Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir o concepto de Estudos Culturais, como campo académico multidisciplinar, que se estudará dende a perspectiva das escolas anglosaxoas, onde xurdiu.
- Centro vs. periferia. Hexemonía cultural - Estudos poscoloniais - Tipoloxía das sociedades multiculturais - Evolución do pensamento no ámbito anglosaxón - Cultura global - Lingua e comunicación na era global - Estudo interdisciplinar da cultura - Cultura e mercado
Barker, Martin y Anne Beezer, eds. Introducción a los estudios culturales. Barcelona: Bosch Comunicación, 1994. (Reading into Cultural Studies. London: Routledge, 1992).
Bhagwati, Jagdish. En defensa de la globalización : el rostro humano de un mundo global. Barcelona : Debate, 2005.
Boehmer, Elleke. Colonial and Postcolonial Literature. Oxford: Oxford U.P., 1995.
Chambers, Iain and Curti, Lidia, ed. The Post – Colonial Question. London: Routledge, 1996.
Chakrabarty, Dipesh. Al margen de Europa : pensamiento poscolonial y diferencia histórica, traducción de Alberto E. Álvarez y Araceli Maira. Barcelona : Tusquets, 2008.
Curran, J., Morley D. y Walkerdine, V. Estudios culturales y comunicación. Análisis, producción y consumo cultural de las políticas de identidad y el posmodernismo. Barcelona: Paidós, 1998.
DeVereaux, Constance, ed. Managing the Arts and Culture. London: Routledge, 2023.
During, Simon, ed. The Cultural studies reader. London: Routledge, 1994.
Featherstone, Mike. Undoing Culture. Globalization, Postmodernism and Identity. London: Sage, 1995.
Kuan-Hsing, Chen. Stuart Hall. Critical Dialogues in Cultural Studies. London: Routledge, 1996.
Miller, Toby e George Yúdice. Política Cultural. Madrid: Gedisa, 2004.
Reynoso, Carlos. Apogeo y decadencia de los estudios culturales. Una visión antropológica. Barcelona: Gedisa, 2000.
Yúdice, George. El recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global. Madrid: Gedisa, 2002.
Con04: Recoñecer as principais tendencias e procesos culturais actuais nos contextos locais e internacionais. - Con07: Coñecer a norma e o uso coherente e axeitado dunha lingua estranxeira, tanto de forma oral como escrita. - Con09: Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre diversos grupos humanos
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que incluan reflexións sobre temas de índole
social, científica o ética.
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano,
atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade a a non discriminación de persoas
con diversidade funcional
- Comp08: Defender o papel dla cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais
problemas das sociedades contemporáneas-
Haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora de titoría non presencial síncrona cada semana.
Na sesión non presencial síncrona presentaranse os temas e tarefas. Os recursos e materiais utilizados nestas sesións oficiais estarán dispoñibles na aula virtual.
O alumno subirá á aula virtual as actividades e tarefas complementarias, xa que a aula virtual do Campus Virtual da USC será a plataforma principal do proceso formativo. Posteriormente, o alumno discutirá co profesor sobre os contidos das tarefas, para obter así unha calificación das mesmas. As actividades e tarefas asignadas serán cualificadas nun prazo non superior a un mes.
Por outra banda, o alumnado poderá poñerse en contacto co profesorado mediante o seu correo electrónico, e as respostas serán recibidas nun prazo máximo de 48 horas (en días lectivos).
Durante a hora semanal de titoría específica, o alumnado terá a oportunidade de solicitar un asesoramento personalizado que permitirá alcanzar mellor os obxectivos da materia.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Nesta primeira oportunidade, o 60% da nota final corresponderá ás actividades e traballos programados nas sesións interactivas. Para gozar deste sistema de avaliación continua é necesario presentar todas as tarefas programadas no Campus Virtual.
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final obrigatorio, que abarcará os contidos da materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E REPETIDOS
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para a primeira oportunidade: o alumno terá a posibilidade de volver presentar, ou realizar por primeira vez, as tarefas programadas.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
Tal e como recolle a Memoria de Grao, nesta materia de seis créditos ECTS prevese que o alumnado dedique un total de 150 horas, das cales 14 corresponden a traballos presenciais en sesións interactivas, 12 corresponden a titorías optativas, 4 corresponden a os exames e 120 ao traballo autónomo e preparatorio do alumnado fóra da aula.
Preparación e entrega de tarefas en Campus Virtual, dentro do prazo.
Resolución de dúbidas en tutorías.
Lecturas e documentales online sobre os temas tratados.
-----
Jesus Varela Zapata
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824715
- Correo electrónico
- varela.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | Aula 13 |
17.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |