Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo central deste curso é proporcionar ós estudantes una perspectiva xeral da cultura dos EEUU a través do estudo dunha serie de conceptos básicos que teñen contribuido na creación dunha tradición norteamericana propia. Intentaremos situar estes conceptos no seu contexto histórico coa finalidade de mellorar o noso coñecemento da mentalidade dos habitantes dos EEUU deixando atrás prexuizos inútiles.
1. Introdución á Historia e Cultura dos Estados Unidos
2. Os primeiros americanos: os Nativo- Americanos. A Ámerica Colonial. O Puritanismo e os seus antecedentes.
Suxerencia de tema de estudo: o caso das Bruxas de Salem.
3. O século XX. A década de 1910 e a influencia da primeira guerra mundial na cultura norteamericana
Suxerencia de tema de estudo: D.W. Griffith, The Birth of a Nation (1915)
4. Os anos 20
Literatura e cinema: A Xeración perdida,. F. Scott Fitzgerald, The Great Gatsby
Música. A era do Jazz.
A prohibición: gangsters, o “temperance movement”
5. A Gran Depresión (1930)
Literatura e cinema:. The Grapes of Wrath (John Ford, 1940)
Arte, cultura e sociedade:
o “Works Progress Administration”,
o “Federal Arts Project”: Cradle Will Rock, Tim Robbins, 1999
Fotografía, documentais
6. As décadas de 1940 e 1950
A caza de bruxas de Hollywood. A censura e a era do Maccartismo-
The Crucible (Nicholas Hytner, 1996), Trumbo (Jay Roach, 2015), High Noon (Fred Zinnemann, 1952).
Os Beatniks: Allen Ginsberg, Jack Kerouac
Música: Rock&Roll, R&B
7. Os anos 60
O Civil Rights Movement. Black Power Movement
[Selma (Ava DuVernay, 2014), Betty and Coretta (Yves Simoneau, 2013), Mississippi Burning (Alan Parker, 1988), Ghosts of Mississippi (Rob Reiner, 1996)
8. Os anos 1970 e 1980
A Guerra de Vietnam a través do cinema [Hair (Milos Forman, 1979), Apocalypse Now (Francis Ford Coppola, 1979)]
Os Hippies
A moda, a música, a TV e o Cinema nos distintos xéneros:
Os gangsters (The Godfather, Francis Ford Coppola, 1972), fantástico ( Star Wars, George Lucas, 1977), (comedia: Rocky Horror Picture Show, Jim Sharman, 1975)
9. Os 1990
Música: Das "Boy bands" ás grandes vocalistas
TV: "Friends", "The X-Files";
Cine: "Titanic", "The Matrix"
10. O século XXI. A década de 2000 e os 2010 e a cultura dos EEUU hoxe; Obama, Trump, Biden
11. A Revolución Americana a través dos seus textos
O camiño da independencia visto en diferentes textos: documentais [PBS Liberty: the American Revolution], series históricas (John Adams (HBO, 2008);
Turn: Washington Spies (AMC, 2014); páxinas web “Crash courses”
12. A Guerra Civil: Norte e Sur.
A proclamación da emancipación dos esclavos, nos textos e no cinema: Lincoln (Spielberg, 2012)
O conflicto entre o Norte e o Sur: North and South (1985);
O mito do vello Sur: Gone with the Wind (Victor Fleming, 1939)
A escravitude: Roots (1977); Solomon Northup, Twelve Years a Slave (Steve McQueen, 2013)
A reconstrucción e a era dourada
Boorstin, Daniel Jr. (ed) Estados Unidos. Una civilización. Barcelona: Labor, 1974.
Brogan, Hugh. Longman History of the United States. Nueva York: Longman, 1985.
Brogan, Hugh. The Penguin History of the United States of America. Londres: Penguin, 1985.
Burns, M. John et al. The National Experience. A History of the United States of America. Nueva York: Harcourt, Brace and World, 1963.
Caughney, John W. and Ernest R. Man. A History of the United States of America. Chicago: McNally, 1964.
Cook, Chris. Longman Handbook of Modern American History 1763-1996. Londres: Longman, 1994.
Crothers, George. American History. Nueva Cork: Holt, Rinehart and Wnston, 1964.
Fawcet, Edmund and Tony Thomas. America, Americans. Londres: Collins, 1983.
Forner E and J. A. Garraty (eds). The Reader’s Companion to American History. Boston: Houghton/Mifflin, 1991.
Johnson, Paul. A History of the American People. Londres: Phoenix Press, 1997.
Johnson, Thomas H. The Oxford Companion to American History. Nueva York: Oxford UP, 1966.
Jones, Maldwyn A. The Limits of Liberty. American History 1607-1992. Nueva York: Oxford UP, 1995.
Mauk, David and John Oakland. American Civilization. An Introduction. Londres y Nueva York: Routledge, 1997.
Morrison, Samuel Eliot. The Oxford History of the American People. Nueva York: Oxford UP, 1965.
Nevins, Allan. A History of the American People from 1492. Londres: Oxford UP, 1970.
Purvis, Thomas. A Dictionary of American History. Cambridge, Ma: Blackwell, 1997.
Silverman, Jason. American History Befote 1877. Nueva York: McGraw-Hill, 1989.
Zeuske, Max. A Short History of the United States of America. Leipzig: Verlag, 1989.
RECURSOS ONLINE
19th century U.S. HISTORY SITES ONLINE: <https://public.wsu.edu/~amerstu/19th/hist.html>
19TH CENTURY AMERICA: URL http://www.teacheroz.com/19thcent.htm>
AMERICAN REVOLUTION: URL https://www.americanrevolution.org/histlinks.php
American Social and Intellectual History:
URL https://www.tamut.edu/academics/mperri/AmSoInHis/F%2008/AmSoInHist%20(f…
Digital History URL http://www.digitalhistory.uh.edu/index.cfm
OUTLINE OF AMERICAN HISTORY: URL http://www.let.rug.nl/usa/outlines/history-2005/>
Portrait of the USA: URL https://usa.usembassy.de/etexts/factover/homepage.htm>
MISCELÁNEO
BETSY ROSS AND THE AMERICAN FLAG: URL https://www.ushistory.org/betsy/>
THE 1860S IN WESTERN FASHION: URL https://encyclopedia.thefreedictionary.com/1860s+in+fashion>
CB1, CBS, CB3, CB4, CB5, CG1, CG8 en la Memoria Verificada
Perseguimos o desenrolo das seguintes competencias e habilidades:
-Capacidade de lectura e análise de textos históricos e literarios.
-Capacidade de relacionar feitos históricos e o desenvolvemento cultural.
-Capacidade de debate.
-Responsabilidade no traballo.
-Estimulación so pensamento crítico e independente.
-Aceptación da diversidade cultural.
-Creatividade.
-Práctica e consolidación da lingua inglesa escrita e oral.
-Habilidades de investigación independente
A metodoloxía a empregar ten sempre como alicerce fundamental ó/á alumno/a polo que se tratará de fomentar a súa participación, que é básica para o funcionamento da clase, mediante actividades, ilustracións e explicacións prácticas.
Aínda que é certo que os contidos da materia préstanse máis a unha explicación principalmente teórica, procurarase combinar o enfoque teórico cunha aproximación de carácter máis práctico. Para conseguir este fin, contaremos co apoio de materiais ilustrativos como mapas, fotocopias de documentos históricos, proxección de películas e/ou documentais, retratos e biografías dos principais personaxes e personalidades da época a tratar, artigos, etc.
En xeral, a profesora ofrecerá unha aproximación aos contidos introdutorios nas primeiras unidades do programa, e dará un exemplo de cómo se prepara un tema, sempre co apoio de ilustracións prácticas como mapas, documentos históricos, contados audiovisuais, etc. Durante todo o curso, os estudantes terán que levar a cabo e producir actividades autónomas que repercutirán na avaliación continua da materia.
A avaliación continua se realizará considerando as actividades que se detallan no seguinte apartado, que serán realizadas e entregadas dentro dos prazos estipulados pola profesora. No caso contrario, as tarefas non se terán en conta para a nota final.
Todas as tarefas incluiranse no dosier persoal do/da alumno/a e serán tidas en conta para a avaliación continua. Deste xeito, incídese na competencia da responsabilidade xa que o/a alumno/a participa no proceso da avaliación continua porque se fai responsable do seu propio traballo.
A profesora controlará a asistencia e a participación dos estudantes
Este curso está pensado para plantexar un desafío intelectual, e darlles aos estudantes unha oportunidade única para o seu desarrollo académico. Dado que ese desarrollo ten moitas facetas, o sistema de avaliación as reflicte de maneira que abarca diferentes aspectos
• PARTICIPACIÓN: (10% da nota final) Valoraráse a participación dos estudantes nas actividades semanais de clase: titorías en pequenos grupos, foros de debate de cada unidade do programa
"FORMAL FEEDBACK" (10% da nota final) Neste apartado inclúese a avaliación das presentacións realizadas individualmente polos seus compañeiros. Así, cada estudiante encargaráse tarefa de darlle un "feedback" formal ao resto das presentacións dos compañeiros. Este feedback consistirá nunha serie de comentarios positivos e críticas constructivas, con suxestións para presentacións futuras e impresiones globais. Terá unha lonxitude máxima dunha páxina a doble espacio, que se incluirá no obradoiro preparado para a avaliación das presentacións.
• TRABALLO COLABORATIVO EN GRUPO: PROXECTO FINAL (30% da nota final)
Todos os estudantes serán repartidos en grupos a principio do curso e a profesora lles asignará unha unidade do programa para traballar en grupo sobre ela (e.g. A guerra civil norteamericana, etc), que subirán a un obradoiro aberto para cada un dos grupos. Terán que preparar as súas contribucións para o grupo e presentalas despois na clase, ou ben participar nun debate onde debatirán as suas achegas.
Con este proxecto incentivaráse a labor grupal, que require outro tipo de estratexias que axudan a desarrollar ferramentas (como a negociación e o valor do traballo individual no éxito do grupo) moi útiles para o seu futuro profesional
• PRESENTACIÓN INDIVIDUAL NA CLASE (1/2 estudantes por unidade) (50% da nota final)
o Esta parte da avaliación consistirá na preparación escrita e a presentación oral na clase dun tema da súa elección, entre aqueles incluidos no programa obligatorio. A selección do tema a tratar será aprobado polo profesorado e se revisarán os materiais que se van a incluir na presentación como mínimo una semana antes de que se faga na clase, durante as horas de titoría.
Cada estudante (ou grupo de dous estudantes como máximo) serán os responsables de dirixir como mínimo unha hora de clase e de cubrir o tema ou período correspondente a esa semana. Hai unha grande variedade de formas de preparar eses materiais, pero sempre se intentará facer dunha maneira informativa, formativa e interesante.
Hai moitos materiais que poden utilizar para cada tema, polo que é importante que se centren máis na cultura que na historia, ainda que é aconsellable que incorporen unha breve introdución histórica para enmarcar o tema a tratar.
Se lles invita a preparar ben los materiais, os recursos (literarios ou tecnolóxicos) e as actividades para crear un ambiente intelectual de aprendizaxe que sexa estimulante. Se lles dará a posibilidade de participar a toda a clase, ben sexa de forma individual ou en grupos.
Calquera lectura ou material audiovisual que a clase deba preparar antes da presentación se lle proporcionará á profesora para que o incorpore á aula virtual como mínimo 6 días antes da presentación correspondente.
O sistema de avaliación será o mesmo en maio e en xullo.
Tanto aqueles estudantes que volvan a facer a asignatura un segundo ano como aqueles que teñen dispensa oficial de asistencia, poñeránse en contacto coa profesora para asignarlles as tarefas a realizar, que nalgún caso poderá ser unha proba ou traballo final en maio ou en xullo.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: "No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha
materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor.
Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas
aos autores e das fontes”.
Por tanto o plaxio e o "cut and paste" (tanto las presentacións e actividades por escrito coma no exame) serán penalizados cun SUSPENSO na MATERIA
A materia abrangue 15 semanas: cada unidade ocupa aproximadamente unha semana de clase
Xa que esta é unha materia ECTS, calcúlase que o/a estudante necesita 150 horas (presenciais e non presenciais) para superala
Os estudantes deberán entrar na súa aula virtual con regularidade, xa que se actualizará co calendario da clase, as tarefas e actividades do curso
Recoméndase moi especialmente a asistencia a clase así como a complementación dos contidos dados en clase coa bibliografía recomendada correspondente e a realización de todas as actividades programadas para a materia. Desta forma, o/a alumno/a accede a dúas notas (a da avaliación continua e a do exame final) no canto de ter que depender tan só dunha única nota final en maio e/ou xullo.
Tamén se animará aos/ás alumnos/as a asistir a calquera tipo de actividade que lles poida pór en contacto con aspectos históricos, sociais ou culturais da historia de EEUU e Commonwealth (representacións teatrais, películas históricas, etc.), por exemplo, estreas de películas históricas no cine. Pódese propor tamén a lectura opcional de libros de ficción enmarcados nunha determinada época da historia americana. Poderánse proporcionar outros títulos previa petición do/ da alumno/a.
A materia impartiráse preferiblemente en inglés, ainda que ocasionalmente se poderá usar o galego e o castelán
Non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet. Estas irregularidades darán como resultado o suspenso inmediato da materia.
É imprescindible que os estudantes consulten coa profesora o seu trabalho como mínimo unha semana antes da presentación na clase
Patricia Fra Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811879
- Correo electrónico
- patricia.fra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C01 |
03.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
03.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |