Establecemento do concepto de entropía. Variación de entropía en procesos reversibles e irreversibles: desigualdade de Clausius. A variación de entropía como criterio de espontaneidade. Significado molecular da entropía. O Terceiro Principio da Termodinámica e entropías absolutas.
Tema 5.- Termoquímica: calor de reacción. Ecuacións termoquímicas. Leis termoquímicas. Calor estándarl de reacción: entalpías estándar de formación. Variación da calor de reacción coa temperatura: ecuación de Kirchoff. Entropía de reacción: variación coa temperatura
BLOQUE III: POTENCIAL QUIMICO Y EQUILIBRIO
Tema 6.- Espontaneidade e equilibrio. Magnitudes molares parciales: Función de Gibbs e o seu significado físico. A súa utilización como criterio de espontaneidade. Variación da enerxía libre de Gibbs coa presión e a temperatura: ecuación de Gibbs-Helmholtz. Sistemas abiertos: magnitudes molares parciais. Concepto de potencial químico: significado físico do potencial químico. Variación do potencial químico coa presión e a temperatura.
BLOQUE IV: CINÉTICA Y FENOMENOS DE TRANSPORTE
Tema 7.- Cinética química formal: Xeneralidades: Velocidade de reacción, ecuación de velocidade, orde de reacción y constante de velocidade. Métodos de determinación da ecuación de velocidade: método diferencial, método de integración y tempo de semirreacción. Efecto da temperatura: ecuación de Arrhenius. Modelos teóricos
Tema 8.- Reactividade e catálise. Reaccións elementais y mecanismo de reacción. Reaccións reversibles. Reaccións paralelas. Reaccións consecutivas: aproximación do estado estacionario. Catálises.
Tema 9.- Fenómenos de transporte: xeneralidades:propiedades de transporte. Difusión: significado físico. Leis de Fick. Movemento browniano: ecuación de Stokes-Einstein. Difusión a través de membranas. Viscosidade de fluídos: lei de Newton. Determinación da viscosidade: viscosimetría. Reología: Fluídos non newtonianos. Velocidade de fluxo de fluidos."Química ´Física”. T. Engel y P. Reid. Ed. Addison-Wesley
"Fisicoquímica para Farmacia y Biología". P. Sanz y otros. Ediciones Científicas y Técnicas S.A., SALVAT.
"Fisicoquímica". I. N. Levine. Ed. McGraw-Hill.
"Química Física". P. W. Atkins. Ed. Addison-Wesley Iberoamericana.
"Fisicoquímica para las ciencias químicas y biológicas". R. Chang. Ed. McGraw-Hill- Con 11. Coñecer as características físico-químicas das substancias utilizadas na fabricación de medicamentos.
- Con 12. Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os distintos estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
- Con 25. Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición en función das súas vías de administración.
- Con 31. Saber utilizar con seguridade os medicamentos, tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas, incluídos os riscos asociados ao seu uso.
- H/D 06. Potenciar as habilidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e relacionados con outros profesionais sanitarios.
- H/D 08. Realizar procesos normalizados de laboratorio incluíndo o uso de equipamentos de síntese e análise científica, incluíndo a instrumentación adecuada.
- H/D 10. Aplicar os coñecementos de Física e Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.
- Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
- Comp 07. Resolución de problemas.
- Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
- Comp 11. Traballo en equipo.
- Comp 14. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
- Comp 18. Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
- Comp 25. Capacidade para traballar de forma autónoma.Utilizaranse:
- Clases expositivas en grupo grande: leccións impartidas polo profesor de maneira presencial, nas que se expoñen os contidos teóricos fundamentais da materia e propóñense e realizan problemas básicos de aplicación dos mesmos.
Tamén plantéxanse actividades complementarias que debe realizar o alumno: estudo de contidos adicionais de teoría non incluídos nestas clases, realización individual de problemas numéricos e outras actividades individuais ou en grupo.
- Clases interactivas en grupo reducido: clase teórico/práctica presencial na que se propóñen e resolven dúbidas e aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas maneiras: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, sesións relativas a algunha aprendizaxe cooperativa proposta, etc. A asistencia a estas clases interactivas en grupo reducido será obrigatoria.
- Titorías de “pizarra” en grupos moi reducidos: Titorías presenciais programadas polo profesor. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas programadas.A cualificación global na 1ª oportunidade do curso, será a resultante de sumar a obtida no exame de teoría e problemas máis a correspondente á avaliación continua.
A cualificación máxima que se pode alcanzar no exame de teoría e problemas será de 8 puntos, correspondendo 5,0 puntos á teoría e os 3,0 restantes á nota de problemas. Un requisito indispensable para aprobar a materia será obter unha nota igual ou superior a 1,8 en teoría e igual ou superior a 1,2 en problemas.
A cualificación máxima correspondente á avaliación continua é de 2 puntos e establecerase tendo en conta: a participación activa do alumno nas clases interactivas, a realización de actividades propostas, a asistencia a titorías, as notas correspondentes ás probas escritas que sobre apartados específicos póidanse realizar, etc. Para que o alumno poida acceder á cualificación correspondente á avaliación continua, é requisito indispensable a asistencia do alumno ás clases interactivas.
Os alumnos repetidores que o desexen, poden manter a calificación das probas de evaluación continua realizadas o curso anterior sen ter que asistir as clases interactivas, sendo requisito indispensable ter firmado, ao principio do cuadrimestre, un documento acreditativo de dito compromiso co profesor encargado da asignatura.
Na segunda oportunidade do curso académico, só se realizará o exame de teoría e problemas, conservándose a cualificación correspondente á avaliación continua obtida durante o curso. As notas máximas sobre as que se calificarán estas duas partes do examen e os mínimos requeridos en cada unha serán os mesmos que os da primera convocatoria. Manterase tamen o requisito de ter cuberta a asistencia obrigatoria ás clases interactivas durante o curso.
A evaluación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na asignatura realizarase a través das seguintes vías:
No exame: Con 11, Con 12, Con 25, Con 31, H/D 08, H/D 10, Comp 01, Comp 07 y Comp 10.
Nas clases interactivas: Con 11, Con 12, H/D 06, H/D 08, H/D 10, Comp 01, Comp 07, Comp 10; Comp 11, Comp 14, Comp 18, Comp 25.TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (60 HORAS)
- Clases expositivas : 30 horas
- Clases interactivas: 24 horas
- TItorías (grupo moi reducido): 2,5 horas
- Exames de teoría e problemas e a sua revisión: 3,5 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (90 HORAS)
- Clases expositivas (estudio autónomo individual ou en grupo): 45 horas
- Clases interactivas(resolución de exercicios ou outros traballos): 33 horas
- Titorías (orientación e resolución de dúbidas): 3 horas
- Preparación do exámen de teoría e problemas: 9 horas.Repaso ou posta ao día dun conxunto mínimo de coñecementos de matemáticas (cálculo infinitesimal e xeometría analítica), física (mecánica, electricidade, sistemas de unidades) e química xeral.
Dedicación regular ao estudio da materia (períodos curtos diarios ou cada dous días, mellor que semanais).
Evitar introducirse nun capítulo sen alcanzar un certo grao de comprensión do anterior.
Adicar un esforzo especial á comprensión do significado ou natureza dalgúns contidos teóricos estratéxicos, así como aos métodos xerais de resolución dos problemas.A plataforma virtual da USC utilizarase como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno.
-
Juan Crugeiras Martinez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814430
- Correo electrónico
- juan.crugeiras@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Carmen Bujan Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814228
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.bujan@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
David Ferro Costas
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814289
- Correo electrónico
- david.ferro@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Luns 10:00-11:00 Grupo B/CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 16:00-17:00 Grupo C /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia Martes 10:00-11:00 Grupo B/CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 16:00-17:00 Grupo C /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia Mércores 10:00-11:00 Grupo B/CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 16:00-17:00 Grupo C /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia Xoves 10:00-11:00 Grupo B/CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 16:00-17:00 Grupo C /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia Venres 10:00-11:00 Grupo B/CLE_02 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia 16:00-17:00 Grupo C /CLE_03 Castelán 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia