Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento práctico da lingua latina por medio da lectura de textos.
- Fincapé no dominio da morfoloxía e sintaxe latina.
- Memorización dun léxico básico para a comprensión dos textos e para a súa confeción.
- Iniciación á lectura e comprensión de textos latinos de dificultade sinxela e media.
Estes obxectivos serán acadados mediante a utilización do chamado "Direct Method", é dicir, co uso dun manual e dunha metodoloxía baseados na inmersión na lectura de textos dun progresivo nivel de dificultade.
-XERAIS-GRAMÁTICA: os aspectos que se traballarán serán:
1.- Morfoloxía nominal: Declinacions. Pronomes
2.- Morfoloxía nominal: Declinación e graos do adxectivo
3.- Sintaxe nominal: funcións dos casos
4.- Sintaxe nominal: concordancia dos elementos flexivos
5.- Morfoloxía verbal: Conxugación regular. Verbos irregulares. Tema de presente e perfecto. Voz activa e pasiva. Verbos deponentes
6.- Morfoloxía verbal: formas nominais do verbo (infinitivo, xerundio, xerundivo, participio e supino)
7.- Sintaxe das formas verbais nominais
-ADQUISICIÓN DE VOCABULARIO:
Traballarase así mesmo especialmente o dominio dun léxico básico que permita a comprensión fluída dos textos, sen recurso ao dicionario.
-ESPECÍFICOS:
Lectura e traballo sobre o manual de Appleton, R. B.: Initium, University Press, Cambridge 1926 (2ª edición). Este libro de lectura e exercicios será de obrigado seguimento. Ademais diso, en función do nivel previo do estudante, estableceranse unhas lecturas obrigatorias tomadas de outros "readers" creados para tal efecto. Con iso preténdese familiarizar ao estudante coas estruturas, o léxico e os modismos da lingua latina e reforzar certos aspectos gramaticais. Como complemento, e de cara a unha introdución no latín literario, o profesor lerá e comentará periodicamente algunhas pasaxes da Guerra das Galias de Xulio César.
O manual básico será o Initium de Appleton. Ademais deste manual de uso obrigatorio, o estudantado pode recorrer á consulta e uso dos manuais habituais.
LECTURAS OBRIGATORIAS:
Como mínimo, deberanse ler por completo dous destes tres"readers", dos que se farán dúas probas de comprobación de lectura.
Na primeira todo o alumnado deberá ler (dispoñible na biblioteca):
-Familia Mala, Saturnus et Iuppiter, de Andrew Olimpi [Signatura na biblioteca: 4Zm-131]
Na segunda, o alumnado deberá escoller tan só unha destas dúas opcións (dispoñibles na biblioteca):
-Familia Mala, Volumen II, Duo Fratres, de Andrew Olimpi [Signatura na biblioteca: 4Zm-132]
-Via Periculosa de Andrew Olimpi [Signatura na biblioteca: 4Zm-129]
OUTRA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
MARINER BIGORRA, Sebastián, et alii: Lengua latina I, Madrid (UNED) 1999.
MÉNDEZ-ROCAFORT AREA, Pilar: Gramática Latina, Granada (ed. Comares) 2001.
RUBIO FERNÁNDEZ, Lisardo-Tomás GONZÁLEZ ROLÁN: Nueva gramática latina, Madrid (Editorial Coloquio) 1996.
SEGURA MUNGUÍA, Santiago, Gramática latina, Bilbao (univ. de Deusto) 2004.
VALENTÍ FIOL, Eduardo: Primer libro de Latín, Barcelona (ed. Bosch) 1981.
----------------------- : Ejercicios latinos, Barcelona (ed. Bosch) 1984.
----------------------- : Gramática de la lengua latina. Morfología y nociones de sintaxis, Barcelona (ed. Bosch) 1986.
DICIONARIOS: (algúns destes pódense consultar online).
BLÁNQUEZ FRAILE, Agustín: Diccionario latino-español, 3 vols., Barcelona (Sopena) 1985.
CARRACEDO FRAGA, José: Diccionario latín-galego, Vigo (Galaxia)1999.
GAFFIOT, F.: Dicionnaire larin-français, Paris (Hachette) 1995.
SEGURA MUNGUÍA, Santiago: Diccionario etimológico latino-español, Madrid (Anaya) 1985.
Ademais deles, dende A PLATAFOMRA Perseus underPhiloLogic, pódese acceder ao repositorio de diccionarios Logeion
https://logeion.uchicago.edu/suavis
CONTEXTUALIZACIÓN HISTÓRICA:
A.A.V.V. (1961/2000): The Cambridge Ancient History, vol. IX, 10, 11, 12 y 13, Cambridge.
Christol, M. & D. Nony (1974/1991): De los orígenes de Roma a las invasiones bárbaras, Madrid.
Dotar aos estudantes da capacidade suficiente para entender un texto latino de dificultade básica ou media.
Dotar aos estudantes cun notable nivel de autonomía á hora de afrontar un texto escrito en latín, sen facelos depender dos dicionarios.
Contribuír a un mellor uso do dicionario, desvinculándoo da comprensión inmediata do texto.
Contribuír á aquilatación dun comparatismo lingüístico propiciado pola heteroxeneidade do grupo de estudantes, tanto dentro das linguas romances como fóra delas.
Haberá unha parte eminentemente práctica dedicada aos exercicios, sobre todo de control das lecturas, e á insistencia nos esquemas gramaticais, e outra de meirande empeño na lectura do manual de Initium. Isto complementarase coa lectura e comentario periódico dunha pasaxe de César.
A participación dos estudantes será requisito inexcusable para o desenvolvemento das aulas. O profesor será quen guíe as lecturas, as interprete e explique aspectos de gramática, historia da lingua, literatura, mitoloxía, relixión e vida cotiá conforme sexan suxeridos polas lecturas.
A Aula Virtual será un mecanismo fundamental no desenvolvemento do curso.
O curso será avaliado mediante un sistema mixto de avaliación continua e exame final. Daquela, os/as estudantes deberán constatar unha asistencia mínima ás aulas dun 85%. A asistencia activa, con control das lecturas e participación nos exercicios da aula, xunto con calquera outra actividade que o profesorado encargue para entregar, valerá un 60% da nota. O restante 40% obterase mediante a proba final de comprensión lectora dun texto, que ten carácter obrigatorio para poder superar a materia e na que se debe acadar unha nota mínima de 3 sobre 10.
Os estudantes con dispensa oficial de docencia presentaranse a unha proba final consistente na comprensión lectora dun texto e máis nunha serie de preguntas e exercicios de gramática e de control das lecturas feitas ao longo do curso. Dita proba será o 100% da cualificación final.
Se por algunha razón, algún alumno ou alumna ten algunha coincidencia horaria con outra materia, ou calquera problema análogo ou similar, será esencial que se poña en contacto co profesor a principio de curso (en ningún caso cando o curso estea xa avanzado). O docente indicaralle o modo de proceder.
Ademais disto, tódolos estudantes que non superen a avaliación continua, ou ben a proba final, poderán concorrer á proba da segunda oportunidade, que valerá o 100% da nota e será de similares características á proba final completa (comprensión lectora, exercicios de gramática, control de lecturas).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Recoméndase ó alumno a revisión diaria da materia explicada. O alumno pode precisar unhas cinco horas semanais de estudo e lectura.
É importante a asistencia ás clases, o traballo de lectura, o estudo dos temas de teoría e a tradución dos textos propostos na clase.
É imprescindible a realización dos exercicios que se propoñan e das lecturas guiadas a través dos audios e do material proporcionado na Aula Virtual.
-Responsabilidade medioambiental: os traballos propostos nunca serán entregados en soporte papel.
-Perspectiva de xénero: recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula;como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servizos/oix/documentacion.html
Adrian Boullosa Fraga
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- adrian.boullosa.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Marcos Dieste Trillo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- marcos.dieste [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Galego | D10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Galego | D10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Galego | D10 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C10 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C10 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C10 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C12 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C12 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C12 |