Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdense alcanzar os seguintes obxectivos:
1. Adquirir coñecementos básicos de cartografía e coñecer as principais fontes de información xeográfica especializada.
2. Interpretar a escala e ler correctamente a información xeográfica, tanto física como humana, dispoñible nun mapa topográfico e xeolóxico.
3. Analizar a información dispoñible nas fotografías aéreas e en ortofotos e imaxes de satélites.
4. Coñecer a rede xeográfica de coordenadas e os diferentes sistemas de proxección cartográfica.
5. Localizar mediante medios cartográficos os diferentes recursos existentes nun territorio, acometer procesos de xeolocalización e analizar o patrimonio que existe nun determinado espazo xeográfico.
6. Proporcionar información xeoespacial e coñecer as principais fontes e centros, tanto nacionais como internacionais, especializados en proporcionar información e documentación xeográfica xeorreferenciada a través dos seus propios sistemas de información xeográfica (SIG).
Tema I. Conceptos básicos de cartografía
1. A terra e a súa representación no plano.
2. A cuadrícula de coordenadas xeográficas.
3. Proxeccións cartográficas.
4. Escalas cartográficas.
5. Tipos de mapas e os seus elementos.
6. A representación dos datos xeográficos.
7. Técnicas de simbolización cartográfica.
Tema II. Cartografía xeral e temática
1. O Mapa Topográfico Nacional e a súa interpretación
2. Os mapas xeolóxicos e de usos do solo.
3. Fotografía aérea, ortofotos e ortoimaxes.
4. A teledetección e as súas aplicacións.
Tema III. Fontes de información xeoespacial
1. Entidades de referencia con información xeorreferenciada a escala global.
2. Organizacións destacadas con información xeográfica, cartográfica e estatística:
2.1. Do mundo.
2.2. Unión Europea.
2.3. España.
2.4. Galicia.
3. Xeoportais temáticos e recursos didácticos xeográficos.
Bibliografía básica:
Aranaz Del Río, F. (2019). Tu amigo el mapa. Centro Nacional de Información Geográfica. Instituto Geográfico Nacional (IGN). Madrid. Ministerio de Fomento. Gobierno de España. Formato digital: https://www.ign.es/resources/acercaDe/libDigPub/tu-amigo-el-mapa.pdf
Fernández-Coppel, I.A. (2001). Localizaciones geográficas. Las coordenadas geográficas y la proyección UTM. Universidad de Valladolid. Formato electrónico en: http://www.cuevascastellon.uji.es/varios/cartografia_geograficas_utm_da…
IGN (2023). Conceptos cartográficos. Instituto Geográfico Nacional (IGN). Madrid. Ministerio de Fomento. Gobierno de España. En: https://www.ign.es/web/resources/cartografiaEnsenanza/conceptosCarto/de…
Miraglia, M. y otros (2010). Manual de Cartografía, Teleobservación y Sistemas de Información Geográfica. Laboratorio de Sistemas de Información Geográfica. Instituto del Conurbano. Buenos Aires. Universidad Nacional de General Sarmiento. Publicación electrónica: https://repositorio.ungs.edu.ar/handle/UNGS/160
Muñoz Bollas, A. (2009). Geodesia y cartografía: Fundamentos de los sistemas de información geográfica. Barcelona. Universitat Oberta de Catalunya. Formato electrónico: https://openaccess.uoc.edu/handle/10609/53642
Puyol, R. y Estébanez, J. (1978): Análisis e interpretación del mapa topográfico. Tebar Flores. Madrid.
Bibliografía complementaria:
Buzo, I.; Guallart, C. y otros (2015). Atlas digital escolar. Grupo de trabajo Atlas Digital Escolar y ESRI España. En: <http://atlas-escolar.maps.arcgis.com/apps/MapJournal/index.html?appid=7…>. Consulta: 21/11/2021.
IGN (2023). Portales temáticos. Instituto Geográfico Nacional. Madrid. En: https://www.ign.es/web/ign/portal
Instituto Galego de Estatística (2021). Información estatística por temas e productos. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. En: <https://www.ige.eu/web/index.jsp?idioma=gl>. Consulta: 12/11/2021.
Instituto Nacional de Estadística (2021). Productos y servicios. Gobierno de España. Madrid. En: <https://www.ine.es/index.htm>. Consulta: 12/11/2021.
Lázaro y Torres, Mª.Lª y Real Sociedad Geográfica (2014). Internet y SIG para el análisis territorial. La geoinformación en Internet. Madrid. Real Sociedad Geográfica. Consulta electrónica en el repositorio documental de la Universidad de Córdoba: <http://www.uco.es/~gt1tomam/master/pes/geoinformacion.pdf>. Consulta: 12/11/2021
Ministerio de Transportes (2023). Infraestructura de Datos Espaciales de España (IDEE). Madrid. Ministerio de Transportes. Gobierno de España. En: https://www.idee.es/web/idee/inicio
Naciones Unidas (2021). El sistema de las Naciones Unidas. Nueva York. En: <https://www.un.org/es/about-us/un-system>. Consulta: 12/11/2021.
Xunta de Galicia (2021). Información xeográfica de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. En: <http://mapas.xunta.es/portada>. Consulta: 10/10/2021.
Con13: Recoñecer as posibilidades que ofrecen as novas contornas dixitais para a reinterpretación e
revalorización da experiencia cultural.
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función
dos obxectivos que se persigan.
H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole
social, científica ou ética.
H/D07: Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto
para finalidades formativas como de exercicio profesional.
Esta materia impartirase de maneira virtual. En consecuencia activarase unha aula virtual da materia, onde o alumno terá todas as indicacións que sexan precisas para o bo desenvolvemento e aproveitamento da materia. O alumnado deberá realizar un traballo persoal de estudio a partir dos materiais que se lle propoñen na Guía Docente da materia, e tras a pertinente lectura comprensiva dos textos impresos que se detallan para cada unha das unidades temáticas, irá estudando cada un dos temas e contidos do programa. Para o estudo dos contidos, dispoñerá, ademais das lecturas indicadas para cada unidade temática, dunha serie de explicacións complementarias e orientacións didácticas que se irán envorcando na aula Virtual, unha Guía Docente e diversos apoios, entre os que destacan vídeos didácticos e diverso material audiovisual. Para a realización de todas as actividades que constitúen o estudo da materia, o estudante deberá organizar e distribuír o seu tempo de forma persoal e autónoma, adecuada ás súas necesidades e desexos. É recomendable que dedique o 70% do tempo ao estudo dos contidos do programa e á realización das actividades prácticas, reservando o resto para a asistencia ás sesións presenciais e outras tarefas. É importante romper a pasividade do alumno e fomentar o traballo individual. Para iso utilizaranse técnicas docentes dinámicas e activas no proceso de aprendizaxe. Por todo iso e co fin de alcanzar os obxectivos propostos e desenvolver adecuadamente os contidos do programa, exponse unha estratexia de intervención docente fundamentada nos seguintes mecanismos:
1º). Aula virtual da materia. No Campus virtual da USC activarase unha plataforma electrónica para impartir esta materia a distancia. Esta aula proporcionará a información que sexa necesaria para avanzar no proceso de aprendizaxe. Dita plataforma será un dos instrumentos que permitirán a interacción entre o alumno/a e o profesor. Na web oficial do curso poderase acceder aos contidos, actividades e recursos audiovisuais, e ao conxunto da información que sexa imprescindible para que o alumnado poida preparar os contidos da materia e as actividades prácticas asociadas aos mesmos. Tamén será o leito máis adecuado para articular foros de debate e expor dúbidas sobre os contidos e as actividades propostas.
2º). Sesións de docencia non presencial síncrona e asíncrona. Están programadas 15 horas de docencia non presencial síncrona (unha hora semanal) que o alumnado poderá seguir de maneira telemática e a distancia a través da tecnoloxía de streaming (Microsoft Teams). Ditas sesións, que serán abertas e participativas, están concibidas para explicar, desenvolver e comentar os contidos teóricos que presentan unha maior dificultade de comprensión, incidir nos aspectos básicos e relevantes, actualizar convenientemente os contidos, resolver as cuestións temáticas expostas para cada unidade e complementar a información que os alumnos solicitaron directamente a través das lecturas recomendadas e as actividades prácticas realizadas ou en curso. De igual xeito, están programadas 14 horas de docencia non presencial asíncrona que se levarán a cabo utilizando os recursos telemáticos dispoñibles na Aula Virtual da materia (Foro de dúbidas, chat e correo electrónico). Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións de docencia non presencial poñeranse ao dispor de todo o alumnado a través da aula Virtual da materia.
3º). Sesións de titorías non presenciais síncronas. Están programadas 15 horas de titorías non presenciais síncronas (unha hora semanal) que serán utilizadas para resolver dúbidas metodolóxicas e aspectos concretos relacionados cos contidos e actividades prácticas, sistemas de avaliación e orientacións didácticas específicas. Estas sesións de titoría levaranse a cabo de maneira telemática por videoconferencia (MSTeams) e tamén a través da Aula Virtual da materia (chat e foro de consultas e dúbidas) e tamén por medio do correo electrónico.
4º). Lecturas básicas. De maneira xeral e previamente á celebración das sesións presenciais propiamente ditas que se vaian a desenvolver na aula, o alumno deberá realizar un resumo das lecturas básicas que se indican para cada unha das unidades temáticas. Deste xeito, nas sesións teóricas dedicadas a analizar cada unidade, os alumnos terán unha información e un coñecemento previo dos contidos esenciais de cada tema, así como das actividades prácticas a realizar en cada caso, o cal favorecerá o proceso de comprensión e aprendizaxe, a asimilación dos contidos e a participación nos debates e discusións relacionadas cos temas obxecto de estudo e análise. Neste sentido convén lembrar que os alumnos tenden a lembrar case o 90% dos traballos que eles mesmos redactan, mentres que só reteñen non máis do 20% do que escoitan. Isto pon de manifesto a eficacia das tarefas prácticas consistentes na elaboración de resumos previos á celebración das sesións teóricas sobre un determinado tema.
5º). Animación audiovisual. Co fin de motivar aos alumnos e introducilos nos campos de coñecemento obxecto de estudo, realizouse unha ampla recompilación de material audiovisual que os alumnos poderán utilizar para penetrarse ou profundar nun determinado tema. Trátase de vídeos educativos ou ben de documentais curtos, relacionados cos contidos da materia. Neste sentido, o vídeo convértese nunha excelente ferramenta para motivar ao alumno e facelo partícipe dunha estratexia eficaz de aprendizaxe (lembremos que segundo investigacións realizadas por equipos de psicopedagoxía, o alumno tende a reter case o 50% do que ve e escoita simultaneamente). Todo iso constitúe un complemento ideal se temos en conta que antes do inicio das sesións presenciais e teóricas, os alumnos teñen que ler e resumir os artigos propostos para cada unidade. A relación de vídeos e documentais seleccionados para cada unidade temática especifícanse no apartado sétimo da Guía Docente da materia.
6º). Actividades prácticas. Proba de Avaliación Continua (PAC). A realización das mesmas, que estarán sometidas a un proceso de avaliación continua, é de vital importancia para consolidar a asimilación dos contidos, favorecer a comprensión e o desenvolvemento dos coñecementos, fomentar a capacidade de análise documental e o espírito crítico. As actividades prácticas, polas súas características e materiais necesarios, serán realizadas fóra das aulas. En todo caso, proporcionaranse as bases teóricas e as orientacións complementarias que sexan precisas para a súa resolución e mellor enchemento. A relación completa das devanditas actividades (PAC) estarán dispoñibles na Aula Virtual da materia (no Campus Virtual da USC). De igual modo infórmase que o profesor da materia cualificará, as actividades e tarefas propias da avaliación continua, nun prazo non superior a dúas semanas.
7º). Foros de debate e discusión. Coa información procedente das lecturas e dos resumos elaborados polo alumno/a, a información fornecida polos recursos audiovisuais utilizados, as explicacións complementarias achegadas polo profesor e os coñecementos adquiridos mediante a realización das actividades prácticas, o alumnado poderá participar activamente no foro que estará operativo na aula Virtual da materia, ao obxecto de extraer as conclusións máis relevantes de cada unidade temática.
8º). Titorías virtuais e telefónicas. As titorías virtuais levarán a cabo a través da a aula Virtual da materia e mediante o foro de dúbidas e consultas que estará activado na devandita aula, de maneira permanente, para resolver todo tipo de problemas relacionados cos contidos e actividades prácticas da materia. Neste sentido, faise constar que as consultas realizadas polo alumnado, a través da aula Virtual ou mediante o correo electrónico, serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o profesor non se atope gozando dun permiso oficial. De igual modo, as titorías e consultas telefónicas levaranse a cabo ao longo de todo o ano, durante o horario de titorías do profesor que figura na web oficial da USC.
Con carácter xeral, a avaliación de cada alumno realizarase do seguinte xeito:
1. Para o alumnado que concorra á primeira convocatoria ordinaria (primeira oportunidade), a avaliación desta materia realizarase do seguinte xeito:
1.1. Avaliación continua. Proba de Avaliación Continua (PAC). Como avaliación continua, o alumnado deberá realizar as actividades prácticas (PAC) que se especifican na Aula Virtual da materia e entregalas nos prazos previstos para a súa corrección. Este mecanismo de avaliación ponderará na nota final, ata un máximo do 80%, mentres que a proba final ou exame escrito representará o 20% da nota final. En cada un dos traballos e actividades que presenta o alumno analizarase: a súa estrutura, a calidade da escrita e da documentación achegada, a orixinalidade das respostas, a adecuación dos contidos tratados e analizados e a síntese dos información facilitada, a ortografía e a presentación xeral das actividades realizadas, así como a citar correctamente as fontes documentais e bibliográficas utilizadas.
1.2. Proba final. Trátase dun exame escrito sobre todos os contidos e cuestións que se abordan no conxunto de actividades prácticas. Esta proba terá unha duración máxima de dúas horas, combinará aspectos teóricos e prácticos e representará o 20% da nota final.
2. Para os estudantes de segunda oportunidade e repetidores aplicaranse os mesmos criterios de avaliación establecidos para a primeira oportunidade. Deste xeito, a presentación e realización das actividades prácticas suporá o 80% e a proba ou exame final o 20% da nota final de cada alumno.
Nos casos de plaxio ou realización fraudulenta de exercicios ou probas, así como no caso de uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas, estarase ao disposto na normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión das cualificacións da USC.
En canto á distribución do tempo dispoñible, no cadro que segue, e a modo orientativo, indícase a distribución das cargas de traballo en horas conforme aos créditos ECTs. O tempo estimado (en horas) para cada tipo de actividade é o seguinte:
Docencia non presencial síncrona: 15 horas
Titorías non presenciais síncronas: 15 horas
Docencia non presencial asíncrona: 14 horas
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 102 horas
Avaliación final (examen): 4 horas
Antonio Doval Adan
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- antonio.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 114 |
20.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |