Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
1. Coñecer a difusión e variedade do español no mundo actual.
2. Recoñecer as principais variedades xeográficas do español a partir dos seus rasgos máis característicos.
3. Coñecer o labor das academias, o carácter pluricéntrico da lingua española e a diversidade de criterios á
hora de planificar o seu uso para a xestión cultural.
4. Coñecer os principais problemas relativos ao uso da lingua española no ámbito da xestión e a difusión da cultura, con atención particular a aspectos fundamentais e problemáticos da gramática do español.
5.Revisar os erros máis frecuentes en relación co uso do español para a xestión e a difusión da cultura.
Bloque 1. O español no mundo actual. Variación lingüística, norma culta e pluricentrismo.
1. Dimensión do español como lingua de cultura. O español na produción cultural internacional.
2. A variación lingüística do español.
2.1. Factores de variación e variedades lingüísticas.
2.2. A variación xeográfica do español. Áreas lingüísticas no dominio castelanfalante.
3. Norma culta e pluricentrismo no español actual.
3.1. Historia e labor da RAE e da Asociación de Academias da Lingua Española.
3.2. Recursos académicos en liña e en papel. Obras de referencia e consulta.
Bloque 2. Clases de palabras do español. Principais problemas relacionados co uso das diferentes clases.
1. Tipoloxía do substantivo en español.
1.1. Substantivo e xénero gramatical. Substantivos aplicables a seres sexuados / asexuados. Variabilidade e invariabilidade.
1.2. Xénero gramatical, sexo e outros referentes.
1.3. Sintaxe e xénero gramatical. O pronome. Leísmo, laísmo e loísmo.
1.4. Sintaxe e xénero gramatical. Problemas e erros de concordancia.
2. O número gramatical en español.
2.1. Sustantivos numéricamente variables e invariables. Os "falsos plurais".
2.2. O número gramatical e as expresións cuantitativas. Problemas e erros.
3. Sintaxe e tipoloxía do adxectivo en español.
4. Aspectos básicos da gramática verbal do español.
4.1. Formas modotemporais. Problemas e erros no uso das formas verbais en español.
4.2. Problemas de sintaxe verbal. A sintaxe verbal e a variación xeolingüística do español.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
Fuentes Rodríguez, C. (2011): Guía práctica de escritura y redacción. Madrid: Arco Libros.
Gómez Torrego, L. (1997): Gramática didáctica del español, Madrid: SM.
Gómez Torrego, L. (2011): Gramática normativa del español. Hablar y escribir correctamente. Madrid: Arco/Libros. 2 Vols.
Instituto Cervantes (2007): Gramática práctica del español. Madrid: Espasa.
Montolío, E. (2014): Manual de escritura académica y profesional. Barcelona: Ariel. 2 Vols.
Paredes García, F. (2012): El libro del español correcto. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASALE (2005): Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana.
Real Academia Española/ASALE (2010): Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASALE (2013): El buen uso del español. Barcelona: Espasa-Calpe.
Real Academia Española (2018): Libro de estilo de la lengua española según la norma panhispánica. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASALE (2010): Ortografia de la lengua española. Madrid: Espasa.
Bibliografía complementaria
Aleza Izquierdo, M. y J. Mª Enguita Utrilla (coords.) (2010): La lengua española en América: normas y usos actuales. Universitat de València. Edición electrónica: <http://www.uv.es/aleza/esp.am.pdf>.
Aleza Izquierdo (coord.): Normas y usos correctos en el español actual. Valencia: Tirant lo Blanch, 2010.
Alvar, M. (dir.) (1996): Dialectología hispánica II. El español de América. Barcelona: Ariel.
Alcina Franch, J. y J. M. Blecua (1994): Gramática española. Barcelona: Ariel.
Bosque, I. & V. Demonte (eds.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa. 3 vols.
Diccionario de uso del español actual. Clave (2006). Madrid: SM.
Diccionario del uso del español de España y América (2002). Barcelona: SPES.
Greublich, S./Franz Lebsanft (eds.): El español, lengua pluricéntrica. Discurso, gramática, léxico y medios de comunicación masiva. Bonn University Press, 2020.
Instituto Cervantes: El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes. <http//:www.cervantes.es>.
Moliner, M. (2008): Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos. (Vídeo-DVD)
Real Academia Española (2014): Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe
Real Academia Española (2009): Nueva gramática de la lengua española. Morfología y sintaxis. Madrid: Espasa. 2 vols.
Con06: Coñecer a norma e o uso coherente e axeitado das linguas ambientais (español ou galego), tanto de xeito oral como escrito.
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persiguen.
Comp03: organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e os recursos dispoñibles.
A materia tén un enfoque descriptivo e práctico e desenvolverase mediante sistema elearning asíncrono a través da plataforma Moodle do campus virtual. A aula virtual da materia será o soporte dos contidos e das tarefas que o alumnado deberá realizar. O estudante atopará alí os contidos elaborados polo profesor ou as indicacións das lecturas ou otros procedementos a través dos que pode obtelos. Os materiais poderán consistir en arquivos de Power Point, textos, artigos en PDF, resumes, recursos online e referencias bibliográficas que se porán a disposición do alumnado de forma periódica a medida que avanza o temario.
Ademáis, haberá unha hora semanal de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais da Facultade de Humanidades e poderase seguir ben no espazo fixado na Facultade de Humanidades ou ben a distancia mediante conexión síncrona á tecnolóxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente.
Esta sesión de docencia non presencial semanal será utilizada para comentar aspectos que faciliten ao alumno a interpretación e comprensión dos contidos depositados no campus virtual, así como para realizar indicacións sobre as tarefas e actividades que debe realizar o alumno. En definitiva, a sesión semanal utilizarase fundamentalmente para dar orientacións que guíen ao alumno no proceso de aprendizaxe.
Utilizaranse materiais e recursos variados: presentacións, vídeos, textos, esquemas, resumos, recursos online, et. Os recursos e materiais utilizados nestas sesións poñeranse a disposición do alumnado a través da Aula Virtual.
A titoría semanal de docencia non presencial síncrona realizarase igualmente a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams). Será utilizada para resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado ou para indicacións de carácter teórico-metodolóxico que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
As consultas realizadas polo alumnado serán atendidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo nos superior a 48 horas en días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o docente non estea desfrutando de permiso.
A Aula Virtual será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre os docentes e o alumnado.
Primeira oportunidade
Para a avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
-Actividades de avaliación continua (entrega de tarefas, exposicións, probas parciais, etc.): 60% da cualificación. Os diversos tipos de actividades de avaliación (tarefas, exposicións, probas...) son de realización obrigatoria para a superación da materia.
-Un exame escrito: 40% da cualificación. O exame tén igualmente carácter obrigatorio para a superación da materia.
Segunda oportunidade
-O alumno deberá realizar de novo e entregar as tarefas nas que obtivese unha calificación negativa na primeira entrega ou ben as tarefas que non fosen entregadas na data indicada. A cualificación sumarase á obtida nas tarefas ou probas superadas no seu momento e supora o 60% da cualificación. A entrega das tarefas non entregadas na data indicada ou non superadas previamente tén carácter obrigatorio para a superación da materia.
-Ademáis haberá unha proba escrita obrigatoria na data establecida pola Facultade de Humanidades: 40% da cualificación.
O alumnado que xa cursou a materia en convocatorias anteriores e non a superou, será avaliado cos mesmos requisitos que o alumnado que cursa a materia por primeira vez.
O alumnado que teña concedida a DISPENSA de ASISTENCIA a clase tamén será avaliado de forma continua e con exame. O 60% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e o 40% procederá da nota do exame, de realización obrigatoria, que se realizará na data fixada pola Facultade.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificaciones.
102 horas.
Maria Mercedes Suarez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- mmercedes.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro S Veiga Rodriguez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 982824755
- Correo electrónico
- a.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
29.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |