Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/as deberán ser capaces de:
1.- Integrar, mediante o uso adecuado da lingua, a sensibilidade intercultural e multidisciplinar ante manifestacións e eventos culturais.
2.- Valorar o potencial cultural obxecto de xestión e as súas repercusións sociais na contorna francófona.
3.- Construir, a partir de casos prácticos, discursos -escritos e orais- para a xestión cultural en lingua francesa.
4.- Manexar ferramentas, vinculadas ás TIC e outros recursos dixitais, para a aprendizaxe autónoma e a intervención cultural en lingua francesa.
5.- Acadar ao final da formación unha competencia básica en francés (nivel A2 do MCERL) para desenvolverse en situacións específicas, relacionadas con contextos profesionais de xestión cultural.
Os contidos específicos da materia terán que ver coa difusión da lingua e a cultura francesas no mundo a través de:
- as instituciones administrativas e políticas
- as acreditacións lingüísticas (DELF, DALF, ..)
- os centros educativos (Alianzas francesas, Cavilam...)
- os eventos culturais (O Día da música, ...)
- as artes (cine, libros, música...)
- os creadores (escritores, artistas, músicos ...)
Estes contidos ofrecerán, sempre que se poida, o vocabulario e as regras básicas da lingua francesa utilizados nos distintos aspectos relacionados co sector cultural e estarán orientados á adquisición de competencias comunicativas escritas e orais en francés en contextos de índole cultural, mediante a análise de casos prácticos que sirvan de modelo a diferentes escenarios de xestión cultural.
- Ministère de L'Europe et des Affaires Étrangères (Francia diplomacia): https://www.diplomatie.gouv.fr/es/politica-exterior/francofonia-y-lengu…
- Ministerio Francés de Asuntos Exteriores y Desarrollo Internacional: Promover la lengua francesa en el mundo (PDF): https://silo.tips/download/promover-la-lengua-francesa-en-el-mundo
- Institut Français/Nuestras acctiones/La difusión y el aprendizaje de la lengua francesa: https://www.if.institutfrancais.com/es/action/apoyar-la-difusion-y-el-a…
- Le vocabulaire de l'Art: https://www.lepointdufle.net/p/art.htm#
- Le vocabulaire du dessin et de la peinture: https://allofle.com/le-vocabulaire-du-dessin-et-de-la-peinture-debutant…
Para a aprendizaxe de léxico francés en xeral e máis das regras básicas de gramática da lingua francesa, calquera método ou recurso que teñan os/as alumnos/as a man será valido. Aínda así, podemos recomendar:
Gaël Crépieux, Lucie Mensdorff-Pouilly et Caroline Sperand (2017): Vocabulaire essentiel du français. A1-A2. Paris : Didier.
Grégoire, Maïa (2017): Grammaire progressive du français. Intermédiaire A2 B1. Paris : Cle Internacional.
Con07: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado dunha lingua estranxeira, tanto de forma oral como escrita.
Con08: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das lenguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles
Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais
problemas das sociedades contemporáneas
A impartición da materia repartirase entre 15 horas de docencia no presencial síncrona e 15 horas de titorías en grupo reducido.
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
Durante esa sesión de clase, poñeranse a disposición do alumnado a través da aula virtual todos os recursos e materiais utilizados. Entre eses recursos estarán as seguintes ferramentas:
- Utilización da aula virtual como ferramenta principal para a docencia.
- Utilización de recursos e fontes bibliográficas, si é posible proporcionadas polo profesorado en formato dixital
- Utilización tecnoloxía streaming para o desenvolvemento de encontros entre o alumnado e encontros e aulas de profesorado e alumnado
- Ligazóns dixitais que den acceso a materiais audiovisuais
- Vídeos breves nos que se profundiza nalgún aspecto concreto dos contidos, cando proceda
- Utilización e activación de calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe do alumnado en remoto
En canto ás sesións de titorización, as 12 sesións planificaranse en semanas diferentes e realizaranse con tódolos medios tecnolóxicos posibles (MSTeams, chat da aula virtual, correo electrónico etc).
As consultas realizadas polo alumnado contestaránse mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso.
Por outra parte, cualificaranse as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes. Esas actividades poderán ser algunha das seguintes:
- Elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de curso, individualmente ou en grupo, a través da aula virtual
- Presentacións con audio explicando contidos do programa, cando sexa necesario.
- Presentación oral de traballos
- Traballo colaborativo a través de debates en foros e chats, así como debates moderados pola/lo docente a través de tecnoloxías de videoconferencia.
1ª Oportunidade:
- Asistencia na aula virtual en horario de docencia: 10%
- Participación activa en aula virtual (titorías, chats, foros e debates e outras ferramentas virtuais): 10%
- Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións etc.): 40%
- Exame final: 40%
A nota final será a suma de cada unha das 4 partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
Para o alumnado que teña autorizada a despensa de asistencia á clase en horario de docencia pola Xunta de Facultade, os criterios de avaliación serán:
- un traballo orixinal sobre un tema do programa: 40%
- o examen final: 60%
A nota final será a suma de cada unha das partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
2ª oportunidade:
O/a alumno/a terá que presentarse ás probas que teña suspensas na 1ª oportunidade (avaliación continua ou/e exame final). Manterase a nota correspondente á asistencia e participación na aula virtual, así como a das actividades de avaliación continua superadas na 1ª oportunidade. Se algunha destas non alcanzan a nota media, o alumno poderá realizar un traballo aparte en compensación.
A nota final será a suma de cada unha das partes e será positiva sempre e cando cada proba á que se presente o alumnado teña superada la media.
Docencia non presencial síncrona 15h
Titorías non presenciais síncronas 15h
Docencia non presencial asíncrona 14h
Traballo persoal do alumnado e outras actividades 102h
Avaliación final (exame) 4h
Seguimento das aulas e traballo persoal do/a estudante.
Utilizarase nas clases a lingua francesa, sempre que se poida.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Maria Isabel Gonzalez Rey
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pauline Mauricette Christiane Blatt
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 982821059
- Correo electrónico
- paulinem.blatt [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Francés | Aula 13 |
22.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |