Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia “Semiótica das linguas e da comunicación” forma parte do Módulo Complementario “Linguas e comunicación. Aplicacións”, cuxo obxectivo é proporcionar unha formación axeitada para se desenvolver na comprensión e análise de diferentes niveis de comunicación, e que conduce á obtención do “Minor en Lingüística Xeral”.
Máis especificamente, o sentido da materia consiste en ofrecer unha panorámica das bases e fundamentos semióticos dos signos e os sistemas de signos, a súa significación (semiótica da significación) e o seu papel chave na comunicación no seu sentido máis amplo (semiótica da comunicación), non restrinxida, por tanto, á linguaxe (verbal ou de signos xestuais) nin aos sistemas semióticos humanos (pois a comunicación mediante códigos abrangue o reino animal).
Deste xeito, a materia pretende introducir os principios e a metodoloxía da Semiótica, abordando a organización, as bases referenciais e a función dos códigos en diferentes medios e soportes, de maneira que as/os estudantes sexan quen de analizaren semioticamente de xeito autónomo os principais aspectos de moi variados códigos comunicativos, animais ou humanos, e dentro destes últimos, códigos lingüísticos e non lingüísticos.
En resumo, os obxectivos da materia consisten fundamentalmente en adquirir competencias básicas para analizar os fundamentos semióticos, tanto dende unha óptica intrínseca, como aplicados ao eido da comunicación.
TEMA 1. A SEMIÓTICA
OBXECTIVOS: Caracterizar a Semiótica como disciplina, e tamén o seu obxecto de estudo.
GUIÓN:
1.1. Caracterización da Semiótica como disciplina
1.2. Información e comunicación
1.3. Obxecto de estudo: semiose e signos
1.4. Divisións e tipos de Semiótica
As sesións interactivas (de seminario) correspondentes ao tema 1 abordarán as seguintes cuestións:
-Explicación do contido das sesións interactivas e titorías
-Explicación das diferenzas entre as dúas grandes correntes da Semiótica (europea e americana)
-Exercicios sobre as nocións de información e comunicación
-Exercicios sobre as nocións de semiose e signo, e sobre os compoñentes do triángulo semiótico de Charles Peirce (representame, obxecto e interpretante)
TEMA 2. FUNDAMENTOS DE SEMIÓTICA
OBXECTIVOS: Ofrecer unha síntese dos principais fundamentos e nocións semióticas, que serán aplicadas no tema 3 a sistemas semióticos concretos.
GUIÓN:
2.1. Comunicación e representación
2.2. Significación e tipos de sinais
2.3. Indicialidade, iconicidade e simbolicidade
2.4. Códigos e os seus tipos. Canles.
As sesións interactivas correspondentes ao tema 2 abordarán as seguintes cuestións:
-Diferenzas entre a realidade e a representación da realidade (obxecto dinámico vs. Obxecto inmediato)
-Exercicios sobre a noción de semanticidade
-Traballo coas tres relacións existentes entre representame e obxecto (indicialidade, iconicidade e simbolicidade)
-Traballo coas nocións de arbitariedade ou simbolicidade e inconicidade
-Traballo cos diferentes parámetros para clasificarmos códigos
TEMA 3. CÓDIGOS SEMIÓTICOS E COMUNICACIÓN
OBXECTIVOS: Ofrecer unha panorámica dos principais sistemas semióticos (lingüísticos e non lingüísticos, e tamén humanos e non humanos), con especial atención ao eido comunicativo, que permita contemplalos e analizalos a partir dos fundamentos ofrecidos no tema anterior.
GUIÓN:
3.1. Comunicación animal e humana
3.2. Semiose humana como semiose sociocultural
3.3. Semiose non lingüística
3.4. Semiose lingüística. O signo lingüístico. Tipos de semiose lingüística: linguaxe oral, de signos, escritura.
As sesións interactivas correspondentes ao tema 3 abranguerán as seguintes cuestións:
-Análise de varios sistemas de comunicación animal
-Traballo sobre as similitudes e as diferenzas entre a comunicación animal e humana
-Exposición e análise dos primeiros elementos simbólicos humanos na Prehistoria
-Visualización dun documental sobre a arte parietal da cova de Chauvet (Francia)
-Análise semiótica de signos ou sistemas de signos non lingüísticos
TITORÍAS PROGRAMADAS EN GRUPO
Desenvolverase unha titoría programada de 3 horas de duración, que se impartirá en sesión de tarde durante o mes de decembro, sobre a orixe e a evolución da escritura cuneiforme sumeria (a máis antiga coñecida, aprox. 3.500 a.C.), co obxectivo de que o estudantado poida apreciar a xénese dun aspecto semiótico tan complexo como un sistema de escritura.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Dicionarios / panorámicas de Semiótica
BOUISSAC, P. (ed.) (1998): Encyclopedia of Semiotics. New York: OUP.
COBLEY, P. (ed.) (2001): The Routledge companion to semiotics and linguistics. London: Routledge.
GREIMAS, A. y J. COURTÈS (1979): Semiótica: Diccionario razonado de la teoría del lenguaje. Madrid: Gredos, 1982.
SEBEOK, T. (ed.) (1986): Encyclopedic dictionary of semiotics. 3 vols. Berlin: de Gruyter.
Introducións á Semiótica e á comunicación
BAYLON, C. y X. MIGNOT (1996): La comunicación. Madrid: Cátedra.
BOVES NAVES, M.C. (1989): La semiología. Madrid: Síntesis.
CHANDLER, D. (2002): Semiotics: The basics. London: Routledge.
CLARK, H. (1996): Using language. Cambridge: CUP.
JOHANSEN, J. y S. LARSEN (2002): Signs in use. An introduction to Semiotics. London: Routledge.
LEEUWEN, T. van (2005): Introducing social semiotics. New York: Routledge.
NIÑO ROJAS, V.M. (2007): Fundamentos de Semiótica y Lingüística. Bogotá: Ecoe.
SEBEOK, T. (1996): Signos: una introducción a la semiótica. Paidós: Barcelona.
SERRANO, S. (1984): La semiótica. Barcelona: Montesinos.
SERRANO, S. (1999): Comprender la comunicación. Barcelona: Paidós.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ANDERSON, S. (2004): Doctor Dolittle’s delusion. New Haven: Yale UP.
BARTHES, R. (1990): La aventura semiológica. Barcelona: Paidós.
BELTRÁN MARTÍNEZ, A. et al. (2001): Semiótica del arte prehistórico. Valencia: Diputación.
CESTERO MANCERA, A.M. (1999): Repertorio básico de signos no verbales del español. Madrid: Arco/Libros.
ECO, U. (1975): Tratado de semiótica general. Barcelona: Lumen, 1988.
ECO, U. (1997): Kant y el ornitorrinco. Barcelona: Lumen, 1999.
EMMOREY, K. (2002): Language, cognition, and the brain. Insights from sign language research. Mahwah: Erlbaum.
HAARMAN, H. (1990): Language in its cultural embedding. Berlin: de Gruyter.
HALLIDAY, M. (1978): El lenguaje como semiótica social. Méjico: FCE, 2001.
HARRIS, R. (1995): Signos de escritura. Barcelona: Gedisa, 1999.
HARRIS, R. (2000): Rethinking writing. London & New York: Continuum.
LONGA, V.M. (2012): Lenguaje humano y comunicación animal: análisis comparativo. Bucaramanga: Universidad Industrial de Santander.
LONGA, V.M. (2013): "Bibliografía seleccionada y comentada sobre comunicación y semiosis animal". Moenia 19: 523-573.
LIUNGMAN, C.G. (1995): Thought signs. The semiotics of symbols – Western non-pictorial ideograms. Amsterdam: IOS Press.
LOCK, A. y C. PETERS (eds.) (1996): Handbook of human symbolic communication. Oxford: Blackwell.
LUBIOLA, J. y F. ZALAMEA (eds.) (2006): Charles Sanders Peirce. Razón e invención del pensamiento pragmatista. Revista Anthropos, nº 212.
MCNEILL, D. (ed.) (2000): Language and gesture. Cambridge: Cambridge UP.
MORRIS, C. (1938): Fundamentos de la teoría de los signos. Barcelona: Paidós, 1985.
PEIRCE, C. (1987): Obra lógico-semiótica. Madrid: Taurus.
POYATOS, F. (1994): La comunicación no verbal. Madrid: Itsmo, 3 vols.
RIBA, C. (1990): La comunicación animal. Un enfoque zoosemiótico. Barcelona: Anthropos.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, M.A. (1992): Lenguaje de signos. Barcelona: ONCE.
SAUSSURE, F. de (1916): Curso de lingüística general. Madrid: Akal, 1980.
SEBEOK, T. (ed.) (1977): How animals communicate. Bloomington: Indiana UP.
SEBEOK, T. e M. DANESI (2000): The forms of meaning. Modelling Systems Theory and semiotic analysis. Berlin: de Gruyter.
SIMONE, R. (1993): Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel.
VERON, E. (1987): La semiosis social. Buenos Aires: Gedisa.
(1) Dominar conceptos e fundamentos esenciais para o estudo das bases semióticas dos elementos significativos (semiótica da significación) e dos signos e sistemas comunicativos (semiótica da comunicación).
(2) Obter unha visión ampla dos principios xerais da Semiótica que permitan situar a linguaxe humana no seo dos diferentes sistemas de comunicación.
(3) Entender o papel central do proceso de semiose para calquera eido da vida.
(4) Manexar recursos semióticos básicos para analizar con desenvoltura aspectos como os diferentes tipos de sinais, os variados tipos de códigos etc., de xeito que se poidan proxectar a moi diferentes ámbitos.
(5) Entender que a comunicación non é un fenómeno exclusivo da linguaxe nin do dominio humano.
(6) Comprender as diversas formas de comunicación e interacción e os procesos cos que se desenvolven.
(7) Recoñecer as diferentes clases de signos que interveñen na vida social do ser humano e o seu papel fundamental nas sociedades e na comunicación.
(8) Desenvolver a capacidade de lectura crítica e interpretación de signos no eido social.
A materia distribúese en tres horas semanais: dúas sesións expositivas e unha sesión interactiva. Ademais, como xa se indicou no apartado de “Contidos”, está prevista a realización dunha sesión de titorías programadas en grupo de 3 horas de duración, que se desenvolverá no mes de decembro, en horario de tarde. A conxunción dos diferentes tipos de sesión (expositivas, interactivas e titorías en grupo) pretende facilitar ao estudantado unha base sólida para a adquisición de coñecemento (teórico e práctico) sobre a materia, e tamén guiar o seu traballo autónomo.
En cada tema o estudantado deberá realizar dúas lecturas obrigatorias, concibidas como un complemento indispensable ás explicacións do profesor. As devanditas lecturas serán depositadas polo profesor na Aula Virtual da materia.
Como complemento das sesións expositivas e interactivas, habilitarase unha Aula Virtual que se empregará para o depósito dos materiais dixitais que o profesor vaia elaborando, para propor e recoller os exercicios da avaliación continua e para difundir calquera tipo de información sobre o seu desenvolvemento.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Para superar a materia existen dúas vías alternativas, que son independentes e, por tanto, excluíntes entre si (debe optarse por unha ou outra vía):
A) Avaliación continua: o profesor proporá na Aula Virtual da materia unha serie de exercicios que pretenden que o estudantado aplique de xeito práctico os contidos expositivos e interactivos da materia, polo que son unha peza fundamental para a aprendizaxe autónoma. O estudantado entregará os exercicios mediante a Aula Virtual da materia, e o profesor devolverá corrixidos e comentados os exercicios tamén mediante a Aula Virtual.
Posto que as dúas vías para superar a materia son excluíntes entre si, quen non supere a avaliación continua (vía A) non poderá optar pola vía B, e deberá examinarse na segunda oportunidade da materia.
B) Exame final: aquelas/es estudantes que decidan non seguiren o sistema de avaliación continua realizarán un exame final dos contidos expositivos e interactivos da materia, que se celebrará na data fixada oficialmente pola Secretaría da Facultade.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: A avaliación para a segunda oportunidade realizarase unicamente mediante un exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e interactivas). O exame celebrarase na data fixada oficialmente pola Secretaría da Facultade.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE: O estudantado que teña concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, por tanto, non poida optar polo sistema de avaliación continua, será avaliado exclusivamente mediante un exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e interactivas), que poderán realizar tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada polo Consello de Goberno da USC en sesión do 15/06/2011. En concreto, o Art. 16, titulado “Realización fraudulenta de exercicios ou probas”, establece que: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
O profesor aplicará de maneira automática o contido deste artigo no caso de que detecte algunha conduta académica deshonesta.
Sesións expositivas: 32 horas presenciais + 64 non presenciais (96 horas).
Sesións interactivas: 16 horas presenciais + 32 non presenciais (48 horas).
Sesión de titoría programa en grupos: 3 horas presenciais + 3 non presenciais (6 horas).
Total: 51 horas presenciais + 99 non presenciais (150 horas).
Os contidos do programa están ordenados para facilitar a aprendizaxe progresiva. Por tanto, cómpre evitar baleiros conceptuais nos diferentes aspectos tratados, pois, en caso de existiren, limitarán grandemente o avance en estadios posteriores, posto que o coñecemento se vai construíndo de maneira sucesiva. O traballo constante, guiado polo profesor, é o factor fundamental.
As explicacións detalladas dos contidos do programa na aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na aula pode converterse en coñecemento de maneira automática, coa vantaxe da interacción nas sesións de seminario.
O estudantado debe sustentar os contidos proporcionados na aula coa realización das lecturas obrigatorias que o profesor indicará para cada tema. A lectura selectiva robustece os mecanismos de aprendizaxe autónoma e crítica.
É moi importante realizar a avaliación continua, porquye a realización dos exercicios propostos permitirá asentar o coñecemento adquirido nas sesións expositivas e interactivas.
Por outra banda, dada a importancia de que disporá a Aula Virtual na materia (o profesor subirá diferentes materiais e lecturas a ela, e tamén os diferentes exercicios propostos, que deberán ser entregados de xeito virtual en ela, e recollidos, unha vez corrixidos), recoméndase ao estudantado unha atención constante á Aula Virtual para un axeitado seguimento dos contidos da materia, co obxectivo de acadar unha autoaprendizaxe guiada e orientada polo profesor e para establecer un proceso continuado de estudo.
Tendo en conta a enorme importancia que o profesor outorga ao esforzo e ao traballo honrado do estudantado, reitérase aquí un aspecto xa sinalado no apartado sobre o “Sistema de avaliación”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada polo Consello de Goberno da USC en sesión do 15/06/2011. En concreto, o Art. 16, titulado “Realización fraudulenta de exercicios ou probas”, establece que: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Reitérase así mesmo que o profesor aplicará de xeito automático o contido deste artigo no case de que detecte algunha conduta académica deshonesta.
Victor Manuel Longa Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811764
- Correo electrónico
- victormanuel.longa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C01 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C01 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C01 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C02 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C02 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |