Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O curso pretende introducir no estudo da literatura italiana do século XX, escollendo coma punto prioritario de observación, algunhas obras representativas.
Prestarase especial atención á obra de Giovanni Pascoli e Garbriele d’Annunzio; Giuseppe Ungaretti, Umberto Saba e Eugenio Montale; Cesare Pavese, Elsa Morante.
Bibliografía básica:
a) Unha Storia della Letteratura que haberá que elixir entre as seguintes:
- CASADEI A.-SANTAGATA M., Manuale di letteratura italiana contemporanea, Bari, Laterza.
- FERRONI, G., Storia e testi della Letteratura Italiana, Milano, Mondadori Università (voll. IX-X-XI).
- LUPERINI, R.-CATALDI, P., La scrittura e l’interpretazione: storia della letteratura italiana nel quadro della civiltà e della letteratura dell’Occidente, Palermo, Palumbo (serie rossa, voll. 5-6).
b) Unha antoloxía de textos poéticos dispoñible ao comenzo do curso na aula virtual.
c) As seguintes obras:
E. MORANTE, L'isola di Arturo;
C. PAVESE, La luna e i falò.
Bibliografía complementaria:
Indicarase ao comezo do curso.
Coñecemento de poéticas, autores e obras representativas do Novecento italiano. Capacidade de interpretar criticamente textos literarios relativos ao período estudado.
Cada tema será obxecto de explicación teórica detallada, á que lle seguirá a análise directa dos textos. Na análise dos textos pedirase a intervención activa do estudante.
Dous exames parciais escritos ao longo do curso (100% da nota).
Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final igual ou superior a 5 en ambas as probas. A cualificación final resultará da media dos dous exames parciais realizados durante o curso.
Os/as alumnos/as con exención oficial de asistencia, aqueles/as que non obtivesen unha nota igual ou superior a 5 nos exames parciais e aqueles/as que prefiran ser avaliados mediante unha única proba final escrita, poderán presentarse directamente ao exame final nas convocatorias ordinarias previstas.
Neste caso, a cualificación virá dada polo resultado do exame final escrito (100% da nota).
Será fundamental o estudio progresivo e constante da materia.
Asistencia regular ás clases, estudo continuado e lectura das obras obrigatorias paralelamente á súa explicación teórica para facilitar a discusión na clase.
1.-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
2.-As titorías serán en presencia, previa cita a través do correo electrónico.
3.-A profesora responderá aos correos electrónicos dos estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
4.-Lémbrase aos estudantes que a profesora poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
Marilena Ceccarelli
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- marilena.ceccarelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D05 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D05 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | D05 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |