Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese afianzar e ampliar os coñecementos de lingua adquiridos na materia do curso 'Lingua Alemá 3'. Trátase dun curso de 6 horas semanais cunha orientación eminentemente práctica e centrado nas competencias comunicativas.
Obxectivo destacado do curso será a aplicación escrita e oral das estruturas lingüísticas aprendidas.
Outro punto central será o ensino de estratexias que fomenten a aprendizaxe autónoma.
O nivel de lingua que segundo o marco europeo de referencia debe alcanzar o alumnado será en todo caso o B1.1:
"Adquírese ao ser quen de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de ocio; ao saber desenvolverse na maior parte das situacións que poiden xurdir durante unha viaxe por zonas onde se utiliza a lingua; ao ser quen de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares ou nos que ten un interese persoal e cando se poden describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans."
O curso baséase no libro de texto: ""Netzwerk neu B1.1". Kurs- und Übungsbuch." (Klett Verlag). Os contidos máis destacados son os seguintes:
1. Ampliación de vocabulario relacionado con contextos da vida persoal e cotiá e perfeccionamento da capacidade expresiva
2. Afondamento nas estruturas elementais da gramática alemá
3. Lectura selectiva e global de textos de vocabulario frecuente
4. Técnicas de expresión oral
5. Exercicios de comprensión auditiva
6. Afondamento nas estruturas da fonética alemá
7. Recursos e técnicas de aprendizaxe
8. Redacción de textos descritivos e narrativos
8. Aspectos socioculturais dos países de fala alemá
a) Bibliografìa básica:
Stefanie Dengler, Tanja Mayr-Sieber, Paul Rusch, Helen Schmitz (2020): Netzwerk neu B1.1. Libro del alumno y libro de ejercicios con audios y vídeos. Editorial Klett. (ISBN 978-3-12-607170-3)
b) Bibliografía complementaria:
Diccionario grande: español-aleman aleman-español
Editorial Langenscheidt, ISBN: 3468978022
Handwörterbuch Spanisch. Spanisch-Deutsch/Deutsch-Spanisch. Wörterbuch mit Grammatik. Editorial Langenscheidt, ISBN: 3-468-05345-2.
Klipp und Klar. Übungsgrammatik Grundstufe Deutsch. Buch mit Lösungen. Christian Fandrych , Ulrike Tallowitz. Klett. ISBN: 978-3-12-675322-7.
Übungsgrammatik. Deutsch als Fremdsprache. Axel Hering/ Magdalena Matussek/ Michaela Perlmann-Balme (Hrsg.) Editorial Hueber. ISBN: 3-19-001657-7.
Véxanse as descripcións do marco europeo de referencia con respecto ó nivel B1.1.
O desenvolvemento da materia centrarase ante todo na aplicación práctica das estruturas adquiridas, tendo en conta as catro destrezas: ler, falar, escoitar e escribir. A estrutura e planificación do curso rexerase polos principios do ensino da lingua desde un punto de vista comunicativo e centrada nos estudantes. Traballarase co libro de texto "studio d B1.", ademais con materiais auténticos de Alemaña, Austria e Suíza.
1. Exame escrito: 70 % da nota global.
2. Exame oral: 30 % da nota global.
Aprobar o exame escrito é condición necesaria para poder realizar o exame oral.
Para superar o curso será necesario aprobar tanto o exame escrito como o oral.
Estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase serán avaliados sobre a base do exame final escrito (70%) e oral (30 %).
Segunda oportunidade:
O sistema de avaliación será o mesmo nas convocatorias de xaneiro e xuno.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
6 horas semanais presenciais.
Como mínimo 3 horas semanais de traballo individual.
Participar con regularidade e de maneira activa nas clases.
Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
Buscar o contacto directo coa lingua alemá a través da lectura e dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
A materia impartirase de maneira comprimida en seis horas semanais durante a segunda parte do primeiro cuadrimestre (dende o final de outubro de 2023 ata o final do semestre).
Maria Dolores Sabate Planes
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811848
- Correo electrónico
- dolors.sabate.planes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Dirk Herbert Koning
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- dirkherbert.koning [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Katharina Heiber
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- katharina.heiber [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | C08 |
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | C08 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | C08 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | C08 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C08 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C08 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | C08 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | C08 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | C08 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | C08 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C04 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C04 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C05 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C05 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D04 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D04 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D04 |