-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, Galego, AlemánTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filoloxía Inglesa e AlemáÁreas:
Filoloxía AlemáCentro
Facultade de FiloloxíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Na materia 'Lingua alemá 2' ampliaranse e profundarán os coñecementos adquiridos en “Lingua alemá 1”. Acdaranse competencias lingüísticas activas e pasivas similares ás previstas para o nivel A 2.1. do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. As actividades didácticas céntranse en desenvolver as destrezas da expresión oral e escrita, e da comprensión lectora e auditiva, co fin de alcanzar unha competencia comunicativa ampla ao nivel indicado. Obxectivos importantes son os de ampliar os coñecementos do léxico e das estruturas elementais da gramática alemá, afianzar o dominio das regras de ortografía e pronuncia e formar as capacidades de organización do traballo, tanto individual como colectivo.
Os contidos abarcan as catro destrezas lingüísticas: receptivas (lectura, audición e comprensión de textos en lingua estranxeira) e activas (producir textos sinxelos e falar nunha lingua estranxeira) no nivel A 2.1. do Marco Común Europeo de Referencia.
Competencia receptiva escrita: Comprensión global de textos breves con vocabulario cotián. Traballarase tamén con textos reais.
Competencia receptiva oral: Comprensión global e detallada de diálogos e escenas da vida cotiá.
Competencia produtiva oral: produción e execución de diferentes tipos de fala relacionados con actividades da vida cotiá, como, por exemplo, expresar unha opinión, describir persoas e obxectos, ir ó médico, concertar unha cita, etc.
Competencia produtiva escrita: O desenrolo desta competencia centrarase sobre todo no tipo de texto carta nas súas diferentes modalidades, como invitación, e-mail, etc.
Entre os aspectos gramaticais axeitados ó nivel da materia abordaranse os seguintes:
- Verbos: Tempo (Perfekt), Modo (Imperativ), Tipoloxía verbal (verbos modais).
- Adxectivos en acusativo e dativo, adxectivos sen artigo en nominativo e acusativo.
- Artigos posesivos en dativo, pronomes persoais en acusativo.
- Comparativos (viel, gut, gern, wie, als), e superlativos.
- Subordinadas con weil/dass.
Contidos desta materia serán así mesmo exercicios de pronuncia alemá e de vocabulario básico.a.) Básica:
Stefanie Dengler, Tanja Mayr-Sieber, Paul Rusch, Helen Schmitz (2020): Netzwerk neu A2.1. Libro del alumno y libro de ejercicios con audios y vídeos. Editorial Klett. (ISBN 978-3-12-607162-8)
b.) Complementaria:
FANDRYCH, Christian / Tallowitz, Ulrike (2012): Klipp und Klar. Übungsgrammatik Grundstufe Deutsch. Stuttgart, Klett.
HOBERG, Rudolf und Ursula Hoberg (2004): Der kleine Duden. Gramática del alemán. Madrid, Editorial Idiomas.
HÄUBLEIN, Gernot u.a. (Hgg.) (1995): Memo. Wortschatz- und Fertigkeitstraining zum Zertifikat Deutsch als Fremdsprache. Lehr- und Übungsbuch. Berlin/ München, Langenscheidt.
REIMANN, Monika: Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. Gramática esencial del alemán. München 2010 Hueber.
TSCHIRNER, Erwin (2008): Lextra – Spanisch – Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen / A1–B2 – Lernwörterbuch Grund- und Aufbauwortschatz. Berlin, CornelsenCompetencias comunicativas correspondentes ao nivel A2.1. do Marco de Referencia Europeo.
As leccións teñen carácter teórico-práctico, os contidos introdúcense de maneira comunicativa en base a textos ou materiais audiovisuais, explícanse de forma teórica nunha segunda fase, para usarse e practicarse a continuación de maneira oral e escrita. O curso céntrase nunha terceira fase de uso activo das estruturas aprendidas en diferentes actividades didácticas, que requiren utilizar as diferentes destrezas lingüísticas. Para facer posible unha aprendizaxe continuada e a consecución dos obxectivos da materia é absolutamente necesaria unha participación regular e activa nas actividades do curso. Espérase así mesmo que os participantes sexan capaces de preparar os contidos de maneira autónoma.
O traballo na aula apoiarase e complementará co material incluído no Campus Virtual.1) Asistencia regular e participación activa nas clases presenciais e entrega dunha serie de exercicios (25 % da nota final).
2) Exame final escrito (50%).
3) Exame final oral (25%). Ao exame oral só poderán presentarse os/as estudantes que aprobasen o escrito.
Para os/as alumnos/as con dispensa oficial de asistencia a clases serán válidos os seguintes criterios de avaliación
1) Exame final escrito (70% da nota final).
2) Exame final oral (30% da nota final).
Na segunda oportunidade mantéñense os mesmos criterios de avaliación cos mesmos porcentaxes. Os/as estudantes deberán repetir aquelas partes da avaliación que non aprobasen na primeira oportunidade.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".Por cada hora presencial o alumnado deberá dedicar dúas horas de traballo autónomo fóra das aulas (50 horas presencias = 100 horas de traballo autónomo).
O alumnado debería buscar o contacto directo coa lingua alemá ben a través da lectura, ben a través dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
-
Barbara Lubke
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811835
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iván Arias Arias
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- ivanarias.arias@usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Katharina Heiber
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- katharina.heiber@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 10:00-11:00 Grupo /CLIL_03 (P-Z) Alemán D12 11:00-12:00 Grupo /CLIL_01 (A-F) Alemán D12 12:00-13:00 Grupo /CLIL_02 (G-O) Alemán D12 Mércores 10:00-11:00 Grupo /CLE_01 (A-L) Alemán D05 14:00-15:00 Grupo /CLE_02 (M-Z) Alemán D04 Exames 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_02 (M-Z) D08 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 (A-L) D08 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_01 (A-F) D08 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_02 (G-O) D08 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_03 (P-Z) D08 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 (A-L) D09 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_01 (A-F) D09 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_02 (G-O) D09 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_03 (P-Z) D09 27.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_02 (M-Z) D09 02.07.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 (A-L) D10 02.07.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_01 (A-F) D10 02.07.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_02 (G-O) D10 02.07.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_03 (P-Z) D10 02.07.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_02 (M-Z) D10