Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten por obxectivo que os futuros enfermeiros adquiran as habilidades necesarias para interpretar e analizar criticamente os problemas de saúde da comunidade como o resultado de procesos político-sociais, culturais, e biolóxicos.
Bloque I: Concepto de Saúde (3 horas)
Tema 1. Os determinantes da saúde. Os determinantes sociais e as inequidades e desigualdades en saúde. O sistema sanitario como fonte de inequidade.
Tema2. Saúde Pública
Bloque II: Ambiente e saúde (5 horas)
Tema 3. Ecoloxía e saúde.
Tema 4. Contaminación atmosférica.
Tema 5. A auga: problemas e depuración.
Tema 6. Xestión dos residuos
Bloque III: Hábitos de vida e saúde. (3 horas)
Tema 7: Drogodependencias: conceptos. Epidemioloxía e prevención da dependencia a drogas ilegais e alcohol.
Tema 8. Epidemioloxía, prevención e intervención na dependencia nicotínica.
Tema 9. Exercicio físico e Dieta.
Bloque IV: Epidemioloxia e profilaxe das enfermidades transmisibles (4 horas)
Tema 10. Epidemioloxía xeral das enfermidades transmisibles.
Tema 11. Profilaxe xeral das enfermidades transmisibles.
Tema 12. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión feco-oral e de transmisión aérea.
Tema 13. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por contacto.
Bloque V: Epidemioloxía e prevención das enfermidades non transmisibles. (3 horas)
Tema 14. Epidemioloxía e prevención xeral das enfermidades non transmisibles.
Tema 15. Epidemioloxía e prevención das enfermidades mentais.
Seminarios
Práctica de Campo 1: Visita Estación Depuradora de Augas Residuais
Seminario: Cambio Climático
Seminario: Actuación fronte a un brote de toxiinfección alimentaria
Seminario: Papel da enfermería fronte a tuberculoses
Seminario: Cesación Tabáquica I
Seminario: Cesación Tabáquica II
Seminario: Desigualdades en saúde
Seminario:. "Obesidade Zero": un plan para a redución da obesidade en Galicia
Seminario: ONGs e Saúde Pública
Alfonso Roca MT, Alvárez-Dardet Díaz C. Enfermería Comunitaria I. Serie Manuales de Enfermería. Masson Salvat S.A. Barcelona. 1992.
Barrueco Ferrero et al., 2009.In Barrueco Ferrero M., Hernández Mezquita M.A., and Torrecilla García M. (eds): Manual de prevención y tratamiento del tabaquismo, 4. . Badalona: Ediciones Médicas, 2009. César Pereiro Gómez y Juan José Fernández Miranda (Coordinadores) Guía de adicciones para especialistas en formación. Socidrogalcohol. Valencia, 2018. ISBN: 978-84-945737-8-1.
Estrategia NAOS https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/docs/documentos/nutricion/estrategiana…
Fernandez-Crehuet J, Gestal Otero JJ, Delgado Rodríguez M et al. Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Barcelona:Elsevier- Masson; 2015.
Hernández-Aguado I, Lumbreras Lacarra B. Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. 3ª ed. Ed Panamericana, Madrid, 2018.
Benach J. La salud de todos y sus causas. La salud pública, la equidad y sus causas: ¿de qué depende nuestra salud? Barcelona: Observatorio de la Salud, Universitat Pompeu Fabra; 2012.
Gavidia V, Talavera M. La construcción del concepto de salud. Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales. 2012; 26: 161-75.
European Environmental Agency. Air quality in Europe — 2022. Disponible en: https://www.eea.europa.eu/publications/air-quality-in-europe-2022
Ministerio para la Transición Ecológica. Perfil Ambiental de España 2022. Disponible en:
https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/ministerio/servicios/in…
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Programa estatal de prevención de residuos 2014-2020. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/calidad-y-evaluacion-am…
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Plan estatal marco de gestión de residuos (PEMAR) 2016-2022. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
Observatorio de la Sostenibilidad. Disponible en: https://www.observatoriosostenibilidad.com/
Red Española de Ciudades Saludables. Disponible en: http://recs.es/
Vida sostenible. Disponible en: http://www.vidasostenible.org/
Segura Del Pozo J. Desigualdades sociales en Salud: Conceptos, estudios e interpretaciones. Bogotá: Universidad Nacional de Colombia; 2013.
Subdirección General de Información Sanitaria. Salud mental en datos: prevalencia de los problemas de salud y consumo de psicofármacos y fármacos relacionados a partir de registros clínicos de atención primaria. BDCAP Series 2. [Publicación en Internet]. Madrid: Ministerio de Sanidad. 2021.
Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020. Disponible en: https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?uuid=88abfd7c-9c05-…
U.S. Preventive Services Task Force. Guide to Clinical Preventive Services 2014. Disponible en: https://www.ahrq.gov/sites/default/files/wysiwyg/professionals/clinicia…
WHO guidelines on tuberculosis infection prevention and control2019 update. Disponible en: https://iris.who.int/bitstream/handle/10665/311259/9789241550512-eng.pd…
Segundo o Informe de Verificación, as competencias específicas da materia son:
CE16 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel de saúde primaria e as actividades a desenvolver para proporcionar a atención integral de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade. Comprender o papel e as actividades e actitude cooperativa que o profesional ten que desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, da familia e grupos no seu proceso saúde-enfermidade. Identificar factores relacionados cos problemas de saúde e ambientais, para atención ás persoas en situación de saúde e enfermidade como membros dunha comunidade. Identifica e analiza a influencia
de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios e o seu alcance para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analiza os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas dos problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar de membros da comunidade, cuxa vida se vexa afectada por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, discapacidade ou morte.
A) Clases expositivas en grupo grande: Tema maxistral impartida polo profesor. O profesor contará con apoio de medios audiovisuales e informáticos.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clases teórico/prácticas nas que se traballará sobre os diferentes temas das clases interactivas. Constituiranse grupos estables de 5-6 alumnos. Os alumnos participarán activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula, etc. Para poder optar a avaliación continua o alumno deberá asistir ás interactivas.
O exame final poderá incluír preguntas tipo test, preguntas curtas e preguntas tema de todos os temas abordados nas clases explicativas e interactivas.
As preguntas tipo test do exame serán corrixidas asegurando o control da probabilidade de acertar por azar. Para isto consideraranse tanto as preguntas contestadas correctamente (NR), como o número de opcións posibles (NO) e o número de preguntas totais (NP) de acordo á seguinte fórmula:
Nota=(((NR*NO)-NP)/((NO-1)*NP)))*10
O Exame final cualificarase de 0 a 10.
2. Avaliación continua
Para a avaliación das clases interactivas utilizaranse distintos criterios: entrega de traballos realizados na clase, tests ou asistencia aos seminarios. A avaliación continua cualificarase de 0 a 10.
3. A nota do alumno será:
Exame final*0.7+ Avaliación continua*0,3
Na avaliación extraordinaria de Xullo manterase o sistema de avaliación.
O mesmo sistema de avaliación será utilizado para os alumnos que cursaran a materia noutra universidade vía Erasmus e volvan con ela suspensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo na aula
Clases expositivas 18
Clases interactivas 18
Titorías 2,3
Probas de avaliación 3
Total horas traballo na aula 41,3
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo individual ou en grupo 36
Resolución de exercicios, ou outros traballos 10h
Orientación e resolución de dúbidas 2h
Elaboración, presentación e exposición 1h
Realización e revisión do exame 4,5h
Total horas traballo persoal do alumno 53h
É importante a asistencia a clase. Valorarase fundamentalmente o grao no que os alumnos entenden a materia, e a súa capacidade de analizar globalmente os problemas de saúde.
Agustin Montes Martinez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adolfo Alejandro Monasterio Otero
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- alejandro.monasterio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Maruxa Zapata Cachafeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- maruxa.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 3.02 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 2.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 3.02 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 3.02 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 3.02 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.01 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.01 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.02 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.03 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.01 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |