Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Coñecer e dominar a gramática do grego clásico en liñas xerais.
2.- Adquirir un vocabulario básico do grego.
3.- Adquirir destreza na lectura, comprensión e tradución dos textos e autores propostos.
Revisión dos coñecementos gramaticais necesarios para o dominio da gramática ao nivel do curso.
Tradución e comentario de textos de prosa de pouca dificultade (entregarase aos alumnos unha antoloxía), con especial atención aos aspectos fonéticos e morfolóxicos e insistindo na aprendizaxe de léxico e gramática.
Gramática:
O libro de base de gramática grega é E. Bornemann, E. Risch, «Griechische Grammatik», Frankfurt, 1978 (2ª ed.), que será resumido en apuntamentos que serán entregados aos alumnos.
Moi amplas son dúas obras de referencia, que serven para todo o grao:
Evert van Emde Boas, Albert Rijksbaron, Luuk Huitink, Mathieu de Bakker, The Cambridge Grammar of Classical Greek. Cambridge: Cambridge University Press 2019
Jiménez López, D. coord., Sintaxe do grego antigo, Madrid, CSIC, 2021. 2 vols.
Outros manuais de gramática útiles (Gildersleeve, Goodwin, Rydberg- Cox, Smyth) están dispoñibles en www.perseus.tufts.edu
O dicionario máis completo é agora Logeion: www.logeion.chicago.edu
Acaba de aparecer: «The Cambridge Greek Lexicon», Cambridge, CUP, 2021
Un dicionario para uso máis sinxelo, aínda sen concluír, é www.dicciogriego.es
Dominar a parte de gramática grega obxecto de revisión nesta materia.
Memorizar o vocabulario proposto para esta materia.
Analizar e traducir correctamente os textos propostos.
Tres horas de clase semanais en dous eixos: análise, comentario e tradución de textos e explicacións teórico-prácticas de gramática.
Os materiais necesarios facilitaránse a través da Aula Virtual.
Avaliarase a asistencia e participación na clase (10% do total). Un 10% de faltas non xustificadas supoñerá a perda do dereito de avaliación na primeira convocatoria.
Haberá tres oportunidades ao longo do curso para superar o nivel esixido de gramática e léxico. Sen superalas, non poderá aprobarse a materia.
Haberá dous exames (o segundo, na data oficial) de análise e tradución de textos dun nivel similar aos propostos en clase, preguntando tamén sobre textos preparados preparados en casa polos alumnos. Farase a media dos dous notas, que será o 90% do total.
Na segunda oportunidade a nota será o resultado dos exames de análises e tradución de textos de acordo co nivel proposto en clase. Previamente deberán superar a proba de avaliación do nivel de gramática e léxico.
Para os alumnos con dispensa oficial de asistencia, o exame oficial será o único co que se avaliará. Previamente deberán superar a proba de avaliación do nivel de gramática e léxico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
4 horas semanais de aprendizaxe de gramática e vocabulario. 6 horas semanais de tradución.
É fundamental a asistencia a clase e a constancia no traballo persoal en casa.
Angel Ruiz Perez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811886
- Correo electrónico
- angel.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julia Hombre Iglesias
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Correo electrónico
- julia.hombre.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D07 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D09 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D11 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C11 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C11 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C11 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C11 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |