Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir competencias básicas para aborda-lo proceso da tradución (con especial atención á tradución literaria).
TEMA 1. O CONCEPTO DE TRADUCIÓN
OBXECTIVOS: Caracterizar a tradución e a disciplina que a ten como o seu obxecto de estudo.
GUIÓN
1.1. Noción de tradución. Estatus da Teoría da Tradución.
1.2. Tradución de linguas vs. tradución de textos.
1.2.1. Inviabilidade da tradución de linguas. Noción de anisomorfismo.
1.2.2. Contido vs. designación.
1.3. Métodos e tipos de tradución.
1.4. A noción de equivalencia comunicativa.
SEMINARIO 1.1.
- Explicación do contido dos seminarios e titorías.
- Explicación da maneira en que se vai avaliar o traballo dos estudantes.
- Análise de textos sobre o alcance da tradución.
SEMINARIO 1.2.
- Exercicios sobre o signo lingüístico en relación coa tradución.
SEMINARIO 1.3.
- Exercicios sobre a noción de designación e a súa utilidade.
SEMINARIO 1.4.
- Análise de textos sobre a conceptualización histórica da tradución.
SEMINARIO 1.5.
- Exercicios con métodos de tradución: tradución oblicua e procedementos de tradución.
TEMA 2. O PROCESO DE TRADUCIÓN
OBXECTIVOS: Mostrar a complexidade do proceso de tradución e as súas implicacións.
GUIÓN
2.1. Tradución como resultado vs. tradución como proceso.
2.2. Complexidade do proceso de tradución: principais factores implicados. Ideoloxía e reescritura.
2.3. Tradución como trasvase intercultural.
SEMINARIO 2.1.
- Traballo co esquema do proceso de tradución de García Yebra.
SEMINARIO 2.2.
- Exercicios sobre a variación intraidiomática para mostrar a súa importancia na tradución.
SEMINARIO 2.3.
- Traballo cos aspectos culturais e a súa trascendencia para traducir: clasificacións semánticas en distintas linguas.
SEMINARIO 2.4.
- Traballo coa noción de tradución como trasvase intercultural: G. Toury.
SEMINARIO 2.5.
- Traballo coas nocións de intertextualidade e reescritura.
TEMA 3. DIMENSIÓNS DA TRADUCIÓN: A TRADUCIÓN LITERARIA
OBXECTIVOS: Caracterizar os tipos de tradución e, especialmente, a literaria.
GUIÓN
3.1. Dimensións e prototipoloxías da tradución: literaria, xeral e técnica ou especializada.
3.2. Características da tradución literaria.
3.2.1. Polivalencia, polisemia e ambigüidade.
3.2.2. A metáfora.
SEMINARIO 3.1.
- Comparación de tipos textuais.
SEMINARIO 3.2
-Traballo coa noción de prototipoloxía na tradución.
SEMINARIO 3.3.
- Traballo con textos literarios baseados en xogos de palabras.
SEMINARIO 3.4.
- Exercicio sobre distintas propostas na tradución da metáfora.
BÁSICA:
BAKER, Mona (1998): Routledge Encyclopedia of Translation. London & New York: Routledge.
GAMBIER, Yves & Luc Van DOORSLAER (eds.) (2010): Handbook of Translation Studies. Amsterdam: John Benjamins.
MALMKJAER, Kirsten & Kevin WINDLE (eds.) (2011): Oxford Handbook of Translation Studies. Oxford: Oxford University Press.
MOYA, Virgilio (2004): La selva de la traducción. Teorías traductológicas contemporáneas. Madrid: Cátedra.
RICCARDI, Alessandra (ed.) (2002): Translation Studies: Perspectives on an Emerging Discipline. Cambridge: Cambridge University Press.
COMPLEMENTARIA:
BAKER, Mona (ed.) (2010): Critical Readings in Translation Studies. London: Routledge.
CABRÉ, M. Teresa (1999): La terminología: representación y comunicación. Elementos para una teoría de base comunicativa y otros artículos. Barcelona: Institut Universitari de Lingüística Aplicada, Universitat Pompeu Fabra.
CARBONELL, Ovidi (1999): Traducción y cultura: de la ideología al texto. Salamanca: Almar.
CHESTERMAN, Andrew & Emma WAGNER (2002): Can Theory Help Translators? A Dialogue between The Ivory Tower and The Wordface. Manchester: St. Jerome.
FAWCETT, Peter D. (1997): Translation and Language: Linguistic Theories Explained. Manchester: St. Jerome.
FAWCETT, Antoinette, Karla L. GUADARRAMA GARCÍA & Rebecca HYDE PARKER (eds.) (2010): Translation: Theory and Practice in Dialogue. London & New York: Continuum.
GARCÍA IZQUIERDO, Isabel (2000): Análisis textual aplicado a la traducción. Valencia: Tirant lo Blanch.
GARCÍA YEBRA, Valentín (1982): Teoría y práctica de la traducción. Madrid: Gredos, 2 vols.
HATIM, Basil (2001): Teaching and Researching Translation. Harlow: Longman.
HERMANS, Theo (ed.) (2002): Crosscultural Transgressions: Research Models in Translation Studies II: Historical and Ideological Issues. Manchester & Northampton (MA): St. Jerome.
HURTADO ALBIR, Amparo (2001): Traducción y traductología. Madrid: Cátedra.
LAFARGA, Francisco & Luis PEGENAUTE (eds.) (2004): Historia de la traducción en España. Salamanca: Ambos Mundos.
MAYORAL ASENSIO, Roberto (2001): Aspectos epistemológicos de la traducción. Castellón: Universitat Jaume I.
MOURE, Teresa (2021): Lingüística se escribe con A. La perspectiva de género en las ideas sobre el lenguaje. Madrid: Catarata.
MUNDAY, Jeremy (2001): Introducing Translation Studies: Theories and Applications. London & New York: Routledge.
NIDA, Eugene A. (2001): Contexts in Translating. Amsterdam & Philadelphia: John Benjamins.
PEÑA, Salvador & M. José HERNÁNDEZ GUERRERO (1994): Traductología. Málaga: Universidad de Málaga.
PYM, Anthony (2010): Exploring Translation Theories. London: Routledge.
RABADÁN, Rosa (1991): Equivalencia y traducción: problemática de la equivalencia translémica inglés-español. León: Universidad de León.
SÁNCHEZ TRIGO, María Helena (2002): Teoría de la traducción: convergencias y divergencias. Vigo: Universidade de Vigo.
SNELL-HORNBY, Mary (1988): Translation Studies: An Integrated Approach. Amsterdam: John Benjamins. Trad. esp. de A. S. Ramírez, Estudios de traducción. Hacia una perspectiva integradora. Salamanca: Almar, 1999.
TORRE, Esteban (1994): Teoría de la traducción literaria. Madrid: Síntesis.
TOURY, Gideon (1995): Descriptive Translation Studies and Beyond. Amsterdam: John Benjamins. Trad. esp. e ed. de R. Rabadán & R. Merino, Los estudios descriptivos de traducción y más allá: metodología de la investigación en estudios de traducción. Madrid: Cátedra, 2004.
(1) Dominar conceptos e fundamentos esenciais para o estudo da tradución como un fenómeno complexo, creativo e dinámico.
(2) Comprender a complexidade da tradución, en tanto que está influída por múltiples factores que ultrapasan os estritamente lingüísticos.
(3) Obter unha visión ampla dos principios xerais da Teoría da Tradución que permitan situar a linguaxe humana no trasvase de información.
(4) Entender o papel fundamental do proceso de tradución para a transmisión intercultural.
(5) Manexo de recursos básicos para analizar con desenvoltura os diferentes tipos de tradución, de xeito que se poidan aplicar a moi diferentes ámbitos comunicativos.
(6) Entender que a tradución non é un fenómeno unívoco; non hai unha soa tradución posible.
(7) Comprender as diversas formas de información trasvasada, o seu valor social e as súas repercusións comunicativas.
(8) Recoñecer e resaltar a importancia das vertentes da tradución segundo os textos, con especial aplicación á tradución literaria.
(9) Desenvolver a capacidade de interpretación crítica das teorías sobre a tradución.
A materia está concibida para alumnos que asisten regularmente ás sesións de clase (expositivas e seminario). Distribúese en tres horas semanais, divididas en dúas sesións expositivas e unha sesión de seminario en grupos pequenos dependendo do número de matriculados. A conxunción dos diferentes tipos de sesións pretende facilitar ao alumnado unha base sólida para a adquisición de coñecemento (teórico e práctico) sobre a materia, e tamén guiar o seu traballo autónomo.
1ª OPORTUNIDADE: Realizarase mediante avaliación continua. O 50% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos encargados, realizados ou presentados nas sesións de seminario. O 50% restante corresponderá ao exame da materia, que abranguerá os contidos das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias. O exame farase na data establecida oficialmente pola Secretaría do Centro ao final do período lectivo do segundo cuadrimestre (26/05/2025 ás 9:30 horas).
2ª OPORTUNIDADE: A avaliación para a oportunidade de xuño realizarase exclusivamente mediante un exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e seminario). O exame realizarase na data establecida oficialmente pola Secretaría do Centro no mes de xuño (01/07/2025 ás 9:30 horas).
Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua, serán avaliados exclusivamente a través dun exame que poderán realizar tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
SESIÓNS EXPOSITIVAS: 32 (horas presenciais) + 64 (horas non presenciais) = 96
SESIÓNS SEMINARIO: 16 (horas presenciais) + 32 (horas non presenciais) = 48
SESIÓNS TITORÍAS
PROGRAMADAS: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = 6
TOTAL: 51 (horas presenciais) + 99 (horas non presenciais) = 150
Dado que a materia forma parte do Módulo complementario "Linguas e comunicación. Aplicacións" (Minor en Lingüística Xeral), é moi aconsellable ter presentes os coñecementos obtidos mediante as materias básicas "Lingüística I" (1º) e "Lingüística II" (2º). Só desa maneira se poderá acadar a comprensión do fenómeno da tradución.
Co obxectivo posto nun desenvolvemento continuo e progresivo de coñecementos no alumnado, tender pontes entre diversas materias permitirá enfrontarse as cuestións chave no estudo lingüístico: a diversidade de enfoques e modelos teóricos posibles aplicados a un fenómeno único, a linguaxe humana.
Para o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas habilitaranse canles de comunicación virtual (Campus virtual, MsTeams…) que se usarán para depósito dos materiais dixitais que o profesor vaia elaborando/dispoñendo ao longo do curso e para difundir calquera información sobre o seu desenvolvemento.
Recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual, MsTeams…) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada polo profesor e para establecer un proceso continuado de estudo.
Os textos dos programas que teñen validez legal para o profesor desta materia son as versións en galego e castelán (elaboradas por el mesmos).
Juan Jose Lopez Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811764
- Correo electrónico
- juanjose.lopez.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D08 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D08 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C08 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |