Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
1. Coñecer a difusión e variedade do español no mundo actual.
2. Recoñecer as principais variedades xeográficas do español a partir dos seus rasgos máis característicos.
3. Coñecer o labor das academias, o carácter pluricéntrico da lingua española e a diversidade de criterios á
hora de planificar o seu uso para a xestión cultural.
4. Coñecer os principais problemas relativos ao uso da lingua española no ámbito da xestión e a difusión da cultura, con atención particular a aspectos fundamentais e problemáticos da gramática do español.
5.Revisar os erros máis frecuentes en relación co uso do español para a xestión e a difusión da cultura.
Bloque 1. O español no mundo actual. Variación lingüística, norma culta e pluricentrismo.
1. Dimensión do español como lingua de cultura. O español na produción cultural internacional.
2. A variación lingüística do español.
2.1. Factores de variación e variedades lingüísticas.
2.2. A variación xeográfica do español. Áreas lingüísticas no dominio castelanfalante.
3. Norma culta e pluricentrismo no español actual.
3.1. Historia e labor da RAE e da Asociación de Academias da Lingua Española.
3.2. Recursos académicos en liña e en papel. Obras de referencia e consulta.
Bloque 2. Clases de palabras do español. Principais problemas relacionados co uso das diferentes clases.
1. Tipoloxía do substantivo en español.
1.1. Substantivo e xénero gramatical. Substantivos aplicables a seres sexuados / asexuados. Variabilidade e invariabilidade.
1.2. Xénero gramatical, sexo e outros referentes.
1.3. Sintaxe e xénero gramatical. O pronome. Leísmo, laísmo e loísmo.
1.4. Sintaxe e xénero gramatical. Problemas e erros de concordancia.
2. O número gramatical en español.
2.1. Sustantivos numéricamente variables e invariables. Os "falsos plurais".
2.2. O número gramatical e as expresións cuantitativas. Problemas e erros.
3. Sintaxe e tipoloxía do adxectivo en español.
4. Aspectos básicos da gramática verbal do español.
4.1. Formas modotemporais. Problemas e erros no uso das formas verbais en español.
4.2. Problemas de sintaxe verbal. A sintaxe verbal e a variación xeolingüística do español.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
Fuentes Rodríguez, C. (2011): Guía práctica de escritura y redacción. Madrid: Arco Libros.
Gómez Torrego, L. (1997): Gramática didáctica del español, Madrid: SM.
Gómez Torrego, L. (2011): Gramática normativa del español. Hablar y escribir correctamente. Madrid: Arco/Libros. 2 Vols.
Instituto Cervantes (2007): Gramática práctica del español. Madrid: Espasa.
Montolío, E. (2014): Manual de escritura académica y profesional. Barcelona: Ariel. 2 Vols.
Paredes García, F. (2012): El libro del español correcto. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASALE (2005): Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana.
Real Academia Española/ASALE (2010): Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASALE (2013): El buen uso del español. Barcelona: Espasa-Calpe.
Real Academia Española (2018): Libro de estilo de la lengua española según la norma panhispánica. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASALE (2010): Ortografia de la lengua española. Madrid: Espasa.
Bibliografía complementaria
Aleza Izquierdo, M. y J. Mª Enguita Utrilla (coords.) (2010): La lengua española en América: normas y usos actuales. Universitat de València. Edición electrónica: <http://www.uv.es/aleza/esp.am.pdf>.
Aleza Izquierdo (coord.): Normas y usos correctos en el español actual. Valencia: Tirant lo Blanch, 2010.
Alvar, M. (dir.) (1996): Dialectología hispánica II. El español de América. Barcelona: Ariel.
Alcina Franch, J. y J. M. Blecua (1994): Gramática española. Barcelona: Ariel.
Bosque, I. & V. Demonte (eds.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa. 3 vols.
Diccionario de uso del español actual. Clave (2006). Madrid: SM.
Diccionario del uso del español de España y América (2002). Barcelona: SPES.
Greublich, S./Franz Lebsanft (eds.): El español, lengua pluricéntrica. Discurso, gramática, léxico y medios de comunicación masiva. Bonn University Press, 2020.
Instituto Cervantes: El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes. <http//:www.cervantes.es>.
Moliner, M. (2008): Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos. (Vídeo-DVD)
Real Academia Española (2014): Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe
Real Academia Española (2009): Nueva gramática de la lengua española. Morfología y sintaxis. Madrid: Espasa. 2 vols.
Con06: Coñecer a norma e o uso coherente e axeitado das linguas ambientais (español ou galego), tanto de xeito oral como escrito.
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persiguen.
Comp03: organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e os recursos dispoñibles.
A materia tén unha distribución equitativa das horas destinadas á docencia expositiva e á docencia interactiva: 24 horas de docencia expositiva e 24 de docencia interactiva, que se impartirán en tres horas de docencia semanal.
Ademais, programaranse tres horas de titorías en grupo reducido.
A materia desenvolverase a través da exposición por parte do profesor dos contidos básicos, co apoio de documentos bibliográficos ou de recursos tecnolóxicos cando se estime oportuno: presentacións en Power Point, recursos dixitais, etc.
Tamén se fará uso do campus virtual, ben sexa para depositar material de contidos, ben para poñer tarefas que os estudantes deben realizar.
Nas sesións interactivas os estudantes deben resolver cuestións que se prantexen en relación co tratado nas sesións expositivas. Para tal fin deberán servirse dos contidos presentados nas sesións expositivas, así como da bibliografía seleccionada ao efecto ou da información que poidan obter por outros medios previamente indicados ou que eles mesmos consigan. As clases interactivas poden incluir a resolución de problemas, análisis de documentos, debates e exposicións por parte do alumnado.
Combiranse, por tanto, diversas metodoloxías de ensinanza: clase maxistral, resolución de problemas/exercicios, debates, presentacións na aula do traballo realizado.
Primeira oportunidade
Para a avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
-Asistencia e participación na aula: ata o 10% da cualificación. Haberá control de asistencia.
-Actividades de avaliación continua (entrega de tarefas, exposicións, probas parciais, etc.): 50% da cualificación. Os diversos tipos de actividades de avaliación (tarefas, exposicións, probas...) son de realización obrigatoria para a superación da materia.
-Un exame escrito: 40% da cualificación. O exame tén igualmente carácter obrigatorio para a superación da materia.
Segunda oportunidade
-Manterase a cualificación obtida por asistencia e participación durante o periodo de impartición da materia ata un máximo do 10% da cualificación.
-O alumno deberá realizar de novo e entregar as tarefas nas que obtivese unha calificación negativa na primeira entrega ou ben as tarefas que non fosen entregadas na data indicada. A cualificación sumarase á obtida nas tarefas ou probas superadas no seu momento e supora o 50% da cualificación. A entrega das tarefas non entregadas na data indicada ou non superadas previamente tén carácter obrigatorio para a superación da materia.
-Ademáis haberá unha proba escrita obrigatoria na data establecida pola Facultade de Humanidades: 40% da cualificación.
O alumnado que xa cursou a materia en convocatorias anteriores e non superou a materia, será avaliado cos mesmos requisitos que o alumnado que cursa a materia por primeira vez.
O alumnado que teña concedida a DISPENSA de ASISTENCIA a clase tamén será avaliado de forma continua e con exame. O 60% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e o 40% procederá da nota do exame, de realización obrigatoria, que se realizará na data fixada pola Facultade.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificaciones.
95 horas
Maria Mercedes Suarez Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- mmercedes.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro S Veiga Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 982824755
- Correo electrónico
- a.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Xoves | |||
10:00-11:30 | CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
21.05.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 13 |
25.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 12 |