Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pretende que o alumnado adquira coñecementos e destrezas coas que comprender as implicacións do concepto da Cibercultura dende un punto de vista teórico e tamén práctico. Deste xeito, ao remate da súa formación, o alumnado ha ser quen de:
O1. Coñecer as peculiaridades da cibercultura dende un punto de vista comparativo coa noción convencional da cultura.
O2. Comprender o novo rol que adquiren as persoas destinatarias da cultura nos procesos de consumo, distribución e creación.
O3. Empregar con soltura os principais conceptos teóricos que se sinalan no programa, incluíndo a súa vertente máis práctica.
O4. Xestionar con habilidade as principais canles e plataformas actuais, así como deseñar unha estratexia específica para a difusión da cultura en contornas dixitais.
O5. Desenvolver unha ollada crítica con respecto ás implicacións éticas que pode espertar o uso de determinadas ferramentas, coma as propias da Intelixencia Artificial.
1. Fundamentos da Cibercultura
1.1. Orixe e evolución da sociedade dixital: aplicación das TIC á cultura
1.2. A terceira Revolución Industrial e o modelo de autocomunicación de masas: novas tendencias de produción e consumo cultural
1.3. A intelixencia colectiva, a economía colaborativa e a cultura participativa na era contemporánea: os procesos de co-creación
2. O novo rol da persoa usuaria
2.1. Audiencias activas e prosumidor/a
2.2. Accesibilidade e usabilidade: UX, UI e o ‘buyer-persoa’
2.3. Inbound marketing: a viaxe da persoa consumidora e o embude de vendas
3. Hipertextualidade, medialidade e interactividade nas canles de comunicación dixital
3.1. Web e blogs: como escribir para a rede e para seducir aos buscadores (SEO vs. SEM)
3.2. Salas de prensa online
3.3. As palabras clave ('keywords') e a estratexia do linkbuilding
4. Estratexia e técnicas en redes sociais
4.1. Xestión operativa das redes sociais: da creación de contido á activación da comunidade
4.2. Deseño de estratexias específicas para a comunicación en redes sociais
4.3. Crossmedia e transmedia: novas narrativas e experiencias multiplataforma
4.4. Influencer marketing
5. Aproximación ao uso da Intelixencia Artificial na cibercultura
5.1. Estudo de casos e proxectos innovadores no ámbito dixital
5.2. Implicacións éticas e sociais na tecnoloxía emerxente
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Suárez, Gonzalo & Fernández Tilve, María Dolores (coord.) (2022). La gestión cultural en la era digital. Madrid: McGraw Hill.
García Avilés, José Alberto (2015). Comunicar en la sociedad red: teorías, modelos y práctica. Barcelona: UOC
Peña-Fernández, Simón; Meso-Ayerdi, Koldobika & Larrondo-Ureta, Ainara (2020). Active Audiences. Empowering Citizens' Discourse in the Hybrid Media System. Madrid: McGraw Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez-Monzoncillo (2023). The Dynamics of Influencer Marketing: A Multidisciplinary Approach. Routledge.
Castells, Manuel (2009). Comunicación y poder. Madrid: Alianza
Dakouan, Chouaib; Benabdelouahed, Redouane & Anabir, Hajar (2019). "Inbound Marketing vs. Outbound Marketing: Independent or Complementary Strategies". Expert Journal of Marketing, vol. 7 (1), pp. 1-6
García Orosa, Berta (2009). Gabinetes de comunicación on line: claves para generar información corporativa en la red. Sevilla: Comunicación Social
Hoof, Florian; Boell, Sebastian K. (2019): Culture, technology, and process in “media theories”: Toward a shift in the understandings of media in organizacional research. Organization, 2019;26(5):636-654. doi:10.1177/1350508419855702. Accesible en https://journals.sagepub.com/doi/full/10.1177/1350508419855702.
Muñoz de Luna, Ángel Bartolomé & Serrano Oceja, José Francisco (eds.) (2020). La Industria cultural frente al reto de la transición digital. Madrid: Fragua
Scolari, Carlos (2013). Hipermediaciones: elementos para una teoría de la comunicación digital interactiva. Barcelona: Gedisa
Sixto García, José & López García, Xosé (2020). "Usos crossmedia y cross-promotion en la difusión de contenidos de los diarios nativos digitales europeos". Hipertext.net, 11, pp. 141-151
Vázquez Herrero, Jorge; González Neira, Ana & Quintas Froufe, Natalia. "Active Audience in Transmedia Fiction: Platforms, Interactivity and Measurement". Revista Latina de Comunicación Social, 74, pp. 73-93. Accesible en http://hdl.handle.net/10347/18889
Velarde, Olivia; Bernete, Francisco; Franco, Daniel (2015): Paradigmas de los efectos de las TIC en la cultura y el conocimiento. Revista Latina de Comunicación Social, número 70. Accesible en http://www.revistalatinacs.org/070/paper/1050/RLCS-paper1050.pdf
Vizcaíno Verdú, Arantxa; Bonilla del Río, Mónica & Ibarra Rius, Noelia (2021). Cultura participativa, fandom y narrativas emergentes en redes sociales. Madrid: Dykinson
Con13: Recoñecer as posibilidades que ofrecen as novas contornas dixitais para a reinterpretación e
revalorización da experiencia cultural.
Con15: Recoñecer a diversidade do consumo cultural por parte de distintos sectores da sociedade, con especial atención ás persoas con necesidades específicas, e adaptar os produtos culturais para o seu goce por parte de cada colectivo.
H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole
social, científica ou ética.
H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non
especializados dun modo claro e eficaz.
Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto
para finalidades formativas como de exercicio profesional.
Comp05: Aplicar as estratexias da comunicación cultural na contorna dixital para difundir e visibilizar a cultura e os proxectos culturais mediante o manexo das TIC.
Seguirase unha metodoloxía combinada entre as sesións maxistrais, a realización de traballos prácticos -tanto individuais como grupais-, un uso activo de diversas ferramentas do Campus Virtual e tamén coa participación de persoas convidadas procedentes do eido profesional.
Haberá 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titorías en grupo reducido.
A materia avaliarase conforme a diversas probas coa seguinte distribución:
- Exame final na data prevista pola Facultade: 40%
- Actividades de avaliación continua: 50%
- Asistencia e participación na aula: 10%
O detalle das actividades de avaliación continua, así como a tipoloxía do exame, compartirase co alumnado ao inicio do cuadrimestre.
Será requisito indispensable aprobar a parte teórica e a parte práctica de xeito independente para poder superar a materia. En caso de que unha delas non estea aprobada, a cualificación que recibirá o/a alumno/a será dun 4.
Para a segunda oportunidade empregarase o mesmo sistema de avaliación, fixando unas novas datas de entrega para as actividades de avaliación continua pendentes.
Para o alumnado con dispensa de asistencia e/ou diversidade funcional deseñarase un plan personalizado.
O programa da materia establece 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva ou seminario, 4 horas para a realización do exame e 95 horas para traballo persoal do alumnado e outras actividades.
Recoméndase un seguimento activo da actualidade e tamén unha atención periódica ao Campus Virtual, que se irá actualizando de xeito semanal co obxectivo de apoiar ao alumnado nun proceso de aprendizaxe progresiva.
Pablo Vazquez Sande
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- pablo.vazquez.sande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Martes | |||
15:00-16:30 | CLIS_01 | Galego | Aula 12 |
21.01.2025 16:00-18:30 | CLE_01 | Aula 15 |
12.06.2025 16:00-18:00 | CLE_01 | Aula 16 |