Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia proponse presentar aos/ás estudantes unha ampla visión da produción literaria italiana do século XIII e de Dante Alighieri.
1. Características xerais da cultura e a literatura medieval.
2. Panorámica da situación lingüísitica italiana no século XIII.
3. A literatura italiana das orixes: S. Francesco d’Assisi e Jacopone da Todi.
4. A Scuola Poetica Siciliana.
5. A Scuola siculo-toscana.
6. O Dolce Stil Novo.
7. A prosa do século XIII: il Novellino e il Milione.
8. Dante Alighieri:
8.1. A formación cultural e a actividade política de Dante.
8.2. Vita nuova.
8.3. Rime, Convivio, De Vulgari Eloquentia e Monarchia.
8.4. A Divina commedia.
Bibliografía básica
1. Lecturas obrigatorias.
Francesco d’Assisi, Laudes creaturarum (o Cantico di Frate Sole).
Jacopone da Todi, Pianto della Madonna (o Donna de Paradiso).
Giacomo da Lentini: Meravigliosamente.
Jacopo Mostacci, Pier della Vigna, Giacomo da Lentini: tenzone (Sollicitando un poco meo savere; Però ch’amore non si po' vedere; Amor è un[o] desio che ven da core.
Cielo d’Alcamo: Contrasto tra amante e Madonna (o Rosa fresca aulentissima).
Guido Guinizzelli: Al cor gentil rempaira sempre amore; Io voglio del ver la mia donna laudare.
Guido Cavalcanti: Donna me prega perch’eo voglio dire; Chi è questa che vèn, ch’ogn’om la mira.
Cino da Pistoia: Io fu’ ’n su l’alto e ’n sul beato monte.
Guittone D’Arezzo: Con più m’allungo, più m’è prossimana.
Cecco Angiolieri: S’i’ fosse foco, ardereï ‘l mondo.
Il Novellino: Prologo; Come uno re fece nodrire un suo figliuolo anni dieci in tenebrose spilonche, e come le donzelle li piacquero sopra l’altre cose (XIII).
Marco Polo, Il Milione: Esordio (cap. 1); De la moneta del Grande Kane (cap. 95)
Dante Alighieri, Divina commedia.
2. Manuais e enciclopedias
Asor Rosa, Alberto (dir.), Letteratura italiana. Le opere, Torino, Einaudi, 1993 (vol. Dalle origini al Cinquecento).
Bàrberi Squarotti, Giorgio (dir.), Storia della civiltà letteraria italiana, Torino, Utet, 1990 (vol. Dalle origini al Trecento)
Ferroni, Giulio, Storia della letteratura italiana, Torino, Einaudi, 1991 (vol. Dalle origini al Quattrocento).
Malato, Enrico, Storia della letteratura italiana, Roma, Salerno Editrice, 1994-1998 (vol. Dalle origini a Dante).
A CAUSA DA LIMITACIÓN DE CARACTERES, O RESTO DA BIBLIOGRAFÍA DEBE SER CONSULTADO NA AULA VIRTUAL DA MATERIA.
Os/as alumnos/as deberán coñecer as principais correntes, autores e obras pertencentes ao século XIII e ser quen de realizar un comentario literario exhaustivo e correcto dun texto de calquera delas. Ademais deberán demostrar un amplo coñecemento da Divina commedia.
As clases desenvolveranse exclusivamente en italiano. Nelas alternaranse as explicacións de carácter historiográfico con lecturas e análises de textos. As clases prevén a participación activa e constante dos/as estudantes.
As clases expositivas alternarán as explicacións teóricas con lecturas e exercicios prácticos guiados polo/la docente. Nas clases interactivas os/as estudantes practicarán a análise de textos literarios italianos do século XIII. Para isto, o docente indicará, coa antelación suficiente, os textos obxecto de comentario para, posteriormente, seren expostos e corrixidos durante as clases.
Os/as estudantes, individualmente e en italiano, realizarán o comentario crítico de algúns textos literarios do s. XIII previamente acordados co/a profesor/a.
Ademais, os/as estudantes realizarán un comentario escrito, en italiano, dun canto da Divina Commedia que deberán entregar ao/a profesor/a.
O/A profesor/a servirase da aula virtual para poñer a disposición dos/as estudantes apuntes, documentos, materiais multimedia e materiais didácticos complementarios.
(a) Exame final: ata 7 puntos. O exame, que os/as estudantes deberán redactar en italiano, estará dividido en dúas seccións: na primeira parte os/as estudantes deberán responder a preguntas de carácter teórico sobre os temas do programa da materia e, na segunda, realizar un comentario dun texto literario italiano do período abranguido pola materia.
(b) Exposición individual do comentario dun texto literario do século XIII: ata 1,5 puntos. A exposición, en italiano, afrontará o comentario dun texto literario fixado de común acordo entre o/a profesor/a e o/a estudante que realizará a exposición. Os textos das exposicións e as intervencións dos/as estudantes deberán quedar fixados antes do 14 de febreiro de 2025 (superada esta data, entenderase que o estudante renuncia a participar na exposición e, xa que logo, á puntuación que poidera acadar).
(c) Comentario dun canto da Divina commedia: ata 1,5 puntos. O texto do comentario será fixado de común acordo entre o/a profesor/a e o/a estudante. O comentario, en italiano, terá unha extensión máxima de 10 páxinas (Times New Roman 12, interliña 1,5, marxes 2,5 cm.). Os/as estudantes deberán fixar co docente o texto do que realizarán o comentario antes do 21 de febreiro de 2025 (superada esta data, entenderase que o/a estudante renuncia a realizar o comentario e, xa que logo, á puntuación que poidera acadar).
Aqueles/as estudantes que teñan dispensa oficial de asistencia, en lugar de participar nas exposicións, deberán entregar outro comentario, redactado en italiano, dun texto literario concertado co/a profesor/a.
O sistema de avaliación será igual nas dúas oportunidades previstas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Nota importante 1: todos os textos que os/as estudantes deberán entregar, en italiano, deberán axeitarse ao nivel de lingua esixible a un alumno de Lingua italiana 7 e, xa que logo, estar totalmente libres de erros grafemáticos, semánticos e morfolóxicos (subsanables en todos os casos a través da consulta dun dicionario ou unha gramática) e presentar unha sintaxe ben artellada e globalmente correcta. Cada erro deste tipo implicará unha redución de 0,25 puntos sobre a nota final.
Nota importante 2: o comentario dun texto literario deberá presentar, polo menos, as seguintes seccións:
1. Descrición da tipoloxía do texto comentado.
2. Análise métrica, dramatúrxica, narratolóxica, retórica, etc. segundo corresponda.
3. Análise do contido do texto e da súa relación coa súa forma.
4. Relación do texto coa obra e período aos que pertence.
5. Conclusións e valoración crítica do texto.
6. Bibliografía consultada e citada.
Con esta materia obtéñense 6 créditos. Ademais da participación nas clases, catro horas semanais de estudo persoal e lectura crítica deberían ser dabondo para superar a materia.
indicados polo docente e consultar e ler os manuais e obras de consulta recomendados na bibliografía.
Así mesmo é moi importante revisar detidamente todo o material que se entregue ao/a profesor,/a tanto dende un punto de vista contenutístico como lingüístico.
1. Calquera fragmento pertencente á obra doutra persoa incluído nun traballo ou nunha presentación sen as preceptivas aspas e a indicación explícita da súa procedencia será considerado plaxio e dará lugar a unha cualificación de 0 (cero) no traballo.
2. O/A profesor/a non responderá nin terá en conta as mensaxes de correo electrónico en cuxo texto non se indique o nome completo do/a estudante e a materia á que pertence.
2. O/A profesor/a responderá aos correos electrónicos dos/as estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
3. Excepcionalmente posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
4. Lémbrase aos/ás estudantes que o/a profesor/a poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
6. O/A profesor/a poderá solicitar a sinatura da presencia na aula aos estudantes a mero efecto estatístico, sen valor para a avaliación da materia.
Priscilla Santoro
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- priscilla.santoro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C06 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D04 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | C03 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |