Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia pretende introducir ao estudantado á historia e á realidade cultural dos diferentes países de fala alemá: Alemaña, Austria e Suiza. Trataranse e discutiranse aqueles temas que determinan a especificidade dos tres países e as súas sociedades e que poñen de relevo a conformación da súa identidade nacional.
I. Breve introdución á historia moderna e contemporánea dos países de lingua
alemá.
I.1. A cristalización da cultura alemá moderna: da Reforma ao Clasicismo
alemán (sgs. XVI-XVIII).
I.2. O século XIX: Restauración e revolución. A unificación de Alemaña e a
decadencia do Imperio Austrohúngaro.
I.3. O século XX: as dúas Guerras Mundiais e a cuestión da identidade alemá.
II. A cultura alemá da posguerra aos nosos días.
II.1. As institucións políticas e sociais da República Federal de Alemaña. O
federalismo alemán.
II.2. A historia da R.F.A. ata a ‘Reunificación’.
II.3. A pegada do Holocausto e do Nacionalsocialismo na cultura alemá actual.
II.4. A historia da República Democrática Alemá.
II.5. A “Reunificación” de Alemaña e o problema da identidade alemá entre leste e
oeste. O debate sobre a 'Ostalgie'.
III. A Segunda República Austríaca.
III.1. As institucións políticas e sociais de Austria.
III.2. A historia de Austria desde 1945 ata a actualidade.
III.3. Cultura e política en Austria: A cultura austríaca entre o tradicionalismo e a
revolta.
IV. A Confederación Helvética.
IV.1. Acontecementos fundamentais da historia moderna e contemporánea de Suíza.
IV.2. As institucións políticas e sociais de Suíza. Os cantóns e o sistema federal.
IV.3. A identidade suízo-alemá no seu contexto plurilingüe e multicultural. A lingua e
a cultura alemás no contexto da Suíza multilingüe. A diglosia entre o suizoalemán
(Schwyzerdütsch) e o alemán estandard como lingua escrita.
I. Historia
ARTOLA, Ricardo: La Segunda Guerra Mundial. Madrid: Alianza 2007.
BELLER, Steven: Historia de Austria. Madrid: Akal 2009.
DÍEZ ESPINOSA, José Ramón/ MARTÍN DE LA GUARDIA, Ricardo Manuel:
Historia contemporánea de Alemania. Madrid: Síntesis 1998.
HAFFNER, Sebastian: La Revolución alemana de 1918-1919. Barcelona: Inédita 2005.
HOWARD, Michael: La Primera Guerra Mundial. Barcelona: Crítica 2008.
MÄHLERT, Ulrich: Kleine Geschichte der DDR. München: Beck (3. Aufl.) 2009.
OZMENT, Steven: Una fortaleza poderosa. Historia del pueblo alemán. Barcelona:
Crítica 2005.
SÁINZ LERCHUNDI, Asunción / SÁNCHEZ HERNÁNDEZ, Julio: Vocabulario de
cultura alemana. Sevilla: Kronos 1997.
SCHULZE, Hagen: Breve historia de Alemania. Madrid: Alianza 2017.
STÜRMER, Michael: El imperio alemán (1870-1919). Barcelona: Mondadori 2003.
WEITZ, Eric D.: La Alemania de Weimar. Presagio y tragedia. Madrid: Turner 2009.
II. Documentos e estudos
ABELLÁN, Joaquín: Nación y nacionalismo en Alemania: la cuestión alemana (1815-
1990). Madrid: Tecnos 1997.
ARENDT, Hannah: Eichmann en Jerusalén. Un estudio sobre la banalidad del mal.
Barcelona: Lumen 1999.
BUBER-NEUMANN, Margarete: Prisionera de Stalin y Hitler. Barcelona: Galaxia
Gutenberg 2005.
FRIEDRICH, Jörg: El incendio. Alemania bajo los bombardeos 1940-1945. Madrid:
Taurus 2003.
GAY, Peter: La cultura de Weimar. Barcelona: Paidós 2011.
GRASS, Günter: Alemania, una unificación insensata. Madrid: El País 1990.
GRASS, Günter: Discurso de la pérdida: sobre el declinar de la cultura política en la
Alemania unida. Barcelona: Paidós 1999.
JASPERS, Karl: El problema de la culpa: sobre la responsabilidad política de Alemania.
Barcelona: Paidós 1998.
JOHNSTON, William M.: El genio austrohúngaro. Historia social e intelectual (1848-
1938). Oviedo: KRK Ediciones 2009.
LEPENIES, Wolf: La seducción de la cultura en la historia alemana. Madrid: Akal
2008.
MAGRIS, Claudio: El Danubio. Barcelona: Anagrama 1988.
VV.AA.: La cultura de la memoria. La memoria histórica en España y Alemania.
Madrid: Iberoamericana-Vervuert 2010.
ZWEIG, Stefan: El mundo de ayer. Memorias de un europeo. Barcelona: El Alcantilado
2002.
Coñecer as ferramentas necesarias para poder comprender a historia e a realidade nacional e multicultural dos países de fala alemá, así como para interpretar axeitadamente os distintos fenómenos da cultura actual dos países de fala alemá.
- As clases expositivas, nas que se explicarán os contidos teóricos da materia, alternarán coa realización de exercicios prácticos e comentarios de texto nas sesións interactivas.
- A obra de Hagen Schulze: Breve historia de Alemania (Madrid: Alianza 2017) será considerada como a referencia histórica básica do curso.
- O estudantado deberá realizar unha exposición oral sobre os temas histórico-culturais dun dos textos propostos polo docente a comezos do semestre.
- As linguas empregadas na materia serán o castelán e o alemán.
- A avaliación será continua e integral, e a nota final resultará da valoración dos seguintes aspectos:
1. Participación regular e activa nas aulas (cos exercicios prácticos): 10% da nota final
2. Presentación oral: 30% da nota final.
3. Exame final: 60% da nota final. Aprobar o exame será condición indispensable para superar a materia.
- O estudantado que por cuestións de coincidencia horaria non poida asistir regularmente ás aulas, así como aquel que conte con dispensa oficial de asistencia, serán avaliados en base a un único exame final (100% da nota).
- Estes criterios de avaliación rexerán tanto na primeira como na segunda oportunidade de exame.
- No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
3 horas semanais presenciais (teóricas e prácticas).
4 horas semanais de traballo persoal.
Orientación previa sobre a historia, as institucións e os aspectos máis xerais dos países de fala alemá.
- O uso do teléfono móbil nas aulas está prohibido sen autorización previa do docente.
Jaime Feijoo Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811835
- Correo electrónico
- jaime.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | B10 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | B10 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D05 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D05 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D08 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D08 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C07 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C07 |