Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 41 Clase Interactiva: 17 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía, Parasitoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Análise Microbiolóxica e Parasitológico inclúe contidos mínimos de formación, adquisición de competencias e habilidades que o alumno debe coñecer respecto á toma, transporte e procesamento de mostras para o diagnóstico de enfermidades infecciosas e para a detección e/ou identificación de microorganismos patóxenos para o ser humano e animais ou que supoñen un risco ambiental e alimentario.
• TEMA 1. O laboratorio de análise clínica. Organización e procedementos xerais. Bioseguridade: categorías de risco biolóxico e niveis de contención. Normativa de seguridade e hixiene. Conceptos xerais sobre a recollida, transporte, almacenamento e manexo de material biolóxico. Eliminación de residuos infecciosos. Control de calidade: métodos e áreas de control.
• TEMA 2. Técnicas de diagnóstico bacteriolóxico. Exame de mostras frescas e tinguidas. Illamento e cultivo de bacterias. Métodos microbiolóxicos convencionais para a identificación bacteriana. Sistemas de identificación comerciais. Sistemas automatizados.
• TEMA 3. Técnicas de diagnóstico micolóxico. Exame de mostras en fresco e tinguidas. Illamento e cultivo de fungos. Métodos microbiolóxicos convencionais para a identificación de fungos. Sistemas de identificación comerciais.
• TEMA 4. Técnicas de diagnóstico virolóxico. Detección directa. Citoloxía e histoloxía. Microscopía electrónica. Illamento viral. Caracterización dos virus. Efecto citopático. Corpos de inclusión. Hemaglutinación viral. Determinación da dose infecciosa en cultivo de tecidos. Ensaios de placas e de transformación.
• TEMA 5. Diagnóstico inmunolóxico das enfermidades infecciosas. Detección de antíxenos en mostras clínicas. Técnicas inmunolóxicas para a identificación de microorganismos. Serodiagnóstico das enfermidades infecciosas. Obxectivos, métodos e interpretación das probas serolóxicas.
• TEMA 6. Técnicas moleculares aplicadas ao diagnóstico microbiolóxico. Análise cromatográfico de ácidos grasos. Electroforese de proteínas. Secuenciación de ácidos nucleicos. Hibridación dos ácidos nucleicos. Amplificación de acedos nucleicos mediante a reacción en cadea da polimerasa.
• TEMA 7. Obtención e procesado de mostras de alimentos e augas para análises microbiolóxico. Mostras de alimentos. Reconto de mesófilos totais. Indicadores de falta de hixiene. Investigación de patóxenos. Análise de manipuladores. Mostras de auga. Reconto de aerobios mesófilos. Indicadores de contaminación fecal. Sistemas rápidos de detección de indicadores e patóxenos.
• TEMA 8. Obtención e procesado de mostras ambientais para análises microbiolóxico. Estratexias de mostraxe ambiental. Análise de mostras de aire: sedimentación e filtración. Análise de superficies por placas de contacto, lengüetas e método do hisopo.
• TEMA 9. Diagnóstico das infeccións de pel, tecidos brandos e feridas. Obtención, transporte e conservación das mostras. Protocolo de estudo microbiolóxico e interpretación dos resultados.
• TEMA 10. Diagnóstico das infeccións de ollos e oídos. Estudo microbiolóxico de exudados conxuntival e ótico. Obtención de mostras. Exame directo de mostras tinguidas. Técnicas inmunolóxicas. Protocolo de estudo microbiolóxico e interpretación dos resultados.
• TEMA 11. Diagnóstico das infeccións urinarias. Obtención, transporte e conservación das mostras. Exame microscópico de mostras de sedimento en fresco e tinguidas. Probas indirectas. Urocultivo. Protocolo de estudo microbiolóxico e interpretación dos resultados. Os ouriños na detección de antíxenos.
• TEMA 12. Diagnóstico de infeccións gastrointestinais. Obtención, transporte e conservación das mostras. Exame de mostras de feces en fresco e tinguidas. Coprocultivo. Protocolo de estudo microbiolóxico e interpretación dos resultados. Técnicas de detección de antíxenos.
• TEMA 13. Diagnóstico das infeccións respiratorias. Obtención, transporte e procesado de mostras de exudado nasofarínxeo e de esputo. Exame microscópico de mostras tinguidas. Protocolo de estudo microbiolóxico e interpretación dos resultados. Detección de antíxenos e diagnóstico serolóxico. Amplificación de ácidos nucleicos.
• TEMA 14. Estudo microbiolóxico de exudados uretrais e vaxinais. Obtención das mostras. Exame microscópico de mostras tinguidas. Protocolo de estudo microbiolóxico e interpretación dos resultados.
• TEMA 15. Estudo microbiolóxico de líquido cefalorraquídeo e sangue. Obtención das mostras. Exame microscópico de mostras tinguidas. Protocolo de estudo microbiolóxico e interpretación dos resultados.
• TEMA 16. Análise da sensibilidade a axentes antimicrobianos. Sensibilidade a axentes antibacterianos e antifúnxicos. Métodos de difusión e dilución. Sistemas comerciais. Métodos alternativos para a detección de resistencias. Sensibilidade a axentes antivirais: ensaio de redución de placas. Detección de axentes antimicrobianos en fluídos biolóxicos e tecidos.
• TEMA 17. O diagnóstico en Parasitoloxía. Importancia da historia clínica na análise parasitológico.
• TEMA 18. Coproloxía parasitaria I. Formas parasitarias presentes en feces. Procedementos de obtención e conservación das mostras. Exame macroscópico. Exame microscópico. Técnicas de concentración. Técnicas cuantitativas. Tinciones. Elementos non parasitarios das feces. Interpretación de resultados.
• TEMA 19. Coproloxía parasitaria II. Métodos de concentración de larvas en feces. Coprocultivo de helmintos e protozoos. Métodos específicos para o diagnóstico da enterobiosis.
• TEMA 20. Coproloxía parasitaria III. Aplicación de métodos inmunolóxicos e moleculares.
• TEMA 21. Exame parasitolóxico de mostras do tracto xenitourinario: ouriños, exudado vaxinal/uretral, secreción prostática. Diagnóstico de laboratorio da trichomonosis. Diagnóstico de laboratorio da schistosomosis vesical.
• TEMA 22. Hematoloxía parasitaria I. Formas parasitarias presentes en sangue. Obtención de mostras. Exame en fresco. Exame de preparacións tinguidas: frotis fino e pinga grosa. Exame de sangue e métodos alternativos no diagnóstico de parasitosis hemotisulares: malaria, filariosis, trypanosomosis e leishmaniosis.
• TEMA 23. Hematoloxía parasitaria II. Aplicación de métodos inmunolóxicos e moleculares. Metodoloxía no diagnóstico de toxoplasmosis, cisticercosis, hidatidosis e trichinellosis. Interpretación de resultados.
• TEMA 24. Parásitos presentes noutras mostras biolóxicas. Exame de esputo. Exame de aspirados: bronquial, duodenal e hepático. Exame de líquido cefalorraquídeo, líquido ganglionar, medula ósea, pel e outros tecidos.
• TEMA 25. Parásitos presentes en mostras de auga, alimentos, e ambientais. Métodos de concentración e identificación.
Programa de clases prácticas:
MICROBIOLOXÍA:
Práctica 1. Análise microbiolóxica de ouriños. Exame de sedimentos e tinción de GRAM. Urocultivo cuantitativo e cualitativo. Identificación por métodos convencionais e sistemas comerciais.
Práctica 2. Análise microbiolóxica de exsudados óticos e vaxinais. Identificación de formas fúngicas: exame de mostras frescas e tinguidas. Identificación por métodos convencionais.
Práctica 3.- Análise microbiolóxica do aire e das superficies. Avaliación da eficacia dos axentes químicos para a desinfección de superficies.
Práctica 4.- Identificación de microorganismos mediante amplificación de ácidos nucleicos mediante a reacción en cadea da polimerasa (PCR).
Práctica 5.- Estudo da sensibilidade aos antimicrobianos. Métodos de dilución e difusión. Determinación da concentración mínima inhibitoria e microbicida.
PARASITOLOXÍA:
Práctica 1. Coproloxía parasitaria: Exame macroscópico. Técnicas de exame directo. Técnicas coprolóxicas de concentración. Identificación de formas parasitarias ao microscopio. Técnica de Graham para o diagnóstico da enterobiosis. Método de Baerman para o illamento de larvas de nematodos.
Práctica 2. Hematoloxía parasitaria: Identificación microscópica de formas parasitarias en preparacións tinguidas de sangue. Identificación microscópica de formas parasitarias tisulares. . Determinación de formas parasitarias en mostras ambientais.
Básica
• Forbes, B.A., Sahm, D. F., Weissfeld, A. S. Diagnóstico Microbiológico (Bailey & Scott), 12a Ed., Editorial Médica Panamericana, 2009.
• Gillespie, S.H. Hawkey, P.M. 1995. Medical Parasitology: a práctical aproach. Ed. Oxford University Press, USA, 1º Ed., 1995.
. Riedel S. Morse, S. A., Miettzner,T.A. Miller, S. Jawetz Microbiología médica. McGraw Hill Lange. (28th edition). 2020.
Complementaria
• AAPF (American Academy of Family Physicians). Atlas de Microscopía Clínica. 4ª Ed. Editorial Médica Panamericana.2015.
• Alvarez, M.V., E. Boquet, I. De Fez. Manual de técnicas en Microbiología Clínica. 2ª Ed. AEFA, 1990.
• Gamazo, C., I. López-Goñi y R. Díaz. Manual práctico de Microbiología. 3ª Ed. Masson, 2005.
• García, S. Lynne. Diagnostic medical parasitology. ASM Press, Washington, D.C. 6ªEd. 2016
• http://dpd.cdc.gov/dpdx/Default.htm. DPDx Laboratory identification of parasites of public health concern.
• https://www.seimc.org/documentos-cientificos/procedimientos-microbiolog…
• Murray, Patrick R., Ellen Jo Baron, James H. Jorgensen, Marie Louise Landry, and Michael A. Pfaller. Manual of Clinical Microbiology, 9º Ed. Washington, DC: ASM Press, 2007.
• OMS. Métodos básicos en el laboratorio en Parasitología Médica, 1992.
• Prats, G. 2012. Microbiología y Parasitología Médicas. Madrid: Editorial Médica Panamericana..
• Prats, G. Microbiología Clínica y Parasitología Médicas. Ed. Panamericana, 2013.
• Shors, Teri . Virus. Estudio molecular con orientación clínica. Ed. Médica Panamericana, 2009.
Coñecementos:
- Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Módulo de Bioloxía
- Con 22. Coñecer a natureza e comportamento de axentes infecciosos.
- Con 32. Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames do diagnóstico de laboratorio
- Con 39. Coñecer as Técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambiente.
Habilidades ou destrezas:
H/D02. Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames de diagnóstico de laboratorio.
H/D 04. Desenvolver análise hixiénica-sanitarios (bioquímicos, bromatológicos, microbiológicos e parasitológicos, entre outros), especialmente os relacionados coa saúde en xeral e cos alimentos e medioambiente en particular
Competencias:
- Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
- Comp 02. Capacidade de organizar e planificar
- Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
- Comp 10. Traballo en equipo.
- Comp 17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- Comp 27. Preocupación pola calidade.
A docencia constará das seguintes actividades formativas:
• Clases expositivas: clases maxistrais impartidas polo profesor co apoio de material informático diverso. O alumno dispoñerá na aula virtual de material complementario para o estudo e preparación da materia.
• Clases prácticas de laboratorio: inclúense as clases que se desenvolven no laboratorio de prácticas. A realización das prácticas é obrigatoria e imprescindible para aprobar a materia e unha vez finalizadas serán válidas nos dous cursos académicos seguintes ao da súa realización.
• Titorías: Serán programados polo profesor a pedimento dos alumnos. Propóñense actividades como, aclaración de dúbidas sobre teoría, prácticas ou lecturas.
Avaliaranse de forma independente as dúas partes da materia, Análise Microbiológico, que representará o 60% da nota final, e Análise Parasitológico, que supoñerá o 40% da nota final, segundo os seguintes criterios:
• Análise Microbiológico: A avaliación realizarase sobre a base dunha avaliación continua e unha proba final específica. A cualificación do alumno para esta parte da materia resultará da valoración dos seguintes apartados:
1) Proba final específica de carácter obrigatorio (presencial) baseada en preguntas obxectivas e casos prácticos. Nesta proba tamén serán obxecto de avaliación os coñecementos adquiridos nas clases prácticas de laboratorio: 75%
2) Avaliación continua: 3 cuestionarios a realizar ao longo do curso de forma presencial na aula ou a través da aula virtual ou a plataforma MS Teams: 25%
• Análise Parasitológico: A avaliación desta parte da materia realizarase sobre a base dunha proba final específica (presencial) que constará de preguntas obxectivas e casos prácticos. Nesta proba tamén serán obxecto de avaliación os coñecementos adquiridos nas clases prácticas de laboratorio:100%
A valoración das competencias e habilidades adquiridas realizarase:
No exame: Con 22, Con 32, Con 39, Comp 03
No laboratorio. Con 03, Comp 01, Comp 02; Comp 10, Comp 17, Comp 27, H/D02, H/D04
Para superar a materia será necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% en cada unha das partes da proba final específica. En caso de non alcanzar ese mínimo nalgunha das partes, a cualificación que figurará na acta será a da parte non superada. Se se supera só unha parte da materia, a cualificación obtida nesa parte conservarase unicamente no mesmo curso académico.
Se o alumno/a non se presenta ao exame final en ningunha das dúas oportunidades terá a cualificación de “Non presentado”.
O alumno/a non poderá aprobar a materia se non realiza as prácticas de laboratorio. Nese caso a súa nota final na materia será “Non Presentado”.
No caso do alumnado que teñan dispensa de asistencia a clase, a avaliación basearase unicamente no exame final e a realización das clases prácticas (100% da nota final).
Na 2ª oportunidade do curso académico seguiranse os mesmos criterios de avaliación.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do desempeño académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
• Estudo autónomo, individual ou en grupo: 65h
• Realización de probas no marco da avaliación continua: 1h
• Realización de prácticas: 24h
• Total horas de traballo personal do alumno: 90h
• Recoméndase levar a materia ao día para un mellor aproveitamento desta, a asistencia ás clases expositivas, unha dedicación regular, non avanzar sen entender e coñecer a materia anterior, utilizar a plataforma virtual como complemento, consultar a bibliografía, utilizar as horas de titorías para resolver as dúbidas e ler o guión de prácticas antes de acudir a realizalas.
Maria Isabel Santos Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816028
- Correo electrónico
- ysabel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Esperanza Paniagua Crespo
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881815004
- Correo electrónico
- mesperanza.paniagua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Angeles Muñoz Crego
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816909
- Correo electrónico
- a.munoz.crego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Javier Dubert Perez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- javier.dubert [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Seila Couso Pérez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Correo electrónico
- seila.couso.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Sandra Martin Garcia
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Correo electrónico
- sandramartin.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |