Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Adquirir os coñecementos morfolóxicos básicos nos que se fundamentan as ciencias da saúde.
2. Comprender e recoñecer a estrutura normal do corpo humano, a nivel celular, tisular e orgánico nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
3. Coñecer, comprender e ser capaz de aplicar adecuadamente a terminoloxía anatómica (nómina anatómica) e histolóxica que lle permitirá coñecer as bases da linguaxe científica propio das ciencias da saúde.
4. Coñecer os métodos básicos para o estudo microscópico.
I. Aulas expositivas
BLOQUE TEMÁTICO I: CITOLOXÍA
Tema 1. A célula como unidade básica da vida
Tema 2. Membrana plasmática: estrutura e función. Transporte a través da membrana
Tema 3. Citoesqueleto
Tema 4. Compartimentación celular I: retículo endoplasmático e complexo de Golgi
Tema 5. Compartimentación celular II: endosomas, lisosomas, peroxisomas e mitocondrias
Tema 6. Compartimentación celular III: núcleo e ribosomas
Tema 7. División e morte celular
BLOQUE TEMÁTICO II: HISTOLOXÍA
Tema 1. Tecido epitelial
Tema 2. Tecido conxuntivo
Tema 3. Tecido muscular
Tema 4. Tecido nervioso
Tema 5. Aparello circulatorio. Corazón e vasos
Tema 6. Estrutura xeral do tubo dixestivo
Tema 7. Fígado e páncreas
Tema 8. Ril e vexiga
Tema 9. Aparello respiratorio
BLOQUE TEMÁTICO III: ANATOMÍA
Tema 1. Xeralidades. Conceptos anatómicos fundamentais: terminoloxía, sistemas corporais e orixe ontoxénico
Tema 2. Aparello locomotor I: osteoloxía
Tema 3. Aparello locomotor II: artroloxía
Tema 4. Aparello locomotor III: mioloxía
Tema 5. Aparello circulatorio I: xeralidades. Anatomía do corazón. Configuración externa e interna e estrutura cardíaca. Sistema cardionector. Vascularización e inervación cardíaca
Tema 6. Aparello circulatorio II: sistemas arterial, venoso e linfático
Tema 7. Aparello respiratorio. Xeralidades. Vías respiratorias. Pulmóns e pleuras
Tema 8. Aparello dixestivo I. Organización xeral. Boca. Faringe. Esófago. Estómago
Tema 9. Aparello dixestivo II. Intestino delgado. Intestino groso. Glándulas anexas: fígado, vías biliares, páncreas. Bazo. Vascularización e inervación
Tema 10. Aparello urinario. Ril. Vías excretoras. Vascularización e inervación
Tema 11. Aparello reprodutor masculino e feminino
Tema 12. Sistema nervioso I: organización xeral. Sistema nervioso central e periférico. Sistema nervioso somático e sistema nervioso autónomo ou vexetativo. Meninges. Líquido cefalorraquídeo. Barreira hematoencefálica
Tema 13. Sistema nervioso II: Médula espiñal. Organización xeral. Morfoloxía externa e interna. Raíces e pares raquídeos
Tema 14. Sistema nervioso III: Tronco do encéfalo. Bulbo raquídeo, protuberancia e mesencéfalo. Formación reticular e pares craneais. Cerebelo. IV ventrículo
Tema 15. Sistema nervioso IV: Cerebro. Diencéfalo e telencéfalo. III, II e I ventrículos
Tema 16. Sistema nervioso V. Sistema nervioso vexetativo simpático e parasimpático
II. Aulas interactivas: seminarios
BLOQUE TEMÁTICO I: CITOLOXÍA
S1. Cuestións esenciais sobre a célula. Aplicacións na investigación biomédica
BLOQUE TEMÁTICO II: HISTOLOXÍA
S1. Técnicas histolóxicas: procesamento de mostras. Estudo microscópico dos tecidos básicos
BLOQUE TEMÁTICO III: ANATOMÍA
S1. Anatomía funcional do fígado. Circulación portal hepática: papel na administración de fármacos
III. Clases interactivas: prácticas de laboratorio
BLOQUE TEMÁTICO I: CITOLOXÍA
(Laboratorio de prácticas de Bioloxía. Facultade de Medicina)
P1. O microscopio óptico: nomenclatura e instrucións para o seu manexo. Estudo de células libres: preparación, tinción e montaxe dunha extensión de sangue
P2. Estudo microscópico de orgánulos membranosos: comparativa de imaxes entre microscopio óptico, de fluorescencia e electrónico. Núcleo: estudo microscópico de preparacións de mitose. Observación de cromosomas metafásicos humanos
BLOQUE TEMÁTICO II: HISTOLOXÍA
(Laboratorio de prácticas de Histoloxía. Facultade de Medicina)
P1. Tinción Hematoxilina-Eosina. Identificación de tecidos básicos. Aparello cardiocirculatorio
P2. Principais órganos que participan nas vías de absorción: tubo dixestivo, aparello respiratorio, pel
P3. Órganos e sistemas integrantes das vías de eliminación (fígado e ril). Sistema endocrino
BLOQUE TEMÁTICO III: ANATOMÍA
(Sala de técnica anatómica. Facultade de Medicina)
P1. Aparello locomotor de cabeza, tronco e membros superior e inferior. Maquetas e preparacións anatómicas
P2. Esplancnoloxía (I): órganos torácicos. Corazón. Grandes vasos. Pulmóns e pleuras. Esplancnoloxía (II): órganos abdomino-pélvicos. Cavidade abdominal e o seu contido. Peritoneo. Cavidade pélvica e o seu contido. Maquetas e preparacións anatómicas
P3. Sistema nervioso. Morfoloxía da medula espiñal e do encéfalo en maquetas e preparacións anatómicas. Anatomía dos órganos dos sentidos, relevancia na administración de fármacos
I. Bibliografía básica
Disporase dunha ligazón na aula virtual da materia para o acceso ás versións electrónicas dos manuais que constitúen a bibliografía básica e que están accesibles a través da biblioteca universitaria.
BLOQUE TEMÁTICO I. CITOLOXÍA
1. Calvo A. Biología Celular Biomédica. 1ª ed. Elsevier; 2015
2. Paniagua R. Biología celular y molecular. 4ª ed. McGraw-Hill; 2017
BLOQUE TEMÁTICO II. HISTOLOXÍA
1. García-Caballero, Gallego R, Gándara M, Ferreirós A, Cuevas J, García-Caballero T. Atlas de prácticas Histología Humana Especial Farmacia. Fundación USC.
2. O'Dowd G, Bell S, Wright S. WHEATER. Histología Funcional. 7ª ed. Elsevier; 2024 (disponible online biblioteca USC).
3. Lowe J, Anderson P, Anderson S. STEVENS Y LOWE. Histología Humana. 5ª ed. Elsevier; 2020 (disponible online biblioteca USC).
4. Esenciais USC. Técnicas histológicas: microscopía óptica, inmunohistoquímica, hibridación in situ e microscopía electrónica. Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Rosalía Gallego (disponible online colección Esenciais USC).
BLOQUE TEMÁTICO III. ANATOMÍA
1. Suárez Quintanilla JA, Iturrieta Zuazo I, Rodríguez Pérez AI et al. Anatomía humana para estudiantes de Ciencias de la Salud. 2ª ed. Elsevier; 2020
Atlas de anatomía aconsellados:
2. Netter, F. H., Atlas de Anatomía Humana. 7ª ed. Elsevier; 2019
3. Poteau Ginés JM y Merí Vived A. EVA Anatomía. Atlas. 1ª ed. Editorial Médica Panamericana; 2023
II. Bibliografía complementaria
1. Karp G. Biología celular y molecular. Conceptos y experimentos. 7ª ed. McGraw-Hill; 2017
2. Pawlina W. ROSS. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología celular y Molecular. 8ª ed. Wolters Kluwer; 2020
3. Kierszenbaum A, Tres L. Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía Patológica. 5a ed. Elsevier; 2020
4. García-Porrero JA y Hurlé AJM. Anatomía Humana. 2ª Ed. Editorial Médica Panamericana; 2019
5. Hansen JT. NETTER. Cuaderno de Anatomía para Colorear. 2ª ed. Elsevier; 2015
III Recursos electrónicos e páxinas web
1. Atlas 3D “Complete Anatomy”. Elsevier. Ligazón: https://www.elsevier.com/es-é/connect/innovacion-tecnologica-saúde/comp…
2. Anatomía: bolígrafo de Juan e lapis de Fernando. Ligazón: https://www.youtube.com/channel/ucitddjrzjw4whb8p9hgiz1a?app=desktop
Coñecementos:
Coñecementos xerais:
Con 02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, subministrar e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Coñecementos específicos:
Con 19. Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula.
Con 21. Coñecer as propiedades das membranas celulares e a distribución de fármacos.
Con 37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Habilidades ou destrezas:
H/D 01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario, cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
H/D 15. Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnolóxica de fármacos, así como de uso da terapia xénica.
Competencias:
Competencias instrumentais:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 05. Habilidades básicas de manexo do ordenador.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información procedente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Competencias interpersoais:
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 12. Habilidades interpersoais.
Comp 13. Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp 14. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp 15. Apreciación da diversidade e multiculturalidade.
Comp 16. Habilidade de traballar nun contexto internacional.
Comp 17. Compromiso ético.
Competencias sistémicas:
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 19. Habilidades de investigación.
Comp 20. Capacidade de aprender.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 28. Preocupación pola calidade.
Comp 29. Motivación de logro.
I. Docencia expositiva
A metodoloxía utilizada na docencia expositiva basearase na impartición de aulas maxistrais, nas cales se intercalará a presentación na aula de exercicios.
Aulas maxistrais
O profesor expoñerá os contidos do programa con apoio de medios audiovisuais e informáticos, destacando os apartados máis importantes e a bibliografía.
Presentación na aula de exercicios
Durante as clases maxistrais poderase propoñer a realización de cuestionarios e exercicios sobre os contidos teóricos.
II. Docencia interactiva
A docencia interactiva desenvolverase en forma de seminarios e prácticas de laboratorio.
Neles, empregarase metodoloxía consistente en resolución de problemas, presentación na aula de exercicios, aprendizaxe colaborativo e gamificación.
Seminarios
Nos seminarios, o alumnado de maneira individual e/ou en grupos reducidos e coa axuda do profesor, responderán cuestións e/ou farán exercicios e traballos sobre a aplicación dos contidos teóricos. Ademais, proxectaranse imaxes que deben ser interpretadas polos estudantes coa axuda do docente.
Prácticas de laboratorio
Nas prácticas trátase de:
1. Observar, describir e recoñecer microscopicamente as diferentes estruturas celulares, así como os distintos tipos celulares e tecidos mediante microscopía óptica. Así mesmo, describir e recoñecer os distintos órganos e os seus elementos constituíntes.
2. Realizar técnicas básicas de bioloxía celular e histoloxía.
3. Identificar sobre imaxes, maquetas, preparacións anatómicas e sobre o cadáver os diferentes órganos e aparellos. Nas prácticas de anatomía o alumno disporá dun manual orientativo do traballo.
Resolución de problemas
Nas sesións interactivas, ademais, proxectaranse imaxes que deberán ser interpretadas polos estudantes coa axuda do docente.
Presentación na aula de exercicios
Nas sesións interactivas, poderase tamén propoñer a realización de cuestionarios e exercicios sobre os contidos teóricos.
Aprendizaxe colaborativo
Nas clases interactivas, o alumnado en grupos reducidos e coa axuda do profesor, responderán cuestións e/ou farán exercicios e traballos sobre a aplicación dos contidos teóricos.
Gamificación
Empregaranse programas de gamificación como Educlick nas prácticas e seminarios como métodos interactivos de autoavaliación e avaliación continua.
Estudo previo
Recoméndase preparar sempre a materia previamente á realización das prácticas.
III. Aula virtual e foro de titoría pública
A materia disporá dunha aula virtual na que o alumnado poderá dispor de material didáctico e imaxes dixitalizadas de apoio. Ademais, na aula virtual establecerase un foro de titoría pública.
Para poder superar a materia é imprescindible asistir/participar nas clases interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio). As cualificacións obtidas na materia non se manterán dun curso a outro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
A avaliación das competencias da materia será realizada a través dos seguintes sistemas:
I. Proba final
— Suporá un 90% da cualificación total da materia.
— Consistirá nun exame de preguntas obxectivas (test de elección múltiple con resposta única, no cal se penalizarán os erros). Incluiranse preguntas sobre os contidos do programa desenvolvidos tanto nas clases expositivas como nas clases interactivas, é dicir, seminarios e prácticas de laboratorio.
— É necesario alcanzar un mínimo do 30% da cualificación de cada un dos tres bloques da materia por separado (CITOLOXÍA, HISTOLOXÍA e ANATOMÍA) para que a cualificación sexa compensable coa obtida nos outros bloques e poder superar a materia.
— Nesta proba evalúase a adquisición dos coñecementos xerais e específicos da materia, así como a adquisición das competencias sistémicas.
II. Avaliación continua
— Suporá un 10% da cualificación total da materia.
— A cualificación da avaliación continua só se aplicará no caso de aprobar a proba final da materia.
— Poderase ter en conta a resolución de exercicios e/ou cuestionarios, e a entrega de traballos e informes de prácticas durante as clases expositivas e interactivas. Estas actividades poderían realizarse a través dos recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
— Avaliarase, ademais da adquisición dos coñecementos xerais e específicos e das competencias sistémicas mencionadas anteriormente, a adquisición das habilidades e competencias instrumentais e interpersoais da materia.
— Tempo de estudo individual dos contidos do programa: 60 horas
— Tempo de preparación das prácticas: 20 horas
— Tempo de elaboración de traballos, resolución de cuestionarios e preparación de seminarios: 10 horas
Para un adecuado desenvolvemento das clases prácticas, é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio de material bibliográfico (atlas, libros, e imaxes dixitais presentadas na aula virtual). Nas prácticas será obrigatorio o uso dunha bata branca e é recomendable que se dispoña dun atlas anatómico para as prácticas de anatomía.
As titorías terán carácter presencial e/ou telemático e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel e/ou dixital (recursos electrónicos da biblioteca universitaria).
A materia disporá dunha aula virtual na que os alumnos poderán dispor de material didáctico e imaxes dixitalizadas de apoio. Ademais, na aula virtual establecerase un foro de titoría pública para a resolución de dúbidas.
Maria Rosalia Gallego Gomez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812399
- Correo electrónico
- mrosalia.gallego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Isabel Rodriguez Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812464
- Correo electrónico
- anai.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Garcia-Caballero Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rita Valenzuela Limiñana
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- rita.valenzuela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alba Ferreiros Lopez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- alba.ferreiros.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Marina Gándara Cortés
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- marina.gandara.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Pablo Garrido Gil
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- pablo.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mateo Vazquez Torres
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- mateovazquez.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
15:00-16:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
15:00-16:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
15:00-16:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
15:00-16:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
15:00-16:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |