Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais
Comprender e analisar a actividade cultural como un fenómeno social e, en consecuencia, ser capaz de analiSar programas e produtos culturais no marco inter-sistemático e intra-sistémico.
Comprender e analisar os discursos producidos sobre a relación como fenómenos sociais.
Entender a intervención como un proceso de mellora social e de calidade de vida das persoas en foco.
Comprender e asumir a dimensión profesional da intervención cultural no plano asesor e consultor.
Obxectivos específicos
Ter conciencia das posibilidades práCticas e reais do coñecemento da cultura no futuro profisional.
Analisar a cultura en termos de posibilidades / imposibilidades, oportunidades e obstáculos, sociais e económicos.
I. Tipo de actividade cultural
II. A actividade cultural na Lusofonía.
II.1. A dimensión interna
II.2. A dimensión relacional dentro da Lusofonia
II.3. A dimensión relacional fóra da Lusofonia
III. Asesoramento e consultoría no ámbito da Cultura. Concepcións e esferas de acción. A organización e actividade das entidades.
IV. Lexislación e Política(s) Cultural(is) institucionais
V. A economía da Cultura e Economía Creativa
VI. Práctica asesora e consultora.
a) como servizo comunitario
b) como actividades profesionais
c) creación de empresas de asesoría e consultoría
VII. Seguimento de procesos e xestións e organizacións
VII.1. Elaboración de informes
VII.2. Elaboración de propostas
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Castro Martínez, E., Fernández de Lucio, I., Pérez Marín, M. e Criado Boado, F. (2008) “La transferencia de conocimientos desde las Humanidades: posibilidades y características”, Arbor, CLXXXIV 732, 619-636.
DiMaggio, P. J. & Powell, W. W. (1999) "Introduccion" In: Powell, W. W. & DiMaggio, P. J. (comps.), El Nuevo institucionalismo en el analisis organizacional. Mexico: Fondo de Cultura Económica, 33-82.
European Comisssion (2006) The Economy of the culture in Europe. Disponível em
http://ec.europa.eu/culture/key-documents/doc873_en.htm#bad_nodepdf_wor…
Legacies 2010 & Creative City Network of Canada (2010) Cultural Planning Toolkit. Acessível em http://www.creativecity.ca/database/files/library/cultural_planning_too…
Lima, I. Pires de. (2009) “Universidade, Humanidades, Cultura: novos desafios / novas oportunidades”. Nonada. Letras em Revista. 12 (2009): 6-15. Disponível através de http://seer.uniritter.edu.br/index.php/nonada/article/view/74/80.
Porta, P. (2008). “Economia da cultura: um setor estratégico para o país”. Disponível em http://www.cenpec.org.br/biblioteca/cultura/artigos-academicos-e-papers…
Torres Feijó, Elias J. (2011): “Estudos literários, confiabilidade e perspectivas laborais”. Pensar a Literatura no Séc. XXI (J. Amadeu Silva, J. Cândido Martins e M. Gonçalves, coords.). Braga: Publicações da Faculdade de Filosofia - Universidade Católica Portuguesa. 241- 256.
Aproximarse ao coñecemento dos mecanismos de difusión e lexitimación cultural no intersistema lusófono.
Visión dos procesos culturais de forma crítica, atendendo, como profesionais, máis ás funcións que aos procesos estéticos.
Adquisición de coñecementos básicos sobre asesoría, consultoría e planificación da cultura complementarios aos estudados en materias específicas.
Distinción entre o xuízo crítico e o xuízo de valor.
Elaboración de lecturas e xuízos críticos.
Aplicación práctica dos coñecementos teóricos ou do contido adquiridos na materia
Iniciación ás ferramentas básicas de exposición e divulgación: elaboración de traballos propios e orixinais e exposición pública dos traballos.
A metodoloxía escollida esixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa nelas e a realización das lecturas e dos exercicios marcados. O obxectivo é que os e as estudantes aprendan a realizar traballos de investigación e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos amplíen os contidos proporcionados a través do seguimento do programa.Do mesmo xeito, preténdese desenvolver competencias, destrezas e habilidades relacionadas co traballo cooperativo e en equipo, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, creatividade, iniciativa, toma de decisións e resolución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán pendurados na aula virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos. É imprescindíbel acompañar a Aula Virtual da cadeira.
A avaliación para todas as persoas inscritas – inclusive aquelas con dispensa oficial de asistencia ás aulas - será continuada e constará, para ambas oportunidades (1ª e 2ª), dos seguintes itens:
A) Realización das tarefas vinculadas ao desenvolvimento da materia e proactividade en relación ás dinámicas de traballo da disciplina: 6,5 valores.
B) Realización de un traballo escrito, de carácter obrigatorio, conforme as indicacións dadas polas docentes (con quen debe ser previamente combinado e discutido o tópico) e que terá unha componente oral e unha componente escrita: 3,5 valores.
Para a avaliación da Primeira Oportunidade, a/o estudante poderá recuperar presencialmente –na data marcada– calquera dos elementos escritos de avaliación, no máximo de dous (de A e/ou de B), tanto non presentados como considerados deficientes. Sempre que posíbel, avisará previamente as profesoras sobre os que vai recuperar.
Na avaliación da Segunda Oportunidade, o sistema será o mesmo que o da Primeira Oportunidade, salvo que se poderán presentar o total de tarefas e traballo, tanto orais como escritos.
Para todos os casos de realización fraudulenta de exercicios, traballos ou probas (através de plaxio, uso de ferramentas de IA ou outros) será aplicada a "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións" da USC.
A carga de créditos da cadeira (6) equivale a 150 horas de traballo do/a estudante.
Recomenda-se o acompañamento das aulas, a realización atempada das leituras marcadas e a resolución de dúvidas mediante consulta á docente no horário de atendimento.
Importa realizar as leituras e buscar a documentación indicadas, para refletir sobre elas, en lugar de aplicar a via acrítica e memorística.
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. Eventual e ocasionalmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas (español, francés, inglés, italiano, etc), sempre que as docentes o consideraren oportuno.
O plaxio e a utilización fraudulenta de ferramentas de IA serán considerados faltas moi graves.
Maria Felisa Rodriguez Prado
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811772
- Correo electrónico
- felisa.prado [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Irina Malyuchenko
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- i.malyuchenko [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Portugués | B10 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Portugués | D01-Seminario |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Portugués | D01-Seminario |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |