Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia o estudantado debe ser capaz de:
1. Coñecer os conceptos básicos do patrimonio artístico como unha parteintegrante do patrimonio cultural a través das súas manifestacións máis representativas en cada período histórico.
2. Coñecer as medidas de protección do patrimonio artístico, así como, os instrumentos de clasificación (inventario e catalogación), conservación e restauración, que permitan a súa xestión nas mellores condicións.
3. Coñecer as novas ferramentas de difusión do patrimonio artístico apartir do manexo das tecnoloxías dixitais.
4. Adquirir as competencias necesarias para poder redactar informes de patrimonio para a administración ou para institucións privadas.
5. Aprender unha boa metodoloxía de investigación a partir do manexo das fontes bibliográficas, documentais e literarias que permitan traballarno ámbito patrimonial.
A materia Patrimonio Artístico centratase no estudo das principais manifestacións artísticas a partir da análise de casos concretos para identificar aquelas tipoloxías máis relevantes que caracterizan os principais períodos artísticos da historia da Humanidade, entroncando dese modo cos coñecementos adquiridos na materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato. A partir de aí, avanzarase no coñecemento do réxime de protección dos Bens Culturais que rixe en cada caso, en función das diversas categorías establecidas (Patrimonio Mundial, BIC, Bens Catalogados e Bens Inventariados). Ademais, afondarase nos criterios de conservación e restauración dos beenes mobles e inmobles, dacordo á normativa imperante, e nas ferramentas de dinamización e difusión do patrimonio artístico a partir das TIC, para que o estudantado coñeza os mecanismos de xestión patrimonial.
Outro aspecto importante da formación terá que ver coa elaboración de informes técnicos e periciais para a administración ou outras institucións públicas ou privadas a partir dunha metodoloxía de investigación básica apoiada nas fontes documentais, gráficas e bibliográficas.
Os contidos distribuiranse ao longo do curso en función do seguinte esquima:
BLOQUE I. INTRODUCIÓN AO PATRIMONIO ARTÍSTICO
TEMA 0. Introdución e contextualización da materia. Metodoloxía e fontes para o estudo do patrimonio artístico.
TEMA 1. Cultura visual, patrimonio moble e estilos artísticos
TEMA 2. O patrimonio inmoble. Principais tipoloxías arquitectónicas.
BLOQUE II. MARCO NORMATIVO
TEMA 3. A conservación e restauración do patrimonio cultural.
TEMA 4. O Réxime De Protección Dos Bens Culturais. Recomendacións Internacionais e normativa estatal.
TEMA 5. O patrimonio artístico en Galicia. Normativa autonómica.
BLOQUE III. PRÁCTICA PROFESIONAL
TEMA 6. Estratexias de comunicación e dinamización do patrimonio.
TEMA 7. Informes de xestión, catalogación e restauración do patrimonio artístico
Bibliografía Básica:
BALLART, J., El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Ariel, Barcelona, 1997.
BALLART, J. e TRESSERRAS, J.J. (2001), Gestión de patrimonio cultural. Ariel Patrimonio, Barcelona.
GARCIA CUETOS, M. P. (2012), El patrimonio cultural, conceptos básicos, Prensas Universidade de Zaragoza, Textos docentes, 207
GARCÍA MORALES, M.V., SOTO CABA, V., MARTÍNEZ PINO, J., (2017). El estudio del patrimonio cultural, UNED-Ramón Areces.
GONZÁLEZ-VARAS, I., (1999). Conservación de bienes culturales. Teoría, historia, principios y normas, Cátedra, Madrid.
GONZÁLEZ-VARAS, I., (2015). Patrimonio cultural. Conceptos, debates y problemas, Cátedra, Madrid.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F. (2002), El patrimonio cultural: la memoria recuperada, Trea, Gijón.
*MONTERROSO MONTERO, J.M. (2000), Protección e conservación del patrimonio. Principios teóricos. Santiago de Compostela
TUGORES TRUYOL, F. e PLANAS, R.: (2006). Introducción al patrimonio cultural, Trea, Gijón.
Bibliografía complementaria:
ALEGRE ÁVILA, J.M., Evolución y régimen jurídico del Patrimonio Histórico. Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.
ANTIGÜEDAD DEL CASTILLO, Mª.D., Colecciones, expolio, museos y mercado artístico en España en los siglos XVIII y XIX, Fundación Ramón Areces, Madrid, 2011.
ARROYO SERRANO, S., Conservación y restauración del patrimonio industrial, Síntesis, 2018.
BANDARIN, F. e VAN OERS, R., El paisaje urbano histórico. La gestión del patrimonio en un siglo urbano, Abada, Madrid, 2014.
BECK, J., DALEY, M., La restauración de obras de arte. Negocio y cultura, controversia y escándalo. Eds. del Serbal, Barcelona, 1997.
BELLIDO GANT, M.L., Difusión del Patrimonio Cultural y Nuevas Tecnologías, Universidad Internacional de Andalucía, Sevilla, 2008.
BERMÚDEZ, A. et. al., Intervención en el patrimonio cultural. Creación y gestión de proyectos, Síntesis, Madrid, 2004.
BEVAN, R., The destruction of memory. Architecture at war, London 2006.
CALLE VAQUERO, M. de la, La ciudad histórica como destino turístico, Ariel, Madrid, 2006.
CAPITEL, A., Metamorfosis de monumentos y teorías de la restauración. Alianza ed., Madrid, 1988.
FERNÁNDEZ ARENAS, J., Introducción a la conservación del patrimonio y técnicas artísticas. Ariel, Barcelona, 1996.
FERNÁNDEZ ZAMORA, A., Turismo y Patrimonio Cultural, Universidad de Jaén, 2006.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, Fr. (2002), El patrimonio cultural, la memoria recuperada. Madrid, Edicións Trea.
LOPEZ TRUJILLO, M. (2006), A La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939). Trea, Asturias.
MACARRÓN MIGUEL, A. Mª. e GONZÁLEZ MOZO, A. (1998), La conservación y restauración en el siglo XX. Madrid, Tecnos.
MACARRÓN MIGUEL, A. Mª. (1995), Historia da conservación e a restauración. Desde a antigüedad hasta finales del siglo XIX. Madrid, Tecnos.
MARTINEZ XUSTIZA, Mª. J. (2000), Historia y teoría de la conservación e restauración artística, Madrid, Tecnos
MUÑOZ COSME, A. (1989), La conservación del patrimonio arquitectónico español. Madrid, Ministerio de Cultura. Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Coñecementos
Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
Con04: Recoñecer as principais tendenzas e procesos culturais da actualidade tanto en contextos próximos coma internacionais
Habilidades ou destrezas
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
Competencias
Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares
Tal como establece o plan de estudos, a aprendizaxe desta materia basearase nun sistema mixto, a través de 24 sesións expositivas e 24 interactivas, xunto con 3 horas de titorías programadas en grupos reducidos.
1. Sesións expositivas:
Nestas sesións empregarase a metodoloxía de clase maxistral, na que a docente explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos da materia, apoiándose no emprego de presentacións multimedia e recursos dixitais ou calquera outro medio que facilite a comprensión da asignatura.
Para unha mellor análise destos conceptos, o estudantado disporá, ademais da bibliografía recomendada no apartado correspondente, de material docente complementario (documentos gráficos, textos, material audiovisual, artigos, repositorios en liña, webgrafía e referencias electrónicas...) que será proporcionado pola profesora e que estará á súa disposición na aula virtual (https://cv.usc.es.)
2. Sesiós interactivas:
Estas aulas desenvolveranse en sesións fixadas con antelación e traballarase cunha metodoloxía participativa, fomentando o desenvolvemento das intelixencias múltiples e o pensamiento diverxente. Neste tipo de docencia o estudantado e a profesora traballarán conxuntamente en:
- A análise e o comentario crítico de documentos e imaxes, tanto de caráctere teórico como práctico.
- A realización de traballos individuais ou en grupo, cando corresponda, que requiran da busca, tratamento e selección de información. Cando sexa posible, fomentarase o traballo colaborativo.
- A realización de, polo menos, unha exposición en público con debate posterior.
- A elaboración de proxectos.
- O estudo de casos.
- A resolución de problemas.
Igualmente, se é posible, levaranse a cabo sesións interactivas fóra da aula ou prácticas de campo (tales como visitas guiadas, asistencia a conferenzas realizadas por expertos ou profesionais in situ ou a asistencia a eventos), aínda que estas actividades estarán supeditadas á posibilidade de subvención por parte da Facultade. De levarse a cabo, terán un carácter obrigatorio para todo o estudantado matriculado na materia na modalidade presencial e serán avaliables. A intención é que o alumnado comprenda o carácter interdisciplinar da gestión de Conxuntos Históricos e que lles sirva para comprender e analizar os problemas técnicos e aproximarse ás súas posibles solucións.
Titorías personalizadas:
As titorías están destinadas ao seguemento da aprendizaxe do estudantado por parte da profesora encargada da docencia, tanto a nivel de traballo, como de resolución de dúbidas para clarificar os conceptos básicos da materia.
Asistencia e participación na aula: 10%
Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 60%
Exame: 30 %
Proponse un sistema de avaliación continua no que se valorarán as aptitudes e actitudes desenvolvidas polo estudantado durante o período lectivo, o que permitirá á profesora contar con máis elementos de referencia para avaliar a cada estudante.
Será imprescindible aprobar de xeito independente tanto a parte teórica como a parte práctica para poder superar a materia. No caso de que algún dos dous apartados estea suspenso, a nota final da materia non superará o 4,0.
O sistema de avaliación baséase en parámetros obxectivos que o estudantado coñecerá previamente á corrección, para o que se seguirá a seguinte ponderación xeral:
1) Asistencia e participación ns aulas teóricas, seminarios e outras actividades complementarias: 10 %
2) Realización de actividades de avaluación continua (comentarios, exposicións…): 30%. As actividades terán que ser entregadas no Campus Virtual nas datas de entrega sinladas para poder ser avaliadas sen penalización por demora e, en último caso, como data límite, unha semana antes da proba escrita. A non entrega dalgunha tarefa ou actividade en tempo e forma impedirá ao alumado presentarse ao exame.
3) Presentación e defensa de traballos relacionados co contido da materia: 30%. Os traballos terán que ser entregados no Campus Virtual nas datas de entrega sinaladas para poder ser avaliados sen penalización por demora e, como dataa límite, unha semana antes da proba escrita. A non entrega dalgún traballo en tempo e forma impedirá ao alumnado presentarse ao exame. A presentación oral contará, neste caso, un 10 % e o traballo escrito un 20 %, dentro da porcentaxe establecida de 30 %.
4) Exame: 30 %
A USC conta con 2 convocatorias de avaliación:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Procedemento de avaliación continua.
Criterios xerais de avaliación das Actividades prácticas para esta modalidade de avaliación:
- A adecuación ao formato da actividade e á estrutura do traballo ou exposición.
- A calidade das fontes, documentación e bibliografía empregada.
- A orixinalidade dos argumentos.
- A adecuación dos contidos e a creatividade á hora de defendelos
- A capacidade de redacción, a corrección ortográfica, a riqueza semántica e o emprego do vocabulario específico da disciplina.
Aparte da entrega de actividades, o estudiantado terá que realizar unha proba escrita valorada nun 25% da cualificación final.
Será imprescindible aprobar de maneira independente tanto a parte teórica como a parte práctica para poder superar a materia. No caso de que alguno dos dous apartados esté suspenso, a nota final da materia non superará o 4,0.
A proba escrita final da materia realizase na data e hora indicadas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Esta consistirá nunha parte práctica e unha parte teórica, e durará duas horas.
Para poder presentarse, será necesario que o alumnado teña entregadas as actividades prácticas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que desexe empregar a segunda oportunidade terá que realizar unha proba final, cunha duración máxima de dúas horas. Constará de varias preguntas e responderá a un esquema semellante ao do exame de primeira oportunidade.
A proba final realizarase na data e hora estipuladas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade. Naqueles casos nos que unha das dúas partes estivese aprobada da primeira convocatoria, o/a estudante/a suspenso/a deberá voltar entregar os traballos suspensos ou ben realizar exclusivamente o exame teórico, segundo as condicións de cada estudante.
As tarefas e actividades prácticas estarán a disposición do estudantado no Campus Virtual ata unha semana antes da proba.
Para poder realizar a proba final, é necesario ter entregasdas as tarefas, actividades e traballos do curso, que estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual ata unha semana antes do exame.
A cualificación máxima da proba corresponderase cunha porcentaxe dun 30 % da cualificación total da materia.
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado que teña concedida a DISPENSA de ASISTENCIA polo decanato (en aplicación da instrución Nº 1/2017 da secretaria xeral sobre a dispensa de asistencia ás aulas en determinadas circunstancias) terá que superar unha proba escrita específica que suporá o 40 % da cualificación final. O 60 % restante da avaliación corresponderase coa realización dun traballo específico consistente na catalogación dun ben moble e un ben inmoble e a posterior realización dun proxecto para a súa posta en valor (45 %), xunto á monitorización das Redes Sociales dunha institución cultural (15 %). A estos efectos, o estudantado terá a obriga de comunicar á docente da asignatura a súa condición, nun prazo máximo de 15 días trala resolución da concesión de dita dispensa, coa finalidade de marcar as pautas específicas para a realización e seguemento desta actividade.
* Todas as tarefas que deberá entregar o estudantado para a súa avaliación por parte do profesorado, deberán seguir as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao mal uso das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas. É necesario indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas serán de aplicación as normas recollidas no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe adicar o estudantado para superar a materia pódese cuantificar do siguiente modo:
- Traballo presencial do alumno: 50 horas de clases expositivas e interactivas.
- Titorías personalizadas: 3 horas.
- Examen presencial: 4 horas.
- Traballo autónomo do estudantado: 95 horas
1. Constancia no estudo da materia.
2. Revisión frecuente do Campus Virtual e do correo electrónico corporativo.
3. Visualización, revisión e lectura semanal do material a traballar en cada sesión e do material complementario.
4. Preparación complementaria da materia impartida na aula a través da bibliografía recomendada para afondar nos contidos.
5. Facer uso das titorías para a consulta individualizada de dúbidas.
6. Participación activa nas sesións interactivas, cunha actitude analítica e crítica.
7. Realización das tarefas e actividades programadas en tempo e forma.
Para as titorías individuais, recoméndase contactar previamente coa profesora a través do correo institucional coa finalidade de determinar un horario concreto para a súa realización.
A metodoloxía desta materia responde a criterios de flexibilidade en relación coas necesidades específicas do estudantado.
O uso do Campus Virtual será preferente para a entrega de traballos e tarefas por cuestións de Responsabilidade Ambiental.
É obligatorio empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Patricia Cupeiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
28.05.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 13 |
04.07.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 13 |