Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso de literatura italiana trata o período central da historia literaria italiana, que na periodización tradicional, ocupa os séculos XV e XVI, e que pode resumirse baixo a etiqueta xeral de Cultura humanístico-renacentista, na sua fase inicial (Humanismo, sec. XV), na sua madurez (Renacemento propiamente dito, primeira mitade do sec. XVI), e na súa disgregación (Contrarreforma, segunda mitade do século XVI).
1. A época humanística.
1.1. O sistema das cortes (os centros principais: Firenze, Napoli, Ferrara)
1.2. Firenze e o círculo mediceo: Luigi Pulci, Angelo Poliziano, Lorenzo de’ Medici.
1.3. A literatura da Italia padana: Matteo Maria Boiardo: "L’Orlando innamorato"
1.4. A literatura aragonesa: Jacopo Sannazaro: "L’Arcadia"
2. O Renacemento. Cultura e sociedade.
2.1.O Tratado: modelos de estilo e comportamento
2.1.1. Pietro Bembo e o debate sobre a lingua
2.1.2. O Libro del Cortegiano de Baldassarre Castiglione.
2.2. A lírica petrarquista e o anticlasicismo
2.3. O teatro: comedia, traxedia e drama pastoral.
2.3.1. Nicolò Machiavelli: "La Mandragola"
2.4. Ludovico Ariosto, poeta e cortesano
2.4.1. Orlando furioso: redaccións, estrutura, temas, lingua; a técnica do "entrelacement".
3. Contrarreforma: O Manierismo e a literatura tardo-renacentista
3.1. Torquato Tasso: formación e cultura; a reflexión teórica.
3.1.1. A "Gerusalemme liberata": estrutura e temas
3.1.2. Da "Gerusalemme liberata" á "Gerusalemme conquistata"
Lecturas e comentarios:
Poggio Bracciolini: “La liberazione dei padri dagli ergastoli”
Giovanni Pico della Mirandola: “Dignità dell’uomo”
Marsilio Ficino: “L’opera dell’uomo”
Angelo Poliziano: “Lode dell’eloquenza”
Lorenzo Valla: “Elogio della lingua latina”
Angelo Poliziano- Paolo Cortese: “Originalità e imitazione dei classici”
Angelo Poliziano: Stanze per la giostra di Giuliano de’ Medici [Lib. I, ott. 1-4; 8-22; 37-38; 41-44; 47-59 ]
Luigi Pulci: Morgante [XVIII, 112-120]
M.M. Boiardo: L’innamoramento di Orlando [Canto I]
Jacopo Sannazaro: L’Arcadia [cap. I]
Baldassare Castiglione: Il libro del Cortigiano [cap. IV]
Niccolò Machiavelli: La mandragola
Pietro Bembo: “Crin d’oro crespo e d’ambra tersa pura”
Francesco Berni: “Chiome d’argento fino irte e attorte”
Gaspara Stampa: “Piangete, donne, e con voi pianga Amore”
Ludovico Ariosto: Orlando furioso [I, 1-4; 5-23; 32-45; 48-61; 65-71; III, 75-77; IV, 1-33; XVIII, 165-192; XIX, 16-42; XXIII, 100-136; XXIV, 1-13; XXXIV, 70-92; XXXV, 1-2]
Torquato Tasso: La Gerusalemme liberata [I, 1-5; VII, 1-22; XII, 1-9, 18-19, 48-70; XVI, 9-23, 26-35; XIX, 11-28].
A. Bibliografía básica:
1. Edicións
ARIOSTO, L., Orlando furioso, edizioni consigliate: a cura di E. Bigi e C. Zampese, Milano, Rizzoli (BUR), 2012 /L. Caretti, Einaudi, Torino, 1992, 2 vols.
TASSO, T., La Gerusalemme liberata, edizioni consigliate: a cura di L. Caretti, Einaudi, Torino, 1993 /F. Tomasi, Milano, Rizzoli (BUR), 2009.
MACHIAVELLI, N., La Mandragola, edizioni consigliate a cura di G.D. Bonino, Einaudi, Torino, 1980/ R. Rinaldi, Milano, Rizzoli (BUR), 2010.
Para o comentario do resto dos autores indicaráse na aula virtual as edicións aconselladas.
2. Libro de texto
BRUSCAGLI, R., Il Quattrocento e il Cinquecento, Bologna, il Mulino, 2005.
BRUSCAGLI, R., TELLINI, G., Il Palazzo di Atlante. Le meraviglie della letteratura. 1B Dall'Umanesimo alla Controriforma, Milano, G. D'Anna, 2018.
3. Manuais de estudio:
ALFANO, G., GIGANTE, C., RUSSO, E., Il Rinascimento, Roma, Salerno Editrice, 2016.
BURKE, P., Il Rinascimento, Bologna, Il Mulino, 1998 [1982].
ANSELMI, G.M., Profilo storico della letteratura italiana, Milano, Sansoni, 2001, pp. 75-202.
BATTISTINI, A., (a cura di), Letteratura italiana. 1. Dalle origini al Seicento, Bologna, Il Mulino, 2014, pp. 205-410.
FERRONI, G. et alii, Storia e testi della letteratura italiana. vol. 3: IL mondo umanistico e signorile (1380-1494); vol. IV: L’età delle guerre d’Italia (1494-1559), Firenze, Le Monnier, 2002.
TELLINI, G., Letteratura italiana. Un metodo di studio, Firenze, Le Monnier, 20142, pp. 80-194.
LUPERINI, et alii, La scrittura e l’interpretazione. Storia e antologia della letteratura italiana nel quadro della civiltà europea, Firenze, Palumbo editore, 2001. Vols. 2 e 3.
PAZZAGLIA, M., Letteratura italiana. Testi e critica con lineamenti di storia letteraria. Vol. I: Dal Medioevo all’Umanesimo e vol. II: Dal Rinascimento all’Illuminismo, Milano, Zanichelli, 1993(3ª) (1979).
GUGLIELMINO, S.-GROSSER, H., Il sistema letterario. Guida alla storia letteraria e all’analisi testuale. vol. II: Quattrocento e Cinquecento e vol. III: Cinquecento e Seicento. Settecento, Milano, Principato, 1987/1988.
SEGRE, C.-MARTIGNONI, C., Guida alla letteratuta italiana. Testi nella storia, Mondadori, Milano, 1995 (vol. I Dalle origini al Rinascimento).
B. Bibliografía complementaria:
ASOR ROSA, A. (dir), Letteratura italiana. Le Opere: Dalle origini al Cinquecento, Torino, Einaudi, 1992, vol. I.
BORSELLINO, N.-PEDULLÀ, W. (dirs), Storia generale della letteratura italiana. Rinascimento e Umanesimo. Dal Quattrocento all’Ariosto, Milano, Motta Editore, 1999, vol. III.
BRIOSCHI, F.-DI GIROLANO, C., Manuale di Letteratura italiana. Storia per generi e problemi, Bollati Boringhieri, Torino, 1993, vol. II.
MALATO, E. (dir.), Storia della letteratura italiana. Vol. III: Il Quattrocento, vol. IV: Il primo Cinquecento e vol. V: La fine del Cinquecento e il Seicento, Roma, Salerno editrice, 1996/1997.
RAIMONDI, E., Dalle origini al Cinquecento, Milano, Mondadori, 2007.
Outros materiais serán indicados durante o curso e postos a disposición do alumnado na aula virtual e no servicio de fotocopias da facultade.
Tendo en conta a tipoloxía do estudantado que accederá ao curso, con formación lingüística xa consolidada e con coñecementos de crítica literaria, ademáis de nocións xerais e específicas da literatura italiana, o curso proponse:
1. Identificación das principais etapas, autores e obras da literatura italiana dos séculos XV e XVI.
2. Competencia para relacionar distintas obras e etapas entre sí e mesmo con obras doutras literaturas.
3. Capacidade de análise crítica de textos literarios italianos deses séculos.
4. Capacidade de elaborar autónomamente un traballo crítico e expoñelo na aula.
Ao final do curso o estudantado deberá coñecer as principais etapas, autores e obras da literatura italiana dos séculos XV e XVI, ademáis de poder relacionar as distintas obras entre sí e tamén con outras literaturas; deberá ter tamén unha serie de competencias nocionais e metodolóxicas específicas da materia e estar en condicións de recoñecer e definir as características específicas deste período. En definitiva, o alumnado deberá ter a habilidade suficiente para facer unha lectura, unha interpretación correcta e un comentario persoal dun texto da literatura italiana do Renacemento.
A estrutura do curso estará constituída por leccións maxistrais de introducción descriptiva, de contextualización crítica e de información bibliográfica. Estes aspectos virán acompañados da actividade maieutica, dialéctica e dialóxica e coa intervención activa por parte dos estudiantes, debidamente estruturada e preparada.
Unha parte das horas lectivas estará adicada á exposición das introducións teóricas e dos comentarios elaborados polo alumnado, baixo a guía da profesora.
Na aula virtual da materia estará indicado o desenvolvemento de todas e cada unha das unidades didácticas do programa, cos contidos teóricos e os textos obxecto de comentario.
Para avaliar a madurez do alumnado e o coñecemento da materia realizarase un exame escrito con preguntas de tipo teórico (os alumnos responderán a preguntas de carácter xeral da parte teórica do programa) e práctico (farán un comentario dun texto concreto dos da parte práctica).
A puntuación final da materia será a da media do exame escrito (50%) e das dúas exposicións orais durante o curso: unha de teoría e outra dunha lectura crítica dun texto narrativo, concordados coa docente (50%), dentro dos contidos da materia. Polo que se refire á metodoloxía, as presentacións deben prever os seguintes puntos: índice ou esquema dos temas tratados e bibliografía manexada.
Os criterios son os mesmos para todas as sesións de exames (xaneiro - xullo). No caso que non se superase o exame e foran avaliadas positivamente nos traballos presentados, se manterán estas calificacións no segunda oportunidade.
Criterios de avaliación para o estudantado con exención oficial de asistencia. Os alumnos con dispensa de asistencia terán que poñerse en contacto coa docente para determinar o tema dos dous traballos que terá que entregar antes da data do exame final. Polo que se refire á metodoloxía, o traballo debe prever os seguintes puntos: índice ou esquema do tema tratado; introdución metodolóxica e temática; desenvolvemento do tema; conclusións, bibliografía e notas oportunas. O exame comprende preguntas de carácter teórico e práctico (preguntas de carácter xeral da parte teórica do programa e a análise e comentario dun texto concreto dos da parte práctica do programa).
A puntuación final terá en conta o coñecemento dos contidos da materia e a correspondente competenza escrita en lingua italiana.
A puntuación final da materia será a media do exame escrito (50 %) e dos dous traballos escritos (50 %). Os criterios indicados serán os mesmos para as dúas sesións do exame (xaneiro – xullo). No caso que non se superase o exame e fora avaliado positivamente o traballo presentado, se manterá esta cualificación no segunda oportunidade.
Todos os materiais que o alumnado entregará en italiano deben axeitarse ao nivel de lingua italiana 7 e, polo tanto, estar libres de erros grafemáticos, semánticos, morfolóxicos e sintácticos. Cada erro suporá unha redución de 0,10 puntos da nota numérica final.
IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Trátase dunha materia de 6 créditos ECTS que corresponden a 150 horas de traballo, dos cales 54 serán de frecuencia e 96 de traballo persoal.
Asistencia regular a clase e participación nas sesión interactivas.
1. Calquera fragmento pertencente á obra doutra persoa incluído nun traballo ou nunha presentación sen as preceptivas aspas e a indicación explícita da súa procedencia será considerado plaxio e dará lugar a unha cualificación de 0 (cero) no traballo.
2. A profesora responderá aos correos electrónicos dos estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
3. Será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
4. Lémbrase aos estudantes que a profesora poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
5. A docente poderá solicitar a sinatura de presencia nas aulas ao estudantado a mero efecto estatístico, sen valor para a avaliación da materia.
Maria Consuelo De Frutos Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- mconsuelo.defrutos.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D12 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | B06 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | D06 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |