Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 18 Total: 25.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Histoloxía
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Observar e describir seccións dos diversos tecidos e órganos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico, e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras examinadas. A descrición debe levarse a cabo metodicamente e con obxectividade, utilizando sempre a linguaxe científica axeitada.
2. Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso, sinalando os seus fundamentos.
3. Recoñecer as distintas estirpes celulares e tecidos, tanto desde o punto de vista óptico como ultraestrutural.
4. Recoñecer os distintos órganos e as súas células constituíntes, tanto desde o punto de vista da microscopia óptica como electrónica.
5. Relacionar a macroscopía coa morfoloxía óptica, esta última coa ultraestrutura, e todo isto coa función.
6. Relacionar estrutura microscópica e substrato a través de técnicas histoquímicas, inmunohistoquímicas e de hibridación in situ.
7. Un interese especial se lle dará a tratar de diferenciar tecidos e órganos normais doutros patolóxicos. Empregaranse preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, de forma que os estudantes podan establecer as diferenzas sen dificultade.
CLASES EXPOSITIVAS
Tema 1. Introducción á Histoloxía.
Tema 2. Técnicas histolóxicas.
Tema 3. Tecido epitelial.
Tema 4. Tecido conxuntivo.
Tema 5. Tecido muscular.
Tema 6. Tecido nervioso.
CLASES INTERACTIVAS
Práctica 1. Técnicas histolóxicas. Tecido epitelial. Pel.
Práctica 2. Tecido conxuntivo. Sistema circulatorio.
Práctica 3. Tecido muscular. Tecido nervioso.
Práctica 4. Sangue e médula ósea. Sistema inmunitario.
Práctica 5. Aparato respiratorio.
Práctica 6. Aparato dixestivo.
Práctica 7. Sistema endócrino.
Práctica 8. Aparato urinario. Aparato reprodutor masculino.
Práctica 9. Aparato reprodutor feminino. Mama.
ATLAS
- Esenciais USC. Técnicas histolóxicas: microscopía óptica, inmunohistoquímica, hibridación in situ e microscopía electrónica. Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Rosalía Gallego (disponible online colección Esenciais USC).
- Atlas de prácticas. Histología Humana General. Rosalía Gallego, Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Alba Ferreirós, Juan Cuevas, Tomás García-Caballero. Fundación USC.
- Atlas de prácticas. Histología Humana Especial. Rosalía Gallego, Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Alba Ferreirós, Juan Cuevas, Tomás García-Caballero. Fundación USC.
- Wheater. Histología Funcional. O'Dowd, Bell, Wright. 7ª ed. Elsevier, 2024 (disponible online biblioteca USC).
- Stevens, Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Atlas de Histología. Microscopía óptica y electrónica. Inés Martín-Lacave, José C. Utrilla Alcolea, José M. Fernández-Santos, Tomás García-Caballero. Editorial Universidad de Sevilla, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Martín-Lacave, García-Caballero. Atlas de Inmunohistoquímica. Caracterización de células, tejidos y órganos normales. Ed. Díaz de Santos, 2012.
TEXTOS
- Junqueira, Carneiro. Histología Básica. 13ª edición. Ed. Panamericana, 2022 (disponible online biblioteca USC).
- Ross. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Pawlina. 8ª ed. Wolters Kluwer, 2020.
O estudante debe rematar o curso estando capacitado para:
1. Utilizar axeitadamente o microscopio binocular.
2. Realizar técnicas de hematoxilina-eosina e inmunohistoquímica.
3. Recoñecer microscopicamente os distintos tecidos humanos e as súas células integrantes.
4. Recoñecer microscopicamente os distintos órganos humanos e os seus compoñentes.
5. Diferenciar estruturas normais doutras patolóxicas dentro de unha mesma preparación.
DOCENCIA EXPOSITIVA:
Impartiranse dúas clases semanais durante 3 semanas (6 horas en total).
O profesor explicará o tema co apoio de esquemas e imaxes dixitais, que irá intercalando ao longo da exposición. Incentivarase a participación dos estudantes.
A asistencia as clases expositivas é obrigatoria e terase en conta para a cualificación final.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Realizaranse dúas prácticas semanais de 2 horas/grupo cada unha, durante 4 semanas, e unha práctica a 5ª semana (18 horas en total).
Trátase de observar, describir e recoñecer microscópicamente as diferentes células e tecidos, tanto mediante microscopia óptica como electrónica.
Ao comezo de cada práctica, proxectaranse imaxes microscópicas dixitais obtidas das distintas preparacións histolóxicas da práctica. O profesor explicará as imaxes ou chamará os estudantes para que sexan eles os que as describan. Ao final de cada práctica discutiranse casos que inclúan estruturas normais adxacentes a outras patolóxicas co obxetivo de que os estudantes aprendan a diferencialas.
Unha vez descritas as imaxes, procederase a proxeción das preparacións histolóxicas escaneadas co PathScan e ao estudo microscópico das mesmas, así como a observación macroscópica de distintos órganos. O profesor resolverá no microscopio de cada estudante as dúbidas que vaian xurdindo.
Para un axeitado desenvolvemento das prácticas é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio dun Atlas de Histoloxía (ver apartado de Bibliografía). A tal fin, o calendario das prácticas farase público ao comezo do curso.
A asistencia as clases prácticas é obrigatoria e terase en conta para a cualificación final.
A Histoloxía humana, ao ser una asignatura optativa, contará cun número reducido de estudantes por grupo, o que permitirá a realización dunha avaliación continuada no día a día da aula.
Na avaliación terase en conta:
1) A asistencia, tanto as clases expositivas como interactivas.
2) A participación, interese e aproveitamento nas clases expositivas e interactivas.
3) As tarefas realizadas na docencia interactiva: fotografías feitas por cada estudante das preparaciones de cada práctica (atlas histológico persoal, que será enviado ao final del curso) e láminas de colorear, que figuran nos Atlas de Prácticas de Histoloxía Humana (xeral e especial) da USC.
Para superar a materia é imprescindible asistir polo menos ao 80% tanto da docencia expositiva como da docencia interactiva.
Horas presenciais: 6 horas de docencia expositiva e 18 horas de docencia interactiva.
Estudo para a preparación das prácticas: 25,5 horas
Preparación das tarefas prácticas a entregar: 25,5 horas
Para un adecuado aproveitamento das clases interactivas é totalmente imprescindible que os estudantes preparen con antelación o tema que se tratará en cada unha delas. Este pequeno esforzo de traballo continuado fará as prácticas máis áxiles e atractivas, incrementando o rendemento académico, e tamén permitiralle aos estudantes resolver as dúbidas, xurdidas na leitura dos atlas histológicos, directamente cos profesores.
Tomas M. M. Garcia-Caballero Parada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- tomas.garcia-caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alba Ferreiros Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- alba.ferreiros.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.01 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |