Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Profundizar no panorama da literatura medieval en lingua romance, analizando a épica e a historiografía, que presentan gran relación na Idade Media.
- Estudar os antecedentes das tipoloxías épica e historiográfica, o seu desenvolvemento e a súa evolución nas diferentes áreas románicas, así como os principais autores e obras.
- Analizar as transformacións sufridas por determinadas manifestacións literarias ata fixar a súa definición como xénero que trascenderá os límites do período medieval.
- Adquirir un panorama comparatista da literatura románica medieval, que permita a súa comprensión como sistema interliterario e a súa proxección no espazo cultural europeo.
- Amosar unha visión interdisciplinar na que se perciba a continuidade da materia literaria e a mutua influencia de personaxes e motivos nestes séculos, destacando a súa importancia na tradición cultural europea.
-Proporcionar os elementos necesarios para a comprensión e a análise de textos literarios medievais.
1. INTRODUCIÓN
2. A POESÍA ÉPICA MEDIEVAL
2.1. O concepto de poesía épica: definición, cantar de xesta/epopeia/épica.
2.2. Antecedentes.
2.3. Cronoloxía e espacialización.
2.4. Teorías sobre a orixe do xénero.
2.5. Características: a autoría, o público, a oralidade e a escritura, a técnica literaria (métrica, técnicas orais, estilo), a estructura narrativa, a temática e representación do mundo, a conformación dos personaxes.
2.6. O ciclo do rei: O Cantar de Roldán e A Peregrinación de Carlomagno.
2.7. O ciclo de Guillermo: O Cantar de Guillermo.
2.8. Outros ciclos e textos: Raoul de Cambrai, O Cantar de Mio Cid, Huon de Bordeaux.
2.9. Evolución do xénero.
3. A HISTORIOGRAFÍA
3.1. Concepto medieval de Historia. A escritura histórica. Relación con outros xéneros literarios (épica, roman, haxiografía).
3.2. Os xéneros históricos.
3.3. O período clásico e a secularización e vernacularización dos xéneros históricos.
i) Obras de exaltación monárquica: Grandes Chroniques de France.
ii) Obras sobre as cruzadas
3.4. A eclosión dos xéneros históricos.
i) En Francia: J. Froissart e Commynes.
ii) En Castilla: o scriptorium alfonsí.
iii) En Cataluña: Jaime I de Aragón.
A presente bibliografía é orintativa e será completada en clase.
BIBLIOGRAFÍA BASICA
Boutet, D., La Chanson de geste: forme et signification d'une écriture épique du Moyen Age, Paris, 1993.
Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, 1994.
Lejeune, R. et alii (dirs.), Les épopées romanes, en GRMLA, Heidelberg, III (1/2), 1987.
Limentani, A. - Infurna, M. (eds.), L'epica, Il Mulino, Bologna, 1986.
Martin, J.P. - Suard, F. (eds.), L'épopée: mythe, histoire et société, Paris, 1996.
Menéndez Pidal, R., La Chanson de Roland y el neotradicionalismo. Orígenes da épica románica, Madrid, 1959.
Real, E., Épica medieval francesa, Madrid, 2002.
Riquer, M. de., Los cantares de gesta franceses, Madrid, 2009.
Rossi, M., Huon de Bordeaux et l'évolution du genre épique au XIII e siècle, Paris, 1975.
Rychner, J., La chanson de geste. Essai sur l'art épique des jongleurs, Genève, 1955.
Segre, C., La tradizione della ‘Chanson de Roland', Napoli-Milano, 1974.
Suard, F., Guide de la Chanson de geste et de la posterité littéraires (XI-XV siècle), Paris, 2011.
Tyssens, M., La geste de Guillaume d'Orange dans les manuscrits cycliques, Paris, 1967.
Victorio, J. (dir.), L'epopée, Typologie des Sources du Moyen Âge Occidental, Turnhout, 1987.
Arnaldi, G., “Annali, cronache, storie”, en Lo spazio letterario do Medioevo. Il Medioevo latino, I, La produzione del testo, vol. II, Roma, 1993, pp. 463-513.
Deliyannis, D.M. (ed.), Historiography in the Middle Ages, Leiden, 2003.
Fernández-Ordóñez, I., Alfonso X el Sabio y las Crónicas de España, Valladolid, 2000.
Gómez Redondo, F., Historia de la prosa medieval castellana, vol. I, Madrid, 1998.
Grotz, H., La storiografia medioevale: introduzione e sguardo panoramico, Roma, 1993.
Guenée, B. (dir.), Le métier d’historien au Moyen Âge. Études sur l’historiographie médiévale, Paris, 1977.
Guyotheannin, O., Les sources de l'histoire médiévale, Paris, 1998.
Hauf, A., La littérature historiographique des origines à 1500, en GRMLA, t. XI / 2, Heidelberg, 1993.
Linehan, P., History and the Historians of Medieval Spain, Oxford, 1993.
Mitre Fernández, E., Historiografía y mentalidades históricas en la Europa medieval, Madrid, 1982.
Noël, R. - Genicot, L. (dirs.), Typologie des sources du Moyen Age occidental, Turnhout, 1972.
Orcástegui, C. - Sarasa, E., La historia en la Edad Media. Historiografía e historiadores en Europa Occidental: siglos V-XIII, Madrid, 1991.
- Coñecemento da xénese e configuración da épica e historiografía medievais dentro do panorama xeral da literatura medieval.
- Coñecemento das características principais da épica e da historiografía medievais nas diferentes áreas literarias, do seu desenvolvemento e da súa evolución.
- Capacidade para vencellar épica e historiografía medievales, con orixe e relacións comúns.
- Disposición para relacionar textos épicos e historiográficos en linguas diferentes tendo en conta a súa orixe común.
- Capacidade de análise crítica de textos literarios medievais, con especial atención aos de carácter historiográfico e épico.
O curso terá como eixo a serie de sesións expositivas e presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar a súa comprensión coa participación activa na clase. A parte interactiva, presencial tamén, basearase en lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en documentos enteiros, fragmentos escollidos ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa materia.
Como alternativa ou complemento, tamén está prevista para esta parte interactiva a realización de exposicións ou traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo de todas estas tarefas poderá cambiar en función do número dos estudantes e das incidencias na marcha do curso, e poderán realizarse probas orais ou escritas como método de control desta parte. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías.
A nota da materia procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita.
As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 10% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na realización dun único exame final presencial. O seu valor será do 100% da nota da materia. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20% ou máis das clases e para os que non acadaran unha media de 5 na realización dos diferentes traballos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación efectuaráse sempre sobre o programa.
HORAS DE TRABALLO PERSONAL
Sesións presenciais: 48 horas (24 sesións expositivas + 24 sesións interactivas)
Sesións de titorías: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Total: 54 horas
HORAS DE TRABALLO NON PRESENCIAL DO ALUMNO:
Sobre as sesións presenciais: 84 horas (48 sesións expositivas + 36 sesións interactivas)
Sesións de titorías: 3 horas
Sesións de avaliación: 9 horas
Total: 96 horas
TOTAL: 54 horas + 96 horas = 150 horas
-Asistencia regular a clase.
-Boa disposición para a lectura e análise dos textos e das obras seleccionados na clase.
Santiago Lopez Martinez-Moras
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- santiago.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D06 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala de traballo de románicas |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B06 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |