Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dar a coñecer o contexto cultural e histórico do período medieval.
Transmitir un panorama global da literatura románica medieval e os seus vínculos coa produción literaria latina destes mesmos séculos.
Amosar a literatura románica medieval como un proceso cultural unitario con diferentes manifestacións nas distintas literaturas e a súa disolución nas diferentes literaturas nacionais.
Familiarizar o alumno coa formación e primeiras manifestacións dos distintos xéneros literarios.
Dar sentido á evolución dos textos literarios desde as súas primeiras manifestacións a través da formación das grandes correntes do século XII ata os casos máis elaborados de produción literaria no século XV.
Nun sentido xeral, aprender a vincular os contidos da materia cos das outras materias afíns da titulación.
1.- A Idade Media como período histórico fundamental da cultura de Occidente. Acontecementos fundamentais, avances culturais, eventos sociais, políticos e militares (particulares e comúns), relacións internacionais.
2.- As escolas e as universidades. A figura do intelectual na Idade Media.
3. A Europa feudal. Caballería e cortesía. O amor cortés.
4.- O nacemento das literaturas en linguas vernáculas. Primeiros textos e contexto cultural. A diglosia latín / romance.
5.- A produción literaria medieval e as súas características. A oralidade e a escritura. A orixinalidade e a imitación. Anonimia e autoría. A obra literaria. Principais xéneros en linguas vernáculas.
Nota: a bibliografía indicada aquí ten carácter básico. O profesor mencionará outros títulos conforme o requira a explicación na clase.
Aguadé Nieto, S. (coord.), Universidad, cultura y sociedad en la Edad Media, Alcalá de Henares, 1994.
Boitani, P.-Mancini, M.-Várvaro, A. (eds.), Lo spazio letterario del Medioevo, 2. Il medioevo volgare, Roma, Salerno, 1999-2002.
Brea, M., “Las lenguas románicas en la Edad Media”, in J. E. Gargallo Gil-M. Reina i Bastardas (eds.), Manual de lingüística románica, Barcelona, Ariel, 2007, pp. 121-145.
Cavallo, G.- Leonardi, Cl.-Menestò, E. (eds.), Lo spazio letterario del Medioevo, 1. Il medioevo latino, Roma, Salerno, 1992-1998.
Contamine, Ph., La Guerra en la Edad Media, Barcelona, Labor, 1984.
Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media latina, México-Madrid, FCE, 1984.
Di Girolamo, C., La letteratura romanza medievale: una storia per generi, Bologna, il Mulino, 1994.
Duby, G., Europa en la Edad Media, Barcelona, Paidós, 1990.
Formisano, L., La lirica, Bologna, il Mulino, 1990.
Giordano, A.-Batista Rodríguez, J. J., Literatura románica medieval (parte teórica), La Laguna, Universidad, 2004.
Le Goff, J., Los intelectuales en la Edad Media, Barcelona, Gedisa, 1986.
Limentani, A.-Infurna, M. (eds.), L’epica, Bologna, il Mulino, 1986.
Meneghetti, M. L., Le origini delle letterature romanze, Roma, Laterza, 1997.
_ (ed.), Il romanzo, Bologna, il Mulino, 1988.
Picone, M. (ed.), Il racconto, Bologna, il Mulino, 1985.
Pioletti, A. (ed.), Le letterature romanze del Medioevo: testi, storia, intersezioni: V convegno internazionale, Roma, 23-25 ottobre 1997, Soveria Manelli, Rubbettino, 2000.
Vàrvaro, A., Identità linguistiche e letterarie nell’Europa romanza, Roma, Salerno editrice, 2004.
_, Literatura románica de la Edad Media: estructuras y formas, Barcelona, Ariel, 1983.
VV. AA., Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, Heidelberg, Winter, 1968-2005.
Weckmann, L., El pensamiento político medieval y los orígenes del derecho internacional, México, FCE, 1993.
Capacidade de recoñecer períodos distintos da historia de Europa marcados pola súa evolución social e cultural.
Capacidade de distinguir as diferentes características definitorias dos diferentes xéneros literarios románicos e os vínculos existentes entre eles.
Capacidade de distinguir as particularidades históricas e literarias da Romania e os seus vínculos e diferenzas con respecto ás culturas contemporáneas.
Capacidade de relacionar a produción literaria medieval coa produción literaria moderna.
Capacidade para familiarizarse con fases antigas das distintas linguas romances a través do contacto con edicións literarias que reproduzan o estado medieval da lingua en cuestión.
Capacidade de entender a produción cultural románica e o seu vínculo coa produción latina.
Capacidade de emitir xuízos críticos e de analizar textos dunha certa dificultade de comprensión.
O curso terá como eixo a serie de sesións expositivas e presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar a súa comprensión coa participación activa na clase. A parte interactiva, presencial tamén, basearase en lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en documentos enteiros, fragmentos escollidos ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa materia.
Como alternativa ou complemento, tamén está prevista para esta parte interactiva a realización de exposicións ou traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo de todas estas tarefas poderá cambiar en función do número dos estudantes e das incidencias na marcha do curso, e poderán realizarse probas orais ou escritas como método de control desta parte. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías.
A nota da materia procederá nun 80% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular. Entre estas tarefas deberase entregar un comentario persoal do libro: J. Le Goff, ¿Nació Europa en la Edad Media? Crítica, Barcelona, 2003 (para entregar o 20 de outubro).
As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 20% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais (e con dispensa oficial) consistirá na realización dun único exame final presencial na data marcada no centro. O seu valor será do 100% da nota da materia. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a máis do 20% das clases e para os que non acadaran unha media de 5 na realización dos diferentes traballos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación (tarefas e exame) efectúase sempre sobre o contido exposto no programa.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías personalizadas: 15 horas.
Total sesións: 60 horas.
Horas de traballo non presenciais do alumno (estimativo): 90 horas.
Total: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumno. A organización desta parte é da enteira responsabilidade do estudante.
Seguir puntualmente o itinerario da materia, asistir ás titorías cando sexa necesario, realizar os traballos ordenados polo profesor e asistir a clase.
A profesora Esther Corral utilizará o galego nas súas clases.
O profesor Santiago López utilizará o español.
Santiago Lopez Martinez-Moras
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- santiago.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Esther Corral Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | C05 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | D09 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |