Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O curso pretende introducir nas cuestións fundamentais da lingüística de variedades do alemán e na súa metodoloxía. Quere achegar unha visión global da dimensión das variedades da lingua alemá.
No centro deste curso atópase o desenvolvemento da capacidade de recoñecer e diferenciar as diferentes variedades lingüísticas do alemán (diatópicas, diastráticas etc.) a partir das características específicas de cada variedade. Recoñecer as diferentes variedades axuda a mellorar o proceso da recepción de diferentes tipos de textos escritos e falados en alemán. A adquisición destes coñecementos é ademais oportuna para o estudante de alemán como lingua estranxeira para a súa propia aplicación activa e diferenciada dalgunhas variedades do alemán no proceso da produción lingüística escrita e oral da lingua estranxeira.
1. Introdución teórica e empírica á lingüística de variedades
Obxecto de estudo, obxectivos, temas e metodoloxía da lingüística de variedades
2. Variedades mediais: o alemán escrito vs. o alemán oral
2.1. Introdución: achegamento desde un punto de visto teórico e empírico:
2.2. Traballo con corpus lingüísticos do alemán escrito e falado
2.3. O concepto de “ kommunikative Nähe und Distanz”
2.4. Características lingüísticas do alemán oral a nivel léxico, morfolóxico, sintáctico, pragmático e interaccional
3. Variedades areais: o alemán estándar vs. variedades das áreas
3. A variedade lingüística entre o alemán estándar e dialecto
3.1 A situación lingüística en Alemaña
3.2 A situación lingüística en Austria
3.3 A situación lingüística en Suiza
3.4 O alemán noutras partes do mundo
4. Outras variedades lingüísticas
4.1. Variedades situacionais/funcionais: o alemán estandard vs. a linguaxe específica
4.1.1. Achegamento desde un punto de vista teórico, práctico e empírico:
4.1.2. Diversidade de texto funcionais e a linguaxe específica (científico, xurídico, económico, turístico, publicitario, xornalísticos, etc.)
4.1.3. “Linguaxe simplificada” no ámbito público/administrativo
4.1.3. Características lingüísticas: a nivel léxico, gramatical, pragmático
4.2. Variedades sociolectales: o alemán estandard ↔ sociolectos
4.2.1. Achegamento desde un punto de vista teórico, práctico e empírico
4.2.2. Diversidade: linguaxe infantil, linguaxe xuvenil, linguaxe de xénero etc.
4.2.3. Características lingüísticas: a nivel léxico, gramatical, pragmático
5. Variedades y cambio lingüístico
Ammon, Ulrich et al. (eds.) (2004-2006): Soziolinguistik. Ein internationales Handbuch. Berlin: de Gruyter.
Ammon, Ulrich et al. (2004): Variantenwörterbuch des Deutschen. Die Standardsprache in Österreich, der Schweiz und Deutschland sowie inLiechtenstein, Luxemburg, Ostbelgien und Südtirol. Berlin: de Gruyter
Auer, Peter (2012): Sprachliche Heterogenität im Deutschen. Linguistik zwischen Variation, Varietäten und Stil. In: Franceschini, Rita / Schwarz, Christian (Hrsg.): Verschwommene Dialekte. Zeitschrift für Literaturwissenschaft und Linguistik 42/166, 7-28.
Berthele, Raphael (2004): Vor lauter Linguisten die Sprache nicht mehr sehen – Diglossie und Ideologie in der deutschsprachigen Schweiz. In: Helen Christen (Hg.): Varietäten und Varianten im sozialen und zeitlichen Raum. Wien: Praesens, 112 – 136.
Besch, Werner et al. (Hgg.) (1983): Dialektologie. Ein Handbuch zur deutschen und allgemeinen Dialektforschung. Berlin: de Gruyter.
Bickel, Hans / Christoph Landolt(2012): Duden – Schweizerhochdeutsch. Wörterbuch der Standardsprache in der deutschen Schweiz. Mannheim, Zürich: Dudenverlag.
Ebner, Jacob (2008): Duden – Österreichisches Deutsch. Mannheim: Dudenverlag.
Elmentaler, Michael (2009): Hochdeutsch und Platt – zwei ungleiche Nachbarn. In: Michael Elmentaler (Hg.): Deutsch und seine Nachbarn. Frankfurt: Peter Lang. 31 – 46.
Elmentaler, Michael / Markus Hundt / Jürgen Erich Schmidt (Hrsg.) (2015): Deutsche Dialekte. Konzepte, Probleme, Handlungsfelder. Zeitschrift für Dialektologie und Linguistik. Beiheft. Bd. 158.
Felder, Ekkehard (2016): Einführung in die Varietätenlinguistik. Darmstadt: WBG
Huesmann, Anette (1998): Zwischen Dialekt und Standard. Tübingen.
Koch, Peter / Wulf Oesterreicher (1985): Sprache der Nähe - Sprache der Distanz. Mündlichkeit und Schriftlichkeit im Spannungsfeld von Sprachtheorie und Sprachgeschichte. In: Romanistisches Jahrbuch 36/85,15-43.
Koch, Peter / Wulf Oesterreicher (2007): Schriftlichkeit und kommunikative Distanz. In: Zeitschrift für germanstische Linguistik 35, 346-375; DOI 10.1515/ZGL.2007.024
Löffler, Heinrich (2003): Dialektologie. Eine Einführung. Tübingen.
Mattheier, K.J. (ed.) (1997): Norm und Variation, Frankfurt, Berlin: P. Lang.
Mattheier, Karl (1980): Pragmatik der Dialekte. Einführung in die kommunikative Dialektologie des Deutschen. Heidelberg.
Neuland, E. (ed.) (2006): Variation im heutigen Deutsch. Perspektiven für den Sprachunterricht. Frankfurt: P. Lang.
Neuland, E. (2008): Jugendsprache. Eine Einführung. UTB Francke.
Niebaum, Hermann / Macha, Jürgen (1999/2006): Einführung in die Dialektologie des Deutschen. Tübingen.
Sinner, Carsten (2013): Varietätenlinguistik: Eine Einführung. Tübingen: Narr.
Spiekermann, Helmut (2010): Variation in der deutschen Sprache. In: Krumm, Hans-Jürgen et al. (Hrsg.): Deutsch als Fremd- und Zweitsprache Bd. 1. Berlin, New York: de Gruyter, 343 – 359.
Schwitalla, Johannes (2010): Das Verhältnis zwischen gesprochener und geschriebener Sprache. In: Krumm, Hans-Jürgen et al. (Hrsg.): Deutsch als Fremd- und Zweitsprache Bd. 1. Berlin, New York: de Gruyter, 425 – 430.
Santillán, Elena (2009): Digitale Jugendkommunikation in der Informationsgesellschaft. Spanisch, Italienisch und Deutsch im Vergleich. Praesens Verlag.
Wiese, Heike (2011): Ein neuer urbaner Dialekt im multiethnischen Raum: Kiezdeutsch. In: Läpple, Dieter / Messling, Markus / Trabant, Jürgen (Hrsg.): Stadt und Urbanität. Transdisziplinäre Perspektiven. Berlin 2011. S. 146-161.
Ao principio do curso poñeranse máis materiais bibliográficos ao dispor dos estudantes.
As competencias que se deberían adquirir durante o curso son as seguintes:
a. Introdución teórica na temática (conceptos básicos, modelos, métodos)
b. Lectura seleccionada de textos científicos en lingua alemá sobre as diferentes variedades e as súas características
c. Aprendizaxe da terminoloxía científica
d. Traballo con corpus lingüísticos do alemán escrito e falado
e. Aprendizaxe de estratexias para a identificación e análise das diferentes variedades do alemán a partir de textos auténticos
f. Traballo científico autónomo: exposición dun traballo sobre unha das variedades lingüísticas do alemán e a súa posterior elaboración como traballo escrito.
g. Mellora da competencia lingüística do alemán
Cada tema será introducido mediante un achegamento teórico e empírico. Complementarase a nivel práctico mediante unha fase analítica de textos e materiais auténticos co obxectivo de identificar, sistematizar e estruturar as características específicas.
Estas fases prácticas con exercicios escritos e orais para a recepción de textos de diferentes variedades lingüísticas do alemán pretende consolidar os coñecementos teóricos e aumentar os coñecementos da lingua alemá a nivel de usuario en canto á súa diversidade de estilos e rexistros.
A participación activa e regular en clase e a realización dos exercicios en prazo e forma serven principalmente para o (auto)control do proceso de aprendizaxe.
Para incentivar o traballo autónomo do estudante pídese ademais a elaboración dun tema que se expoñerá en clase e que se desenvolverá posteriormente en forma dun traballo escrito. A lista dos temas de presentará ao comezo do curso.
Para iso actívase a plataforma de traballo institucional da USC ( aula virtual). Espérase que os participantes do curso familiarícense coa aula virtual desde o principio do curso e participen nas diferentes actividades que se ofrecen.
Participación regular e realización das tarefas prácticas: 20%
Presentación dun tema relacionado co programa da materia + traballo escrito: 30%
Exame final: 50%
Estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase serán evaluados sobre a base do exame final (100 %).
O sistema de avaliación é o mesmo na primeira e segunda oportunidade.
No caso dunha realización fraudulenta dos exercicios e/ou probas, aplicarase o que recolle o artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”
50 horas presenciais
aproximadamente 100 horas de traballo individual
2 titorías individuais (con citación previa) para a preparación do “ Referat” e o traballo escrito.
Os participantes do curso deberían posuír coñecementos de alemán a nivel B2 e ter coñecementos básicos de gramática alemá. É recomendable ter aprobado os cursos "Gramática Alemá " (1 e 2) e "Lingua Alemá 7".
O curso impartirase en alemán.
Meike Meliss
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811857
- Correo electrónico
- meike.meliss [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Alemán | D05 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D03 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D03 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |