Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tendo en conta os contidos das materias Lingua Italiana 3 e Gramática Italiana 2, nesta materia preténdese que o estudante acade o nivel B2 (inicial) segundo o Marco Europeo Común de Referencia.
Obxectivo da materia é que o estudante sexa capaz de interactuar cun falante nativo sen excesiva fatiga en situacións formais e informais, comprender contidos de textos técnicos ou literarios, saber producir textos claros sobre moitos temas e expresar opinións sobre temas de actualidade.
I. Contidos
- Os pronomes relativos
- A forma impersonal
- As frases comparativas
- O estilo indirecto
- Come se + imperfecto de subxuntivo
- Os verbos transitivos e pronominais para indicar posición e movimentos
- As locucións adverbiais
- A sufixación
- Verbo + preposición
- As preposicións finais con a + infinitivo y da+ infinitivo
- "Congiuntivo trapassato"
- O periodo hipotético da irrealidade
- O verbo fare + infinitivo
- Os conectores de condición: ammettendo che, se è vero che, nel caso in cui
- Os tempos na narración histórica
- A estrutura dun texto descritivo
II. Léxico
-O léxico para describir culturas e estereotipos; as artes; a lenguaxe xuvenil e as expresións idiomáticas; léxico para narrar feitos históricos; o mundo do deporte (estranxeirismos en italiano)
- Estilo xornalístico
.
III. Competencias comunicativas
- Discutir e expresar opinións, emitir xuízos
- Describir obras de arte, explicar o punto de vista do artista/autor
- Explicar o significado de palabras e expresións
- Resumir conceptos e elaborar hipóteses
- Falar de noticias da sección de sucesos.
1.- Libros de texto
Birello, M. & Vilagrasa, A., Bravissimo! 4, Casa delle Lingue, Barcelona. (ISBN: 978-84-16057-90-0)
AA., VV., Bravissimo! 4 Quaderno degli esercizi, Casa delle Lingue, Barcelona. (ISBN: 9788416057917)
Unidades 8 e 10 do libro de texto:
Birello, M./ Vilagrasa, A., Bravissimo! 3 - B1, Firenze, Casa delle Lingue (ISBN: 978-84-15640-17-2).
Nanni, N., Bravissimo! 3 - B1, Quaderno degli esercizi, Firenze, Casa delle Lingue (ISBN: 978-84-15640-18-9).
2.- Textos de consulta
BAILINI, S./ CONSONNO, S., I verbi italiani, Firenze, Alma Edizioni, 2004.
CHIUCHIÙ, A. et alii, Le preposizioni, Perugia, Guerra.
DE GIULI, A. Le preposizioni italiane, Firenze, Alma Edizioni, 2001.
GALASSO, S./ TRAMA, G., Italiano in cinque minuti. Esercizi rapidi sulla grammatica e sul lessico, Alma Edizioni,Firenze, 2010.
NOCCHI, S., Nuova grammatica pratica della lingua italiana, Firenze, Alma Edizioni, 2011.
RENZI, L. – SALVI, G. – CARDINALETTI, A. (dir. da), Grande grammatica italiana di consultazione, Bologna, Il Mulino, 3 voll.
SENSINI, M., Le forme della lingua, Milano, Mondadori, 2010 (consigliata per chi sceglie l'italiano come indirizzo di Maior o Minor).
SERIANNI, L., Grammatica italiana, Torino, UTET.
TARTAGLIONE, R./BENINCASA, A., Grammatica della lingua italiana per stranieri, (A1/A2). Regole, esercizi, letture e test, Alma Edizioni, Firenze, 2015.
3.- Dicionarios
3.1. Dicionarios bilingües
Dizionario Hoepli italiano-spagnolo:
https://www.grandidizionari.it/dizionario_italiano-spagnolo.aspx?idD=4
Rossend Arqués Corominas & Adriana Padoan, Il Grande dizionario di spagnolo. Dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Bologna: Zanichelli, 2012 (Cartaceo in biblioteca. Dizionario ebook 90:90 giorni di consultazione online e offline / 3,50 €).
Elena Baiotto (dir.), Espasa Paravia. Il dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Torino: Paravia, 2005 (Cartaceo in biblioteca).
Cesáreo Calvo Rigual & Anna Giordano Gramegna, Diccionario avanzado italiano-español, Barcelona: Herder, 2011 (Cartaceo in biblioteca).
Paola di Cataldo (dir.), Il Grande dizionario spagnolo: spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Milán: Garzanti Linguistica, 2009 (Cartaceo e CD in biblioteca).
Lorna Knight & Michela Clari, Collins Compact plus. Español-Italiano, Barcelona: Random House Mondadori, 2005 (Cartaceo in biblioteca).
3.2 Dicionarios monolingües
De Mauro, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 6 vols. (cartaceo in Sala lavoro).
Il Nuovo De Mauro https://dizionario.internazionale.it/
Dizionario Sabatini Coletti http://dizionari.corriere.it/dizionario_italiano/
Vincenzo Lo Cascio, Dizionario Combinatorio Italiano, Amsterdam: John Benjamins, 2 vols., 2014 (Cartaceo ed elettronico in biblioteca).
Portale Treccani: dizionario monolingue, dizionario di sinonimi e contrari, enciclopedia, dizionario biografico ed altri contenuti grammaticali e culturali: http://www.treccani.it/
Dizionario Garzanti della lingua italiana: https://www.garzantilinguistica.it/
Luciano Canepari, Il DIPI. Dizionario di pronuncia italiana, Bologna: Zanichelli, 2009. www.dipionline.it/
Ser quen de comprender as ideas fundamentais de textos complexos sobre temas concretos e abstractos, incluidas as discusións técnicas no propio sector de especialización. Saber producir textos claros e ben artellados sobre unha ampla gama de temas e expresar unha opinión sobre un tema de actualidade, expoñendo pros e contras das diferentes opinións. Ser quen de interactuar con relativa soltura e espontaneidade, sen que isto supoña un esforzo extraordinario.
Clases teóricas combinadas con clases prácticas durante as que se farán exercicios co fin de avaliar a aprendizaxe dos contidos.
Empregarase a aula virtual.
A avaliación realizarase segundo os seguintes parámetros:
- Proba de comprensión oral: 10%
- Exame escrito: 50%
- Exame oral: 40%
Importante:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
1. Para poder presentarse ao exame oral, o alumnado deberá obter unha nota igual ou superior a 5 no exame escrito (nota non ponderada).
2. Na proba oral esixirase a lectura correcta dun fragmento do libro de lectura obrigatoria e a resposta a preguntas relacionadas cos temas comunicativos previstos no programa. O profesorado poderá utilizar o material (textos, fotos, artigos, etc.) que considere máis oportuno.
3. Para aprobar esta materia é necesario acadar unha nota igual ou superior a 5 (nota non ponderada), non so no exame escrito senón tamén na proba oral. Quen supere o exame escrito, pero non o oral na primeira oportunidade, poderá manter a nota da proba escrita para a segunda oportunidade, presentándose soamente á proba oral (previa comunicación ao profesorado, antes da data designada para a realización da proba escrita na segunda oportunidade). De non superar a proba oral, a nota final corresponderá ao resultado ponderado da proba escrita.
4. Os criterios de avaliación serán os mesmos para o estudantado con exención oficial de asistencia.
Trátase dunha materia con 6 créditos ECTS que corresponden a 150 horas de traballo (54 horas presenciais e 96 de traballo persoal do alumno).
Esta materia prevé 3 horas de clase semanais.
Por tratarse da continuación da materia Lingua Italiana 3, partirase dun nivel B1 para acadar o nivel B2 (inicial) do Marco Común Europeo de Referencia.
A competencia lingüística dos alumnos vaise avaliar en todas as probas realizadas.
Os estudantes terán que acadar un nivel de expresión, escrita e oral, que demostre o dominio das competencias esixidas para o nivel que se pretende acadar.
Recoméndase a asistencia a clases e realizar as tarefas que o profesor lle encargue.
Aconséllase a lectura de xornais, o uso de Internet, TV, DVD, etc.
Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC.
Priscilla Santoro
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- priscilla.santoro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | C08 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | C07 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C09 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C01 |