Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Catalán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Catalá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir unha visión xeral dos principais períodos da historia da cultura e literatura catalás ata o século XVIII, desde unha perspectiva interdisciplinaria, crítica e comparativa.
- Dotar o alumnado de nocións básicas sobre o nacemento do catalán como lingua románica, os seus primeiros textos, a súa evolución no tempo e espazo.
- Coñecer o patrimonio cultural catalán a partir das obras máis relevantes.
- Aplicar as técnicas do comentario de texto á literatura catalá.
- Fomentar a curiosidade intelectual e o gusto pola cultura e a literatura.
- Fomentar unha actitude intelectual aberta e de respecto ante a diferenza (ser sensibles á diversidade de linguas e culturas).
- Fomentar unha actitude crítica cara aos factores políticos, económicos, sociais e culturais da materia.
- Manter e reforzar (ou adquirir no seu defecto) a competencia lingüística en catalán.
- Dar a coñecer e formar o alumnado para que saiba utilizar a bibliografía de consulta e os recursos varios da internet de maneira eficaz.
A Literatura catalá medieval e moderna no seu contexto europeo.
1. Das orixes ata o século XIV
- Sociedade feudal e expresión literaria. A lírica dos trobadores.
- A figura singular de Ramon Llull. Prosa historiográfica.
- A literatura catalá no século XIV.
2. O século XV: época de esplendor da literatura catalá
- A poesía de Ausiàs March.
- Novela caballeresca. Joanot Martorell e Tirant lo Blanc.
3. Introdución á literatura da época moderna
- O século XVI. Contexto histórico, social, cultural e literario. Humanismo e Renacemento.
- O século XVII. Contexto histórico, social, cultural e literario. O Barroco.
- O século XVIII. Contexto histórico, social, cultural e literario. O caso de Menorca. A Ilustración. O neoclasicismo.
BARGALLÓ VALLS, Josep, Manual de mètrica i versificació catalanes. Barcelona, Editorial Empúries, 1991
BELTRAN, Vicenç, Ramon Llull, els trobadors i la cultura del segle XIII. Firenze, Edizioni del Galluzzo per la Fondazione Ezio Franceschini, 2018.
BOU, Enric (dir.), Nou diccionari 62 de la literatura catalana. Barcelona, Edicions 62, 2000.
BROCH, Àlex (dir.), Diccionari de la literatura catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2008.
BROCH, Àlex (dir.), Història de la literatura catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana - Barcino - Ajuntament de Barcelona, 2013-2016 (4 vols).
CABRUJA, Lluís, CASANELLAS, Pere & MASSIP, M. Àngels, Història de la llengua catalana: síntesi, textos i exercicis. Barcelona, Columna, 1987.
ESPADALER, Anton M., Literatura catalana. Barcelona, Taurus, 1989 (versión catalá co título Història de la literatura catalana, Barcelona, Barcanova, 1992).
FERRANDO FRANCÈS, Antoni - NICOLÀS AMORÒS, Miquel, Panorama d'història de la llengua. València, Tàndem, 1993.
GALOFRÉ, Jordi, Documents de Catalunya: recull de textos històrics. Barcelona, Barcanova, 1990.
MARCET, Pere, Història de la llengua catalana. Dels orígens al s. XVIII, Barcelona, Teide, 1987.
MARTÍNEZ ROMERO, Tomàs (ed.), Les lletres hispàniques als segles XVI, XVII i XVIII. Castelló de la Plana, Universitat Jaume I - Fundació Germà Colon Domènech, 2005.
NADAL, Josep M. & PRATS, Modest, Història de la llengua catalana 1 e 2, Barcelona, Edicions 62, 1982-1996.
RIQUER, Borja de (director), Història, política, societat i cultura dels Països Catalans, 13 v. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1995-2000.
Antologia de poetes catalans : un mil.lenni de literatura, Barcelona, Galaxia Gutenberg, 1997 [v. I, Època medieval (Martí de Riquer); v. II, Del segle XVI a Verdaguer (Giuseppe Grilli)].
RIQUER, Martí de, COMAS, Antoni & MOLAS, Joaquim, Història de la literatura catalana, 11 vols. Barcelona, Ariel, 1964-1988.
ROSSICH, Albert - VILALLONGA, Mariàngela, Llengua i literatura de l'Edat Mitjana al Renaixement. Girona, Estudi general, 1992
ROSSICH, Albert (coord.), Panorama crític de la literatura catalana. I, Edat Mitjana: dels orígens a principis del segle XV / Albert Hauf, director do volume. Barcelona, Vicens Vives, 2010.
ROSSICH, Albert (coord.), Panorama crític de la literatura catalana. II, Edat Mitjana: Segle d'Or / Albert Hauf, director do volume. Barcelona, Vicens Vives, 2011.
ROSSICH, Albert (coord.), Panorama crític de la literatura catalana. III, Edat Moderna / Albert Rossich, director do volume. Barcelona, Vicens Vives, 2011.
RUBIÓ I BALAGUER, Jordi, Història de la literatura catalana, 3 vols. Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1984; versión en catalán da sección "Literatura catalana" aparecida en diversos volumes da "Historia general de las literaturas hispánicas" dirixida por Guillermo Díaz Plaja, Barcelona, Vergara, 1949.
RECURSOS EN LIÑA
Associació d’Escriptors de Llengua Catalana
Biblioteca de Catalunya
Biblioteca virtual Joan Lluís Vives
Biblioteca Miguel de Cervantes
Diccionari català-valencià-balear
Edu3.cat
Gran Enciclopèdia Catalana
Lletra (UOC)
Lletres Vilaweb
Patrimoni Gencat
Poètarium
Museu d'Història de Catalunya
Museu Nacional d’Art de Catalunya
Música de poetes (UOC)
Traces. Base de dades de llengua i literatura catalanes
- Ler e comprender textos escritos en catalán sobre temas xerais e específicos da materia, así como sobre aspectos da realidade sociocultural.
- Ler significativamente e analizar e comentar textos de historia, cultura, arte e literatura catalás.
- Analizar, interpretar e valorar textos de diferente xénero literario.
- Capacidade para realizar comentarios de texto e valoracións críticas.
- Comparación de textos: análises de semellanzas e diferenzas.
- Capacidade para facer traballos de investigación bibliográfica, debidamente documentados, sobre escritores e obras da literatura catalá.
- Valorización da lectura e da literatura como forma de goce persoal e como método para a adquisición de coñecementos propios e abertos.
- Entender o catalán oral e escrito.
Clases de carácter teórico-práctico. Combinaranse as explicacións do profesorado con actividades e dinámicas tanto individuais como de grupo.
Un dos elementos principais de aprendizaxe será a reflexión e análise crítica de textos escritos, orais e audiovisuais sobre os contidos do programa, así como as intervencións orais por parte dos estudantes a partir de documentación bibliográfica e recursos de internet seleccionados.
Realización exercicios sobre textos de distinta tipoloxía propostos polo profesorado.
Comentarios de textos literarios.
Utilizarase material didáctico de diversos tipos e soportes: cancións, documentais, cartaces, fotografías, mapas, filmes, páxinas web...
O alumnado deberá facer ademais unha lectura obrigatoria dalgunha das obras propostas pola profesora.
A avaliación final será o resultado de conxuntar os seguintes elementos de avaliación, da maneira en que se indica:
- Para aprobar a materia os alumnos terán que facer 3 probas de avaliación continuada, unha despois de cada bloque temático (75% da nota).
- Traballos de tipoloxía diversa: comentarios de texto, cuestionarios de reflexión, reseñas, intervencións orais, etc... (15% da nota)
- Na cualificación final da materia contará a participación activa nas clases e nas actividades culturais organizadas ou propostas pola Área (10% da nota)
Nos casos nos que o alumnado estea en circunstancias excepcionais que lle impidan asistir regularmente a clase, a avaliación farase mediante un exame final (60% da nota). Ademáis do exame, deberá facer traballos acordados coa profesora para suplir a aprendizaxe presencial. (40% da nota)
Cando o estudante teña dispensa de asistencia segundo o disposto na instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100% correspondente á asistencia e participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos de dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na segunda oportunidade só se cualificará a materia polo exame final.
54 HORAS PRESENCIAIS (OU TELEMÁTICAS)
- Sesións teórico-prácticas: 48 horas
- Sesións de titorías: 3 horas
- Sesións de avaliación: 3 horas
96 HORAS NON PRESENCIAIS*
- estudo e traballo persoal: 84 horas
- preparación avaliación: 12 horas
* As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do estudante e, polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que este é o responsable final do seu traballo.
- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da materia.
- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.
É necesario ter coñecementos de catalán ou ter cursado (ou estar a cursar) algunha materia de lingua catalá.
Maria Rosa Olle Planas
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Catalá
- Correo electrónico
- rosa.olle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Catalán | D04 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Catalán | D06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Catalán | D06 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |