Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/as han de ser capaces de:
1. Coñecer e aplicar correctamente ferramentas informáticas e manexar novas tecnoloxías dixitais relacionadas coa posta en valor do patrimonio cultural.
2. Deseñar e desenvolver unha páxina web que permita visualizar de forma usable e ergonómica contidos culturais.
3. Deseñar equipos de traballo creativos con iniciativa e espírito emprendedor que permitan adquirir, analizar, sintetizar e divulgar coñecementos á sociedade en xeral.
Desenvolvemento Web para difusión cultural:
1. Contornos de desenvolvemento e xestores de contido.
2. Deseño de páxinas web.
3. Usabilidade web e experiencia de usuario (UX).
Novas tecnoloxías aplicadas á produción de contidos culturais:
4. Introdución ao manexo de datos con compoñente espacial.
5. Introdución ao procesado de fotografía dixital.
6. Introdución á Realidade Virtual e Aumentada.
Básica
- "Learning Web Design 5e: A Beginner's Guide to HTML, CSS, JavaScript, and Web Graphics". Jennifer Niederst Robbins. O'Reilly Media, Inc, USA; 5th edition (25 mayo 2018). ISBN-10 : 1491960205
- "La gestión cultural en la era digital". Fernández Suárez, G. F. y Fernández Tilve, M. D. (2022). Madrid, McGraw Hill. https://doi.org/10.15581/004.43.2019
- "Difusión patrimonial en la web: herramienta de análisis para instituciones culturales". Fernando Díaz Pérez; Lorena Martínez Solís; Celia Chaín Navarro. Revista General de Información y Documentación. Vol. 29 Núm. 2 (2019). DOI: https://doi.org/10.5209/rgid.66972
Complementaria
- "Omeka S". https://omeka.org
- "Arches Project Open Source Data Management Platform". https://www.archesproject.org
- "Omeka S como alternativa para el desarrollo de colecciones digitales y proyectos de humanidades digitales". Alcaraz Martínez, Rubén. 2022. BiD: textos universitaris de biblioteconomia i documentació, núm. 48 (junio). <https://bid.ub.edu/es/48/alcaraz.htm>. DOI: 10.1344/BiD2022.48.06
- "El gran libro de HTML5, CSS3 y JavaScript". Juan Diego Gauchat. MARCOMBO S.A; N.º 3 edición (12 abril 2019). ISBN-10 : 8426724639.
- "Curso de desarrollo web: HTML, CSS y JavaScript". Mario Rubiales. 2021. Madrid: Anaya Multimedia. ISBN 978-84-415-4414-7.
- "Museos españoles y tecnologías digitales: estado de la cuestión". Retos, recursos y nuevas propuestas / coord. por Eva Álvarez Ramos Árbol académico, Francisco Javier Blasco Pascual. Árbol académico, 2018, ISBN 978-84-16178-83-4, págs. 41-45.
- "Sistemas de información geográfica: una introducción para estudiantes de Geografía". Escolano Utrilla, Severino. Zaragoza, Prensas de la Universidad de Zaragoza, 2015. ISBN 84-16935-31-9.
- "Representación espacial y mapas". Rodrigues-Silveira, Rodrigo. CIS - Centro de Investigaciones Sociológicas. 2013. ISBN 84-7476-619-2.
- "Photoshop y fotografía digital: principios conceptuales". Armentia, José Luis. Paracuellos de Jarama, Madrid: Ra-Ma. 2020. ISBN 9788499649689.
- "Cuando el mundo se virtualiza: La virtualización de la vida cotidiana y de las relaciones personales". Alcoceba Hernando, José A.; Serrano, Manuel Martín; Velarde, Olivia. Barcelona: Editorial UOC. 2021. ISBN 84-9180-824-8.
- "Uso de tecnologías 3D en la digitalización y difusión de documentos de alto valor patrimonial". Pereira Uzal, José Manuel. El profesional de la información, vol. 22, n. 3, 2013, pp. 215-223
- "Immersed in the news: how VR and 360-degree video have triggered a shift in journalistic storytelling". Pérez Seijo, Sara; Benítez de Gracia, María José; Reis, António. Merging practices in the age of automated digital journalism. London: Routledge, Taylor & Francis Group, 2023. Páxinas 67-77.
Competencias:
- CG2: Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
- CG3: Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estructura organizativa.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CT1: Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
- CT5: Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e execicio profesional.
- CT7: Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
- CT8: Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
- CE11: Comprender e aplicar as estratexias da comunicación cultural no contorno dixital para difundir e visibilizar a cultura e os proxectos culturais mediante o manexo das TIC.
- CE12: Coñecer as posibilidades que os novos contornos dixitais ofrecen para a reinterpretación da experiencia cultural, tanto en termos de difusión e xeración de materiais complementarios, como propiamente de creación dixital.
- CE15: Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
Resultados da aprendizaxe:
- Con13: Recoñecer as posibilidades que ofrecen os novos contornos dixitais para a reinterpretación e revalorización da experiencia cultural.
- H/D05: Traballar en equipo, compartindo coñecementos e sabendo comunicalo ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
- H/D07: Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
- Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos ámbitos de coñecemento propios da titulación, tanto con fins formativos como para o exercicio profesional.
Unha combinación de:
- Presentacións
- Recursos dixitais
- Documentos bibliográficos
- Leccións maxistrais
- Análise e comentario crítico de documentos
- Discusións e debates
- Realización de traballos en grupo ou individuais que requiran da busca e selección de información
- Exposicións en público
- Elaboración de proxectos
- Estudios de casos
- Resolución de problemas
- Utilización da aula virtual como ferramenta auxiliar para a docencia
Docencia: expositiva (24 horas), interactiva (24 horas), titorías en grupo reducido (3 horas).
Teranse en conta todas as actividades realizadas polos estudantes (participación na análise de casos, discusión e análise de lecturas e documentos, presentación e exhibición de traballos, etc.).
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria
A) Asistencia e participación na aula: 10%
B) Avaliación continua: Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos en grupo e outras actividades vinculadas ás clases interactivas. Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CG2, CG3, CT1, CT5, CT7, CT8, CE11, CE12, CE15.
C) Exame final de contidos: Peso na cualificación final: 40%
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante exame parcial e/ou final. Para poder sumar a parte de nota derivada da avaliación continua é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 5 sobre 10 no exame.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CE11, CE12, CE15.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Segunda oportunidade
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións".
A materia ten 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas de traballo.
As horas distribúense da seguinte maneira:
- Presenciais (inclúen as horas de docencia, titorías interactivas e de avaliación): 55 horas
- Traballo persoal do alumno: 95 horas
Juan Diego Gutiérrez Gallardo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- juandiego.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | CLIS_01 | Castelán | Aula 16 |
13.01.2025 16:00-18:30 | CLE_01 | Aula 13 |
16.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 15 |