Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Inglés para Usos Profesionais I céntrase nas destrezas interactivas de escoitar, ler, falar, escribir e mediar. Un obxectivo importante é que o alumnado atope, entenda, e poida corrixir erros básicos gramaticais e de léxico, outro obxectivo é poder mellorar o seu uso do inglés oral en canto á expresión e pronuncia, xa que un uso máis puído e adecuado da lingua inglesa permite aos usuarios traballadores manter unha mellor imaxe profesional.
Durante o semestre, o alumnado utilizará o idioma inglés como ferramenta para realizar tarefas que teñen que ver co ámbito da xestión cultural. Por exemplo, revisaranse certos puntos gramaticais, e logo poñeranse en práctica mentres se realiza tarefas (textos, vídeos, etc.) relacionadas co campo da cultura que facilitan a práctica do uso do inglés en contexto.
O traballo académico realizado nesta materia comezará nun nivel B1.2 segundo o establecido polo Marco Común Europeo de Referencia ou MCER (2001). Este nivel foi designado como nivel de “usuario independente” e significa que o alumnado, con nivel “intermedio”:
--pode comprender os puntos principais de textos claros na linguaxe estándar se se tratan de temas cos que están familiarizados, xa sexa no traballo, o estudo ou o lecer.
--pode facer fronte á maioría das situacións que poden xurdir nunha viaxe a áreas onde se usa o idioma.
--pode producir textos sinxelos e coherentes sobre temas cos que está familiarizado ou nos que ten un interese persoal.
--pode describir experiencias, eventos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans.
Máis especificamente, o alumnado que remata con éxito esta materia debe ser capaz de poder levar a cabo estas funcións e demostrar a súa capacidade para comprender ao escoitar e ler, usar o inglés de maneira comunicativa en intercambios orais mediante as súas intervencións e a súa produción oral, e ser capaces de producir textos escritos apropiados en inglés. Cada unha destas áreas aparece a continuación con algúns exemplos da descrición do MCER do nivel de habilidade que se debe obter para cada unha.
Comprensión auditiva:
--pode seguir unha conferencia ou charla dentro do seu propio campo, sempre que o tema sexa familiar e a presentación sexa sinxela e claramente estruturada.
--pode comprender información técnica sinxela, como as instrucións de funcionamento dos equipos cotiáns.
--pode seguir instrucións detalladas.
--pode comprender os puntos principais dun discurso estándar claro sobre asuntos familiares que se atopan regularmente no traballo, a escola, o lecer, etc.
Lectura:
--pode follear textos máis longos para localizar a información desexada e recompilar información de diferentes partes dun texto, ou de diferentes textos para cumprir cunha tarefa específica.
--pode atopar e comprender información relevante en material cotián, como cartas, folletos e documentos oficiais breves.
--pode identificar as principais conclusións en textos argumentativos claramente sinalados.
--pode recoñecer a liña de argumentación no tratamento do tema presentado, aínda que non necesariamente en detalle.
Interacción oral:
--pode comunicarse con certa confianza en asuntos familiares rutineiros e non rutineiros relacionados cos seus intereses e campo profesional.
--pode intercambiar, verificar e confirmar información, lidar con situacións menos rutineiras e explicar por que algo é un problema.
--pode expresar pensamentos sobre temas culturais máis abstractos, como películas, libros, música, etc.
--pode explotar unha ampla gama de linguaxe simple para facer fronte á maioría das situacións que xorden durante unha viaxe.
--pode participar sen preparación en conversacións sobre temas familiares, expresar opinións persoais, e intercambiar información sobre temas que lle son familiares, de interese persoal ou pertinentes á vida cotiá (é dicir, familia, pasatempos, traballo, viaxes e eventos actuais).
Produción oral:
--pode soster con razoable fluidez unha descrición sinxela dunha variedade de temas dentro do seu campo de interese, presentándoa como unha secuencia lineal de puntos.
--pode dar descricións sinxelas sobre unha variedade de temas familiares dentro do seu campo de interese.
--pode relacionar con fluidez razoable unha narración ou descrición sinxela como unha secuencia lineal de puntos.
--pode dar relatos detallados de experiencias, describindo sentimentos e reaccións.
--pode describir eventos, reais ou imaxinarios e narrar unha historia.
--pode dar razóns e explicacións breves de opinións, plans e accións.
Produción escrita:
--pode transmitir información e ideas sobre temas abstractos e concretos, verificar información e preguntar ou explicar problemas cunha precisión razoable.
--pode escribir cartas e notas persoais pedindo ou transmitindo información simple de relevancia inmediata, transmitindo o punto que sente que é importante.
--pode escribir texto simple e conectado sobre temas que lle son familiares ou de interese persoal.
--pode escribir cartas persoais describindo experiencias e impresións.
Obxectivos transversais:
Ademais dos obxectivos específicos relacionados co nivel de lingua que se debe alcanzar, as actividades formativas a realizar nesta materia permiten ao alumnado practicar e desenvolver unha serie de obxectivos transversais:
--Na utilización dos recursos suxeridos ao longo do curso, o alumnado debe consolidar a habilidade no uso dunha serie de ferramentas de auto-aprendizaxe dispoñibles na internet, mellorando así a súa capacidade de auto-aprendizaxe.
--A realización de varios proxectos breves centrados na resolución de problemas específicos permitirá ao alumnado desenvolver as súas habilidades investigadoras, en especial as relacionadas coa procura de fontes de información e a avaliación crítica e o uso adecuado da información obtida.
--O alumnado tamén desenvolverá a súa capacidade para presentar as súas razóns e argumentos de maneira clara, ao mesmo tempo que adquire flexibilidade para admitir diferentes perspectivas; así, poderá mellorar a súa capacidade para participar en negociación de maneira construtiva.
--A interacción rutineira en pequenos grupos axudará ao alumnado para mellorar as súas habilidades interpersoais, que son necesarias para tomar decisións e organizar o traballo en equipo.
Tal e como indica o nome, esta materia de primeiro ano e de primeiro cuadrimestre, é do tipo ESP (English for Specific Purposes). Isto significa que cursar esta materia posibilitará o entrar en contacto con e empezar a utilizar vocabulario máis específico, así como as estruturas lingüísticas que os profesionais do campo da xestión cultural empregan para levar a cabo o seu traballo con éxito no día a día.
Inglés para Usos Profesionais I é a primeira de dúas materias do programa académico do grao en Xestión Cultural que se deseñaron para apoiar unha adecuada preparación para o futuro profesional do alumnado. A experiencia do alumnado que provén do sistema escolar secundario en España inclúe uns 14-15 anos de formación na lingua inglesa, ademais da realización dunha sección en inglés na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade. Nesta materia, aplicarase o coñecemento xa adquirido da lingua inglesa (nivel B1.2) de modo que o alumnado poida seguir mellorando o seu uso do inglés para lograr a adquisición das competencias do idioma inglés previamente detalladas.
CONTIDOS:
1 O vocabulario e o léxico relevante o campo do patrimonio cultural, é da xestión cultural: profesións e tarefas nas industrias creativas (cine, música, danza, festivais e conferencias), e a planificación dos eventos (presuposto, afianzamento e promoción).
2 Aspectos gramaticais pertinentes aos niveis B1 e B2 do MCER tales como: tempos verbais do presente, pasado, perfecto, é futuro, estruturas das interrogacións do tipo suxeito e obxecto, estruturas do condicional “zero” e “first”, o uso de “used to” e “usually”, as estruturas d comparativo e o superlativo, o uso dos artigos, entre outros.
3 Perfiles profesionais da xestión cultural. Organizacións culturais e “hubs”. Estudios culturais e cultura popular.
Bibliografía básica:
Dicionarios recomendados:
Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Bibliografía de sitios webs para consulta:
Dicionarios de inglés:
---- http://www.thefreedictionary.com/
---- http://www.ldoceonline.com/
---- http://dictionary.cambridge.org/
---- http://www.learnersdictionary.com/
---- http://dictionary.reference.com/
Dicionarios de inglés a español e español a inglés
---- http://www.wordreference.com/
Dicionario de inglés a galego e galego a inglés
---- http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html
Sinónomos, antínomos e ideas relacionadas:
---- http://thesaurus.reference.com/
Tarefas escritas:
----https://nanowrimo.org/
----https://prowritingaid.com/
Sitios web con exercicios:
---- http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm
---- http://www.englishpage.com/grammar/
Miscellanea (actividades, probas, lectura, podcast…)
UsingEnglish.com:
---- http://www.usingenglish.com/
English Page
---- http://www.englishpage.com/
---- (gramática, exercicios, vocabulario, tarefas escritas)
BBC Learning English
---- http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
---- (actividades de gramática, lectura, comprensión auditiva, podcasts)
British Council - Learning English
---- http://www.learnenglish.org.uk/
---- (actividades de gramática, lectura, comprensión auditiva, podcasts)
Bibliografía complementaria:
Davies, Rosamund and Gauti Sigthorsson. 2013. Introducing the Creative Industries from Theory to Practice. Los Angeles, California: Sage.
Farall, Cate and Marianne Lindsley. 2008. Professional English in Use: Marketing. Cambridge: Cambridge University Press.
Groes, Sebastian, Ed.2016. Memory in the Twenty-First Century: New Critical Perspectives from the Arts, Humanities and Sciences. London: Palgrave Macmillan.
Hesmondhalgh, David. 2007. The Cultural Industries. Los Angeles, California: Sage.
McKercher, Bob. 2002. Cultural Tourism: The Partnership Between Tourism and Cultural Heritage Management. New York: Hathaway Hospitality Press.
Peck, John and Martin Coyle.1999. The Student’s Guide to Writing: Grammar Punctuation and Spelling. Houndmills: Macmillan.
Strunk, William Jr. 2018. The elements of style. 1st Ed. Vancouver: Spectrum Ink Publishing.
Zinsser, William. 2016. On writing well: the classic guide to writing nonfiction, 7th Ed. New York: Harper Perennial.
Tal e como se indica na Memoria oficial do plan de estudos do Grao en Xestión Cultural, o alumnado debe desenvolver competencias en tres áreas diferentes: coñecemento, habilidade/destreza e competencia. Son os seguintes:
COÑECEMENTO
Con07: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado dunha lingua estranxeira, tanto de forma oral como escrita.
Con08: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das linguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural.
Con09: Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos.
HABILIDADE/DESTREZA
H/DO4: Comunicar información, ideas, problemas, e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e eficaz.
COMPETENCIA
COMP03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Como parte da explicación teórica, o profesorado encargado fará presentacións sobre a gramática, o vocabulario, o uso do inglés e a xestión cultural. Despois, o alumnado que asiste a estas clases (24 horas) realizará actividades de práctica individuais e grupais na aula, tales como: discusións en clase, xogos de roles, actividades de resolución de problemas, ademais de actividades de comprensión auditiva e pronuncia, e análise e comentarios das lecturas asignadas. Nas sesións prácticas e formativas (24 horas) o profesorado encargado propoñerá actividades complementarias a realizar dentro e fóra da aula sobre aqueles aspectos lingüísticos que requiran unha práctica máis intensa como lecturas asignadas, tarefas escritas e práctica individual da pronuncia, así como actividades breves sobre aspectos da comunicación relacionados cos temas presentados en clase, ou a participación nun proxecto grupal. As tarefas mencionadas anteriormente deberían axudar ao alumnado a poñer en práctica o seu inglés. Para a realización das actividades levadas a cabo fóra da aula utilizarase a plataforma virtual da USC para acceder a determinados recursos dixitais como as lecturas asignadas, vocabulario e explicacións gramaticais e, cando sexa necesario, entregar traballos e acceder a comentarios e cualificacións. Tamén se utilizará como medio adicional de avaliación e titoría para o alumnado.
As titorías (3 horas) realizaranse na aula durante o semestre e / ou de forma individual a través da plataforma virtual, mediante Microsoft Teams, e correo electrónico, en función das necesidades individuais de cada estudante. Estas titorías son unha eficiente opción para que o profesorado encargado e o alumnado manteñan un contacto directo. Isto, á súa vez, permitirá avaliar o progreso do alumnado durante o curso, incluíndo o seu nivel de interiorización dos contidos e as habilidades enfocadas na aula, e proporcionará a oportunidade de solicitar e dar consellos personalizados que lle permitirán a cada estudante poder alcanzar mellor os obxectivos da materia. O profesorado encargado tamén poderá utilizar as titorías para confirmar que o alumnado realizou as tarefas complementarias asignadas que se planificaron para o seu estudo autónomo.
Ademais, o traballo realizado neste programa de grao é unha forma de preparar mellor ao alumnado para o seu futuro profesional e implementaráse unha ética laboral profesional para as tarefas levadas a cabo nesta materia. Todas as actividades escritas deben estar mecanografadas a dobre espazo. Todas as actividades que se entreguen deberán incluír as fontes bibliográficas e dixitais consultadas, segundo un método académico establecido de citación bibliográfica. TODO O TRABALLO ASIGNADO DEBE SER ENTREGADO EN PRAZO PARA SER CONSIDERADO PARA A NOTA FINAL.
A avaliación basearase en parte na avaliación continua do alumnado ao longo do semestre e de acordo cas opcións de avaliación que se enumeran a continuación.
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPCIÓN:**
(A) Para os estudantes que asisten regularmente a clases:
- Preparación e participación activa na aula: 10%
- Avaliación continua de actividades supervisadas: 50%
- Exame oral final: 10%
- Exame escrito final: 30%
(B) Para o alumnado con dispensa legal:
- Participación activa na aula virtual e tarefas asignadas: 60%
- Exame oral final: 10%
- Exame escrito final: 30%
Os estudantes recibirán unha nota de avaliación continua cara ao final do semestre. Como se pode ver na lista anterior, a preparación das actividades asignadas e a participación activa na aula, así como a nota de avaliación continua constitúen unha porcentaxe significativa da nota final desta materia. Os exames escritos realizaranse nas datas fixadas oficialmente pola facultade.
O alumnado aprobará esta materia se o fai simultaneamente nas seccións oral e escrita; no caso de que aproben só una delas, terá dereito a manter esta nota no novo período de exames de xullo; por tanto, volverá presentarse a só a sección cualificada previamente como non aprobada.
** En calquera caso, para todas as opcións de avaliación, o alumnado debe aprobar cada unha das seccións enumeradas anteriormente para aprobar esta materia.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE a continuación.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquera tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. o alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda opción.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPCIÓN:
O alumnado que aprobase unha sección do exame de primeira opción, poderá retela para a avaliación de segunda opción, en calquera caso, o sistema de avaliación é o mesmo que na primeira opción.
PARA CURSAR ESTA MATERIA DE NOVO:
O alumnado que necesite cursar esta materia de novo, e que superase a parte de avaliación continua do traballo realizado en clase durante o semestre académico poderá manter esta parte da súa nota en consecuencia. Con todo, se non superou a parte de avaliación continua do curso, deberá volver cursar toda a materia.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de seis créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula (24 horas expositivas, 24 horas interactivas e 3 horas de titorías) e 99 a traballo autónomo e preparatorio.
O traballo realizado para esta materia debe levarse a cabo de acordo coas especificacións establecidas polo profesorado. Dado que este curso forma parte da preparación cara ao seu futuro profesional, todas as tarefas asignadas deben completarse segundo as instrucións e entregarse a tempo.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
Respecto ao traballo do alumnado, a parte das orientacións que o profesorado encargado vaia dando a coñecer, véxase o apartado sobre RECOMENDACIÓNS (abaixo).
REQUISITOS FORMAIS ESPECÍFICOS:
Aínda que non existen requisitos formais específicos para esta materia, o alumnado debe ter consolidado as competencias do nivel B1.2. Se alguén non está seguro de alcanzar este nivel, pode poñerse en contacto co profesorado encargado.
Por outra banda, é necesario que o alumnado teña acceso a un ordenador (ou tablet, smartphone) con audio mais capacidade de vídeo para que poidan acceder á aula virtual, así como para completar as actividades e tarefas asignadas durante o curso académico.
ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia a clase é obrigatoria; ademais, o alumnado debe ser capaz de facer o traballo desenvolvido nesta materia en por si. Así, o alumnado que non asista a clase deberá entregar o traballo asignado para recibir unha nota de avaliación continua. Para favorecer a avaliación continua, unha certa porcentaxe da nota final reflectirá a asistencia e a participación activa do alumnado en clase. Ademais, farase fincapé no traballo oral realizado ao longo do curso e este traballo oral realízase mellor na aula. En calquera caso, como o alumnado universitario é responsable de preparar o traballo asignado en clase tanto se asiste ou non.
TRABALLO EN CLASE E ESTUDO FORA DA AULA:
A participación activa en clase axudará ao alumnado para mellorar a súa produción lingüística tanto en inglés escrito como oral. Despois de completar unha área de estudo, espérase que o alumnado continúe a súa preparación do vocabulario e / ou tarefas asignadas. Ao longo do curso académico asignarase traballo escrito para permitir a práctica deste tipo de produción lingüística. Para que esta práctica sexa avaliada, O TRABALLO ESCRITO DEBE ESTAR MECANOGRAFADO, A DOBRE ESPAZO E ENTREGADO EN PRAZO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE enriba no apartado "SISTEMA DE AVALIACIÓN".
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Regina Martinez Ponciano
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- regina.ponciano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | CLE_01 | Inglés | Aula 15 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | CLIS_01 | Inglés | Aula 15 |
14.01.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 13 |
18.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 13 |