Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ofrecer ao alumnado unha visión global dos xéneros narrativos con maior presenza na tradición literaria italiana: conto e novela.
Facilitar ao alumnado a formación teórica e práctica imprescindible para elaborar un comentario de textos narrativos.
Contidos
Programa da parte teórica:
1.- Introdución á análise do texto narrativo.
1.1.- Voces narrativas e focalización.
1.2.- Espazo e tempo.
1.3.- Personaxes.
1.4.- Discurso narrativo
2.- Os xéneros narrativos na literatura italiana.
2.1.- O conto.
2.1.1 Orixes, características e fortuna do conto na Idade Media: Novellino, Decameron, Trecentonovelle, o Novellino di Massuccio Salernitano.
2.1.2.- Conto e facecia: Agnolo Firenzuola, M.M. Bandello.
2.1.3.- O conto no século XVI: Machiavelli.
2.1.4.- Renacemento do xénero no século XIX: Capuana, Verga.
2.1.5.- A narración breve no século XX: Pirandello.
2.2. A novela
2.2.1.- Orixes e características da novela na Idade Media: Tristano Riccardiano e la Tavola ritonda.
2.2.2.- A novela nos séculos XV e XVI
2.2.2.1.- Novela pastoril: Sannazaro
2.2.2.2.- Novela épico-cabaleiresca: Boiardo, Pulci, Ariosto, Tasso.
2.2.3.- A novela histórica: Manzoni.
2.2.4.- A novela verista: Verga.
2.2.5.- A novela decadentista: D'Annunzio.
2.2.6.- A narrativa do século XX: dada a ampla variedade de correntes (do modernismo ao realismo burgués existencialista, do neorrealismo ao experimentalismo), unha selección de autores/as e textos será comunicada polo/a docente ao principio do curso. Serán obxecto de análise as obras de Pirandello, Svevo, Moravia, Pavese, Gadda, Pasolini, Calvino, Morante, Ginzburg, Ortese.
Proposta de lectura crítica dos seguintes textos narrativos:
Il Novellino (novelle XIV; XLVI; LXV).
G. Boccaccio: Decameron (VI, 4).
F. Sacchetti: Trecentonovelle (XXI)
M. Salernitano: Novellino (novella XXXI)
M. M. Boiardo, Orlando innamorato (I, 1-35)
N. Machiavelli: Favola (Il demonio che prese moglie).
L. Ariosto, Orlando furioso (XII, iv-xxii).
Para as lecturas desde Manzoni ata a segunda metade do século XX, a antoloxía dos textos será proporcionada polo/a docente ao principio do curso.
-Bibliografía Básica:
González Miguel, Jesús Graciliano, Historia de la Literatura Italiana: desde los orígenes hasta la unidad nacional, Vol I, Salamanca, Ed. Universidad de Salamanca, 1998 (2 ed.).
González Miguel, Jesús Graciliano, Historia de la Literatura Italiana: desde la unidad nacional hasta nuestros días, Vol II, Salamanca, Ed. Universidad de Salamanca, 2001 (2 ed.).
Petronio, Giuseppe, Historia de la literatura italiana, Madrid, Cátedra, 1990.
Camps, Assumpta, Historia de la literatura italiana contemporánea, Vol I, Barcelona, PPU, 2000.
Camps, Assumpta, Historia de la literatura italiana contemporánea, Vol II, Barcelona, PPU, 2002.
Gli spilli, Letteratura italiana, 1, 2, 3 Milano, Alpha Test, 1999.
Battistini, Andrea, Letteratura italiana (Dalle origini al Seicento/ Dal Settecento ai nostri giorni), Bologna, Il Mulino, 2014.
Casadei, Alberto; Santagata, Marco, Manuale di letteratura italiana (medievale e moderna / contemporanea), 2 vols., Milano, Laterza, 2009.
Ferroni, Giulio et al., Storia e testi della letteratura italiana, Torino, Einaudi Scuola, 2002, 4 vols.
Luperini, Romano et alii, La scrittura e l'interpretazione. Storia e antologia della letteratura italiana nel quadro della civiltà europea, Firenze, Palumbo, 2002.
Tellini, Gino, Letteratura italiana. Un metodo di studio, Firenze, Le Monnier Università, 2009.
Tellini, Gino, Storia del romanzo italiano, Firenze, Le Monnier, 2017.
Segre, Cesare- Martignoni, Clelia, Testi nella storia. La letteratura italiana dalle Origini al Novecento, Milano, Edizioni Scolastiche Bruno Mondadori, 1991-1992.
- Para o comentario de textos narrativos:
Del Prado, F. Javier, Análisis e interpretación de la novela. Cinco modos de leer un texto narrativo, Madrid, Síntesis, 1999.
Villanueva Prieto, Darío, El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Mare Nostrum comunicación, S.A., 2007.
Bernardelli, Andrea, Ceserani, Remo, Il testo narrativo. Istruzioni per la lettura e l'interpretazione, Bologna, Il Mulino, 2005.
Sensini, Marcello, “Il testo narrativo: che cos’è e come si legge” en Le parole e il testo. Teoría e pratica del testo, Milano, Arnaldo Mondadori Scuola, 1989, pp. 21-86.
Vittorini, Fabio, Il testo narrativo, Roma, Carocci, 2007.
- Seleción de contos e fragmentos narrativos sinalados no apartado de contidos.
Identificación das principais etapas, autores e obras da tradición narrativa italiana.
Competencia para relacionar distintas obras e etapas entre si.
Capacidade de análise crítica de textos narrativos italianos.
Ao final do curso o estudantado deberá coñecer as principais etapas, autores e obras da narrativa italiana, poder relacionar as distintas obras entre sí e tamén con outras literaturas; o alumnado deberá ter tamén unha serie de competencias nocionais e metodolóxicas específicas da materia e estar en condicións de recoñecer e definir as características específicas do xénero narrativo. En definitiva, deberá ter a habilidade suficiente para facer unha lectura, unha interpretación correcta e un comentario persoal dun texto narrativo da literatura italiana.
As clases, que se desenvolverán en lingua italiana (aínda que recorrendo en todas as ocasións nas que sexa necesario ao galego e o castelán), prevén o encadramento histórico das principais correntes, dos autores e das obras da narrativa italiana seleccionadas e a lectura, o comentario e a análise dos textos máis significativos.
Cada unidade temática será obxecto dunha explicación teórica que se complementará coa análise directa dos textos. Para as dúas actividades requerirase a intervención activa do estudante.
As clases teóricas desenvolverán os seguintes temas:
Breve definición do período. Premisas e encadramentos históricos. Poética e ideoloxía do autor: perfil e cronoloxía esencial. Presentación da obra: deseño xeral, antecedentes, as fontes principais e a cultura. A composición e a estrutura. Estilo, temas e argumentos. Publicación, difusión e divulgación do texto. Eco e fortuna crítica. Bibliografía esencial.
As clases prácticas, unha aproximación á análise textual, serán "grosso modo" un estudo en profundidade dos seguintes temas (sen esquecerse da especificidade de cada texto literario): Introdución e breve sumario. Lectura atenta do texto. A trama e a estrutura. Os contidos. As formas. Os personaxes: a distancia, as palabras e os pensamentos. A dimensión do tempo e do espazo. Comentario lingüístico e estilístico. O problema do punto de vista e perspectivas. O autor e o lector.
O alumnado deberá adicar un número de horas suficientes á lectura crítica dos textos indicados no programa.
Farase uso da aula virtual na que estará indicado o desenvolvemento de todas e cada unha das unidades didácticas do programa, cos contidos teóricos e os textos obxecto de comentario.
Para avaliar a madurez do alumno e o coñecemento da materia realizarase un exame escrito con preguntas de tipo teórico (os alumnos responderán a preguntas de carácter xeral da parte teórica do programa) e práctico (dos textos da parte práctica).
A puntuación final da materia será o resultado do exame escrito (100%)
Os criterios serán os mesmos para tódalas sesións dos exames (xaneiro - xullo).
Criterios de avaliación para o estudantado con exención oficial de asistencia. Os alumnos con dispensa de asistencia terán que facer o exame final con preguntas de carácter xeral da parte teórica do programa e da parte práctica. A puntuación final da materia será o resultado do exame escrito (100%)
O exame pódese realizar en galego, castelan o italiano e deberá respectar as normas ortográficas oficiais e presentar una corrección gramatical axeitada a un nivel de ensino superior (o exame en italiano deberá corresponder ao nivel de lingua italiana 3). Cada erro suporrá unha reducción de 0,10 puntos na nota numérica final.
IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Trátase dunha materia de 6 créditos ECTS que corresponden a 150 horas de traballo, dos cales 54 serán de frecuencia e 96 de traballo persoal.
Recoméndase encarecidamente a asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e aconséllase un estudo constante da materia acompañado da lectura crítica e dos textos literarios.
Recoméndase tamén mellorar as competencias comunicativas de lingua italiana.
1. As profesoras responderán aos correos electrónicos dos estudantes preferentemente nos seus horarios de titorías.
2. Será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
3. Lémbrase aos estudantes que a profesora poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
5. A docente poderá solicitar a sinatura de presencia nas aulas ao estudantado a mero efecto estatístico, sen valor para a avaliación da materia.
Maria Consuelo De Frutos Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- mconsuelo.defrutos.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marilena Ceccarelli
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- marilena.ceccarelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D05 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D05 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | D05 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D11 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |