Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Socioloxía, Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer, comprender e saber aplicar as ferramentas teóricas e metodolóxicas da Ciencia Política e da Socioloxía para identificar e analizar as Políticas culturais no seu marco de referencia e coordenadas espacio-temporais (con especial atención ao noso contexto estatal e Comunidade autónoma).
2. Activar a capacidade de reflexionar, razoar e interpretar críticamente ao respecto da intervención pública da cultura, a súa idiosincrasia, necesidade, alcance e límites; seus modelos e referentes históricos, a xénese, evolución e desenvolvemento ou as experiencias más recentes e innovadoras en materia cultural.
3. Observar de forma comprensiva, e analítica o ciclo das políticas culturais nun escenario multinivel (UE-Admón.Local), e establecer comparacións, relacións ou procesos de cooperación entre diferentes realidades socioculturais e as súas múltiples manifestacións artísticas, e creativas.
4. Identificar e comparar os distintos modelos de política cultural, en función dos seus promotores, e dos países nos que se aplican, ao fin de fomentar o espíritu crítico e facer propostas innovadoras para mellorar as políticas culturais actuais.
5. Comprender e analizar o modelo paradigmático de políticas culturais públicas de Francia e o seu potencial de transferencia a outros países.
1. Introducción: marco teórico, (de)construción e ciclo das políticas públicas.
2. Políticas culturais: evolución histórica, principais achegas e paradigmas.
3. Políticas culturais: implementación e análise no marco do multilevel governance.
4. Debates actuais: realidades e desafíos arredor das políticas culturais no s. XXI.
5. Modelo francés, paradigma das políticas culturais: orixes e evolución.
6. Modelo francés, as craves: Cultura como razón de Estado e a excepción cultural.
7. Modelo francés, a organización (socio)política: o ecosistema cultural.
8. Modelo francés, realidades e retos: innovación e experiencias de políticas culturais.
Adorno, Th. (et.al.) (1992). Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Ariño, A.(2006). Participación cultural en España. Fundación autor. Madrid.
- (2010). Prácticas culturales en España. Ariel. Barcelona.
Bauman, Z. (2001). El enigma multicultural. Barcelona: Paidós.
- (2002) La cultura como praxis, Paidós, Barcelona, 2002.
- (2013)La cultura y el mundo de la modernidad líquida. FCE. México.
Bell, D. (1992). Las contradicciones culturales del capitalismo. Madrid: Alianza.
- (et.al) (1992).Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Benhabib, S. (2006). Las reivindicaciones de la cultura. Igualdad y diversidad en la era global. Buenos Aires: Katz Ediciones.
Bouzada, X. Unha cala no oficio da cultura. Grial T 34. n 130 (abril-xuño 1996). pp.183-194.
- (2000). Cultura e concellos. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
- Los espacios de consumo cultural colectivo. REIS Nº 96 (octubre-diciembre 2001). pp. 51-70.
Fumaroli, M. (2007) El estado cultural: ensayo sobre una religión moderna. Barcelona. El Acantilado.
Grignon, C. y Passeron, J.C. (1992). Lo culto y lo popular. Madrid: La Piqueta.
Inglehart, R. (1991). Cambio cultural en las sociedades industriales avanzadas. Madrid: CIS-Siglo XXI.
Lamo de Espinosa, E. (ed.) (1995). Culturas, estados, ciudadanos. Una al multiculturalismo en Europa. Madrid: Alianza Editorial.
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Madrid: Taurus.
Pose, H. (2006). La cultura en las ciudades: un quehacer cívico-social. Barcelona. Graó.
Rodríguez Morató, A. (2007). La sociedad de la cultura. Ariel. Barcelona
Sobre o modelo francés:
Bergala, Alain (2006): L'hypothèse cinéma. Petit traité de transmission du cinéma à l'école et ailleurs. Petite bibliothèque de Cahiers de cinéma. [A versión en español é do 2007]: La hipótesis del cine: Pequeño tratado sobre la transmisión del cine en la escuela y fuera de ella. Barcelona: Ed. Laertes
Bonet, Lluís y González-Piñero, Manel (eds.) (2021): La innovación en la gestión de la cultura. Reflexiones y experiencias, Edicions de la Universitat de Barcelona [https://diposit.ub.edu/dspace/bitstream/2445/183086/1/9788491687504%20(…
Chaubet, François (dir.) (2010): La culture française dans le monde 1980-2000. Les défis de la mondialisation, L’Harmattan, pp. 229-233.
Chaubet, François (2018): L’action culturelle française dans le monde : 150 ans d’expériences [https://chmcc.hypotheses.org/2725]
Dubois, Vincent (2016): El «modelo francés» y su «crisis»: ambiciones, ambigüedades y retos de una política cultural, Debats, 130/2, pp. 33-52. [http://www.vincentdubois-socialscience.eu/IMG/pdf/79-259-1-pb.pdf]
Négrier, Emmanuel (2003): Las políticas culturales en Francia y España. Una aproximación nacional y local comparada, CNRS, CEPEL, Universidad de Montpellier.
Regourd, Serge (2004): L'exception culturelle. París: Que sais-je?
- Con05: Comparar as distintas políticas culturais poñendo o foco na súa proxeción económica e no seu impacto para o desenvolvemento social das comunidades.
- Con10: Comprender os fundamentos das produciós culturais como industria e o seu marco lexislativo.
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun xeito claro e eficaz.
- Comp02: Cooperar no marco do traballo colaborativo tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
- Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
A materia consta de 24 horas de docencia expositiva e 24 horas de docencia interactiva, distribuídas en tres horas presenciais á semana.
Nas sesións expositivas o docente presentará os contidos básicos da materia mediante "leccións maxistrais" e debates. Nas sesións interactivas faranse e corrixiranse as actividades planificadas de traballo autónomo do alumnado: análise e comentarios críticos de documentos, estudos de caso, traballos en grupo e individuais que requiran da busca e selección de información, presentacións orais de traballos en grupo, etc. Algunhas destas actividades de traballo autónomo realizaranse a través da aula do campus virtual da USC.
Periodicamente irán fixándose as datas para a realización das 3 horas de titorías programadas, nas que se resolverán problemas e dúbidas e se fortalecerá o dominio de ferramentas de aprendizaxe.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 40% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados nas sesións interactivas. Para poder desfrutar deste sistema de avaliación continua é preciso entregar, como mínimo, a metade das tarefas programadas.
Un 20% da cualificación final procederá da asistencia e, fundamentalmente, da participación activa nas clases.
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e realizarase nadata fixada pola Secretaría do Centro.
Todas estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 20% valoración da participación activa en clases e 40% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
Neste caso tamén, todas estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
O alumnado que teña concedida polo decanato a DISPENSA de ASISTENCIA a clases tamén será avaliado de forma continua con exame complementario. O 60% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e o 40% procederá da nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e que se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
Aquí tamén, estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
O alumnado repetidor, que xa cursara a materia, será avaliado co mesmo sistema establecido para o alumnado de primeira matrícula tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
SESIÓNS EXPOSITIVAS 24 (horas presenciais) + 10 (horas non presenciais) Total 34
SESIÓNS INTERACTIVAS 24 (horas presenciais) + 60 (horas non presenciais) Total 84
SESIÓNS TITORÍA GRUPO 3 (horas presenciais) Total 3
SESIÓNS AVALIACIÓN 4 (horas presenciais) + 25 (horas non presenciais) Total 29
TOTAL 55 (horas presenciais) 95 (horas non presenciais) Total 150
Aconséllase:
- A asistencia ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- A atención ás orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar ás datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación co profesorado, así como asistir ás titorías. O profesorado da materia poderá establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do/a alumno/a, mais sempre que se respecten e se garanten para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade e de igualdade de oportunidades.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Maria Isabel Gonzalez Rey
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mar De Santiago Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982824737
- Correo electrónico
- mdelmarde.santiago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | CLIS_01 | Galego | Aula 11 |
02.06.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 14 |
27.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 15 |