Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender e recoñecer a estrutura normal do corpo humano, a nivel orgánico e de sistemas e aparellos, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
Adquirir os coñecementos anatómicos que lle permitan realizar unha exploración física básica na especie humana en condicións fisiolóxicas.
Coñecer, e ser capaz de aplicar adecuadamente a terminoloxía anatómica (nómina anatómica).
Docencia expositiva (24h)
Unidade temática I:
Tema 1.- Introdución e xeneralidades. Nómina anatómica. Posición anatómica. Organización xeral do corpo humano.
Unidade temática II: Anatomía do aparato locomotor
Tema 2.- Xeneralidades do aparello locomotor: esqueleto axial e apendicular. Articulacións. Músculos.
Tema 3.- Cabeza e pescozo. Esqueleto. Músculos principais. Vascularización e inervación.
Tema 4.- Tronco. Estudo xeral da columna vertebral. Vértebra tipo. Esqueleto do tórax. Músculos do tórax. Músculos do abdome. Vascularización e inervación do tronco.
Tema 5.- Membro superior. Cintura escapular: ósos, articulacións e músculos. Ósos do brazo. Músculos do brazo. Ósos do antebrazo. Articulación do cóbado. Músculos do antebrazo. Ósos da man e os dedos. Articulación da boneca. Articulacións da man e os dedos. Músculos da man. Vascularización e inervación do membro superior.
Tema 6.- Membro inferior. Ósos da cintura pelviana e do membro inferior. Cintura pelviana no home e na muller. Articulacións do membro inferior. Músculos do membro inferior. Vascularización e inervación.
Unidade temática III: Anatomía do aparello cardio-circulatorio
Tema 7.- Morfoloxía externa e interna do corazón. Estrutura cardíaca. Sistema cardionector. Vascularización e inervación.
Tema 8.- Sistema da arteria aorta e as súas ramas principais. Sistema da arteria pulmonar. Sistema das veas cavas. Sistema linfático.
Unidade temática IV: Anatomía do aparello respiratorio
Tema 9.- Xeneralidades do aparello respiratorio. Anatomía funcional das fosas nasais. Seos paranasais.
Tema 10.- Morfoloxía e estrutura da larinxe. Traquea. Bronquios principais e árbore bronquial. Pulmóns e pleuras. Mediastino.
Unidade temática V: Anatomía do aparello dixestivo
Tema 11.- Xeneralidades do aparello dixestivo. Boca. Farinxe. Esófago. Estómago. Duodeno-páncreas. xexuno - íleo. Intestino groso. Recto.
Tema 12.- Fígado. Configuración exterior e relacións. Vías biliares: Conduto hepático, vesícula biliar, conduto cístico e colédoco. Bazo. Peritoneo.
Unidade temática VIN: A Anatomía do aparello xenitourinario
Tema 13.- Sistema urinario. Riles. Pelve renal e uréteres. Vexiga urinaria. Uretra masculina. Uretra feminina.
Tema 14.- Aparello xenital masculino. Aparello xenital feminino.
Unidade temática VII: Neuroanatomía (4h)
Tema 15.- Xeneralidades do sistema nervioso. Sistema nervioso central. Sistema nervioso vexetativo. Sistema nervioso periférico. Organización neuronal.
Tema 16.- Morfoloxía da medula espinal. Configuración exterior e interior. Pares raquídeos. Meninxes raquídeas. Vascularización.
Tema 17.- Morfoloxía do tronco encefálico. Configuración externa. IV ventrículo. Pares craniais.
Tema 18.- Cerebelo. Morfoloxía. Estrutura e función. Ángulo ponto-cerebeloso.
Tema 19.- Morfoloxía do cerebro: diencéfalo e telencéfalo. Concepto de diencéfalo. III ventrículo. Tálamo. Hipotálamo. Morfoloxía externa dos hemisferios cerebrais. Lóbulos e cisuras. Núcleos grises principais e comisuras.
Tema 20.- Vascularización do encéfalo. Sistema vértebro-basilar e sistema da carótide interna. Seos venosos da duramáter.
Docencia práctica (24h)
Estudo de maquetas (e, na medida do posible, en material procedente de cadáver):
- Osteoloxía do cranio.
- Osteoloxía da columna vertebral, osteoloxía do tórax.
- Osteoloxía do membro superior. Estudo de maquetas das articulacións e músculos do membro superior.
- Osteoloxía do membro inferior. Maquetas das articulacións e músculos do membro inferior.
- Corazón en maquetas. Grandes vasos.
- Aparello respiratorio.
- Aparello dixestivo.
- Aparello uroxenital.
- Cavidade torácica e abdominopélvica: estudo dos órganos estudados en maquetas desmontables.
- Estudo do sistema nervioso. Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal.
- Estudo de ollo e oído.
- Durante as clases prácticas realizaranse actividades e traballos en grupo.
* Básica
- Drake, A. Wayne y Adam. Gray, Anatomía para estudiantes. Editorial Elsevier 2020. 4a edición (acceso electrónico a la 3ª edición de 2020).
- García Porrero Pérez, J.A. and Hurlé González a J.M.: Anatomía Humana. Ed. Panamericana, 2020.
- Suárez Quintanilla, J., Iturrieta Zazo, I., Rodríguez Pérez, AI., García Esteo, J. Anatomía Humana para estudiantes de ciencias de la salud. Ed. Elsevier, 2020.
- Díaz Ruíz, C., Muñoz Patiño, A., Quintáns Rodríguez, M., López Martín, ME. Cuaderno de prácticas de Anatomía humana. Campus na Nube.1a edición 2016.
Atlas de Anatomía (acceso electrónico)
- - Netter FH. Atlas de Anatomía Humana. 7ª ed. Madrid: Elsevier. 2019. (Acceso electrónico en ClinicalKey).
- Complete Anatomy. Atlas Anatomía 3D. https://3d4medical.com/es
* Complementaria
- Feneis H, Wolfgang D. Nomenclatura anatómica ilustrada. 11ª ed. Madrid: Elsevier; 2021.
- Schünke M, Schulte E, Schumacher U. Prometheus. Texto y Atlas de Anatomía. 5ª ed. Madrid: Ed. Médica Panamericana; 2022.
- Lippert. Anatomía con orientación clínica para estudiantes. Editorial Marbá. 2a edición, 2019.
- Hansen JT. Netter. Cuaderno de anatomía para colorear. 3ª ed. Elsevier; 2023
Competencias específicas da materia (ORDE CIN/2134/2008)*
1.Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
2. Identificar, nomear e situar adecuadamente as diferentes estruturas anatómicas, así como as diferentes partes dos aparellos e sistemas do corpo humano.
3. Adquirir certa habilidade para representar graficamente a morfoloxía e disposición anatómica dos diferentes elementos microscópicos e macroscópicos do corpo humano.
4. Ser capaz de realizar unha busca bibliográfica que lle permita acceder adecuadamente aos recursos didácticos do departamento, da facultade ou escola e da universidade. Actividades prácticas.
Competencias transversais
CT1. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CT2. Capacidade para o traballo en equipo.
CT3. Motivación.
CT6. Coñecementos básicos da profesión.
CT7. Capacidade de análise e síntese.
CT8. Preocupación pola calidade.
CT9. Capacidade para a toma de decisións.
CT11. Habilidades interpersoais.
CT12. Planificación e xestión do tempo.
CT13. Habilidade para traballar de maneira autónoma.
CT14. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de diversas fontes).
Docencia expositiva
A exposición dos contidos teóricos do programa polos docentes levará a cabo na aula con axuda da encerado e medios audiovisuais, ademais farase unha orientación bibliográfica de cada tema facendo fincapé nos conceptos básicos da materia e que ao mesmo tempo, poden supor maior dificultade de comprensión. Favorecerase a participación dos estudantes nas clases.
Docencia interactiva
Será necesaria a preparación previa dos contidos do programa que se desenvolverán nas clases.
O estudante realizará actividades de maneira autónoma e en equipo, baixo a supervisión do profesorado.
* Na parte práctica da materia adquirirá habilidade e destreza na identificación, recoñecemento e uso adecuado da terminoloxía anatómica (nómina anatómica) para nomear as estruturas anatómicas en maquetas, pezas e cadáver. Ademais, adquirirán a destreza de realizar debuxos esquemáticos dos detalles e estruturas anatómicas estudadas, así como das relacións entre elas. Terán a oportunidade de desenvolver a habilidade de traballar de maneira autónoma e de colaborar con outros compañeiros para unha aprendizaxe máis efectiva e creativa. Tamén se exporán a situacións que requiran interpretar imaxes anatómicas e explicalas aos seus compañeiros. Poderán iniciarse no manexo de bibliografía relacionada co temario da materia.
* Para as prácticas cada alumno deberá levar os apuntamentos correspondentes, un atlas de anatomía, material de debuxo, e bata branca de laboratorio. Rógase ao alumno coidado co material de prácticas.
Titorías
Realizaranse titorías para orientar a aprendizaxe, para solucionar dúbidas da materia e para a preparación e supervisión de actividades a desenvolver nas sesións prácticas.
A través da aula virtual os alumnos/as terán acceso, á información e ao material necesario para o desenvolvemento da materia.
Ademais, porase a disposición do alumnado na aula virtual un foro público de titorías para expor e solucionar dúbidas que poidan resultar de interese xeral para o resto dos estudantes.
Para poder ser avaliado é obrigatoria la asistencia a clase (80%), así como a participación activa dos alumnos.
1) Avaliación dos coñecementos adquiridos nas clases expositivas e prácticas:
Realizarase cun test de opción múltiple e resposta correcta única. O nivel de aprobado é dun 60% das preguntas correctas. Para aprobar a materia hai que ter aprobado o exame teórico.
2) Avaliación das destrezas e habilidades adquiridas na identificación, recoñecemento e uso adecuado da terminoloxía anatómica (nómina anatómica) para nomear os detalles e estruturas anatómicas estudadas:
levará a cabo un exame práctico, para aprobar o exame hai que ter o 60% das preguntas correctas. Para aprobar a materia hai que ter aprobado o exame práctico.
As probas finais (teórica e práctica) terán carácter presencial.
A proba test e o exame práctico suporá ata o 90% da nota final.
3) Avaliación continua: Valorarase:1) A asistencia e participación activa nas clases expositivas e prácticas. 2) A realización de actividades individuais e en grupo que poderán ser realizadas nas clases.
A avaliación continua realizarase mediante actividades presenciais e en remoto empregando os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
A avaliación continua suporá ata o 30% da nota final.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
Clases expositivas: 24h
Clases interactivas de laboratorio: 24h
Titorías en grupos reducidos: 1,5h
Titorías individualizadas: 1,5h
Realización e revisión de exames: 2h
Estudo individual: 48h.
Traballo persoal para a preparación e realización de actividades, lecturas e busca bibliográfica 24h.
Traballo en equipo para a elaboración de actividades a desenvolver nas clases prácticas: 18h.
Total de traballo autónomo: 90 horas
Utilización dos apuntamentos e os Atlas de anatomía recomendados na clase.
Realización de exercicios e debuxos das estruturas e as súas relacións (recomendados nas clases expositivas e prácticas).
Visualización dos vídeos recomendados nas clases teóricas.
Utilización de programas informáticos específicos da materia.
Para o máximo aproveitamento da materia é recomendable que os estudantes posúan coñecementos previos relacionados con Bioloxía, así como de inglés para o manexo da bibliografía/recursos didácticos e de informática a nivel de usuario. O alumnado terá á súa disposición unha aula virtual da materia na plataforma Moodle, cos recursos e canles de comunicación que ofrece. Ademais, poderase empregar como medio de comunicación docente-alumnado a aplicación Microsoft Teams e o correo electrónico.
Ana Maria Muñoz Patiño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Begoña Villar Cheda
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812299
- Correo electrónico
- bego.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Alicia Costa Besada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- mariaalicia.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Andrea Lopez Lopez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- andrealopez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Maria Del Carmen Diaz Ruiz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812463
- Correo electrónico
- mdelcarmen.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.03 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.03 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.03 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.03 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.01 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.01 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.02 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.03 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.01 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.01 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.01 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.02 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.03 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.01 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |