-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 15
Clase Expositiva: 4
Clase Interactiva: 22
Total: 41Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Ciencias da ComunicaciónÁreas:
XornalismoCentro
Facultade de HumanidadesConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Esta materia pretende que o alumnado adquira coñecementos e destrezas coas que comprender as implicacións do concepto da Cibercultura dende un punto de vista teórico e tamén práctico. Deste xeito, ao remate da súa formación, o alumnado ha ser quen de:
O1. Coñecer as peculiaridades da cibercultura dende un punto de vista comparativo coa noción convencional da cultura.
O2. Comprender o novo rol que adquiren as persoas destinatarias da cultura nos procesos de consumo, distribución e creación.
O3. Empregar con soltura os principais conceptos teóricos que se sinalan no programa, incluíndo a súa vertente máis práctica.
O4. Xestionar con habilidade as principais canles e plataformas actuais, así como deseñar unha estratexia específica para a difusión da cultura en contornas dixitais.
O5. Desenvolver unha ollada crítica con respecto ás implicacións éticas que pode espertar o uso de determinadas ferramentas, coma as propias da Intelixencia Artificial.1. Fundamentos da Cibercultura
1.1. Orixe e evolución da sociedade dixital: aplicación das TIC á cultura
1.2. A terceira Revolución Industrial e o modelo de autocomunicación de masas: novas tendencias de produción e consumo cultural
1.3. A intelixencia colectiva, a economía colaborativa e a cultura participativa na era contemporánea: os procesos de co-creación
2. O novo rol da persoa usuaria
2.1. Audiencias activas e prosumidor/a
2.2. Accesibilidade e usabilidade: UX, UI e o ‘buyer-persoa’
2.3. Inbound marketing: a viaxe da persoa consumidora e o embude de vendas
3. Hipertextualidade, medialidade e interactividade nas canles de comunicación dixital
3.1. Web e blogs: como escribir para a rede e para seducir aos buscadores (SEO vs. SEM)
3.2. Salas de prensa online
3.3. As palabras clave ('keywords') e a estratexia do linkbuilding
4. Estratexia e técnicas en redes sociais
4.1. Xestión operativa das redes sociais: da creación de contido á activación da comunidade
4.2. Deseño de estratexias específicas para a comunicación en redes sociais
4.3. Crossmedia e transmedia: novas narrativas e experiencias multiplataforma
4.4. Influencer marketing
5. Aproximación ao uso da Intelixencia Artificial na cibercultura
5.1. Estudo de casos e proxectos innovadores no ámbito dixital
5.2. Implicacións éticas e sociais na tecnoloxía emerxenteBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Suárez, Gonzalo & Fernández Tilve, María Dolores (coord.) (2022). La gestión cultural en la era digital. Madrid: McGraw Hill.
García Avilés, José Alberto (2015). Comunicar en la sociedad red: teorías, modelos y práctica. Barcelona: UOC
Peña-Fernández, Simón; Meso-Ayerdi, Koldobika & Larrondo-Ureta, Ainara (2020). Active Audiences. Empowering Citizens' Discourse in the Hybrid Media System. Madrid: McGraw Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez-Monzoncillo (2023). The Dynamics of Influencer Marketing: A Multidisciplinary Approach. Routledge.
Castells, Manuel (2009). Comunicación y poder. Madrid: Alianza
Dakouan, Chouaib; Benabdelouahed, Redouane & Anabir, Hajar (2019). "Inbound Marketing vs. Outbound Marketing: Independent or Complementary Strategies". Expert Journal of Marketing, vol. 7 (1), pp. 1-6
García Orosa, Berta (2009). Gabinetes de comunicación on line: claves para generar información corporativa en la red. Sevilla: Comunicación Social
Hoof, Florian; Boell, Sebastian K. (2019): Culture, technology, and process in “media theories”: Toward a shift in the understandings of media in organizacional research. Organization, 2019;26(5):636-654. doi:10.1177/1350508419855702. Accesible en https://journals.sagepub.com/doi/full/10.1177/1350508419855702.
Muñoz de Luna, Ángel Bartolomé & Serrano Oceja, José Francisco (eds.) (2020). La Industria cultural frente al reto de la transición digital. Madrid: Fragua
Scolari, Carlos (2013). Hipermediaciones: elementos para una teoría de la comunicación digital interactiva. Barcelona: Gedisa
Sixto García, José & López García, Xosé (2020). "Usos crossmedia y cross-promotion en la difusión de contenidos de los diarios nativos digitales europeos". Hipertext.net, 11, pp. 141-151
Vázquez Herrero, Jorge; González Neira, Ana & Quintas Froufe, Natalia. "Active Audience in Transmedia Fiction: Platforms, Interactivity and Measurement". Revista Latina de Comunicación Social, 74, pp. 73-93. Accesible en http://hdl.handle.net/10347/18889
Velarde, Olivia; Bernete, Francisco; Franco, Daniel (2015): Paradigmas de los efectos de las TIC en la cultura y el conocimiento. Revista Latina de Comunicación Social, número 70. Accesible en http://www.revistalatinacs.org/070/paper/1050/RLCS-paper1050.pdf
Vizcaíno Verdú, Arantxa; Bonilla del Río, Mónica & Ibarra Rius, Noelia (2021). Cultura participativa, fandom y narrativas emergentes en redes sociales. Madrid: DykinsonCon13: Recoñecer as posibilidades que ofrecen as novas contornas dixitais para a reinterpretación e
revalorización da experiencia cultural.
Con15: Recoñecer a diversidade do consumo cultural por parte de distintos sectores da sociedade, con especial atención ás persoas con necesidades específicas, e adaptar os produtos culturais para o seu goce por parte de cada colectivo.
H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole
social, científica ou ética.
H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non
especializados dun modo claro e eficaz.
Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto
para finalidades formativas como de exercicio profesional.
Comp05: Aplicar as estratexias da comunicación cultural na contorna dixital para difundir e visibilizar a cultura e os proxectos culturais mediante o manexo das TIC.Empregarase unha metodoloxía combinada que incorpore clases maxistrais, presentacións na aula, estudos de caso e foros de discusión.
Haberá unha hora de docencia non presencial síncrona -conforme ao horario da Facultade e a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams)- e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona, individual ou de grupo pequeno e tamén a través de MSTeams.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado. Nela estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia.
O docente atenderá as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e resolveraas antes de sete días lectivos, sempre e cando non estea desfrutando dalgún permiso.A materia avaliarase conforme a diversas probas coa seguinte distribución:
- Exame final na data prevista pola Facultade: 40%
- Actividades de avaliación continua: 50%
- Participación activa na aula virtual (titorías, chats, foros e debates, etc.): 10%
O detalle das actividades de avaliación continua, así como a tipoloxía do exame, compartirase co alumnado ao inicio do cuadrimestre.
Será requisito indispensable aprobar a parte teórica e a parte práctica de xeito independente para poder superar a materia. En caso de que unha delas non estea aprobada, a cualificación que recibirá o/a alumno/a será dun 4.
Para a segunda oportunidade empregarase o mesmo sistema de avaliación, fixando unas novas datas de entrega para as actividades de avaliación continua pendentes.O programa da materia establece 15 horas de docencia non presencial síncrona, 15 horas de titorías non presenciais síncronas, 14 horas de docencia non presencial asíncrona, 4 horas para a realización do exame e 102 horas para traballo persoal do alumnado e outras actividades.
Recoméndase un seguimento activo da actualidade e tamén unha atención periódica ao Campus Virtual, que se irá actualizando de xeito semanal co obxectivo de apoiar ao alumnado nun proceso de aprendizaxe progresiva.
-
Pablo Vazquez Sande
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- pablo.vazquez.sande@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Xoves 19:00-20:00 Grupo /CLIS_01 Galego Aula 13 Exames 16.01.2025 16:00-18:30 Grupo /CLE_01 Aula 15 10.06.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aula 13