Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten en dotar ao alumnado de competencias para coñecer e entender o papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos procesos comunicativos mediados tecnolóxicamente
Tras cursar esta materia os/as alumnos/ as han ser capaces de:
• Coñecer o papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nas estratexias e técnicas da Comunicación cultural
• Coñecer a perspectiva tecnolóxica nas principais teorías que, partindo dunha perspectiva sincrónica e multidisciplinar, explican a evolución e os principais fitos no campo da Comunicación mediada tecnoloxicamente
• Manexar os conceptos chave da comunicación verbal e non verbal tanto desde un punto de vista meramente teórico como da súa práctica coas diferentes tecnoloxías
• Distinguir entre os procesos informativos e comunicativos, con especial atención aos elementos que integra todo intercambio comunicativo e o papel dos instrumentos para facer realidade eses procesos no ámbito cultural
• Desenvolver unha visión crítica e reflexiva en relación aos procesos comunicativos da súa contorna máis inmediata e tamén dos procedentes dos mass media no campo da cultura
• Aplicar as TIC a técnicas específicas para os procesos culturais baseados na comunicación directa e a mediada, con especial atención aos procesos de autocomunicación de masas
1. Comunicación e cultura na era dixital
a. Elementos do proceso de comunicación e diferenzas entre a comunicación directa e mediada
b. O modelo de autocomunicación de masas
c. A cultura dixital
2. Procesos de creación, produción, consumo e distribución dixitais
a. Competencias tecnolóxicas e creativas: os/as novos humanistas dixitais
b. Aplicación das TIC aos diversos campos da cultura
3. Comunicación cultural e marketing cultural
a. Conceptualización e fundamentación
b. Estratexias de marketing cultural
c. Xestión e posicionamento dun producto cultural
4. Linguaxes e actores novos para necesidades novas
a. A comunicación cultural nas redes sociais
b. Novas narrativas para a xestión cultural
c. Novos perfís de consumidores culturais
5. Interactividade e participación. Públicos actuais
a. A experiencia e a inmersión: fenómenos estratéxicos
6. Gamificación para contornas dixitais no eido cultural
Básica:
Fernández Suárez, Gonzalo & Fernández Tilve, María Dolores (coord.) (2022). La gestión cultural en la era digital. Madrid: McGraw Hill
García Avilés, José Alberto (2015). Comunicar en la sociedad red: teorías, modelos y práctica. Barcelona: UOC
García-Velázquez, L. M. (2023). Inteligencia Artificial y patrimonio cultural: una aproximación desde las Humanidades Digitales. DICERE, (4), 149-160
Muñoz de Luna, Ángel Bartolomé & Serrano Oceja, José Francisco (eds.) (2020). La Industria cultural frente al reto de la transición digital. Madrid: Fragua
Rodríguez, M., Pineda, D. Y., & Castro, C. (2020). Tendencias del marketing moderno, una revisión teórica. Revista Espacios. Issn, 798, 1015
Túñez, Miguel (2012). La gestión de la comunicación en las organizaciones. Sevilla, Salamanca, Zamora: Comunicación Social
Complementaria:
Abad, Marina (et al.) (2009). Evaluación TIC en el patrimonio cultural: metodologías y estudios de casos. Barcelona: UOC
Barbolla Camarero, Domingo (et al.) (2010). Cultural 2.0: técnicas de investigación en entornos digitales. Barcelona: UOC
Baynat Montreal, M.ª Elena (et al.) (2020). TIC e interculturalidad: miradas cruzadas. Granada: Comares
Cañar Uyaguari, A. I. (2024). Narrativas transmedia aplicadas al periodismo, empleado a la plataforma eskup: la nueva red de el país en 280 caracteres (Bachelor's thesis, Guayaquil: ULVR, 2024)
Castells, Manuel (2009). Comunicación y poder. Madrid: Alianza
Fernández, M. (2018). "Ética Digital en la Trasgresión Humanística: Reflexiones y Desafíos". Digital Ethics Review, 23(2), 231-248. Fernández-Quijada, David & Ramos-Serrano, Marina (eds.) (2014). Tecnologías de la persuasión: uso de las TIC en publicidad y relaciones públicas. Barcelona: UOC
Hernández Dauder, María Ángeles (2017). Marketing digital: mobile marketing, SEO y analítica web. Madrid: Anaya Multimedia
Lezaca, A. R. (2021). La narrativa transmedia: una revisión en su modalidad de webdoc como forma de fortalecer la identidad cultural en las provincias. Revista Sennova: Revista del Sistema de Ciencia, Tecnología e Innovación
Peñafiel, C. (2016). Reinvención del periodismo en el ecosistema digital y narrativas transmedia. AdComunica, 163-182
Sainz de Vicuña Ancín, José María (2021). El Plan de marketing digital en la práctica. Madrid: ESIC
Sivera Bello, Silvia (2015). Publicidad contagiosa: claves creativas del marketing viral. Barcelona: UOCPress
Vázquez Atochero, Alfonso (2008). Ciberantropología, cultura 2.0. Barcelona: UOC
Velarde, Olivia; Bernete, Francisco; Franco, Daniel (2015): Paradigmas de los efectos de las TIC en la cultura y el conocimiento. Revista Latina de Comunicación Social, número 70. Accesible en http://www.revistalatinacs.org/070/paper/1050/RLCS-paper1050.pdf
- Con01: Coñecer e valorar os distintos ámbitos do patrimonio cultural nos seus aspectos materiais e inmateriais
- H/D05: Traballar en equipo, compartindo coñecementos e sabendo comunicalo ao resto do equipo, á organización e sociedade
- Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos ámbitos de coñecemento propios da titulación, tanto con fins formativos e de exercicio profesional
- Comp05: Aplicar estratexias de comunicación cultural no ámbito dixital para difundir e visibilizar a cultura e proxectos culturais a través da xestión das TIC
Empregarase unha metodoloxía combinada que incorpore clases maxistrais, presentacións na aula, estudos de caso e foros de discusión.
Haberá unha hora de docencia non presencial síncrona -conforme ao horario da Facultade e a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams)- e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona, individual ou de grupo pequeno e tamén a través de MSTeams.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado. Nela estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia.
O docente atenderá as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e resolveraas antes de sete días lectivos, sempre e cando non estea desfrutando dalgún permiso.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame teórico
b. Prácticas de carácter individual
c. Un traballo colaborativo
PRIMERA OPORTUNIDADE: mediante avaliación continua e o exame final. Nesta primeira oportunidade o 60% da cualificación final corresponderá á avaliación das tarefas e actividades programadas de carácter individual (dúas prácticas cun valor dun 10% en total) e tamén da grupal (unha, cun valor dun 40%), así como a participación activa nos seminarios interactivos e no Campus Virtual (ata un 10% da nota)
O outro 40% da nota global corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e que se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro
Será imprescindible aprobar de xeito independente tanto a parte teórica como a parte práctica para poder superar a materia. No caso de que algún dos dous apartados estea suspenso, a nota final da materia non superará o 4.0
Para exención de docencia, no programa debe figurar o plan alternativo de traballo, detallando as características dos exercicios e o sistema de avaliación
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade. Naqueles casos nos que unha das dúas partes estivese aprobada da primeira convocatoria, o/a alumno/a suspenso/a deberá ben volver entregar os traballos suspensos ou ben realizar exclusivamente o exame teórico, segundo as condicións de cada estudante
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
A materia contempla un total de 150 horas de estudo, distribuídas do seguinte modo: 55 horas para actividades de carácter presencial (24 horas para clases expositivas, 24 horas para clases interactivas, 3 de titorías individuais e 4 para o exame final) e os 95 restantes para traballo e estudo persoal
Recoméndase un seguimento activo da actualidade e tamén unha atención constante no Campus Virtual, que se irá actualizando semanalmente co obxectivo de apoiar ao alumnado nun proceso de aprendizaxe progresiva
María Valcárcel Tabernero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- maria.valcarcel.tabernero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
02.06.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |