Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia o estudantado debe ser capaz de:
1. Coñecer os conceptos básicos do patrimonio artístico como unha parteintegrante do patrimonio cultural a través das súas manifestacións máis representativas en cada período histórico.
2. Coñecer as medidas de protección do patrimonio artístico, así como, os instrumentos de clasificación (inventario e catalogación), conservación e restauración, que permitan a súa xestión nas mellores condicións.
3. Coñecer as novas ferramentas de difusión do patrimonio artístico apartir do manexo das tecnoloxías dixitais.
4. Adquirir as competencias necesarias para poder redactar informes de patrimonio para a administración ou para institucións privadas.
5. Aprender unha boa metodoloxía de investigación a partir do manexo das fontes bibliográficas, documentais e literarias que permitan traballarno ámbito patrimonial.
A materia Patrimonio Artístico centrarase no estudo das principais manifestacións artísticas a partir da análise de casos concretos para identificar aquelas tipoloxías máis relevantes que caracterizan os principais períodos artísticos da historia da Humanidade, entroncando dese modo cos coñecementos adquiridos na materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato. A partir de aí, avanzarase no coñecemento do réxime de protección dos Bens Culturais que rixe en cada caso, en función das diversas categorías establecidas (Patrimonio Mundial, BIC, Bens Catalogados e Bens Inventariados). Ademais, profundizarase nos criterios de conservación e restauración dos beenes mobles e inmobles, dacordo á normativa imperante, e nas ferramentas de dinamización e difusión do patrimonio artístico a partir das TIC, para que o estudantado coñeza os mecanismos de xestión patrimonial.
Outro aspecto importante da formación terá que ver coa elaboración de informes técnicos e periciais para a administración ou outras institucións públicas ou privadas a partir dunha metodoloxía de investigación básica apoiada nas fontes documentais, gráficas e bibliográficas.
Os contidos distribuiranse ao longo do curso en función do seguinte esquima:
BLOQUE I. INTRODUCIÓN AO PATRIMONIO ARTÍSTICO
TEMA 0. Introdución e contextualización da materia. Metodoloxía e fontes para o estudo do patrimonio artístico.
TEMA 1. Cultura visual, patrimonio moble e estilos artísticos.
TEMA 2. O patrimonio inmoble. Principais tipoloxías arquitectónicas.
BLOQUE II. MARCO NORMATIVO
TEMA 3. A conservación e restauración do patrimonio cultural.
TEMA 4. O Réxime De Protección Dos Bens Culturais. Recomendacións Internacionais e normativa estatal.
TEMA 5. O patrimonio artístico en Galicia. Normativa autonómica.
BLOQUE III. PRÁCTICA PROFESIONAL
TEMA 6. Estratexias de comunicación e dinamización do patrimonio.
TEMA 7. Informes de xestión, catalogación e restauración do patrimonio artístico.
Bibliografía Básica:
BALLART, J.,(2006). El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Ariel, Barcelona.
BALLART, J. e TRESSERRAS, J.J. (2001), Gestión de patrimonio cultural, Ariel Patrimonio, Barcelona.
GARCIA CUETOS, M. P. (2012). El patrimonio cultural, conceptos básicos, Prensas Universidade de Zaragoza, Textos docentes, 207
GARCÍA MORALES, M.V., SOTO CABA, V., MARTÍNEZ PINO, J., (2017). El estudio del patrimonio cultural, UNED-Ramón Areces.
GONZÁLEZ-VARAS, I., (1999). Conservación de bienes culturales. Teoría, historia, principios y normas, Cátedra, Madrid.
GONZÁLEZ-VARAS, I., (2015). Patrimonio cultural. Conceptos, debates y problemas, Cátedra, Madrid.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F. (2002). El patrimonio cultural: la memoria recuperada, Trea, Gijón.
MONTERROSO MONTERO, J.M. (2000). Protección e conservación del patrimonio. Principios teóricos. Tórculo, Santiago de Compostela
TUGORES TRUYOL, F. e PLANAS, R.: (2006). Introducción al patrimonio cultural, Trea, Gijón.
Bibliografía Complementaria:
ALEGRE ÁVILA, J.M., Evolución y régimen jurídico del Patrimonio Histórico. Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.
ANTIGÜEDAD DEL CASTILLO, Mª.D., Colecciones, expolio, museos y mercado artístico en España en los siglos XVIII y XIX, Fundación Ramón Areces, Madrid, 2011.
ARROYO SERRANO, S., Conservación y restauración del patrimonio industrial, Síntesis, 2018.
BANDARIN, F. e VAN OERS, R., El paisaje urbano histórico. La gestión del patrimonio en un siglo urbano, Abada, Madrid, 2014.
BECK, J., DALEY, M., La restauración de obras de arte. Negocio y cultura, controversia y escándalo. Eds. del Serbal, Barcelona, 1997.
BELLIDO GANT, M.L., Difusión del Patrimonio Cultural y Nuevas Tecnologías, Universidad Internacional de Andalucía, Sevilla, 2008.
BERMÚDEZ, A. et. al., Intervención en el patrimonio cultural. Creación y gestión de proyectos, Síntesis, Madrid, 2004.
BEVAN, R., The destruction of memory. Architecture at war, London 2006.
CALLE VAQUERO, M. de la, La ciudad histórica como destino turístico, Ariel, Madrid, 2006.
CAPITEL, A., Metamorfosis de monumentos y teorías de la restauración, Alianza ed., Madrid, 1988.
FERNÁNDEZ ARENAS, J., Introducción a la conservación del patrimonio y técnicas artísticas. Ariel, Barcelona, 1996.
FERNÁNDEZ ZAMORA, A., Turismo y Patrimonio Cultural, Universidad de Jaén, 2006.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, Fr., El patrimonio cultural, la memoria recuperada. Edicións Trea, Asturias, 2002.
LOPEZ TRUJILLO, M., A La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939). Trea, Asturias, 2006.
MACARRÓN MIGUEL, A. Mª. e GONZÁLEZ MOZO, A., La conservación y restauración en el siglo XX, Tecnos, Madrid, 1998
MACARRÓN MIGUEL, A. Mª., Historia da conservación e a restauración. Desde a antigüedad hasta finales del siglo XIX, Tecnos, Madrid, 1995
MARTINEZ XUSTIZA, Mª. J., Historia y teoría de la conservación e restauración artística, Tecnos, Madrid,2000
MUÑOZ COSME, A., La conservación del patrimonio arquitectónico español. Ministerio de Cultura. Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Madrid, 1989.
Conocimientos
Con01: Conocer y poner en valor las diversas áreas del patrimonio cultural en sus vertientes material e inmaterial
Con02: Comprender e interpretar los fundamentos históricos, antropológicos, filosóficos, sociales y artísticos de los procesos culturales
Con04: Reconocer las principales tendencias y procesos culturales de la actualidad tanto en contextos próximos como internacionales
Habilidades/destrezas
H/D02: Analizar y sintetizar información procedente de distintas fuentes, valorando su relevancia e interés en función de los objetivos que se persigan
H/D06: Desarrollar una actitud crítica respecto de los fundamentos históricos, antropológicos y artísticos de los procesos culturales con una especial atención a la igualdad de género
Competencias
Comp06: Aplicar los conocimientos adquiridos para resolver problemas tanto en su área de estudio como en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios o multidisciplinares
Tal como establece o plan de estudos, a aprendizaxe desta materia basearase nun sistema de ensino virtual, realizado a través dunha sesión semanal non presencial síncrona (transmitida por videoconferencia MSTeams) e unha hora semanal de titoría síncrona non presencial.
Nas sesións de docencia non presencial síncrona (15 horas en total) empregaranse varias metodoloxías. Nas sesións nas que se emprege a metodoloxía de clase maxistral, a profesora explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos da materia, apoiándose no uso de presentacións multimedia e recursos dixitais ou calqueira outro medio que lle axude a facilitar a comprensión da materia.
Para unha mellor análise destes conceptos, o estudantado disporá, ademáis da bibliografía recomendada no apartado correspondente, de material docente complementario (documentos gráficos, textos, material audiovisual, artigos, repositorios en líña, webgrafía...) que será proporcionado pola profesora e que estará a súa disposición na aula virtual (https://cv.usc.es.)
Por outra banda, planificaranse sesións onde abordar metodoloxías activas coma a aula invertida ou o traballo colaborativo, fomentando a participación, o desenvolvemento das intelixencias múltiples e o pensamento diverxente. O alumnado realizará traballo autónomo, presentacións na aula e/ou debates sobre temas ou lecturas programados previamente.
Durante estas sesións, traballarase conxuntamente no desenvolvemento de actividades como:
- Análise e comentario crítico de documentos e imaxes, tanto de carácter teórico como práctico.
- Traballos individuais ou en grupo, cando corresponda, que requiran da busca, tratamento e selección de información.
- Cando menos, unha exposición oral en público con debate posterior.
- Estudo de casos.
- Resolución de problemas.
- Elaboración de proxectos.
Igualmente, de ser posible, levaranse a cabo sesións complementarias fóra da aula (tales como visitas guiadas, asistencia a conferencias realizadas por expertos ou profesionais in situ ou asistenza a eventos), aínda que estas actividades estarán supeditadas á posibilidade de subvención por parte da Facultade. De levarse a cabo, non terán un carácter obrigatorio ni serán avaliables. A intención é que o estudantado comprenda o carácter interdisciplinar da xestión do Patrimonio Artístico e que lles sirva para comprender e analizar os problemas técnicos e aproximarse as súas posibles solucións.
Titorías non presenciais síncronas:
Estas sesións, serán dun total de 15 ao longo do curso, confrencuencia semanal. Servirán para realizar actividades de interacción/comunicación, reforzo e ampliación de contidos, repaso, reflexión, debate e posta en común, discusión de resultados das actividades e proxectos realizados, autoavaliación...
Titorías personalizadas:
As titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do estudantado por parte da profesora encargada da docencia, tanto a nivel de traballo, como de resolución de dúbidas para clarificar os conceptos básicos da materia.
A docente ten o compromiso de atender adecuadamente ás consultas realizadas polo estudantado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando a profesora no estea desfrutando dalgún permiso.
Como recurso auxiliar estarán os foros que se abran no Campus Virtual, que permiten plantexar dúbidas e temas de debate que poidan ser de interese común a todo o estudantado.
Asistencia e participación na aula: 15%
Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 60%
Exame: 25%
Proponse un sistema de avaliación continua no que se valorarán as aptitudes e actitudes desenvolvidas polo estudantado durante o período lectivo, o que permitirá á profesora contar con máis elementos de referencia para avaliar a cada un dos seus estudantes.
Será imprescindible aprobar de xeito independente tanto a parte teórica como a parte práctica para poder superar a materia. No caso de que algún dos dous apartados estea suspenso, a nota final da materia non superará o 4,0.
O sistema de avaliación baséase en parámetros obxectivos que o estudantado coñecerá previamente á corrección, para o que se seguirá a seguinte ponderación xeral:
1) Asistencia e participación nas aulas teóricas, seminarios e outras actividades complementarias: 15%
2) Realización de actividades de avaliación continua (comentarios, exposicións…): 30%. As actividades terán que ser entregadas no Campus Virtual nas datas de entrega sinaladas para poder ser avaliadas sen penalización por demora e, en último caso, como data límite, unha semana antes da proba escrita. A non entrega dalgunha tarefa ou actividade en tempo e forma impedirá ao alumado presentarse ao examen.
3) Presentación e defensa de traballos relacionados co contido da materia: 30%. Os traballos terán que ser entregados no Campus Virtual nas datas de entrega sinaladas para poder ser avaliados sen penalización por demora e, como dataa límite, unha semana antes da proba escrita. A non entrega dalgún traballo en tempo e forma impedirá ao alumnado presentarse ao exame. A presentación oral contará un 10 % e o traballo escrito un 20 %, dentro da porcentaxe establecida de 30 %.
4) Exame: 25 %
A USC conta con 2 convocatorias de avaliación:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Nesta oportunidade empregarase o sistema de avaliación continua
Criterios xerais de avaliación das Actividades prácticas:
- A adecuación ao formato da actividade e á estrutura do traballo ou exposición.
- A calidade das fontes, documentación e bibliografía empregada.
- A orixinalidade dos argumentos.
- A adecuación dos contidos e a creatividade á hora de defendelos
- A capacidade de redacción, a corrección ortográfica, a riqueza semántica e o emprego do vocabulario específico da disciplina.
Aparte da entrega de actividades, o estudantado terá que realizar unha proba escrita valorada nun 25% da cualificación final.
Será imprescindible aprobar de maneira independente tanto a parte teórica como a parte práctica para poder superar a materia. No caso de que algún dos dous apartados estea suspenso, a cualificación final da materia non superará o 4,0.
A proba escrita final da materia realizase na data e hora indicadas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Esta consistirá nunha parte práctica e unha parte teórica, e durará duas horas.
Para poder presentarse, será preciso que o alumnado teña entregadas as actividades prácticas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que desexe empregar a segunda oportunidade terá que realizar unha proba final, cunha duración máxima de dúas horas. Constará de varias preguntas e responderá a un esquema semellante ao do exame de primeira oportunidade.
A proba final realizarase na fecha e hora estipuladas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade. Naqueles casos nos que unha das dúas partes estivese aprobada da primeira convocatoria, o/a estudante/a suspenso/a deberá voltar entregar os traballos suspensos ou ben realizar exclusivamente o exame teórico, segundo as condicións de cada estudante.
As tarefas e actividades prácticas estarán a disposición do estudantado no Campus Virtual ata unha semana antes da proba.
Para poder realizar a proba final, é necesario ter entregadas as tarefas, actividades e traballos do curso, que estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual ata unha semana antes do exame.
A cualificación máxima da proba será dun 25 %.
* Todas as tarefas que deberá entregar o estudantado para a súa avaliación por parte do profesorado, deberán seguir as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao mal uso das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas. É necesario indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas serán de aplicación as normas recollidas no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe adicar o estudantado para superar a materia pódese cuantificar do seguinte modo:
- Docencia non presencial síncrona: 15 horas
- Titorías non presenciais síncronas: 15 horas
- Docencia non presencial asíncrona: 14 horas
- Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 102 horas
- Avaliación final (exame): 4 horas
1. Constancia no estudo da materia.
2. Revisión frecuente do Campus Virtual e do correo electrónico corporativo.
3. Visualización, revisión e lectura semanal do material a traballar en cada sesión e do material complementario.
4. Preparación complementaria da materia impartida na aula a través da bibliografía para afondar nos contidos.
5. Facer uso das titorías para a consulta individualizada de dúbidas.
6. Participación activa nas sesións interactivas, cunha actitude analítica e crítica.
7. Realización das tarefas e actividades programadas en tempo e forma.
Para as titorías individuais, recoméndase contactar previamente coa profesora a través do correo institucional coa finalidade de determinar un horario concreto para a súa realización.
Por outra banda, aínda que non teñen carácter obrigatorio, é posible que se organice algunha práctica de campo relacionada coa materia ao longo do curso. Non obstante, o estudiantado da modalidade virtual poderá asistir e participar como actividade complementaria á súa formación, sen que teña repercusión na cualificación final.
A metodoloxía desta materia responde a criterios de flexibilidade en relación coas necesidades específicas do estudantado.
O uso do Campus Virtual será preferente para a entrega de traballos e tarefas por cuestións de Responsabilidade Ambiental.
É obligatorio empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Patricia Cupeiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
30.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
26.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |