Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia o estudantado debe ser capaz de:
1. Coñecer o mundo dos museos, dos centros de interpretación e ds exposicións temporais: a súa xénese, evolución, tipoloxía, funcións e relevancia social.
2. Familiarizarse coas novas funcións sociais dos museos como un instrumento de integración social que permita a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
3. Coñecer as novas estratexias de comunicación, dinamización e difusión dos recursos museográficos a partir do manexo das novas tecnoloxías que permitirán introducirse no ámbito dos museos virtuais.
A materia Museos, Centros de Interpretación e exposicións vaise estruturar en catro bloques.
O primeiro, adicado aos museos, vaise centrar na análise da institución museística, é decir aquela que se ocupa de investigar, catalogar, restaurar, expoñer, dinamizar e difundir o patrimonio moble, iniciando ese recorrido polo estudo do concepto de museo, analizando a súa orixe, evolución histórica, a súa clasificación e tipoloxía, a partir dos grandes museos do século XIX-XXI. Afondaremos a continuación nas grandes correntes museolóxicas e estudaremos o museo como unha nova tipoloxía arquitectónica, característica da cidade contemporánea, e como unha nova institución que permita a integración social de aqueles colectivos en risco de exclusión. Ademais, darase a coñecer ao alumnado a lexislación básica dos museos.
Un segundo bloque estará centrado nos Centros de Interpretación. As características e particularidades, a súa tipoloxía e os recursos museográficos empregados para a difusión do patrimonio, así como as súas particularidades de xestión.
Un terceiro bloque estará centrado nas exposicións temporais como un instrumento de difusión do patrimonio moble, abordando a definición dun proxecto expositivo, os obxectivos, o discurso temático, os medios, os recursos, o persoal, o traslado e seguridade das piezas, os custos, o plan de marketing e difusión.
O cuarto bloque estará adicado ás novas ferramentas de difusión e divulgación dos museos, centros de interpretación e exposicións temporais a partir do emprego das tecnoloxías dixitais que faciliten o acceso dos visitantes ao Museo Virtual.
Os contidos estruturaranse do seguinte xeito:
BLOQUE 0. INTRODUCCIÓN E ESTRUTURA DA MATERIA
Marco conceptual, contexto, metodoloxía e fontes para o estudo da materia.
BLOQUE I. CULTURA MUSEÍSTICA
Tema 1. O museo. Orixe, funcións, evolución e actualidade.
Do coleccionismo decimonónico á Nova Museoloxía e a Museoloxía Crítica.
Tema 2. Normativa estatal e autonómica relativa a museos e centros expositivos.
Titularidade e clasificación, tipos de museos e de coleccións.
Tema 3. Xestión e planificación museística. O plan museolóxico.
Rexistro, documentación, conservación, investigación, didáctica e comunicación.
BLOQUE II. ESPAZOS PARA A EXHIBICIÓN
Tema 4. Arquitectura e espazos museísticos. Atención á diversidade, deseño universal, accesibilidade, sostibilidade.
Tema 5. Os centros de interpretación. Tipoloxías
Tema 6. Outros espazos públicos e privados: fundacións, galerías, espazos independentes, intervencións no espazo público...
BLOQUE III PROXECTOS EXPOSITIVOS. DA TEORÍA Á PRÁCTICA
Tema 7. Tipos de exposicións e contextos discursivos.
Tema 8. Museografía: comisariado, recursos, proxectos, discursos expositivos e presentación en sala.
Do estudo de casos ao deseño na aula.
BLOQUE IV. COMUNICACIÓN CULTURAL E TIPOS DE PÚBLICO
Tema 9. Comunicación cultural: Difusión, divulgación, interpretación e mediación.
Tema 10. Estratexias dixitais para proxectos expositivos. Virtualidade e interacción.
Bibliografía básica:
Alonso Fernández, L.: Museología y museografía, Barcelona: Ediciones del Serbal, 2006 (3ª ed.).
Ballart Hernández, J.: Manual de Museos, Madrid: Síntesis, 2007.
Bolaños Atienza, M.: La memoria del mundo: cien años de museología, Xixón: Trea, 2002.
Fernández García, Mª I. e Rodríguez Antón, D.: Museografía y conservación, Madrid: Síntesis, 2019.
Gómez Martínez, J.: Dos Museologías: la tradición anglosajona y mediterránea: diferencias y contactos, Xixón: Trea, 2006.
Gutiérrez Usillos, A.: Manual práctico de museos, XiXón: Trea, 2012.
Jiménez Blanco, Mª D.: Una historia del Museo en nueve conceptos. Madrid: Cátedra, 2014.
Lorente Lorente, J. P. (dir.) e Almazan, D.: Museología crítica y arte contemporáneo, Zaragoza: Prensas, 2003.
Navajas Corral, Ó.: Nueva museología y museología social: Una historia narrada desde la experiencia española. Xixón: Trea, 2019.
Rico, J. C.: Manual práctico de museología, museografía y técnicas expositivas. Madrid: Sílex, 2006.
Riviere, G. H. La Museología. Madrid: Akal, 1993.
Rodríguez Frade, J. P.: Manual de museografía. Córdoba: Almuzara, 2019.
Santacana I Mestre, J. e Martín Piñol, C.: Manual de museografía interactiva. Xixón: Trea, 2010.
Schubert, K.: El museo, historia de una idea: de la Revolución Francesa a hoy. Granada: Turpiana, 2008.
Bibliografía complementaria:
Bellido Grant, M. L.: Arte, museos y nuevas tecnologías. Trea, Oviedo, 2001.
Cacheda Barreiro, R. et Al.: La accesibilidad de los museos: visiones y perspectivas: una propuesta de intervención en Galicia. Santiago de Compostela: Andavira, 2015.
Clair, Jean: Malestar en los museos, Xixón: Trea, 2011.
Cuenca López, J. Mª e Martín Cáceres, M.: Manual para el desarrollo de proyectos educativos de museos. Xixón: Trea, 2014.
Deloche, B.: El Museo virtual: hacia una ética de las nuevas imágenes. Xixón: Trea, 2002.
Díaz Balerdi, I.: La memoria fragmentada: El museo y sus paradojas. Xixón: Trea, 2008.
Espinosa Ruíz, A. e Bonmatí Lledó, C.: Manual de accesibilidad e inclusión en museos y lugares del patrimonio cultural y natural. Xixón: Trea, 2013.
Fernández Paradas, A. R.: Museología aplicada: didáctica, casos prácticos y materiales docentes. Málaga: ExLibric, 2015.
Fontal Merillas, O. e Calaf Masachs, R.: Museos de arte y educación: construir patrimonios desde la diversidad. Xixón: Trea, 2007.
Gutiérrez Usillos, A.: Museología y documentación: criterios para la definición de un proyecto de documentación en museos. Xixón: Trea, 2010.
Hernández Hernández, F.: El museo como espacio de comunicación. Xixón: Trea, 2011.
Hooper-GreenhilL, E.: Los Museos y sus visitantes. Xixón: Trea, 1998.
Layuno Rosas, Mª Á.: Museos de arte contemporáneo en España: del "palacio de las artes" a la arquitectura como arte. Xixón: Trea, 2004
Llonch Molina, N. y Santacana, J.: Claves de la museografía didáctica. Lleida: Milenio, 2011.
Mateos Rusillo, S. M.: Manual de comunicación para museos y atractivos patrimoniales. Xixón: Trea, 2012.
Pérez Castillo, Mª R.: Diseño y gestión de exposiciones temporales. Madrid: Síntesis, 2019.
Pérez Santos, E.: Estudios de visitantes en museos: metodología y aplicaciones. Xixón: Trea, 2000.
Pérez Valencia, P.: La insurrección expositiva. XiXón: Trea, 2007.
Rico, J. C.: La difícil supervivencia de los museos. Xixón: Trea, 2003.
Sola Pizarro, B.: Exponer o exponerse: La educación en museos como producción cultural crítica. Madrid: La Catarata, 2019.
Coñecementos:
Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
Con14: Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquiivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
Con15: Recoñecer a diversidade do consumo cultural por parte de distintos sectores da sociedade, con especial atención ás persoas con necesidades específicas, e adaptar os produtos culturais para o desfrute por parte de cada colectivo
Habilidades ou destrezas ;
H/D05: Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade
Competencias:
Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
Comp02: Cooperar no marco do traballo colaborativo tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa
Tal como establece o plan de estudos, a aprendizaxe desta materia basearase nun sistema mixto, a través de 24 sesións expositivas e 24 interactivas, xunto con 3 horas de titorías programadas en grupos reducidos.
Sesións expositivas:
Nestas sesións empregarase a metodoloxía de clase maxistral, na que a docente explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos da materia, apoiándose no emprego de presentacións multimedia e recursos dixitais ou calquera outro medio que facilite a comprensión da asignatura.
Para unha mellor análise destos conceptos, o estudantado disporá, ademais da bibliografía recomendada no apartado correspondente, de material docente complementario (documentos gráficos, textos, material audiovisual, artigos, repositorios en liña, webgrafía e referencias electrónicas...) que será proporcionado pola profesora e que estará á súa disposición na aula virtual (https://cv.usc.es.)
Sesiós interactivas:
Estas aulas desenvolveranse en sesións fixadas con antelación e traballarase cunha metodoloxía participativa, fomentando o desenvolvemento das intelixencias múltiples, o pensamiento diverxente e o traballo colaborativo. Neste tipo de docencia o estudantado e a profesora traballarán conxuntamente en:
- A análise e o comentario crítico de documentos e imaxes, tanto de caráctere teórico como práctico.
- A realización de traballos en grupo que requiran da busca, tratamento e selección de información.
- A realización de, polo menos, unha exposición oral en público con debate posterior.
- O estudo de casos.
- A resolución de problemas.
- A elaboración dun proxecto expositivo.
- Existe a posibilidade de que se realice algunha experiencia de Aprendizaxe Servizo.
Igualmente, se é posible, levaranse a cabo sesións interactivas fóra da aula ou prácticas de campo (tales como visitas guiadas a Museos e centros expositivos, asistencia a conferenzas realizadas por expertos ou profesionais in situ ou a asistencia a eventos), aínda que estas actividades estarán supeditadas á posibilidade de subvención por parte da Facultade. De levarse a cabo, terán un carácter obrigatorio para todo o estudantado matriculado na materia na modalidade presencial e serán avaliables. A intención é que o alumnado comprenda o carácter interdisciplinar da xestión dos Museos e Centros de Interpretación e que lles sirva para comprender e analizar os problemas técnicos e aproximarse ás súas posibles solucións.
Titorías personalizadas:
As titorías están destinadas ao seguemeento da aprendizaxe do estudantado por parte da profesora encargada da docencia, tanto a nivel de traballo, como de resolución de dúbidas para clarificar os conceptos básicos da materia.
Asistencia e participación na aula: 10%
Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 60%
Exame: 30 %
Proponse un sistema de avaliación continua no que se valorarán as aptitudes e actitudes desenvolvidas polo estudantado durante o período lectivo, o que permitirá á profesora contar con máis elementos de referencia para avaliar a cada estudante.
Será imprescindible aprobar de xeito independente tanto a parte teórica como a parte práctica para poder superar a materia. No caso de que algún dos dous apartados estea suspenso, a nota final da materia non superará o 4,0.
O sistema de avaliación baséase en parámetros obxectivos que o estudantado coñecerá previamente á corrección, para o que se seguirá a seguinte ponderación xeral:
1) Asistencia e participación nas aulas teóricas, seminarios e outras actividades complementarias: 10 %
2) Realización de actividades de avaliación continua (comentarios, reseñas de exposicións…): 30%. As actividades terán que ser entregadas no Campus Virtual nas datas de entrega sinaladas para poder ser avaliadas sen penalización por demora e, en último caso, como data límite, unha semana antes da proba escrita. A non entrega dalgunha tarefa ou actividade en tempo e forma impedirá ao alumado presentarse ao exame.
3) Presentación e defensa de traballos relacionados co contido da materia: 30%. Os traballos terán que ser entregados no Campus Virtual nas datas de entrega sinaladas para poder ser avaliados sen penalización por demora e, como dataa límite, unha semana antes da proba escrita. A non entrega dalgún traballo en tempo e forma impedirá ao alumnado presentarse ao exame. A presentación oral contará, neste caso, un 10 % e o traballo escrito un 20 %, dentro da porcentaxe establecida de 30 %.
4) Exame: 30 %
A USC conta con 2 convocatorias de avaliación:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Nesta oportunidade o procedemento será a avaliación continua.
Criterios xerais de avaliación das Actividades prácticas para esta modalidade de avaliación:
- A adecuación ao formato da actividade e á estrutura do traballo ou exposición.
- A calidade das fontes, documentación e bibliografía empregada.
- A orixinalidade dos argumentos.
- A adecuación dos contidos e a creatividade á hora de defendelos.
- A capacidade de redacción, a capacidade de xerar un discurso expositivo, a corrección ortográfica, a riqueza semántica e o emprego do vocabulario específico da disciplina.
- A capacidade de distribuir o traballo en equipo e secuencialo.
Aparte da entrega de actividades, o estudantado terá que realizar unha proba escrita valorada nun 30 % da cualificación final.
Será imprescindible aprobar de maneira independente tanto a parte teórica como a parte práctica para poder superar a materia. No caso de que alguno dos dous apartados esté suspenso, a nota final da materia non superará o 4,0.
A proba escrita final da materia realizase na data e hora indicadas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Esta consistirá nunha parte práctica e unha parte teórica, e durará duas horas.
Para poder presentarse, será necesario que o alumnado teña entregadas as actividades prácticas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O estudantado que desexe empregar a segunda oportunidade terá que realizar unha proba final, cunha duración máxima de dúas horas. Constará de varias preguntas e responderá a un esquema semellante ao do exame de primeira oportunidade.
A proba final realizarase na data e hora estipuladas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade. Naqueles casos nos que unha das dúas partes estivese aprobada da primeira convocatoria, o/a estudante/a suspenso/a deberá voltar entregar os traballos suspensos ou ben realizar exclusivamente o exame teórico, segundo as condicións de cada estudante.
As tarefas e actividades prácticas estarán a disposición do estudantado no Campus Virtual ata unha semana antes da proba.
Para poder realizar a proba final, é necesario ter entregasdas as tarefas, actividades e traballos do curso, que estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual ata unha semana antes do exame.
A cualificación máxima da proba corresponderase cunha porcentaxe dun 30 % da cualificación total da materia.
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado que teña concedida a DISPENSA de ASISTENCIA polo decanato (en aplicación da instrución Nº 1/2017 da secretaria xeral sobre a dispensa de asistencia ás aulas en determinadas circunstancias) terá que superar unha proba escrita específica que suporá o 40 % da cualificación final. O 60 % restante da avaliación corresponderase coa realización dun traballo específico consistente na realización dun proxecto expositivo. A estos efectos, o estudantado terá a obriga de comunicar á docente da asignatura a súa condición, nun prazo máximo de 15 días trala resolución da concesión de dita dispensa, coa finalidade de marcar as pautas específicas para a realización e seguemento desta actividade.
* Todas as tarefas que deberá entregar o estudantado para a súa avaliación por parte do profesorado, deberán seguir as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao mal uso das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas. É necesario indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas serán de aplicación as normas recollidas no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe adicar o estudantado para superar a materia pódese cuantificar do siguiente modo:
- Traballo presencial do alumno: 50 horas de clases expositivas e interacticas.
- Titorías personalizadas: 3 horas.
- Examen presencial: 4 horas.
- Traballo autónomo do estudantado: 95 horas
1. Constancia no estudo da materia.
2. Revisión frecuente do Campus Virtual e do correo electrónico corporativo.
3. Visualización, revisión e lectura semanal do material a traballar en cada sesión e do material complementario.
4. Preparación complementaria da materia impartida na aula a través da bibliografía para afondar nos contidos.
5. Facer uso das titorías para a consulta individualizada de dúbidas.
6. Participación activa nas sesións interactivas, cunha actitude analítica e crítica.
7. Realización das tarefas e actividades programadas en tempo e forma.
8. Disposición para traballar en equipo e capacidade de escoita.
Para as titorías individuais, recoméndase contactar previamente coa profesora a través do correo institucional coa finalidade de determinar un horario concreto para a súa realización.
A metodoloxía desta materia responde a criterios de flexibilidade en relación coas necesidades específicas do estudantado.
O uso do Campus Virtual será preferente para a entrega de traballos e tarefas por cuestións de Responsabilidade Ambiental.
É obligatorio empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Patricia Cupeiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | CLIS_01 | Castelán | Aula 16 |
03.06.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 16 |
01.07.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 13 |