Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Situar a pragmática dentro do conxunto das disciplinas lingüísticas
• Recoñecer a dimensión da linguaxe como acción
• Coñecer os conceptos básicos para a comprensión da linguaxe no seu uso
• Adquirir recursos de análise básicos para abordar a linguaxe desde a perspectiva pragmática
• Reflexionar sobre a interacción comunicativa en diversos contextos
• Coñecer conceptos e métodos fundamentais de análise pragmática e discursiva
• Iniciarse na elaboración de traballos de análise pragmática e discursiva sobre o galego.
BLOQUE 1. PRAGMÁTICA
1. Introdución á pragmática
2. Teoría dos actos de fala
3. A deíxe
4. Principio de cooperación e Teoría da relevancia
5. A cortesía
BLOQUE 2. A ANÁLISE DO DISCURSO E OS ENFOQUES DOS ESTUDOS SOCIODISCURSIVOS
6. Etnografía da Comunicación: modelo SPEAKING
7. Análise da conversa
8. Sociolingüística interaccional
9. Análise crítica do discurso
BÁSICA
Cameron, Deborah (2001): Working with Spoken Discourse. London: Sage.
Dijk, V. (2000): El discurso como interacción social. Barcelona : Gedisa.
Edwards, J. (2009): Language and identity. An introduction. Cambridge: Cambridge University Press.
Escandell Vidal, M. V. (1996): Introducción a la pragmática. Barcelona: Ariel.
Escandell, M. Victoria / José Amenós / Aoife Kathleen Ahern (2020): Pragmática. Madrid: Akal.
Gee, James Paul & Michael Handford (eds.) (2012): The Routledge handbook of discourse analysis. London/New York, Routledge.
Leech, G. N. (1983): Principios de pragmática. Logroño: Universidad de La Rioja, 1998.
Levinson, S. C. (1983): Pragmática. Barcelona: Teide, 1989.
Lopes, Ana Cristina Macário (2018): Pragmática. Uma introdução. Coimbra: Imprensa da Universidade de Coimbra.
Nunes Ribeiro, Pablo, Valdir do Nascimento Flores, Márcia Romero, Marcos Goldnadel (2019): Manual de linguística: Semântica, pragmática e enunciação. Petrópolis-RJ: Editora Vozes.
Placencia, María Elena/Xose A. Padilla (eds.) (2020): Guía práctica de pragmática del español. London/New York: Routledge.
Ramallo, F. (2000): "Pragmática", en F. Ramallo et al. (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 445-451.
Reyes, G. (1990): La pragmática lingüística: el estudio del uso del lenguaje. Barcelona: Montesinos.
Thomas, L. / Wareing, S. (1999): Language, society and power. An introduction. London : Routledge.
Tusón, A. (1997). Análisis de la conversación. Barcelona: Ariel.
Verschueren, J. (1999): Understanding Pragmatics. London: Arnold. Tradución española: Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos, 2002.
COMPLEMENTARIA
Austin, J. L. (1962): Cómo hacer cosas con palabras. Barcelona: Paidós, 1982.
Benveniste, É. (1970), "L'appareil formel de l'énonciation", Langages 17, pp. 12-18. (Reeditado en Problèmes de linguistique générale, I, París: Gallimard, 1966, pp. 79-90.
Bucholtz, M. / Hall, K (2005): “Identity and interaction: a sociocultural linguistic approach”, Discourse Studies 7 (4-5): 585-614. En liña: http://www.sagepub.in/upm-data/40469_13a.pdf
Brown, P./S. Levinson (1987): Politeness. Some Universals in Language Use. Cambridge: Cambridge University Press.
Calsamiglia H./A. Tusón (1999): Las cosas del decir. Manual de Análisis del discurso. Barcelona: Ariel.
Cortés Rodríguez, L./M. Camacho (2003): ¿Qué es el Análisis del Discurso? Barcelona: Octaedro.
Fairclough, N. (1995): Critical Discourse Analysis. The Critical Study of Language. London: Longman.
Gumperz, J. (2001): “Interactional Sociolinguistics: A Personal Perspective”, en Schiffrin, D. et al.: The Handbook of Discourse Analysis. London: Blackwell, pp. 215-228.
Haverkate, H. (1994): La cortesía verbal. Madrid: Gredos.
Kerbrat-Orecchioni, C. (2005): Le discours en interaction. Paris: Armand Colin.
Mills, Sara (1997): Discourse. London: Routledge.
Östman, Jan-Ola; Jef Verschueren (2010): Handbook of pragmatics. Amsterdam: J. Benjamins.
Renkema, J. (1999): Introducción a los Estudios sobre el Discurso. Barcelona: Gedisa.
Reyes, G. (1995): El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros.
Searle, J. (1969): Actos de habla. Madrid: Cátedra, 1980.
Sperber, D./D. Wilson (1986): La relevancia. Madrid: Visor, 1994.
Vicente Mateu, J. A. (1994): La deíxis. Egocentrismo y subjetividad en el lenguaje, Murcia, Universidad de Murcia
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1 – Que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo lingüístico e literario avanzado do galego e das súas literaturas; (b) O estudo básico/intermedio dunha segunda lingua (nivel B2) e da súa literatura, Filoloxía Románica, Lingüística Xeral ou Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 – Habilidades para aplicar estes coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios como no seu ámbito profesional: ensino de linguas (como L1 ou LE) e literatura, asesoramento e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, tradución, lingüística clínica, actividades editoriais etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razoamento indutivo e dedutivo, combinando a análise de datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidade de abstracción, síntese e análise, á hora de extraer xeneralizacións da descrición dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relacionadas coa lingua e a literatura galegas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en galego e noutras linguas, en distintos contextos.
CG8 - Habilidade para utilizar ferramentas informáticas e uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais e multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Dominar os fundamentos teóricos, enfoques e recursos básicos de análise no ámbito da Lingüística Xeral que son esenciais para (a) abordar o estudo da lingua e das linguas; (b) analizar e contrastar a organización fónica, gramatical, léxico-semántica e pragmática en diferentes tipos de linguas.
CE4 - Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada etc.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas do ámbito das Humanidades.
CE6 - Aplicar a metodoloxía científica que permita abranguer os distintos tipos de estudos lingüísticos e literarios.
CE9 - Posuír un coñecemento avanzado da lingua galega mediante o estudo da gramática, a reflexión sobre os usos discursivos e a análise de textos literarios.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer a riqueza de información contida no texto literario.
CE11 - Ser capaz de aplicar os coñecementos técnicos e activos da gramática da lingua galega, tanto nos seus aspectos sincrónicos como diacrónicos.
CE14 - Ser capaz de recoñecer as variedades internas da lingua galega (temporal, espacial, social e situacional).
CE15 - Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega, as súas causas históricas e estruturais.
CE17 - Manexar con habilidade as novas tecnoloxías que facilitan o estudo da lingua e da literatura galegas.
CE18 - Utilizar ferramentas de busca de recursos bibliográficos para o estudo da lingua galega e xestionar as fontes documentais e bibliográficas da literatura.
CE19 - Desenvolver a competencia comunicativa.
CE20 - Ser capaz de realizar posteriores estudos de especialización, tanto nunha disciplina filolóxica como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos filolóxicos.
• Sesións expositivas. Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos de análise pragmática e discursiva. A explicación da profesora apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Tamén se lle requirirá ao alumnado a lectura dunha serie de textos que reforcen e/ou complementen os contidos expostos.
• Sesións interactivas. Traballaranse aspectos metodolóxicos que lle axuden ao alumnado a desenvolver a análise pragmática e discursiva.
• Campus Virtual. Ofrecerá toda a información relevante do curso, así como material de lectura e tarefas. Así mesmo, a profesora poderá requirir a través deste medio a presentación de exercicios, cuestionarios, traballos etc.
1ª OPORTUNIDADE:
Opción A (avaliación continua): poderase acoller a este sistema o alumnado que asista regularmente a clase e que siga as actividades do curso. Se o alumno ou alumna non supera esta avaliación continua, terá que presentarse á segunda oportunidade.
A avaliación continua consistirá en:
• Tarefas e actividades de curso (40% da cualificación global): solicitaranse ao longo do curso distintas tarefas, para a súa exposición oral ou para a entrega a través da aula virtual. As actividades e tarefas que non se entreguen no prazo establecido serán cualificadas con 0.
• 2 probas escritas (60% da cualificación global): realizaranse nas datas que indique a profesora. Esta porcentaxe só se terá en conta na ponderación da nota final se a media das cualificacións obtidas nesas 2 probas é de 4,5 ou superior.
Opción B: poderase acoller a este sistema de avaliación o alumnado que obteña a dispensa de asistencia á clase e as/os repetidoras/es que o soliciten. A avaliación consistirá nun exame, na data oficial fixada polo centro, do conxunto da materia e supoñerá o 100% da cualificación.
2ª OPORTUNIDADE:
Opción A: Poderanse presentar ao exame fixado polo centro aquelas/es estudantes que suspenderon a primeira oportunidade. A cualificación desta proba supoñerá o 60% da nota final, que se completará coa cualificación de tarefas e actividades de curso (40%) obtida na primeira oportunidade e que non é recuperable.
Opción B: O alumnado que obtivo dispensa de asistencia á clase, así como as/os repetidoras/es que o solicitaran, e que non superaran a primeira oportunidade, poderán presentarse ao exame fixado polo centro. A cualificación obtida nesta proba supoñerá o 100% da cualificación.
Atención: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións Expositivas: 32 horas presenciais + 48 (9 TD) horas non presenciais = 72 horas
Sesións de Seminario: 16 horas presenciais + 36 (12 TD) horas non presenciais = 70 horas
Sesións de Titoría: 3 horas presenciais + 3 horas non presenciais = 6 horas
Sesións de Avaliación: 3 horas presenciais + 9 horas non presenciais = 12 horas
TOTAL: 54 horas presenciais + 96 (21 TD) horas non presenciais = 150 horas
Elisa Fernandez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811788
- Correo electrónico
- elisa.fernandez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Galego | D11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Galego | D11 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Galego | D11 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C06 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C06 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C06 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C07 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C07 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C07 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C07 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C07 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C07 |