Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia céntrase na Lexicografía teórica e práctica. E os seus obxectivos son os seguintes:
-Ofrecer nocións esenciais sobre a historia da lexicografía en contexto italoespañol.
-Proporcionar os coñecementos máis relevantes sobre a lexicografía teórica (metalexicografía).
-Realizar un achegamento á práctica e á crítica lexicográficas.
Atendendo aos seus obxectivos, esta materia está organizada en tres partes:
1. Breve historia das lexicografías italiana e española
1.1. Orixes da lexicografía e nacemento do dicionario
1.2. As academias: o Vocabolario dell'Accademia della Crusca e o Diccionario de la Real Academia de la Lengua española
1.3. Continuidade e innovación na lexicografía monolingüe e bilingüe
1.4. Séculos XX e XXI: renovación e transformación
2. Nocións fundamentais da metalexicografía monolingüe e bilingüe
2.0. Lexicografía e lexicoloxía
2.1. Criterios básicos do dicionario
2.2.1. Finalidade e destinatarios
2.3. Macroestrutura e microestrutura
2.4. Lemario
2.5. Partes do artigo
2.5.1. Definición e equivalente
2.5.2. Contorno da definición e discriminación de significado
2.5.3. Información gramatical
2.5.4. Etiquetaxe
2.5.5. Combinatoria
2.6. (Des)clasificación tipolóxica dos dicionarios
2.7. Análise crítica de obras lexicográficas actuais
3. Redacción de dicionarios
3.1. Ferramentas lingüísticas e lexicográficas para a elaboración de dicionarios
3.2. Características e orientación de proxectos
3.3. Elaboración ou participación do alumnado nun proxecto lexicográfico
Bibliografía esencial
CANNELLA, M., Idee per diventare lessicografo. Cambiare il vocabolario dell’italiano che cambia, Bologna, Zanichelli, 2010.
DELLA VALLE, V., Dizionari italiani: storia, tipi, struttura, Roma, Carocci, 2005.
HAENSCH, G., Los diccionarios del español hacia el siglo XXI, Salamanca, Universidad de Salamanca, 2004.
MARAZZINI, C., L’ordine delle parole. Storia dei vocabolari italiani, Bologna, Il Mulino, 2009.
MARELLO, C., Dizionari bilingui, Bologna, Zanichelli, 1989.
Bibliografía complementaria
CARBALLO, M.A. et alii (eds.), Las gramáticas y los diccionarios en la enseñanza del español como segunda lengua: deseo y realidad. Sevilla: Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 2005.
DOMÍNGUEZ, M.J. & SANMARCO BANDE, M.T. (eds.), Lexicografía y didáctica, Peter Lang, Frankfurt am Main, 2017.
FORGAS BERDET, E. (ed.), Léxico y diccionarios, Universitat Rovira i Virgili, Departament de Filologies Romàniques, 2001.
HESPERIA (portal de lexicografía bilingüe ítalo-española) http://hesperia.cliro.unibo.it
MEDINA GUERRA, A.M. (coord.), Lexicografía española. Ariel, Barcelona, 2003.
RODRÍGUEZ BARCIA, S., Introducción a la lexicografía, Síntesis, Madrid, 2016.
SAN VICENTE, F. (ed.), Lessicografia bilingue e traduzione: metodi, strumenti, approcci attuali. Monza, Polimetrica. International Scientific Publisher, 2006.
O resto das indicacións bibliográficas e ulteriores materiais serán proporcionados pola profesora durante as clases
• Coñecemento xeral da historia das lexicografía italoespañola
• Coñecemento das nocións fundamentais da metalexicografía actual
• Introdución á análise crítica das obras lexicográficas
• Iniciación á práctica lexicográfica
Inicialmente recorrerase ás lecións maxistrais, co fin de axilizar o desenvolvemento do programa teórico. Ademais, tentarase estimular o traballo en grupo, mediante o debate en clase sobre os temas afrontados.
A profesora utilizará a aula virtual para poñer a disposición do alumnado o material complementario necesario para as clases.
Nesta materia, o proceso de formación baséase na avaliación continua dos temas que integran o programa, a través de tres probas:
-Proba de coñecemento sobre a historia da lexicografía italoespañola (exposición dun tema encomendado pola profesora): 25% da nota.
-Verificación de coñecementos en metalexicografía (análise dunha obra lexicográfica indicada na aula pola profesora): 15% da nota.
-Presentación dun proxecto lexicográfico: 60% da nota.
O alumnado que non supere a materia pola vía da avaliación continua, deberá presentarse ao exame final escrito, que constituirá o 100% da cualificación final. Tamén será esta a situación do estudantado con dispensa oficial de asistencia.
Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na primeira como na segunda oportunidade.
IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Actividades presenciais:
- Clases: 30 horas
- Sesións de seminario: 25 horas
- Titoría de grupo: 3 horas
- Exame: 2 horas
Total: 60 horas
Actividades non presenciais:
-Estudo e preparación das actividades programadas en clase: 50 horas
-Lecturas: 10 horas
-Preparación para o exame: 30 horas
Total: 90 horas
A asistencia a clase e a participación activa do alumnado son fundamentais, así como o traballo individual non presencial.
Lémbraselle ao alumnado que o profesorado poderá poñerse en contacto con el a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC. Responderase aos correos electrónicos, preferentemente, en horario de titorías. Poderase solicitar a sinatura de presencia nas aulas ao estudantado con fin estatístico, sen valor para a avaliación da materia.
Maria Teresa Sanmarco Bande
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811833
- Correo electrónico
- mt.sanmarco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | B06 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | C06 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |