Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia, Inglés para usos profesionais II, centrase nas destrezas interactivas: escoitar, ler, falar, escribir e mediar. Un obxectivo importante é que o alumnado atope, entenda, e poida corrixir erros gramaticais e de léxico, outro obxectivo é poder mellorar o seu uso do inglés oral en canto á expresión e pronuncia, xa que un uso máis puído e adecuado da lingua inglesa permite aos usuarios traballadores manter unha mellor imaxe profesional.
Durante o semestre, o alumnado utilizará o idioma inglés como ferramenta para realizar tarefas que teñen que ver co ámbito da xestión cultural. Por exemplo, revisaranse certos puntos gramaticais, e logo poñeranse en práctica mentres se realiza tarefas (textos, vídeos, etc.) relacionadas co campo da cultura que facilitan a práctica do uso do inglés en contexto.
O traballo académico realizado nesta materia comezará nun nivel B2 segundo o establecido polo Marco Común Europeo de Referencia ou MCER (2001). Este nivel foi designado como nivel usuario independente do tipo "upper-intermediate" e significa que o alumnado:
--pode entender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, mesmo se son de carácter técnico, sempre que estean dentro do seu campo de especialización.
--pode relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade de modo que a comunicación realícese sen esforzo por parte de ningún dos interlocutores.
--pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos, así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os proles e os contras das distintas opcións.
Máis especificamente, o alumnado que remata con éxito esta materia debe ser capaz de poder levar a cabo estas funcións e demostrar a súa capacidade para comprender ao escoitar e ler, usar o inglés de maneira comunicativa en intercambios orais mediante as súas intervencións e a súa produción oral, e ser capaces de producir textos escritos apropiados en inglés. Cada unha destas áreas aparece a continuación con algúns exemplos da descrición do MCER do nivel de habilidade que se debe obter para cada unha.
Comprensión auditiva:
--pode entender fala extensa e disertacións, e seguir mesmo liñas de argumentación complexas, se o tema me resulta razoablemente familiar.
--pode entende-la maior parte das noticias da televisión e programas de actualidade.
--pode entende-la maioría das películas en dialecto estándar.
Lectura:
--pode ler artigos e reportaxes relacionados con problemas actuais, nos que o autor adopta un punto de vista ou posición particular.
--pode entender prosa literaria contemporánea.
Interacción oral:
--pode interactuar cun grao de fluidez e espontaneidade que fai a interacción regular con falantes nativos perfectamente posible.
--pode tomar parte activa en discusións sobre temas habituais, sostendo e xustificando as miñas opinións.
Produción oral:
--pode presentar descricións claras e detalladas dunha gran variedade de temas relacionados cos meus intereses.
--pode explicar un punto de vista sobre un tema de actualidade indicando as vantaxes ou desvantaxes das diversas opcións.
Produción escrita:
--pode escribir textos claros e detallados sobre unha gran variedade de temas relacionados cos meus intereses.
--pode escribir unha redacción ou disertación, pasar información ou expoñer razóns a favor ou en contra dun punto de vista particular.
--pode escribir cartas salientando a significación persoal de sucesos e experiencias.
Obxectivos transversais:
Ademais dos obxectivos específicos relacionados co nivel de lingua que se debe alcanzar, as actividades formativas a realizar nesta materia permiten ao alumnado practicar e desenvolver unha serie de obxectivos transversais:
--Na utilización dos recursos suxeridos ao longo do curso, o alumnado debe consolidar a habilidade no uso dunha serie de ferramentas de auto-aprendizaxe dispoñibles na internet, mellorando así a súa capacidade de auto-aprendizaxe.
--A realización de varios proxectos breves centrados na resolución de problemas específicos permitirá ao alumnado desenvolver as súas habilidades investigadoras, en especial as relacionadas coa procura de fontes de información e a avaliación crítica e o uso adecuado da información obtida.
--O alumnado tamén desenvolverá a súa capacidade para presentar as súas razóns e argumentos de maneira clara, ao mesmo tempo que adquire flexibilidade para admitir diferentes perspectivas; así, poderá mellorar a súa capacidade para participar en negociación de maneira construtiva.
--A interacción rutineira en pequenos grupos axudará ao alumnado para mellorar as súas habilidades interpersoais, que son necesarias para tomar decisións e organizar o traballo en equipo.
Tal e como indica o nome, esta materia de primeiro ano e de terceiro semestre, é do tipo ESP (English for Specific Purposes). Isto significa que cursar esta materia posibilitará o entrar en contacto con e empezar a utilizar vocabulario máis específico, así como as estruturas lingüísticas que os profesionais do campo da xestión cultural empregan para levar a cabo o seu traballo con éxito no día a día.
Inglés para Usos Profesionais II é a segunda de dúas materias do programa académico do grao en Xestión Cultural que se deseñaron para apoiar unha adecuada preparación para o seu futuro profesional. O alumnado que terminou con éxito a primeira materia desta serie poderá participar no seguinte nivel no que aplicará o inglés que xa ten interiorizado (nivel B2) de xeito que continuará mellorando a súa pericia no idioma inglés.
CONTIDOS:
1. O vocabulario e o léxico relevante o campo do patrimonio cultural, é da xestión cultural, especificamente o que ten que ver con profesións/traballos, a xestión de museos, o campo da edición/publicación, e do mundo da arte (galerías e exhibicións).
2. Aspectos gramaticais pertinentes ao nivel B2 do MCER, do tipo: adxetivos cuantificadores, verbos que rexen “-ing”, verbos que rexen infinitivo, oracions de relativo especificativas e explicativas (“defining and non-defining relative clauses”), estilo indirecto (“reported/ indirect speech”), uso do xerundio con verbos que expresan emoción, “wishes and regrets”, e as oracións do tipo “condicional” do segundo e terceiro grado, entre outros.
3. A organización dos proxectos culturais.
Bibliografía básica:
Dicionarios recomendados:
Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Bibliografía de sitios webs para consulta:
Dicionarios de inglés:
---- http://www.thefreedictionary.com/
---- http://www.ldoceonline.com/
---- http://dictionary.cambridge.org/
---- http://www.learnersdictionary.com/
---- http://dictionary.reference.com/
Dicionarios de inglés a español e español a inglés
---- http://www.wordreference.com/
Dicionario de inglés a galego e galego a inglés
---- http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html
Sinónomos, antínomos e ideas relacionadas:
---- http://thesaurus.reference.com/
Tarefas escritas:
----https://nanowrimo.org/
----https://prowritingaid.com/
Sitios web con exercicios:
---- http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm
---- http://www.englishpage.com/grammar/
Miscellanea (actividades, probas, lectura, podcast…)
UsingEnglish.com:
---- http://www.usingenglish.com/
English Page
---- http://www.englishpage.com/
---- (gramática, exercicios, vocabulario, tarefas escritas)
BBC Learning English
---- http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
---- (actividades de gramática, lectura, comprensión auditiva, podcasts)
British Council - Learning English
---- http://www.learnenglish.org.uk/
---- (actividades de gramática, lectura, comprensión auditiva, podcasts)
Bibliografía complementaria:
Davies, Rosamund and Gauti Sigthorsson. 2013. Introducing the Creative Industries from Theory to Practice. Los Angeles, California: Sage.
Farall, Cate and Marianne Lindsley. 2008. Professional English in Use: Marketing. Cambridge: Cambridge University Press.
Groes, Sebastian, Ed.2016. Memory in the Twenty-First Century: New Critical Perspectives from the Arts, Humanities and Sciences. London: Palgrave Macmillan.
Hesmondhalgh, David. 2007. The Cultural Industries. Los Angeles, California: Sage.
McKercher, Bob. 2002. Cultural Tourism: The Partnership Between Tourism and Cultural Heritage Management. New York: Hathaway Hospitality Press.
Peck, John and Martin Coyle.1999. The Student’s Guide to Writing: Grammar Punctuation and Spelling. Houndmills: Macmillan.
Strunk, William Jr. 2018. The elements of style. 1st Ed. Vancouver: Spectrum Ink Publishing.
Zinsser, William. 2016. On writing well: the classic guide to writing nonfiction, 7th Ed. New York: Harper Perennial.
Tal e como se indica na Memoria oficial do plan de estudos do Grao en Xestión Cultural, o alumnado debe desenvolver competencias en tres áreas diferentes: coñecemento, habilidade/destreza e competencia. Son os seguintes:
COÑECEMENTO
Con07: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado dunha lingua estranxeira, tanto de forma oral como escrita.
Con08: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das linguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural.
Con09: Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos.
HABILIDADE/DESTREZA
H/DO4: Comunicar información, ideas, problemas, e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e eficaz.
COMPETENCIA
COMP03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Como parte da explicación teórica, o profesorado encargado fará presentacións sobre gramática, vocabulario e uso do inglés. Despois, o alumnado que asiste a estas clases (24 horas) realizará actividades de práctica individuais e grupais na aula, tales como: discusións en clase, xogos de roles, actividades de resolución de problemas, ademais de actividades de comprensión auditiva e pronuncia, e análise e comentarios das lecturas asignadas. Nas sesións prácticas e formativas (24 horas) o profesorado encargado propoñerá actividades complementarias a realizar dentro e fóra da aula sobre aqueles aspectos lingüísticos que requiran unha práctica máis intensa como lecturas asignadas, tarefas escritas e práctica individual da pronuncia, así como actividades breves sobre aspectos da comunicación relacionados cos temas presentados en clase, ou a participación nun proxecto grupal. As tarefas mencionadas anteriormente deberían axudar ao alumnado a practicar el inglés. Para a realización das actividades levadas a cabo fóra da aula utilizarase a plataforma virtual da USC para acceder a determinados recursos dixitais como as lecturas asignadas, vocabulario e explicacións gramaticais e, cando sexa necesario, entregar traballos e acceder a comentarios e cualificacións. Tamén se utilizará como medio adicional de avaliación e titoría para o alumnado.
As titorías (3 horas) realizaranse na aula durante o semestre e / ou de forma individual a través da plataforma virtual, mediante Microsoft Teams, e correo electrónico, en función das necesidades individuais de cada estudante. Estas titorías son unha eficiente opción para que o profesorado encargado e o alumnado manteñan un contacto directo. Isto, á súa vez, permitirá avaliar o progreso do alumnado durante o curso, incluíndo o seu nivel de interiorización dos contidos e as habilidades enfocadas na aula, e proporcionará a oportunidade de solicitar e dar consellos personalizados que lle permitirán a cada estudante poder alcanzar mellor os obxectivos da materia. O profesorado encargado tamén poderá utilizar as titorías para confirmar que o alumnado realizou as tarefas complementarias asignadas que se planificaron para o seu estudo autónomo.
Ademais, o traballo realizado neste programa de grao é unha forma de preparar mellor ao alumnado para o seu futuro profesional e implementaráse unha ética laboral profesional para as tarefas levadas a cabo nesta materia. Todas as actividades escritas deben estar mecanografadas a dobre espazo. Todas as actividades que se entreguen deberán incluír as fontes bibliográficas e dixitais consultadas, segundo un método académico establecido de citación bibliográfica. TODO O TRABALLO ASIGNADO DEBE SER ENTREGADO EN PRAZO PARA SER CONSIDERADO PARA A NOTA FINAL.
A avaliación basearase en parte na avaliación continua do alumnado ao longo do semestre e de acordo cos períodos de exame que se enumeran a continuación.
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPORTUNIDADE:**
(A) Para os estudantes que asisten regularmente a clases:
- Preparación e participación activa na aula: 10%
- Avaliación continua de actividades supervisadas: 50%
- Exame oral final: 10%
- Exame escrito final: 30%
(B) Para o alumnado con dispensa legal:
- Participación activa na aula virtual e tarefas asignadas: 60%
- Exame oral final: 10%
- Exame escrito final: 30%
Os estudantes recibirán unha nota de avaliación continua cara ao final do semestre. Como se pode ver na lista anterior, a preparación das actividades asignadas e a participación activa na aula, así como a nota de avaliación continua constitúen unha porcentaxe significativa da nota final desta materia. Os exames escritos realizaranse nas datas fixadas oficialmente pola facultade.
O alumnado aprobará esta materia se o fai simultaneamente nas seccións oral e escrita; no caso de que aproben só una delas, terá dereito a manter esta nota no novo período de exames de xullo; por tanto, volverá presentarse a só a sección cualificada previamente como non aprobada.
** En calquera caso, para todos os períodos de exames, ao alumnado debe aprobar cada unha das seccións enumeradas anteriormente para aprobar esta materia.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE a continuación.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquer tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. O alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda oportunidade.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPORTUNIDADE:
O alumnado que aprobase unha sección da avaliación da primeira oportunidade, poderá retela para este exame, en calquera caso, o sistema de avaliación é a mesma que na primeira oportunidade.
PARA CURSAR ESTA MATERIA DE NOVO:
O alumnado que necesite cursar esta materia de novo, e que superase a parte de avaliación continua do traballo realizado en clase durante o semestre académico poderá manter esta parte da súa nota en consecuencia. Con todo, se non superou a parte de avaliación continua do curso, deberá volver cursar toda a materia.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de seis créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula (24 horas expositivas, 24 horas interactivas e 3 horas de titorías) e 99 a traballo autónomo e preparatorio.
O traballo realizado para esta materia debe levarse a cabo de acordo coas especificacións establecidas polo profesorado. Dado que este curso forma parte da preparación cara ao seu futuro profesional, todas as tarefas asignadas deben completarse segundo as instrucións e entregarse a tempo.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
Respecto ao traballo do alumnado, a parte das orientacións que o profesorado encargado vaia dando a coñecer, véxase o apartado sobre RECOMENDACIÓNS (abaixo).
REQUISITOS FORMAIS ESPECÍFICOS:
Aínda que non existen requisitos formais específicos para esta materia, o alumnado debe ter consolidado as competencias do nivel B2. Se alguén non está seguro de alcanzar este nivel, pode poñerse en contacto co profesorado encargado.
Por outra banda, é necesario que o alumnado teña acceso a un ordenador (ou tablet, smartphone) con audio mais capacidade de vídeo para que poidan acceder á aula virtual, así como para completar as actividades e tarefas asignadas durante o curso académico.
ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia a clase é obrigatoria; ademais, o alumnado debe ser capaz de facer o traballo desenvolvido nesta materia en por si. Así, o alumnado que non asista a clase deberá entregar o traballo asignado para recibir unha nota de avaliación continua. Para favorecer a avaliación continua, unha certa porcentaxe da nota final reflectirá a asistencia e a participación activa do alumnado en clase. Ademais, farase fincapé no traballo oral realizado ao longo do curso e este traballo oral realízase mellor na aula. En calquera caso, o alumnado universitario é responsable de preparar o traballo asignado en clase tanto se asiste ou non.
TRABALLO EN CLASE E ESTUDO FÓRA DA AULA:
A participación activa en clase axudará ao alumnado para mellorar a súa produción lingüística tanto en inglés escrito como oral. Despois de completar unha área de estudo, espérase que o alumnado continúe a súa preparación do vocabulario e / ou tarefas asignadas. Durante o curso académico asignarase traballo escrito para permitir a práctica deste tipo de produción lingüística. PARA QUE ESTA PRÁCTICA SEXA AVALIADA, O TRABALLO ESCRITO DEBE ESTAR MECANOGRAFADO, A DOBRE ESPAZO E ENTREGADO EN PRAZO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE enriba no apartado "SISTEMA DE AVALIACIÓN".
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Regina Martinez Ponciano
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- regina.ponciano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | CLE_01 | Inglés | Aula 13 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | CLIS_01 | Inglés | Aula 13 |
09.01.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 16 |
19.06.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 14 |