Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais:
• Acadar o nivel B2.2 do Marco Común Europeo de Referencia (MCER). Isto implica acadar un nivel de competencia que permita ao alumno comprender e expresarse con certa fluidez en distintos contextos comunicativos e en distintos rexistros, especialmente, no rexistro formal e académico onde o alumno debe expresarse con corrección gramatical, fonética e textual e mostrar certo grado de sofisticación léxica.
Obxectivos específicos:
• Desenvolver a capacidade de REFLEXIONAR sobre a lingua e de explicar e describir a gramática dende o punto de vista instrumental.
• Practicar as 4 destrezas (Reading, Writing, Speaking and Listening).
(i) Comprensión oral e escrita: entender as ideas principais de textos/discursos/conversacións complexos/as que tratan de temas tanto concretos como abstractos incluso se son de carácter técnico sempre que estean dentro do campo de especialización (linguaxe académica).
(ii) Expresión e interacción oral: conversar con falantes nativos cun grado suficiente de FLUIDEZ e naturalidade de modo que a comunicación se leve a cabo sen esforzo por parte dos interlocutores. CONTROL da corrección gramatical de xeito que non se cometan erros que provoquen problemas de comprensión. Capacidade para autocorrexir a maioría de erros.
(iii) Expresión escrita: producir textos claros e detallados sobre temas diversos así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os pros e os contras das distintas opcións. CONTROL ELEVADO da corrección gramatical.
• Desenvolver a competencia lingüística:
1. Competencia léxica: manexar un amplo vocabulario sobre asuntos relativos á especialidade e sobre temas máis xerais.
2. Competencia gramatical: usar a lingua cun grado relativamente alto de control gramatical aínda que existan despistes esporádicos, errores non sistemáticos e pequenos erros na estructura da frase.
3. Competencia fonolóxica: falar cunha pronunciación e entonación naturais, aínda que poida haber todavía influencia da lingua materna.
4. Competencia ortográfica: producir unha escritura que siga os modelos de organización e de distribución de párrafos, e acadar un razoable grado de corrección ortográfica.
• Desenvolver a competencia sociolingüística: expresarse nunha lingua sociolingüísticamente axeitada ás situacións de comunicación; comprender distintos dialectos, adaptarse ás diferencias entre lingua oral e escrita, e usar e comprender distintos rexistros (neutro, solemne, informal e profesional).
• Desenvolver a competencia pragmática: usar eficazmente o turno de palabra e unha variedade de elementos de cohesión e de organización textual: conectores, estructuras de tematización e marcadores de opinión.
O contido concreto (gramática, vocabulario e destrezas) será extraído do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ( B2.2).
1) GRAMÁTICA:
Os contidos gramaticais incluirán aspectos avanzados relacionados co uso do inglés en contextos académicos (por exemplo a agrupación e a organización da información). Devanditos contidos estarán baseados na gramática de Hewings (Advanced Grammar in Use). En concreto trataranse os seguintes aspectos:
1. Cohesión e coherencia (uso de pronomes e ‘summary nouns’)
2. Sustantivos: concordancia; nominalizacións
3. Puntuación e uso de parágrafos (problemas comúns: fragmentos, uso incorrecto de comas)
4. Cláusulas adverbiais (causa, concesividade, contraste, condición, resultado…); uso de conectores adverbiais vs. conxuncións.
5. Organización da información:
5.1. Pasiva (aspectos avanzados)
5.2. Construccións hendidas e pseudohendidas (clefts e pseudclefts)
5.3. Inversión
5.4. Extraposición
6. Estilo indirecto en inglés académico; expresión do estilo indirecto mediante verbos, substantivos e adxectivos.
2) PRÁCTICA DAS 4 DESTREZAS
Os temas que se tratarán na práctica das 4 destrezas anunciaranse a principios do cuadrimestre e poderían incluír algúns dos seguintes: diversidade; comunicación, información e redes sociais; estudar ou traballar no estranxeiro; globalización; migración, etc.
- Escoita/visionado de material auténtico (diferentes acentos e rexistros).
- Lectura comprensiva de textos de diferentes xéneros (ficción, prensa, académicos).
- Práctica oral: conversación informal, entrevistas, debates, reportaxes
- Redacción: narracións e artigos.
BÁSICA
Manual de gramática obrigatorio:
Hewings, M. 2013. Advanced Grammar in Use with Answers 3rd Edition.
ISBN: 9781107697386
(** Nota: este título tamén está dispoñible como libro electrónico:
Advanced Grammar in Use Book with Answers and Interactive eBook. 3rd Edition.
A Self-study Reference and Practice Book for Advanced Learners of English.
ISBN: 9781107539303
Data de publicación: Xuño 2015)
COMPLEMENTARIA:
Gramáticas:
Biber, D.; Johansson, S.; Leech, Geoffrey; Conrad, S.; Finegan, E. 1999. Longman grammar of spoken and written English. London : Longman.
Biber, D.; Johansson, S.; Leech, Geoffrey; Conrad, S.; Finegan, E. 2002. Longman Student Grammar of Spoken and Written English. London : Longman,
Carter, R. & M. McCarthy. Cambridge Grammar of English: A comprehensive guide. Cambridge: Cambridge University Press, 2006. x + 973 pp., optionally with CD-ROM.Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P.
Raimes, A. 2004. Grammar Troublespots: A guide for Student Writers. Cambridge: Cambridge University Press.
Swan, M. & C. Walter. 2011. Oxford English Grammar Course. Advanced. Oxford: O.U.P.
Dicionarios:
Cambridge Advanced Learner’s Dictionary (with CD ROM).. Cambridge: C.U.P.
Oxford Spanish-English, English-Spanish Dictionary. Oxford: O.U.P.
Cambridge International Dictionary of Phrasal Verbs. Cambridge: C.U.P.
Collins Cobuild English Dictionary. London: Harper Collins.
Cowie, A.P. & R. Mackin. 1993. Oxford Dictionary of Phrasal Verbs. Oxford: O.U.P.
Oxford Advanced Learner’s Dictionary (with CD ROM). 2000. Oxford: O.U.P.
Online Oxford Collocations Dictionary (http://www.freecollocation.com/)
Oxford Learner’s Wordfinder Dictionary. 1997. Oxford: O.U.P.
Outros materiais:
MacCarthy, M. & F. O'Dell. 2016. Academic Vocabulary in Use Edition with Answers.
ISBN: 9781107591660
MacCarthy, M. & F. O'Dell. 2017. English Collocations in Use: Advanced. Book with Answers.
ISBN: 9781316629956
MacCarthy, M. & F. O'Dell. 2017. English Phrasal Verbs in Use Advanced Book with Answers.
ISBN: 9781316628096
Publication date: July 2017
MacCarthy, M. & F. O'Dell. 2017. English Vocabulary in Use: Advanced. Book with Answers and Enhanced eBook.Third Edit
A/o estudante que cursa esta asignatura debería acadar un nivel B2.2 (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas). Esto implica o desenvolvemento das competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas e das destrezas (comprensión auditiva e lectora; expresión e interacción oral; expresión e interacción escrita), prestando especial atención ao uso da lingua en contextos académicos.
Ver CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1,CG7, CG8, CG9, CE1, CE5 na Memoria de Verificación do Grao en Lingua e Literatura Inglesas (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/mem…).
En xeral, o noso enfoque didáctico será comunicativo e práctico, o que non pretende nen moito menos restarlle importancia ao compoñente de reflexión gramatical, esencial para formar a futuros expertos en lingua inglesa.
As clases PRESENCIAIS serán de dous tipos:
CLASES EXPOSITIVAS (1 hora á semana): centradas en actividades de uso do inglés (gramática e vocabulario) e escritura académica. Fomentarase a reflexión activa sobre o uso da gramática inglesa en diferentes contextos, estilos e rexistros (especialmente, inglés académico). Faremos énfasis especial na detección de errores e no uso de estruturas e vocabulario académico (colocacións, fórmulas, etc).
SEMINARIOS (2 horas á semana): centrados na práctica das 4 destrezas de forma individual ou en grupo. Os temas estarán relacionados con cuestións de actualidade que poidan servir para activar o debate e a discusión.
1. AVALIACIÓN CONTINUA (25%):
1.1. Unha redacción que se realizará na clase en datas que se anunciarán a principio de curso (10%)
1.2. Proxecto en grupo (15%) : As instrucións do proxecto anunciaranse nas primeiras clases. O proxecto avaliará as catro destrezas a través da investigación sobre un tema elixido polo alumnado e interpretado e mostrado a través de medios escritos e/ou audiovisuais.
2. EXAME FINAL (75%) consistente en:
2.1. Uso do inglés: gramática, vocabulario (25%)
2.2. Listening, reading (10%)
2.3. Redacción (20%)
2.4. Proba oral (20%)
Todas as partes do exame final realizaranse na data oficial con excepción do exame oral que será nunha data que se anunciará a principios do cuadrimestre.
Para superar a materia será necesario obter polo menos un 4 de 10 en cada una de las partes do EXAME FINAL (2.1, 2.2., 2.3., 2.4). De non ser así, a máxima nota que se poderá obter será un 4.5 aínda que a media aritmética exacta sexa 5 o más de 5.
IMPORTANTE:
1) Este sistema de avaliación aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade. Aqueles/as alumnos/as que superen unha sección do exame da primeira oportunidade poderán conservar a nota desa parte na segunda oportunidade. Tamén se conserva a nota que obtivesen na avaliación continua. Non se pode repetir ningunha tarefa da avaliación continua.
2) Os/as alumnos/as que teñan unha exención oficial de asistencia a clase se evaluarán exclusivamente por medio dun exame final que valerá o 100% da nota, coa seguinte distribución:
- Uso do inglés: gramática, vocabulario (35%)
- Listening, reading (15%)
- Redacción (25%)
- Proba oral (25%)
Cómpre recordar que, neste caso, para superar a materia tamén será necesario obter polo menos un 4 de 10 en cada unha das partes do EXAME. Pola contra, a máxima nota que se poderá obter será un 4.5 aínda cando a media aritmética exacta se 5 ou máis de 5.
3) As/os estudantes que suspendesen a asignatura en cursos anteriores e que repitan a asignatura no curso 2024/25 serán avaliados seguindo o sistema de avaliación xeral descrito máis arriba (é dicir, avaliación continua (25%) exame final (75%)), a menos que lles resulte imposible asistir a clase. Neste caso, terán que informar ao profesor DURANTE O PRIMEIRO MES DO CURSO do seu desexo de acollerse ao sistema de avaliación que se aplica no caso de alumnos/as con exención de docencia (é dicir, exame final cun valor do 100% da nota).
4) Debido á natureza dos exames orais, estes terán lugar en hora e data distintas ás do exame oficial. Esta data será anunciada en clase e terá carácter oficial.
5) NON SE CAMBIARÁN As DATAS DE NINGUNHA PARTE DO EXAME SALVO EN CASOS DE ENFERMIDADE DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.
6) En caso de de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Este curso é de 6 créditos. Un crédito ECTS corresponde a 25 horas de traballo, polo que 6 x 25 = 150 horas. O alumno debe usar 96 horas de traballo individual por si mesmo.
É altamente recomendable que os estudantes teñan un nivel B2.1. no inicio do semestre e que teñan superadas as materias LINGUA INGLESA 1 e LINGUA INGLESA 2
En xeral, recomendamos que os alumnos aumenten a súa exposición ó idioma inglés sen limitarse soamente ao traballo do curso.
1) Os/as estudantes deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula.
2) Así mesmo, deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.
3) Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coas profesoras deberán facelo utilizando a súa conta de correo da USC.
Elsa Maria Gonzalez Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811860
- Correo electrónico
- elsa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carmen Gloria Cernadas Lema
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- carmengloria.cernadas.lema [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Caio Nogueira Fontes De Castro
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- caio.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Chloe Louise Pennington
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- chloe.pennington [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luis Ahmed Sanchez Arrocha
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- luisahmed.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Inglés | D10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Inglés | D10 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Inglés | C06 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Inglés | D03 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Inglés | D04 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Inglés | C06 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Inglés | D03 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Inglés | D04 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Inglés | C06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Inglés | D03 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Inglés | D04 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Inglés | C06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Inglés | D03 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Inglés | D04 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C10 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C10 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C10 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C10 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C10 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C10 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C10 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C10 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C11 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C11 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C11 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C11 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C11 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C11 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |