Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia amplíanse e afóndanse os coñecementos do alemán adquiridos nos cursos Lingua Alemá 1 e Lingua Alemá 2. Durante este curso adquírense competencias lingüísticas activas e pasivas similares ás previstas para o nivel A 2.2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. As actividades didácticas céntranse en desenvolver as destrezas da expresión oral e escrita, e da comprensión lectora e auditiva, co fin de alcanzar unha competencia comunicativa ampla a un nivel básico. Obxectivos importantes son os de ampliar os coñecementos do léxico e das estruturas elementais da gramática alemá, afianzar o dominio das regras de ortografía e pronunciación e formar as capacidades de organización do traballo, tanto individual coma colectivo. A materia impartirase de xeito comprimido en seis horas semanais durante a primeira parte do primeiro semestre (do 9 de setembro ao 31 de outubro de 2024).
O estudo e o exercicio práctico centraranse en
- o vocabulario e as expresións relacionadas con situacións da vida cotiá;
- as formas e estruturas gramaticales elementais;
- as pautas de interacción da comunicación oral en situacións cotiás;
- a lectura e produción de textos de diversa índole;
- a comprensión de documentos auditivos e audiovisuais auténticos;
- o debate sobre aspectos culturais dos países de fala alemá;
- as técnicas de aprendizaxe para a adquisición da lingua estranxeira.
A organización dos contidos específicos da asignatura seguirá a do libro de texto "Netzwerk neu A2.2. Libro del alumno y libro de ejercicios con audios y vídeos online". Stuttgart: Klett 2023
Libro de texto:
Dengler, Stefanie; Mayr-Sieber, Tanja; Rusch, Paul; Schmitz, Helen: "Netzwerk neu A2.2. Libro del
alumno y libro de ejercicios con audios y vídeos online". Stuttgart: Klett 2023. ISBN:
978-3-12-607163-5
Gramáticas:
CASTELL, Andreu: Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
FANDRYCH, Christian und Ulrike Tallowitz (2012): Klipp und Klar: gramática práctica de alemán Stuttgart, Klett.
HERING, Axel, Magdalena Matussek und Michaela Perlmann-Balme: em - Übungsgrammatik Deutsch als
Fremdsprache. Hueber Verlag.
HOBERG, Rudolf und Ursula Hoberg (2004): Der kleine Duden. Gramática del alemán. Madrid: Editorial
Idiomas.
REIMANN, Monika: Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. Editorial Hueber, (edición
onolingüe) o: Gramática esencial del alemán. Editorial Hueber
(edición bilingüe)
Materiais complementarios de exercicios:
BUSSE, Joachim / Westermann, Anneliese: Deutsch üben 1. "mir" oder "mich"? München, Hueber.
BUSSE Joachim: Deutsch üben 8. "der", "die" oder "das"? Übungen zum Artikel. München, Hueber.
CASTELL, Andreu / Braucek, Brigitte: Ejercicios. Gramática de la lengua alemana. Madrid,Editorial
Idiomas.
DINSEL, Sabine: Deutsch üben 14. Schwache Verben. München, Hueber.
DREYER, Hilke / Schmitt, Richard:Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik – aktuell.
Neubearbeitung. München, Hueber.
FANDRYCH, Christian / Tallowitz, Ulrike: Sage und Schreibe. Übungswortschatz Grundstufe Deutsch in
99 Kapiteln. Stuttgart, Klett International.
LÜBKE, Diethard: Lernwortschatz Deutsch. Aprendiendo palabras alemanas. München, Hueber.
SCHMITT, Richard: Deutsch üben 4/1. Weg mit den typischen Fehlern! München, Hueber.
SCHMITT, Richard: Deutsch üben 4/2. Weg mit den typischen Fehlern! München, Hueber.
REIMANN, Monika: Deutsch üben 13. Starke Verben. München, Hueber.
Competencias comunicativas en lingua alemá correspondentes ao nivel A 2.2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
A organización dos contidos da materia seguirá a do libro de texto "Netzwerk neu A2.2. Libro del alumno y libro de ejercicios con audios y vídeos online". As unidades didácticas teñen carácter teórico-práctico. Os contidos específicos presentaranse en situacións comunicativas e mediante textos ou materiais audiovisuais. A fase práctica, que constitúe a parte central da materia, consiste na aplicación das estruturas aprendidas en actividades didácticas enfocadas ao desenvolvemento das distintas habilidades e destrezas lingüísticas. As actividades presenciais complementaranse con exercicios e tarefas presentados por escrito e/ou na aula virtual do curso. A estrutura e organización das clases oriéntanse polos principios do ensino centrado no aspecto comunicativo e no estudante. A presenza regular e activa dos estudantes e a preparación e revisión autónoma dos contidos así como a realización de tarefas fóra do horario de clase serán elementos esenciais para garantir un proceso de traballo homoxéneo e para alcanzar os obxectivos da materia.
1. Participación activa nas actividades presenciais e da aula virtual, entrega puntual de exercicios e tarefas: 30% da nota global.
2. Exame escrito: 50% da nota global.
3. Exame oral: 20% da nota global.
Aprobar as dúas primeiras partes da avaliación (actividades/ tarefas e exame escrito) é condición necesaria para poder realizar o exame oral.
Para superar o curso será necesario aprobar cada unha das tres partes da avaliación.
Estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase serán avaliados sobre a base dun exame final escrito (70 %) e dun exame final oral (30%).
O sistema de avaliación é o mesmo na primeira e na segunda convocatoria.
Para aqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento
académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
6 horas presenciais por semana.
Aproximadamente 12 horas de traballo persoal por semana.
Recoméndase buscar o contacto directo coa lingua alemá ben en intercambios lingüísticos con hablantes nativos ou ben a través da literatura e os medios (prensa, televisión, radio, internet. etc.) e invítase aos estudantes de facer uso das tutorías para comentar dúbidas e problemas de aprendizaxe individuais.
A materia ofertarase de xeito comprimido en seis horas semanais na primeira parte do primeiro semestre, do 9 de setembro ao 31de outubro de 2024.
Dirk Herbert Koning
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- dirkherbert.koning [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Katharina Heiber
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- katharina.heiber [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | C08 |
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | C08 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | C08 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | C08 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C08 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C08 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | C08 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | C08 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | C08 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | C08 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C05 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C05 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C06 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C06 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C05 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C05 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |