Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal desta materia é presentar aos/ás estudiantes os instrumentos necesarios para o estudo da literatura italiana, os rudimentos metodolóxicos para poder afrontar o estudo e o comentario de textos literarios italianos pertencentes a calquera xénero, e as coordenadas históricas, ideolóxicas e estéticas básicas, elementos todos eles que lles permitirán orientarse con seguridade tanto nos diferentes períodos da literatura italiana, entendidos globalmente, como nos seus principais autores e obras dende as orixes ata a actualidade para poder afrontar deste xeito con garantías de éxito o estudo en profundidade, en materias posteriores, da literatura italiana tanto dende a perspectiva da historia dos xéneros literarios como dende un punto de vista estético-diacrónico.
1. Rudimentos de historia, cultura e lingua italiana.
1.1. Rudimentos de historia e xeografía de Italia.
1.2. Rudimentos de cultura italiana (literatura, artes plásticas e música).
1.3. Aproximación á situación lingüística italiana.
2. Disciplinas para o estudo da literatura italiana.
2.1. A fixación do texto: a ecdótica.
2.2. A descrición dos xéneros e a preceptística: a poética.
2.3. O estilo e a elaboración estética dos textos: a retórica.
2.4. O texto poético: a metricoloxía.
2.5. O texto narrativo: a narratoloxía, a análise dos personaxes, a análise do espazo e o tempo.
2.6. O texto dramático: texto e espectáculo, a análise dos personaxes, a análise do espazo e o tempo.
3. Instrumentos para o estudo da literatura italiana.
3.1. Edicións e textos en soporte tradicional.
3.2. Edicións, textos e bases de datos en soporte electrónico.
4. A formación da lengua literaria italiana.
4.1. O nacimento do italiano.
4.2. Concepto e características da literatura italiana.
4.3. A conformación do toscano-florentino como lingua literaria nacional.
4.4. A literatura dialectal e “maccheronica”.
5. Grandes autores, obras, movementos e correntes da literatura italiana.
5.1. A Idade Media.
5.1.1. Aspectos histórico-culturais.
5.1.2. As escolas Siciliana e Sículo-toscana.
5.1.3. O Dolce Stil Novo.
5.1.4. Dante.
5.1.5. Petrarca.
5.1.6. Boccaccio.
5.2. Humanismo, Renacemento, Manierismo.
5.2.1. Aspectos histórico-culturais.
5.2.2. Ariosto.
5.2.3. Tasso.
5.3. O Barroco.
5.3.1. Aspectos histórico-culturais.
5.3.2. Marino e Chiabrera.
5.3.3. A “Commedia dell’Arte” e a “opera in musica”.
5.4. Do Preilluminismo á unidade italiana.
5.4.1. Aspectos histórico-culturais.
5.4.2. A Academia da Arcadia e Metastasio.
5.4.3. A Ilustración. Parini e Goldoni.
5.4.4. O Neoclasicismo. Alfieri.
5.4.5. Risorgimento e Romanticismo. Foscolo. Leopardi. Manzoni.
5.5. Da unidade italiana ao século XX.
5.5.1. Aspectos histórico-culturais.
5.5.2. A Scapigliatura.
5.5.3. O Clasicismo. Carducci.
5.5.4. O Verismo. Verga.
5.5.5. O Decadentismo. D’Annunzio. Pascoli.
5.5.6. A poesía do século XX. Saba. Ungaretti. Quasimodo. Montale.
5.5.7. A prosa narrativa do século XX. Svevo. Gadda. Pavese. Moravia. Calvino.
5.5.8. O teatro do século XX. Pirandello. De Filippo. Fo.
Bibliografia básica
Guías e introducións
Asor Rosa, Alberto, Letteratura italiana: la storia, i classici, l’identità nazionale, Roma, Carocci, 2014.
Asor Rosa, Alberto, Storia europea della letteratura italiana, Torino, Einaudi, 2009.
Beniscelli, Alberto - Coletti, Vittorio, Strumenti per lo studio della letteratura italiana, Novara - Firenze, Istituto Geografico De Agostini - Le Monnier, 1992.
Dionisotti, Carlo, Geografia e storia della letteratura italiana, Torino, Einaudi, 1999.
Gardini, Nicola, Critica letteraria e letteratura italiana: autori, movimenti, interpretazioni, Milano, Einaudi Scuola, 1999.
González Miguel, Jesús Graciliano, Introducción al estudio de la literatura italiana. Problemas, tendencias, metodologías críticas, Léon, Celarayn, 1999.
L’Italianistica. Introduzione allo studio della letteratura italiana, a cura di Giorgio Bárberi Squarotti et alii, Torino, UTET, 1992.
Pasquini, Emilio (dir.), Guida allo studio della letteratura italiana, Bologna, Il Mulino, 1997.
Pozzi, Mario - Mattioda, Enrico, Introduzione alla letteratura italiana. Istituzioni, periodizzazioni, strumenti, Torino, UTET, 2006.
Tomasi, Francesca, Cronologia ragionata della letteratura italiana, Bologna, Gedit, 2001.
Zaccaria, Giuseppe - Benussi, Cristina, Per studiare la letteratura italiana. Strumenti e metodi, Torino, Paravia Scriptorium, 1999.
A CAUSA DA LIMITACIÓN DE CARACTERES, O RESTO DA BIBLIOGRAFÍA DEBE SER CONSULTADO NA AULA VIRTUAL DA MATERIA.
Os/as estudantes adquirirán as competencias necesarias para manexar os medios e instrumentos adecuados para afrontar o estudo das obras literarias. Así mesmo desenvolverán a capacidade de encadrar histórica e culturalmente os autores clásicos da literatura italiana e de recoñecer as correntes e movementos máis importantes da historia literaria italiana.
As clases están concebidas como un diálogo constante entre o profesor e os/as estudantes. Estes/as serán resposables da súa propia aprendizaxe mediante o estudo dos apuntes, a consulta da bibliografía recomendada e a análise crítica dos textos literarios propostos polo docente. O labor deste último será fundamentalmente o de orientar, asesorar e resolver as dúbidas que poidan lles xurdir aos/ás estudantes e avaliar o seu rendemento final.
O profesor servirase da aula virtual para poñer a disposición dos estudantes apuntes, documentos, materiais multimedia, etc.
(a) Exame final: ata 8 puntos. O exame estará dividido en dúas seccións: na primeira parte o/a estudante deberá responder a preguntas de carácter teórico sobre os temas do programa da materia e, na segunda, realizar un comentario dun texto literario italiano, similar aos estudados en clase, pero non necesariamente un deles (en italiano, castelán ou galego)
(b) Comentario dun texto literario italiano: ata 1 punto. O texto do comentario será elixido polo profesor. O comentario (escrito en galego, castelán ou italiano) terá unha extensión máxima de 5 páxinas (Times New Roman 12, entreliñado 1,5, marxes 2,5 cm.).
(c) Realización dun test de preguntas breves na aula virtual da materia ao final das clases presenciais: ata 1 punto.
O sistema de avaliación será o mesmo para todos os estudantes independentemente do seu nivel de asistencia regular, ou non, ás clases.
O texto do comentario será entregado en formato dixital (exclusivamente DOC o DOCX) a través da aula virtual e tamén impreso en papel ao profesor antes das 14:00 horas do 1 de decembro de 2024 (o ata as 14:00 horas do 1 de maio de 2025 para a segunda oportunidade). A dobre entrega é obrigatoria. O material enviado ao profesor por outros medios, despois das devanditas datas ou noutros formatos diferentes aos indicados non será valorado.
O sistema de avaliación será igual nas dúas oportunidades previstas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Nota importante 1: todos os textos redactados en galego ou castelán polos/as estudantes deberán respectar ás normas ortográficas oficiais e presentar unha corrección gramatical axeitada a un nivel de formación superior (cada erro implicará unha redución de 0,25 puntos sobre a nota final).
Nota importante 2: o comentario dun texto literario deberá presentar, polo menos, as seguintes seccións:
1. Descrición da tipoloxía do texto comentado.
2. Análise métrica, dramatúrxica, narratolóxica, retórica, etc. segundo corresponda.
3. Análise do contido do texto e da súa relación coa súa forma.
4. Relación do texto coa obra e período aos que pertence.
5. Conclusións e valoración crítica do texto.
6. Bibliografía consultada e citada.
Con esta materia obtéñense 6 créditos. Ademais da participación nas clases, catro horas semanais de estudo persoal e lectura crítica deberían ser dabondo para superar a materia.
Recoméndase estudar diariamente, preparar individualmente os comentarios de texto indicados polo docente e consultar e ler os manuais e obras de consulta recomendados na bibliografía.
Así mesmo é moi importante revisar detidamente todo o material que se entregue ao profesor, tanto dende un punto de vista contenutístico como lingüístico.
1. Calquera fragmento pertencente á obra doutra persoa incluído nun traballo sen as preceptivas aspas e a indicación explícita da súa procedencia será considerado plaxio e dará lugar a unha cualificación de 0 (cero) no traballo.
2. O profesor non responderá nin terá en conta as mensaxes de correo electrónico en cuxo texto non se indique o nome completo do/a estudante e a materia á que pertence.
3. O profesor responderá aos correos electrónicos dos/as estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
4. Excepcionalmente será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
5. Lémbrase aos/ás estudantes que o profesor poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
6. O profesor poderá solicitar a sinatura da presencia na aula aos/ás estudantes a mero efecto estatístico, sen valor para a avaliación da materia.
Javier Gutierrez Carou
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811867
- Correo electrónico
- javier.gutierrez.carou [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Paula Gregores Pereira
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- paula.gregores.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C08 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C01 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | C10 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C09 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C10 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C09 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |